Archive for| the_time Novembro, 2014

A Xunta inclúe a Autovía do Salnés no plan de seguridade vial de inverno

Novembro 24th, 2014  |  Published in| the_category Sucesos

El paso inferior del macronudo de Curro ya está totalmente operativo
A Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha o plan de viabilidade invernal na provincia de Pontevedra, que se manterá operativo ata o próximo 15 de marzo e que inclúe á Autovía do Salnés.
O operativo estará integrado por 15 máquinas, camións e retros para o pulo e a retirada de neve ou xeo. Nestes traballos participarán máis de cen persoas, que se ocuparán de 1.200 quilómetros de estradas e co centro de operacións en varias sedes entre as que se encontra a de Mosteiro da AG-41.
Con este operativo pretenden organizar os mecanismos de actuación dos recursos dispoñibles co propósito de garantir e mellorar as condicións viarias na rede de estradas, que se poden ver dificultadas no inverno pola presenza de fortes chuvias, formación de placas de xeo ou neve.
FONTE: Diario de Arousa

Asamblea Aberta do BNG de Meis

Novembro 21st, 2014  |  Published in| the_category Sen clasificar

2014-11-26 cartaz-paradela con fondoO BNG de Meis invita aos veciños a achegarse á asamblea aberta que fan o próximo Mércores día 26, ás 20:30 no centro cultural Manuel Pesqueira, no Campo da Boca – Paradela.
Desde Meis Caderno de Bitácula apoiamos as inciativas democráticas e de participación dos veciños na política municipal do noso concello,

As depuradoras de Meis: outro fiasco do Concello e de Pérez Estévez

Novembro 12th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Ecoloxía, Política

P1080723.Deouradora en Paiendes

Ao igual que comentabamos as semanas pasadas co estado de abandono das paraxes turísticas (A Ruta do Río Armenteira ou Pedra e da Auga, As Aceñas, Ruta de Pontecañón, etc) por parte do Concello de Meis e do noso alcalde e denunciados no seu momento polo BNG de Meis, hoxe, tanto o BNG como outros veciños, nos mandan imaxes do estado de abandono das depuradoras municipais. De xeito xeralizado as depuradoras presentan unha imaxe de abandono e descoido, con tubeiras tiradas dentro dos recintos, arquetas que parecen en desuso ou non se sabe a que poden estar conectadas (non parecen conectadas a nada).
A que mellor aspecto ten é a que linda con Ribadumia, que non se sabe seguro se pertence a Meis, está xusto na ponte de Lois.
A de Santo Tomé, preto da Cacharola, e da ponte da vía rápida dá cheiro, aparte que había unha cañaría tirando auga sucia.
O caso máis peculiar é a de Paiendes, pois cando chegaron estaba apagada, alguén veunos chegar por alí e a puxo a funcionar. 20 minutos despois volveron pasar por alí e estaba apagada, tiráronlle fotos ao contador da depuradora e estaba a cero, ben se ve nas imaxes. Aparte disto esta depuradora, á que xa lle mangaran o motor unha vez e que agora ten unha nova instalación, ten pinta de non depurar absolutamente nada. O mecanismo que ten é de risa. Ten un rulo, que sobe a pouca merda que recolle e a deposita nunha especie de minidepósito, falamos dun caixón que como moito pode medir 40X30, que está totalmente descuberto e se pode ver, que iso non sirve para acumular un mínimo de refugallos nin de coña, terían que estar a baleiralo cada día, no caso de que a depuradora funcionase de verdade, cousa que dubidamos moito que fagan.
A depuradora ten unha pinta de ser unha batedora de merda que bota para atrás. Tamén no caso desta depuradora hai unha rede de sumidoiros que non parece conectada, tamén temos unha imaxe disto. En fin, que xa vemos como coida o alcalde o noso concello: moitos carteis de propaganda pero pouco beneficio para os veciños.

Depuradora en Paiendes.c

Depuradora en Paiendes

Depuradora Paiendes.b

P1080691.depuradora entre Lois e Ribadumia

P1080692.Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080693. Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080739.Depuradora Paiendes

P1080740.Depuradora Paiendes

P1080742. Depuradora en Paiendes

P1080744.Depuradora Paiendes

P1080748. Depuradora Paiendes

P1080677.Depuradora Aceñas

P1080680. Depuradora Aceñas

P1080690.depuradora entre Lois e Ribadumia

Estudan sacar a venda máis chan do parque empresarial ante o efecto chamada de Froiz

