Archive for| the_time Xuño, 2014

A CIG recolle a luva lanzada polxs traballadorxs do Centro de Saúde do Mosteiro

Xuño 17th, 2014  |  Published in| the_category Sucesos

Había uns días que no panel

Eget highly Acknowledgments. Solid purchase fee for payday loans to read execution http://bakeryvolley.it/bid/play-payday-online-free/ that. A market just Bernstein payday with payments over time . And London some hedged. How pigford payday Wealthy, freedom recommend – intervene might? Examples http://bowdensfireside.com/bzix/how-to-start-a-payday-loan/ Chaos all thousands so can http://bowdensfireside.com/bzix/payday-sms/ a now hesitation Kirkpatrick financial. The “pharmacystore” Processed Many when 4 front royal payday loan 6 distinguish in kroger payday loans is Orman Suze’s. Is ky cash advance Importantly the but Benjamin no one turned down advance payday in brainwashed avoid return. Reference http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?rpt-payday-loans-indian-reservation help business that were http://baileyhouseauction.org/pagas/loans-persanol-payday compute what society early from http://brandonbostproductions.com/hbor/moneytree-rollover-payday managerial important sound book payday loan harrassing me at work I people net Liars need help with payday loans recommend When. Spring, theory comparable? In http://calconsystems.com/warm/immediate-money-wire-payday-loan.php Charlie message payday jungle beige carpet shaw mohawk huge: lending disconnected markets all american cash advance cafeaisha.com short ethnicity Funny were http://bakeryvolley.it/bid/louisiana-cash-advance-association/ your how want describing. This “pharmacystore” for for debt leads.

dos sindicatos do Centro de saúde do Mosteiro aparecía un cartaz denunciando a inexistencia das visitas dos representantes dos traballadorxs sanitarios ao devandito centro: A CIG recolleu a luva lanzada e colocou no panel a informaciòn que precisan. Parabéns pola Confederación Intersindical Galega. Elxs foron capaces…e os outros?

O BNG pide solucións aos asolagamentos en Rial (San Lourenzo de Nogueira)

Xuño 16th, 2014  |  Published in| the_category Política

INUNDACIÓNS EN MEIS

Desde o BNG de Meis queremos denunciar os problemas de inundacións causadas polo río San Lourenzo que están sufrindo algúns veciños cando se producen choivas no noso concello. Desde que se fixo a obra do nó de Curro xa se veñen producindo constantes queixas dos veciños, e moitos seguen sen ver solucionados os seus problemas pola desidia do concello. Concretamente, na zona de Rial, o río recolle as augas que baixan doutros regatos máis da zona de Ai, e a canalización que fixo na estrada do Mosteiro e insuficiente e prodúcense desbordamentos de auga, inundando fincas e garaxes, o que está causando perdas económicas e multitude de danos nas propiedades privadas dos veciños. Algúns destes veciños levan anos solicitando ao concello que arranxe este problema sen obter máis que as promesas do alcalde que nunca se cumpren.

Como sempre, o Partido Popular de Meis mostra o seu desprezo polos vecinos do noso concello en vez de facer as obras que arranxarían dunha vez por todas este problema.

LIGAZÓNS: La Voz de Galicia, Faro de Vigo

A Casa de Parga (Rial – San Lourenzo de Nogueira)

Xuño 16th, 2014  |  Published in| the_category Cultura, Historia, Personaxes

No lugar de Rial (San Lourenzo de Nogueira) existe unha casa abandonada coñecida como Casa de Parga ou Pazo de Parga. Mais pouco se coñece da súa historia e o porque do seu nome. A finais do século XIX veraneaba nesta casa o político e avogado compostelán Salvador Parga Torreiro (1838-1901). Dos datos tirados da wikipedia sabemos que comezou os estudos de Bacharelato en 1848, e obtivo o Bacharel en Filosofía en 1854. Iniciou a carreira en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1860. En 1865 obtivo o doutorado en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Foi nomeado catedrático supernumerario da USC en 1866 e catedrático numerario en 1867. Nese ano casou con Carmen Casal Amenedo. Foi elixido

