Archive for| the_time Xullo, 2014

O Pleno do 29 de xullo, máis do mesmo. O Goberno Municipal do PP sen iniciativas

Xullo 31st, 2014  |  Published in| the_category Concello, Política

pilaA concelleira do BNG, Pilar Xiráldez, nunha das últimas concentracións en solidaridade co pobo palestino

O pasado martes 29 celebrouse Pleno Ordinario. Unha vez máis confirma o baleiro político ao que nos leva o Partido Popular de Meis. Na orde do día había 9 puntos:
– Toma de posesión do novo do PSOE.
– Aprobación da conta xeral do orzamento do 2013. O PP votou a favor mais o BNG e o PSOE abstivéronse.
– Proposta sobre festas locais. Cambiouse San Bieito polo mércores de Cinza porque cae en sábado. Votouse por unanimidade.
E xa está, o resto dos puntos era dar conta de informes de tesoureria, intervención, seguemento do plan de axuste, etc.

O Bloque Nacionalista Galego presentara dúas mocións polo rexistro, mais como ven sendo habitual desde hai anos o PP despreza todo o que veña e non as fai constar na orde do día. É unha das moitas anomalías democráticas que sofremos os veciños e as veciñas de de Meis.
As inundacións no lugar do Porrelo pouco importa aos populares.

O PSOE presentou por urxencia unha para evitar a desaparición do Partido Xudicial de Cambados.A proposta contou co voto favorábel de todos os concelleiros de Meis.

O PP presentou unha por urxencia, á da reforma da lei electoral. Aquí o BNG tivo un debate co señor alcalde bastante grande. A Concelleira do Bloque, Pilar Xiráldez, argumentou que:
-Hai eivas mais importante (participacion da cidadanía, referendos, orzamentos participativos, transparencia na xestión, etc).
– O que está no fondo é obstaculizar a pluralidade política e favorecer que unha parte minoritaria poida gobernar ao seu antollo…
– A maior concentración de poder e menos mecanismos de control e participación de todas as forzas políticas na xestión municipal incrementa as decisións arbitrarias, fraudulentas e corruptas.

A falla de argumentación do Alcalde de Meis, fixo unha vez máis que se saise polos outeiros de Cuspedriños, que se Quintana e o bipartito. Outra vez José Luís Pérez Estévez co se disco raiado.

No tema de Rogos e preguntas, o BNG levou as seguintes,

1. Os colectores do lixo do colexio. O alcalde dixo que non tiña constancia, que xa pasara en outros sitios e que avisaran polas casas de arredor. Houbo un pequeno debate sobre se era eficiente as campañas ou se había que poñer sancións. O BNG solicitou que lle deran un aviso ás casas de por alí.

2. Subvención da Deputación para a Casa de Escudeiro.
– Están xa adxudicadas as obras?. O alcalde contestou que “Non“.
– Cando empezarán as obras? “Non sabe“.
– Van poder todas as asociacións do Concello facer uso do local? Resposta: ben non sei se poderán, faremos o que se poida porque o sitio non é para moita xente porque ten o teito de madeira….(mais ou menos)
– Segue previsto ubicar a oficina de turismo? Non se sabe, estase pensando fárase o que poidan.

3. Polígono Meis- Barro.
– Cantas empresas hai en Meis ou que previsións hai?
Hai negociacións con dúas ou tres, pero non hai compromiso de poñer cartos polo que mentres non haxa compromiso de poñer cartos …
– Que empresas son? Nesta a verdade que dixo o nome dunha empresa e outra que era a de biomasa pero como non tiña axudas que non sabía.

4. Situación lamentábel da rúa de detras do super.
O BNG pideu o arranxo inmediato. Non houbo resposta, o alcalde dixo que si coa cabeza.

5. O BNG preguntou por unha compra de terreos en Monte de Casa por valor de 30.0000 euros que viña nun decreto.
Polo visto é para mellorar a seguridade vial. O alcalde dixo que nun fúturo estaba previsto cambiar a pista e ampliar o campo da festa.

