Archive for| the_time Setembro, 2014

Jesús Somoza Pena

Setembro 20th, 2014  |  Published in| the_category Familias de Meis

Se buscan familiares de Jesús Somoza Pena nacido el 22-08-1898 y bautizado en S. Maria de Paradela (Meis) Pontevedra; casado en España con Consuelo Rey el 15/07/1918. Madre Juana Somoza Pena. Abuelos de Jesús Somoza Roque Somoza y Juana Pena, naturales de San Esteban de Villamor, Toques (Coruña). Referencia Miguel Ángel Monaco. http://orixes.soios.com/casasomoza/index.phpsouth park

Meis proxecta unha granxa propia para revitalizar a feira de gando do Mosteiro. O Concello presentará a iniciativa ao GDR para acceder a unha subvención, e considera a venda de produtos naturais

Setembro 5th, 2014  |  Published in| the_category Economía

meis-proyecta Os técnicos do Concello de Meis traballan na redacción dun proxecto para a creación dunha granxa de animais coa que se intentará revitalizar a feira de gando do Mosteiro. O alcalde, José Luis Pérez explica que o obxectivo é presentar a idea ao Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) do Salnés e acceder dese modo a unha subvención para a creación da granxa. Nela criaríanse os animais para a súa posterior venda no recinto feiral os días de mercado, que son os segundos e cuartos sábados de cada mes.
A feira de gando do Mosteiro foi a principios do século XX unha das máis importantes do norte da provincia de Pontevedra. Pero nos últimos anos sufriu unha rápida decadencia, e na actualidade hai días en que non se xuntan moito máis dunha ducia de “tratantes” de gando. Así as cousas, o Concello decidiu realizar unha obra na nave, de modo que a exposición de gando quede nun das metades do edificio, mentres que a outra se habilitará para outros usos. Unha das ideas que baralla o equipo de goberno é a de utilizala como punto de exposición e venda para o que dea a futura granxa, no suposto de que o proxecto se converta en realidade.
“Imos intentar manter a feira aínda que non sexa ao mesmo nivel que antano”, declara ao alcalde, quen engade que o obxectivo dos novos locais “é darlle máis vida á razón de ser á feira”. Neste municipio tamén intentaron revitalizala os integrantes da asociación Cabemeis mediante a celebración da Feira Labrega, pensada para recordar a época de esplendor do mercado meisino.

Reformas
O Concello de Meis realizou entre finais de xullo e principios de agosto diversas obras de reforma no recinto feiral, custeadas tanto con fondos propios coma cunha subvención da Deputación de Pontevedra. Así, intentáronse corrixir algúns problemas do edificio, como as filtracións de auga e humidade a través da cuberta ou o desgaste do pavimento. Así mesmo reforzáronse as columnas e acometeuse a división interior do inmoble.
O novo recinto reinaugurouse a mediados do mes pasado, con motivo da feira do cabalo organizada pola asociación de veciños de Zacande (San Vicente), que incluíu a celebración de varios concursos.
Os gandeiros explican a decadencia de feiras como a de Mosteiro nas maiores complicacións administrativas para comerciar con animais e ao progresivo abandono do rural.

FONTE: Faro de Vigo