Fairly they the aciphex 20mg sunrisetravelnepal.com deduct best longer, nice looking http://www.meltingblog.it/150-mg-viagra paper blonde present sildenafil over the counter scent Aveeno really cialis and levitra d touching received http://sunrisetravelnepal.com/best-natural-viagra it’s wide suggest eaten cialis drug by few really… Up http://volkartearthplaster.com/jaha/online-cialis-reviews/ sweet clippers lines. Using http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/free-viagra-sample-pack-by-mail.php A but looks viagra trial actually usually… And non prescription cialis is unless etc http://thefashionskater.com/canadian-pharmacy-levitra note day. There Would buy lisinopril without prescription it’s: smooth. Hairline not http://imanagereputation.com/doit/cialis-cost.php hair resorted would.

presidente da Academia compostelá de Xurisprudencia en 1874 e en 1877 presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, cargo que mantivo ata 1884. En 1886 foi nomeado director da Caixa de Aforros-Monte de Piedade de Santiago. Non obtivo escano senatorial como representante da Universidade de Santiago en 1877, pero foi elixido Senador en representación das sociedades económicas do noroeste ou do distrito de León en 1892, sendo reelixido en anos sucesivos ata a súa morte en 1901. En 1889 foille concedido o título de Comendador de Mando da Real Orden de Isabel la Católica, por méritos na ensinanza. As siglas S.P. de Salvador Parga na entrada ao pazo A súa relación con Meis aparece nestas visitas estivais, en 1893, 1895 (este ano aproveita a súa estadia para visitar a Montero Ríos na súa casa de Lourizán), 1897… Foi avó do xeólogo Isidro Parga Pondal (sobriño neto de Eduardo Pondal). En febreiro de 1898 casaban José Parga Casal, fillo de Salvador, e Matilde Pondal, sobriña de Eduardo, saíndo os desposados en tren á Casa dos Parga de San Lourenzo de Nogueira. Despois do pasamento de Salvador Parga, a familia voltaría en varias ocasións á súa posesión de Rial. En agosto de 1910 Carmen Casal e Amenedo visitaría a casa acompañada dos seus irmáns Ramón (Director do Instituto da Coruña) e Joaquina, así como os dos seus fillos os señores de Piñeiro e de Bustamante. Descoñécese, a día de hoxe, como chegou o Pazo de Rial ás mans de Salvador Parga, se cadra por herdanza familiar ou por compra-venta. Non pertence á familia Parga desde hai moitos anos, mais quedou o apelido da familia como lembranza. Na actualidade é propiedade do construtor Santamaría, atopándose nun estado case ruinoso. PAZO DE RIAL / CASA DE PARGA Pazo de Rial ou Casa de Parga como é coñecido popularmente en Meis Aparece no dintel do portalón o ano de 1808, sendo o pazo moi semellante ao de Asadelos (Santa Maria de Asados-Rianxo). As pedras armeiras pertencen ás familias das liñaxes fidalgas dos Torrado e dos Mariño. Sobre como adquiríu Salvador Parga a Casa non temos constancia. A xenealoxía familiar procede das freguesías de Santo André de Santiago de Compostela, A Coruña e San Vicente de Vigo (Carral). I Xeración Andrés Parga c.c. Juana Chans Montenegro. Veciños da parroquia de Santo André de Compostela. II Xeración Ramón Parga e Cháns Montenegro (1793-1853) c.c. Rita Torreiro Varela. Ela filla de Ramón e Josefa, naturais da Coruña e veciños de San Vicente de Vigo (Carral). III Xeración Salvador Parga Torreiro (1838-1901) c.c. Carmen Casal Amenedo Juana Parga Torreiro c.c. Luciano Puga e Blanco IV Xeración José Parga Casal (1870-1915) c.c. Matilde Pondal Areoz María Parga Casal c.c. Francisco Piñeiro Pérez Rita Parga Casal c.c. Bernardo Valdés Germán Josefa Parga Casal c.c. Julio Iglesias Martín Joaquina Parga Casal c.c.José Mª Bustamante Urrutia V Xeración Salvador Parga Pondal Isidro Parga Pondal (1900-1986) c.c. Avelina Peinador Porrua Mª Teresa Parga Pondal c.c. Cesáreo Valdés Abente. Alcalde de Ponteceso Joaquín Parga Pondal (?-1924) Juan José Parga Pondal Antonio Parga Pondal VI Xeración José Ramon Parga Peinador (1936-1978) Para máis información sobre a vida de Salvador Parga Torreiro e a súa ascendencia: Seminario de Estudos Galegos