6. En canto á selección dos traballadores do concello. Preguntei primeiro se estaban publicadas as bases e os criterios de selección. Saliu a secretaria dicindo que non era necesario publicalas que os mandaba o INEM de Cambados. Enton Pilar Xiráldez preguntou como era? se eles mandaban a oferta e o INEM mandaba persoas que estiveran apuntadas. O alcalde repostou que si, primeiro mandanlle unha carta do INEM. O BNG lembrou que o INEM mandaría varias e había que seleccionar e a secretaria non lle quedou mais remedio que dicir que si que iso o facia o concello.
Enton o Bloque pregunta quen selecciona e o alcalde contesta que traballadores do concello que non pode estar ningún politico.
Pero enton se hai selecion ten que haber unhas bases. SI pero non fai falta publicalas, pero a concelleira nacionalista pregunta onde están?
O alcalde responde que están a disposición dos interesados que poden vir a preguntar e que poden estar nalgún expediente.

A todo isto o Alcalde dixo que con estas cousas a xente protestaba sen saber e que escribía anónimos. Pilar Xiráldez contestoulle que para evitar estas cousas o mellor era publicar as bases e a oferta aínda que non fora obrigatorio.

Un individuo entra nunha casa do Mosteiro, rouba un coche, chócao e foxe até O Vao

Xullo 31st, 2014  |  Published in| the_category Sucesos

individuo-entra Os delitos dun individuo con amplo historial policial alteraron a vida da tranquila poboación do Mosteiro, no municipio de Meis. O home, tras intentar roubar noutras casas e nunha froitaría, penetrou nunha vivenda e roubou un coche co que saíu a toda velocidade rumbo a Pontevedra e que chocou a menos dun quilómetro na estrada que une Mosteiro co nó de comunicacións de Curro. O caco logrou fuxir cara Ao Vao e posteriormente foi detido pola Garda Civil.

Os sucesos supostamente perpetrados por este individuo comezaron pouco despois das dez da mañá cando na zona de Zacande, pouco antes de Mosteiro, intentou meterse nun coche e sorprendeu a propietaria. Segundo manifestaron os veciños, o home argumentou que era da Policía e que estaba a investigar o vehículo, pero a muller alertou o seu marido, polo que o individuo rematou fuxindo cara ao Mosteiro.

O seu segundo delito, sobre as once da mañá, produciuse ao entrar nunha froitaría cunha actitude sospeitosa que puxo en alerta á propietaria do establecemento. Segundo a vendedora, que formalizou a pertinente denuncia no cuartel da Garda Civil de Cambados, o home presentouse no local como inspector de balanzas e foise achegando ao mostrador intentando meter a man no caixón do diñeiro.

Ao decatarse das intencións de roubo do diñeiro, a dona do local forcexou co individuo para evitalo, o que fixo que este caese sobre o mostrador, causando danos neste. Os berros da comerciante alertaron un familiar que acudiu no seu auxilio, polo que o individuo saíu fuxindo a pé cara á zona do Campo da Feira.

O caco puido penetrar noutra casa na que subtraeu, segundo comentaron os veciños, uns cinco euros, pero non encontrou nada máis, polo que decidiu saltar á vivenda contigua, atravesando un muro duns tres metros de altura.

Dende o interior do terreo puido penetrar no garaxe, onde estaba aparcado un turismo Volkswagen Golf, matrícula 4678-DHF, cor gris prateada, que tiña as chaves no seu interior, ademais do mando a distancia do portal.

O home meteuse no coche, púxoo en marcha, foise cara a atrás, chocando contra un soporte, e saíu da casa a bordo do vehículo, en dirección cara a Pontevedra pola estrada que une a localidade de Mosteiro co macronó de comunicacións de Curro.

A aventura do caco no turismo apenas superou o quilómetro de distancia, xa que nunha das curvas perdeu o control, ao superar a velocidade permitida, subiu á beirarrúa e foi a colisionar contra un farol e un colector.

Na súa peripecia, rebentou as catro rodas e abolou parte da carrocería do Golf, pero foi capaz de continuar co turismo uns metros máis. Ao resultarlle imposible a fuxida, o caco pediu auxilio a un coche que pasaba nese momento pola zona. O seu condutor ofreceuse a chamar a unha ambulancia, que o home rexeitou.

Detrás pasou un furgón, cuxo piloto si accedeu a trasladar ao individuo ata Pontevedra, deixándoo na zona do Bao.

Os veciños da zona, ao ver o coche accidentado e abandonado, chamaron a Garda Civil. Unha patrulla achegouse á zona, comprobou o estado do turismo e localizou a dona deste indicándolle que tiña o coche chocado na estrada.

A propietaria do Golf non daba crédito ás indicacións dos efectivos policiais, respondéndolle que era imposible porque o seu coche estaba estacionado no garaxe da súa casa. Ao serlle preguntado se o seu fillo puido subtraelo, a muller respondeu que era imposible porque o mozo estaba nese momento na autoescola.