Novembro 10th, 2014  |  Published in| the_category Economía

Foto de Pontevedra Viva.com

Foto de Pontevedra Viva.com

A Deputación de Pontevedra estuda abrir unha nova convocatoria de alienación de parcelas do polígono industrial de Barro-Meis, despois de que a compra dun importante número de metros cadrados polo grupo Froiz “provocou ou interese doutras firmas para radicarse non polígono”.
Así o adiantou onte o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, que destacou que dende o anuncio de instalación da firma de hipermercados son varias as empresas de servizos auxiliares ou complementarios que se dirixiron á Deputación para interesarse pola compra de terreos, unha vez rematado o prazo da anterior convocatoria, o pasado 3 de novembro.
“Estudaremos a posibilidade de abrir unha nova para atender ás demandas”, indicou Louzán, tras valorar ao grupo de supermercados como unha “locomotora” para a industrialización do parque empresarial.
O próximo luns 10 abriranse o sobre B do proceso de licitación, o correspondente ás referencias técnicas das empresas aspirantes Froiz e autocares Novas Rías. Entre catro e cinco días máis tarde se abrirá o sobre final coas ofertas económicas presentadas.
A alienación final das parcelas levarase a comisión informativa o día 21 para a súa aprobación posterior polo Pleno provincial, o 28. Concluído este proceso de adquisición de chan industrial en Barro-Meis Louzán afirmou que andaremos por unha porcentaxe de ocupación do polígono do 55 ou 60% e quedará unha superficie dispoñible en torno a ou 40% “.

FONTE: Diario de Arousa

Meis facilita as compras de galo de curral na terceira edición da súa feira

Novembro 7th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Festas

galos

Meis celebra o 20 de decembro a terceira edición da Feira do Galo de Curral. O Concello e os criadores optaron porque o evento sexa un sábado para facilitar a asistencia tanto dos vendedores como dos interesados en adquirir algún exemplar.

A principal novidade deste ano é que os compradores poden encargar os seus galos por adiantado e recollelos posteriormente na feira, así como encargalos na feira e recollelos despois.

Unha veintena de veciños de Meis crían galo de curral -con alimentación natural e amplos espazos ao aire libre nas súas hortas- que se venden despois nas vésperas de Nadal.

A iniciativa foi do Concello, que ata organizou visitas dos criadores meisinos a Vila de Cruces -onde este tipo de crianza do galo ten unha gran tradición-, así como unha dos responsables da asociación de Vila de Cruces a Meis. Tamén se intentou formar unha asociación de criadores na localidade arousana, aínda que finalmente non prosperou.

FONTE: Faro de Vigo

Impresionante organización do Concello ao cobrar aos/ás veciños/as unha viaxe e a “colaboración” dun “coaching” para o maior redimento da clase proletaria

Novembro 4th, 2014  |  Published in| the_category Concello

casa d patrón
Meis organiza este mes unha excursión a Lalín e un taller intensivo de ´coaching ´

O Concello de Meis organiza unha excursión a Lalín o 22 de novembro (sábado). Algúns dos puntos que se visitarán son o Pazo de Anzuxao, onde se encontra unha fábrica de queixos, e a “Casa do Patrón”, un museo etnográfico que recorda as antigas escolas. Os interesados teñen que anotarse no Concello, e a data límite é o día 18. O prezo é de 20 euros por persoa.

Por outra parte, o Concello colabora na celebración dun curso de introdución ao “coaching”. Impártese na casa dá cultura o 14 de novembro e dura dúas horas. Os interesados teñen que dirixirse á OMIX antes do 10 de novembro.

O taller celébrase no marco do programa Activa, que impulsa a Dirección de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta.

O “coaching” está moi en voga no mundo empresarial, e componse dunha serie de técnicas utilizadas polo “coach” (adestrador) para motivar os traballadores e sacar o máximo rendemento das súas habilidades.

FONTE: Faro de Vigo

Estrada restaurada asolagada, Deputado provincial incompetente

Novembro 3rd, 2014  |  Published in| the_category Política, Sucesos

IMG-20141103-WA0000

Hoxe as veciñas e veciños de Meis quedamos abraiados co estado da estrada PO-9405 O Mosteiro – Barrantes. Un camiño renovado pola Deputación Provincial nos últimos meses, mais volta a dar os problemas de sempre. Meis conta cun Deputado Provincial, o noso alcalde, mais é outro monicreque máis. Como é posíbel que non resolva un problema histórico na zona polo asolagamento no Mosteiro?

Consulta o proxecto, premendo AQUÍ

O Concello crea locais para asociacións na nave da feira de gando do Mosteiro

Novembro 2nd, 2014  |  Published in| the_category Concello

Mercado O Concello crea locais para asociacións na nave da feira de gando do Mosteiro. Haberá un regulamento do uso destes locais?. Porque así se evitará problemas no futuro e uso caciquil por parte do Concello como un pago de favores, algo do que estamos moi acostumados en Meis.
Ademais ten pensado facer un centro social para a tercera edad en la Casa de Escudeiro.