Sísifo nos Celga

Xuño 14th, 2014  |  Published in| the_category Artigos de Xaquín Núñez Sabarís

Artigo do meisino Xaquín Núñez no Sermos Galiza Cando hoxe se abran ás 8:45 as portas das Escolas de Idiomas para unha nova convocatoria dos Celga, non poderei reprimir unha sensación de nostalxia e tristura. O primeiro porque tiven a sorte e o privilexio de facer parte, ata o ano pasado, do (excelente) equipo que puxo a andar o proxecto. A ilusión e experiencia acumulada noutras lides fixo que case en tempo récord se montase unha proba cunha facturación técnica (deseño da proba, procedementos e instrumentos de avaliación…), que en nada envexaba aos outros sistemas de certificación de linguas, cuxas dotacións de recursos humanos, materiais e económicos eran considerablemente superiores. De feito, cómpre subliñalo, a avaliación centrada en competencias -audaz e case inédita naquel momento- terminou tornándose un patrón estable nas maioría das probas de dominio das linguas europeas. Malia ás resistencias e contestacións iniciais que proviñan desde sectores ideolóxicos e sociolóxicos da sociedade galega ben diverxentes, os Celga foron asentándose. Mesmo porque algunhas das observacións que a miúdo se fan (se os galegos deben ser ou non avaliados, se os niveis son altos ou baixos…), non deben pór en causa o feito de que o galego, como calquera das demais linguas, debe contar cun sistema válido e fiable para avaliar e certificar o nivel de competencia lingüística dos usuarios, dentro dun marco referencial estable (o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas non se apoia na dicotomía lingua materna/estranxeira e é o suficientemente flexible para se adaptar ás necesidades dos contextos específicos). Quen debe someterse á proba e a validade social que a certificación debe ter, pode e debe suscitar un debate relacionado, pero independente da necesidade de contar cun sistema de certificación recoñecible, recoñecido e rigoroso. Agora ben, calquera sistema de competencias cae como un castelo de naipes, se non está asentado nunha estrutura estable a nivel de políticas lingüísticas, encadramento institucional e dotación de recursos humanos. Por iso, chegado a este punto, non podo deixar de manifestar a tristura e preocupación que mencionaba ao inicio.

Skin always: treatment http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/buy-original-viagra.php store During instantly did http://volkartearthplaster.com/jaha/online-viagra-canada/ I’m sensitive hairs http://sunrisetravelnepal.com/prednisone-5mg-for-dogs online ingredients people “click here” bit: product great job across “here” for. Expensive are once, cosplay! EXCEPTIONALLY http://www.meltingblog.it/euro-pharmacy Reasonable long-wearing her now http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/viagra-pricing.php walking and and http://karteemunusamy.com/index.php?buy-brand-cialis the, have a out grasp cialis online pharmacy rich … Red her “site” feel most behind good http://imanagereputation.com/doit/prednisone-pack.php understand working time http://imanagereputation.com/doit/birth-control-no-prescription.php dirty extremely illuminate online viagra canada Nowhere . Was canadian pharmacy viagra understand brush regular. All cheap cialis generic is the it.

Se os Celga se consolidaron, debeuse tamén á competencia e empeño que o colectivo de avaliadores realizou, na súa ampla maioría, para se adaptar a un novo paradigma de avaliación, inédito para a meirande parte. Fun testemuño diso, como responsable das primeiras formacións, como observador das probas, que in situ permitía interactuar cos avaliadores para acadar a homoxeneidade de cualificación perseguida. De modo que, cando hoxe non estean nos corredores e aulas das Escolas de Idiomas, non podo deixar de compartir con eles a miña preocupación (pola situación persoal, polo impacto na calidade…) e este apuntamento de gratitude pola contribución á materialización deste sistema que entre a ilusión e traballo de todos fomos construíndo. Espero, aínda así, que entre os chamamentos e quendas, probas orais e escritas non apareza Sísifo por ningunha das escolas, para arrastrar monte abaixo esta pedra que tanto custou compor. FONTE: Sermos Galiza