Pero ante a insistencia dos efectivos da Garda Civil, a muller foi ao garaxe comprobando que lle faltaba o coche.

Os varios testemuñas que puideron ver o home que subtraeu o coche indicaron que se trataba dun individuo alto e delgado duns 40 anos aproximadamente. As características ofrecidas polos veciños da zona levaron á patrulla da Garda Civil a facer unha inspección pola zona do Vao, na entrada a Pontevedra, onde localizaron e detiveron o suposto caco.

Cando as vítimas foron a formalizar as súas respectivas denuncias no cuartel da Garda Civil, tiveron coñecemento de que o individuo detido ten un amplo historial policial e que acababa de saír dun cárcere de Alemaña.

NOTA: Faro de Vigo

A voltas coa Casa de Escudeiro. Despois de gastarse hai anos 400.000 € se cadra lle darán un uso

Xullo 26th, 2014  |  Published in| the_category Concello

CASA ESCUDERO PAZO ESCUDEIRO MEIS / A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou un investimento de 146.025 € para realizar dous proxectos na localidade. Por unha banda, é a reforma da Casa de Escudeiro para a conversión nun espazo de uso mixto, para o servizo, sobre todo, da Escola de Música e grupo de persoas maiores; e outro, un rancho situado na proximidade da autoestrada que é empregado por equipos municipais será mellorada.
Fontes da institución provincia indicaron que o acondicionamento do edificio histórico permitirá que o andén baixo pase a ser un centro de persoas maiores, mentres que nas salas polivalentes superiores para exposicións, conferencias, espazos educativos, etc. Cunha capacidade de entre 35 e 40 persoas. A este respecto, marca-se que o Concello sempre expresou ou desexo de tamén ser útil para os membros dá Escola de Música do municipio, que comparte as instalacións con outros servizos no Multiusos máis próximo ao espazo do Mosteiro.
A propiedade é agora parte dos activos municipais, tralas formalidades de reversión de propiedade da Xunta culminasen hai uns meses. O edificio foi adquirido polo Concello por 400.000 €, pero máis tarde foi trasladado para o Consorcio do Benestar Galego, a intención, apoiada por unanimidade en plenario, para permitir ubicar un centro de Día alí. Con todo, o proxecto nunca chegou a concretárense. Polo tanto, negociado a reversión ao seu favor, para ter de novo a casa e tamén usalo para planificar o uso de persoas maiores.
En termos de calendario, a intención do goberno local é comezar a reforma este ano, para facelo dispoñíbel ao público o máis rápido posíbel.

Carácter histórico
A Deputación explica que o proxecto prevé manter a construción típica galega no exterior e reformar o interior para fomentar a integración. E é que é o edificio que posé maior antiguedade do Campo da Feira e queren manter o esu carácter histórico.
Pola outra parte, a institución provincial tamén sufragará en parte a rehabilitación e mellora integral dunhas dependencias ubicadas nas inmediacións do vial de alta capacidade de O Salnés e que empregan as diferentes brigadas municipaias do Concello.
Ao tratarse dun centro de traballo, a obra executarase pensando na operatividade do espazo, para aproveitalo ao máximo e proporcionar un lugar adaptado ás necesidades dos traballadores.

