Archive for| the_time Abril, 2015

O CONCELLO DE MEIS OU COMO FACER AS COUSAS MAL. CAMPO DE O LEIXO

Abril 30th, 2015  |  Published in| the_category Sen clasificar

11130093_10204235713749909_6106281273298180311_n

Parece ser que o alcalde de Meis pensa que somos todos parvos. En vez de solucionar dunha ver por todas o lamentable estado do campo de fútbol o que se lle ocorreu desta volta foi pasar unha niveladora e botar unha area que nin serve para xogar ao fútbol!

o leixoo leixo2

Como podedes ver nas fotos, este é o aspecto que presenta o campo despois das “supostas” reparacións do concello. Coa auga que está caendo hoxe xa está impracticable, coa terra enlamada e co risco de esbarar e romper algo.

O alcalde de Meis minte, engana aos veciños e rise da xente da Armenteira. No canto de arranxar os espazos públicos da parroquia gasta o diñeiro de todos en facer pousadas para agasallalas despois aos seus amigos. Estas son as promesas que fai o alcalde, e estas son as consecuencias que temos que sufrir os veciños. Estamos fartos desta situación, e esiximos ao alcalde que dea unha solución xa ao campo de O Leixo

POR UN CAMPO DE FÚTBOL DIGNO NA ARMENTEIRA

Abril 26th, 2015  |  Published in| the_category Sen clasificar

11130093_10204235713749909_6106281273298180311_n

O pasado Martes entrevistaban a Martín Casais, coordinador y vicepresidente do Armenteira C.F. en Arousa Radio en el programa deportivo Arousa Deportes de la emisora Arousa Si Radio-Radio Salnés.

Na entrevista denúnciase o lamentable estado do campo de O Leixo, onde o equipo de fúbol do Armenteira C.F. ten que xogar todas as semanas.

AUDIO DA ENTREVISTA

martín casais, videpresdente armenteira

Nela podemos escoitar algúns dos problemas que xa denunciaramos noutro artigo hai pouco tempo: campo impracticable, recinto aberto no que campan as súas anchas os cans abandoados da Canceira da Deputación, barandillas oxidadas, cableado defectuoso, e un longo etc. Desde aquí apoiamos a loita destes rapaces por un campo digno para que @s nos@s nen@s da Armenteira podan xogar ao fútbol nun campo adaptado as súas necesidades e sen perigos como o resto d@s nen@s da comarca.

Desde Meis Caderno de Bitácula: MOITO ÁNIMO

A denuncia das irregularidades do censo unha cuestión valente que honra ao BNG

Abril 23rd, 2015  |  Published in| the_category Política

vecinos-meis

Qué opinamos nós sobre a denuncia que fai o BNG das irregularidades (que o señor alcalde non nega) do censo de Meis? Resulta que a Xunta Electoral borrou do censo 38 persoas que o alcalde tiña empadronadas ilegalmente, co resultado de que o censo de Meis baixa ata os 4995 habitantes.

1. A esta situación chégase pola INCOMPETENCIA dun alcalde que despois de aprobar un PXOM, de ter un polígono industrial, do campo de golf da Armenteira, etc non é quen de atraer xente ao noso concello.

2. Isto xa se coñecía que era unha práctica habitual do alcalde pois hai anos xa foi denunciado nos medios polo mesmo BNG, desta volta semella que a Xunta Electoral foi incapaz de ocultar por máis tempo este delito.

3. Meis non cobre necesidades básicas importantes: as depuradoras non funcionan, falta un centro de día para os nosos maiores, máis servizos de gardaría, redes de saneamento, etc. Isto fai que os nosos veciños se empadronen noutros concellos nos que si poden desfrutar deles.

4. Do único que pode presumir o actual alcalde de Meis é de subir as taxas e os impostos facendo que a xente fuxa de Meis.

5. O alcalde de Meis MINTE unha vez máis, segundo el dixo na prensa o Concello recibe 3000 € por familia ao ano, polo que o noso concello recibiría máis de 6 millóns de euros. Que máis quixeramos!!! Unha de dúas, ou minte ou está roubando moitos millóns…

6. O alcalde é consciente que comete unha ilegalidade e xustifícala. Xa houbo un alcalde condenado por encher o censo con 73 persoas, cunha inhabilitación absoluta de 5 anos por delicto electoral. Trátase de Manuel Cendán, ex alcalde de Ares e do Partido Popular.

7. Con todo isto, o noso concello ten en nómina a un dos alcaldes mellor pagados de Galiza e con secretaria particular que pagamos todos e todas.

8. Son os cargos públicos os primeiros que teñen que dar exemplo, mais o que agocha todo isto é o FRACASO ou mesmo o DESGOBERNO existente en Meis.

9. Sabemos que o PSOE de Meis era tamén consciente deste delito e parécenos vergoñento que non se sumara ao BNG para denunciar esta situación. É unha cobardía quedarse ao marxen e non mollarse, se isto é o que van facer sempre respecto aos problemas de Meis xa sabemos que esperar deles.

Desde Meis Caderno de Bitácula, como ven sendo desde o seu comezo na crítica á xestión municipal do PP, aplaudimos a decisión do BNG no noso concello, nada fácil mais necesaria por rexeneración democrática.

O BNG denuncia presuntas altas fraudulentas no censo electoral de Meis

Abril 13th, 2015  |  Published in| the_category Política

ALCALDE O BNG pide a impugnación do censo electoral do Concello de Meis logo de que a Oficina do Censo Electoral incluíra este municipio na lista dos que rexistraron un “incremento de residentes significativo e non xustificado” nos seis meses anteriores á convocatoria das eleccións municipais de maio.

Segundo a información que facilitan dende o BNG, despois desa situación detectada pola Oficina do Censo Electoral o Concello non deu axeitadas explicacións para estas variacións na poboación censada, de modo que presentaron un escrito de impugnación na Oficina do Censo Electoral de Pontevedra.(…)

O Soldo dun alcalde que non o merece

Abril 8th, 2015  |  Published in| the_category Política

Meis é un pequeno concello de Galiza, cun orzamento cativo. Mais o noso alcalde ten un dos soldos dos máis elevados do territorio galego. Se cadra, o merece polo seu traballo durante todos estes anos?.

Unha vergoña!

galicia

FONTE: La Voz de Galicia