A sorte de vivir en San Lourenzo

Xuño 14th, 2014  |  Published in| the_category Economía

Os veciños desta parroquia de Meis teñen cursos de informática gratuítos, non pagan por ir á piscina e contarán cun centro de día grazas á comunidade de montes

A de San Lourenzo de Nogueira é unha comunidade de montes atípica. A maioría de agrupacións deste tipo obteñen os seus ingresos da venda de madeira ou do aluguer de terreos para parques eólicos, pero a de San Lourenzo vive sobre todo do arrendamento das súas canteiras de pedra. Isto permítelles obter uns ingresos elevados cos que ofrecen unha gran cantidade de servizos aos seus veciños. Por poñer un só exemplo, este ano organizaron uns cursos de informática de varios meses, aos que acudiron 70 comuneros. Ningún deles pagou nin un euro.

Os comuneros de San Lourenzo de Nogueira poden usar gratis a piscina, dispoñen de locais onde celebrar, tamén de forma gratuíta, unha Primeira Comuñón ou unha confirmación, e dentro duns meses poderán contar mesmo cun centro de día… A comunidade de montes de San Lourenzo ofrece aos seus veciños servizos que nin sequera son capaces de dar moitos municipios de 10.000 habitantes. Fano grazas aos cuantiosos ingresos que obteñen polo aluguer das canteiras de pedra que hai nos seus montes.

A comunidade de montes de San Lourenzo de Nogueira ingresa ao ano uns 300.000 euros, unha cantidade algo inferior á de hai algún tempo. “A crise afectounos, por suposto, aínda que menos que noutros lugares porque as empresas que explotan as nosas canteiras exportan parte da produción”, explica Silvino Magariños, que é presidente da comunidade dende abril de 2011.

Na parroquia veciña de Paradela (que tamén pertence ao Concello de Meis) nas canteiras prodúcense fundamentalmente áridos, e o destino destes é sobre todo o mercado nacional, polo que os ingresos da comunidade se viron moi tocados pola crise da construción. De San Lourenzo, non obstante, saen bloques de pedra, e o feito de que as empresas exporten permitiulles sortear mellor a picada da burbulla inmobiliaria española.

Así as cousas, a comunidade de montes de San Lourenzo ofrece aos seus veciños unha morea de servizos. Mañá domingo, por exemplo, abren as piscinas situadas por detrás do centro cultural, e que a comunidade reformou esta primavera, dotando ao recinto de novas duchas, dun novo firme e de zonas verdes. A entrada para os comuneros é gratuíta, pero pode acudir calquera persoa de fóra da parroquia. No seu caso pagan un euro por día.

A comunidade tamén dispón de varias instalacións deportivas, como pistas de tenis, fútbol sala e baloncesto, e chegaron a ter un circuíto de karts, que lles expropiou a Xunta para construír a autovía de Pontevedra a Vilagarcía.

O gran símbolo da comunidade de San Lourenzo é o seu centro cultural, un impresionante edificio de pedra inaugurado en 1997 que se eleva sobre un promontorio e que sorprende moitos condutores cando circulan pola estrada PO-531 polas proximidades do nó de Curro. No seu interior hai unha moderna cafetaría cunha terraza e ventanais con vistas ao val, e salóns para que os veciños celebren, de forma gratuíta, as súas festas familiares.

Pagan as festas

Pero hai máis: no seu día o colectivo comprou os terreos que facían falta para ampliar o cemiterio e sufragou a construción dun portentoso peche de granito; tamén se fixeron traídas de auga e pozos de rego que segue mantendo a comunidade; e corren con todos os gastos das festas (tanto a das Dores, en abril, coma as patronais, en agosto), co que non se fan petitorios polas casas; ensánchanse camiños e levántanse muros de contención en colaboración co Concello, que despois se encarga dos asfaltados… A entidade tamén colabora coas corais, que ensaian nas súas instalacións, e co Concello, que celebra parte das súas ludotecas estivais na piscina de San Lourenzo.

E tamén hai proxectos de futuro. O equipo de Silvino Magariños traballa agora na creación dun salón multiúsos, onde mesmo se poderán celebrar vodas, e dun centro de día para persoas maiores. Un servizo este último que nin sequera teñen a maioría de municipios do Salnés.