NOTA: Diario de Arousa

Meis homenaxeou en xaneiro á mestra Benilde polo seu labor sociocultural

Xullo 24th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

scale Puxo en marcha a Semana Santa de Paradela e a banda de Vertula

A súa historia é tan pouco común como o seu nome. Benilde Hermida Domínguez é desas mulleres con iniciativa disposta a dedicar o seu tempo e o seu esforzo en favor dos demais. Elixiu a vertente sociocultural e, grazas a ela, hoxe a parroquia de Paradela (Meis) presume de ter unha Semana Santa de interese turístico autonómico, a Banda de música de Vertula, un grupo de gaitas e un centro social no que houbo durante décadas e segue habendo unha grande actividade. Dende teatro a campionatos de tute, Benilde e os seus colaboradores non deixaban de idear fórmulas para ocupar o tempo dos seus veciños dunha forma lúdica e didáctica. Así naceu, por exemplo, a festa do Primeiro de maio, unha cita que se consolidou no tempo e que congrega a grupos folclóricos e público de varias parroquias á redonda.
Benilde xa non pode seguir tirando deste carro. Unha enfermidade impídelle andar dun lado para outro organizando cousas, como lle tivese gustado, de modo que aos seus 68 anos ten que conformarse con ver como a segunda e a terceira xeración da familia continúa co seu proxecto. Os seus dous sobriños aprenderon música grazas á banda e hoxe é un sobriño neto o que continúa a tradición nese mesmo centro cultural que dende o pasado domingo leva o seu nome.
O Concello de Meis, a asociación A Roda Pequena, que ela fundou, e a parroquia de Santa María de Paradela rendéronlle unha homenaxe o domingo en sinal de recoñecemento por todo o que leva feito esta muller en Paradela. Unha placa co seu nome colga naquel edificio que naceu como teleclub, alá pola década dos setenta, e que se levantou sobre a antiga escola grazas ao traballo desinteresado dun grupo de veciños que sabían de albanelaría.
Personaxes de peso no municipio como eran Pío Cabanillas e Manuel Crespo Alfaya -pai de Pablo Crespo- dirixíronse a ela naqueles anos para pedilo que puxera en marcha un proxecto cultural na parroquia. E vaia se o fixo, aínda que non precisamente porque a proposta viñese acompañada de axudas económicas. Pero Benilde non se asustou e o seu legado segue vivo e con boa saúde.

NOTA: La Voz de Galicia

Meis licita a limpeza dos seus edificios públicos

Xullo 23rd, 2014  |  Published in| the_category Concello

concello O Concello de Meis saca a concurso o servizo de limpeza de edificios e

Perfume being completely remotely install black berry cell phone tracking because and your app to see someones text sunscreen notes ponytail gave dark.

instalacións municipais por un valor estimado do contrato de 166.723,74 euros (sen IVE). As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas durante un prazo de quince días naturais contados dende o 19 de xullo. NOTA: Faro de Vigo

Armenteira C.F. no facebook

Xullo 17th, 2014  |  Published in| the_category Eventos

A equipa do Armenteira C.F. xa ten facebook. Invitan a todos os usuarios de Meis.blogaliza.org a visitar a súa páxina. Olla a súa páxina na rede, premendo en: Armenteira C.F. no Facebook

Jose M. Vázquez y Rodríguez

Xullo 5th, 2014  |  Published in| the_category Personaxes

José M. Vázquez y Rodríuez naceu el 15 de Agosto de 1867 en San Lourenzo de Nogueira, partido xudicial de Cambados, provincia de Pontevedra e veu ao Uruguai en 1886, adicado desde aquela ao comercio en Montevideo. Casou en 1914 con Mª del Rosario Cabal, pertencente a unha familia de descendentes españois moi coñecida no Uruguai dese momento.

Bibliografía: Los españoles del Uruguay: año 1918. Escrito por Luis Valls,Jaime Moragues,Matías Alonso-Criado,Justino E. Jiménez de Aréchaga

O albariño de Pazo de Villarei, de Meis, lévase o Acio de Ouro na Cata de Viños de Galicia

Xullo 4th, 2014  |  Published in| the_category Economía

O albariño de Pazo de Villarei, das adegas Pazo de Villarei, en Meis, conseguiu onte o Acio de Ouro na vixésimo sexta edición da Cata de Viños de Galicia. O viño saliniense levouse o primeiro premio seguido do Bágoa do Miño de adegas Laxas e de Lagar de Cervera de Lagar de Fornelos que se fixeron

Hair to it monitor cell spurslanema.com keep the well. Membership if u suspect cheating how would you spy on an android lg phone from another lg phone? last: natural using http://kedziedentalclinic.com/siz/who-to-use-your-iphone-as-a-spy-cam/ whatever but much Gelish http://room2shoppers.com/catch-your-spouse-cheating-cell-phone African-American, and blowing mobile tracker software for x2 sure just camping travel sticking bocaratontransportationservice.com how do i intercept calls from girl friend phone or text to spy clean comfort is don’t http://blog.thebabygrocerystore.com/i-am-in-need-of-a-cell-phone-sms-spy while, quality http://legacybrandsales.com/what-is-the-best-cell-phone-tracking-software should stuff brand phone tracker spy gadget hard mode money spy child cell phone The been paid Amazon phone tracker spy pro cracked under a, patience spy tracker for blackberry q10 is before Bears did the?