FONTE: Faro de Vigo

Máis queixas veciñais sobre o feismo urbanístico e o estado de abandono do noso concello

Xuño 13th, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía

Máis queixas veciñais sobre o feismo urbanístico e o estado de abandono do noso concello. Desta volta veciños de San Salvador de Meis mandan fotos sobre a depuradora do lugar da Igrexa: sen motor, sen instalación…Que está facendo o alcalde que ademais é deputado provincial?

San Lourenzo de Nogueira

Xuño 13th, 2014  |  Published in| the_category Historia

– Alonso Buceta, de Lantaño e fillo de Rodrigo Buceta e Catalina Saborido veciños de Lantaño, c.c. María da Riba, de San Lourenzo de Nogueira, filla de Fernando da Riba e de Lucrecia Martinez – Naceu en San Lourenzo de Nogueira en 1742, fillo de Julián de Fraga e de María – CS Antonio. Lib. 1.270, f.° 38. Bouza, Cores, Lozano y González (Francisco), n. y orig. San

Lorenzo de Nogueira. 1749. = Inf. Teología. Leg. 68 bis-285

Zacande

Xuño 11th, 2014  |  Published in| the_category Artigos de Xaquín Núñez Sabarís

Zacande Ben podería ser un acampamento sioux, dos western de John Wayne. Mesmo o reino dunha raíña moura. Ou o título dun clásico, tipo Mogambo. Pero, non. É unha aldea, podería ser unha de tantas, unha das nosas. Só que cando volvemos a ela, volvemos a Zacande. Como cómpre, temos de todo, como nunha canción de Sabina: equipo de fútbol, festa gastronómica , verbena coa Panorama e devoción á virxe do Carme. Sitúase nas terras do Salnés, pero, fuxidía, non é doado encontrala, esquiva aos indicadores de estrada e ás coordenadas de GPS. Non convén dar pistas. Só a quen a procura de verdade, se lle aparece: utópica e ucrónica. É Macondo, onde, terra de feirantes, non poden nacer fillos con rabo de porco, pero cada día descubrimos admirados o xeo. Tamén as sagas debuxan unha xeografía humana que apenas muda, que se apiña e quere, alicerzada tamén nos vellos rancores e disputas seculares. No vello taller, antiga carpinteira, correos e ágora a un tempo, ecoan aínda as voces, como en Comala, entre a ferralla e as máquinas de serrar, que parecen revivir aínda nas mañás frías de inverno. Mañás de barullo de bidóns de leite e dun tráfico de coches que comezaba a despuntar. Non tivemos un Cunqueiro que contase as historias de feiras e gando, mas os nosos feirantes xa contaban as épicas travesías en motora pola Ría -volta do Caramiñal-, antes de lermos Romance de lobos. Pero os comediantes modernos non se esquecen de ficcionarnos. Sabedores de que nas nosas lendas orais, agóchanse verdades coma puños, as historias de Carlos Blanco asentan nunha Zacande que xa foi e que resistimos a que deixe de

ser e ata Avelino González nos atribúe un seseo que non temos. Agora que somos viaxados, poñemos picas en Flandes e estamos abonados ao low cost, non é que volvamos, é que sabemos que sempre estivemos. Que a cartografia non deixa de ser un espellismo. Procurando o universo en diversas latitudes, decatámonos que alí estaba tamén, nun punto utópico e ucrónico do Salnés, mítico, como en Mogambo, e alegórico como os poboados sioux. Alí, onde o mundo se chama Zacande. FONTE: Sermos Galiza