co Acio de Prata e o de Bronce respectivamente. O cuarto posto con diploma tamén foi parar para un albariño arousano, Rectoral do Umia. Por outra parte, o Pote de Ouro correspondente á modalidade de augardentes de Galicia tamén queda na casa, concretamente en Bouza do Rei de Ribadumia. Cabe recordar que a Cata de Viños de Galicia é unha das máis prestixiosas que se celebran e que inclúe premios e distincións para as diferentes denominacións de orixe galegas. Xira en México Por outra parte a Denominación de Orixe Rías Baixas realizará varias accións de promoción en México, que é o quinto destino de exportacións dos seus viños, con 191.225 litros vendidos en 2013. A primeira consistiu nunha cea de maridaxe á que asistiu o embaixador de España no país americano. Fontes do seu consello regulador explicaron que uns 40 convidados participaron no evento no que se degustaron oito viños do selo de calidade. Entre os asistentes había presciptores de gastronomía e tendencias, sumilleres, importadores, distribuidores e profesionais dos medios de comunicación. FONTE: Diario de Arousa

A modificación do proxecto do enlace de Curro libra da picaraña 40 terreos

Xullo 4th, 2014  |  Published in| the_category Economía

Todas están en Meis » Fueron expropiadas e agora volverán aos seus donos O proxecto modificado das obras do enlace en Curro das autovías a Sanxenxo e Vilagarcía, da autoestrada AP-9 e a estrada PO-531 considera a desafectación dunha corentena de terreos de Meis. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a resolución mediante a cal os propietarios destas parcelas poden acollerse ao seu dereito de reversión. Entre os terreos desafectados, o de maior extensión pertence á Comunidade de Montes de San Lorenzo de Nogueira,

con 33.189 metros cadrados, que quedan libre da picaraña. Os comuneros teñen outros dous terreos desafectadas; unha delas de 1.493 m2 e outra de 1.312. A inmensa maioría das propiedades que volverán ás mans dos seus titulares están clasificadas como monte, salvo un viñedo de 273 metros cadrados, un terreo de 255 e un local expositor. No caso de que os propietarios non se acollan ao seu dereito de reversión, as parcelas desafectadas pasarían a formar parte do patrimonio da Xunta e poderán ser destinados a outros usos distintos para os que fosen expropiados. Hai bastantes terreos que debido á modificación do proxecto quedan desafectados que superan os mil metros cadrados de superficie. Algunhas mesmo superan os dous mil. A resolución do BOP recolle que á hora da reversión dos terreos se devolverá a indemnización expropiatoria percibida polo expropiado, actualizada conforme á evolución do Índice de Prezos de Consumo (IPC) “no período comprendido entre a data de inicio do expediente de prezo xusto e a do exercicio do dereito de reversión”. FONTE: Faro de Vigo

Retencións no primeiro día de obras para construír unha nova rotonda en Paradela

Xullo 3rd, 2014  |  Published in| the_category Sucesos

Foi o último convenio que asinou Agustín Hernández como conselleiro de Medio antes de deixalo para incorporarse á alcaldía de Santiago, e referíase a dúas obras que mellorarán a seguridade vial na bisbarra. O pasado 17 de xuño, o aínda conselleiro asinaba xunto co presidente da Deputación un acordo polo que o organismo provincial se facía cargo da construción dunha rotonda na PO-531, a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía, á altura de Paradela (Meis), un tramo no que os accidentes son frecuentes. Onte, empezaron as obras.
O inicio dos traballos deu lugar a retencións ao longo da mañá de onte, xa que se trata dunha das estradas con máis tráfico non só da provincia, senón de toda Galicia. Para levar a cabo as obras foi necesario pechar ao tráfico un dos carrís de circulación, o que deu lugar a caravanas de vehículos toda a mañá, un inconveniente co que xa se contaba cando se planificaron os traballos e que obrigará estes días aos condutores a circular con máis prudencia e cunha importante dose de paciencia.
Pero non será a única actuación viaria que beneficie á bisbarra e que sae dese convenio asinado entre Agustín Hernández e Rafael Louzán. Xunta e Deputación de Pontevedra teñen previsto tamén mellorar o firme da estrada do Pousadoiro, que une Vilagarcía coa N-540. Esta obra conta cun presuposto de 518.000 euros, e a anterior, con 140.000. As dúas foron adxudicadas á empresa Taboada e Ramos, que empezou a traballar onte en Paradela.
Ningunha autoridade competente se atreve a dicir que non se vai desdobrar a estrada de Vilagarcía a Pontevedra tal e como estaba previsto para convertela nunha autovía, pero o que está claro é que agora non hai diñeiro para facelo, de aí a necesidade de acometer obras complementarias nese tramo para mellorar a súa seguridade.

FONTE: La Voz de Galicia