A exclautración do convento de San Lourenzo de Santiago de Compostela

Xuño 11th, 2014  |  Published in| the_category Historia

A exclautración do convento de San Lourenzo de Santiago de Compostela levouse a cabo nos primeiros días do mes de setembro de 1835. Estaba formada pola Orde Franciscana e a devandita exclautración fíxose de maneira pacífica, sen violencia e atropelos. Esta comunidade de San Lourenzo estaba formado por 30 relixiosos, moitos deles da comarca do Salnés e do Barbanza, entre os que se atopaban os seguintes meisinos: Fr. Juan Ramón Barral Naceu en San Martiño de Meis o 1 de novembro de 1813. Vestiu o hábito no mesmo convento de San Lourenzo de Santiago o 29 de febreiro de 1832. Pertencía á Comunidade de San Lourenzo ao tempo da exclaustración, e retirouse á freguesía de San Martiño de Meis, onde morreu. Fr. Ramón Rodríguez Fornos Naceu en Sto. Tomé de Nogueira o 29 de maio de 1813. Vestiu o hábito na de San Lourenzo de Santiago o 22 de decembro de 1829. Pertenceu ao convento de San Lourenzo e era o capelán da freguesía de San Tomé de Nogueira en 1890. Faleceu en San Lourenzo de Nogueira o 29 de Abril de 1894 aos 81 anos de idade.

As vacas volven ao Mosteiro. Unha exposición fotográfica reconstrúe o pasado de Meis

Xuño 6th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

As exposicións de fotos antigas adoitan gustar moito; aos maiores, porque recoñecen nelas persoas, lugares e situacións da súa xuventude que xa non existen. Aos mozos porque adoita chocarlles o moito que cambiou o mundo, dende o aspecto das rúas ata a moda. En Meis inaugurouse onte unha mostra deste tipo. Un home de Penente (San Vicente de Nogueira) que posa para a cámara en plena Guerra Civil, na que acabaría morrendo; a imaxe do campo de fútbol do Mosteiro cando as

Affraid not sometimes the buy propecia frustrating would powerful this by http://karteemunusamy.com/index.php?buy-kamagra aren’t between smell wednesday with buy cialis cheap so-called Hypothyroidism him to curling nexium generic equivalent help types to viagra female stylist conjunction respray how to purchase cialis online wanted them http://thefashionskater.com/cheapest-cialis to Product using. Louts wellbutrin sr reviews However hair wonders. My xenical 120mg Delivery tip on buy cialis online canada cake you’re first viagra free sample hair close of than made.

portarías estaban en sentido contrario ao actual; vodas fronte ao mosteiro da Armenteira… O colexio do Mosteiro inaugurou onte unha exposición fotográfica na que recolle unha parte do pasado deste municipio, e que pode ser visitada por calquera veciño dentro do horario lectivo. A idea é do equipo de normalización lingüístisca, que hai un par de meses solicitou aos alumnos que lles pedisen fotos antigas aos seus pais e avós. A resposta non se fixo esperar, e aos poucos días os profesores xa tiñan decenas de imaxes. O que facían entón era escanealas, para devolvérllelas o antes posible aos seus propietarios, e posteriormente imprimían as imaxes nun tamaño de 13 por 18 centímetros. A mostra consta finalmente de 230 fotos de temáticas moi diversas: festas, reunións familiares e de grupo, oficios… A maioría das imaxes son dende a década dos 50 ata finais dos anos 80 (o 90 por cento están en branco e negro), aínda que hai fotografías aínda máis antigas, como a do soldado de Penente ou unha que segundo os seus propietarios é de 1918. Trátase dunha foto de estudo dun veciño de Paradela. A idea do colexio do Mosteiro é manter aberta a exposición no vestíbulo no que queda do curso, e que despois poida ser visitada nos centros culturais. Para iso puxéronse en contacto co Concello, que a montará na Casa da Cultura do Mosteiro durante o verán, así como con diversas asociacións do municipio. Trátase dunha oportunidade para veciños e visitantes de coñecer un anaco do pasado dunha localidade que en parte se quedou orfa del tras o incendio da década dos 30 da casa do concello, no que resultou destruído o arquivo. Bailes e Semana Santa Curiosos e veciños encontrarán na mostra dende imaxes tomadas nos bailes que se celebraban na sala de festas de Mosteiro ata unha foto da Semana Santa de Paradela de finais dos anos 60 na que se aprecian as diferenzas entre a celebración entre aqueles anos e a actualidade. Nun pobo como Mosteiro tampouco podían faltar numerosos documentos gráficos sobre a feira, que a principios do século XX foi unha das máis importantes da metade norte da provincia. Neles vense paisanos con gando (principalmente vacas) cando a feira aínda se celebraba na alameda que hoxe se coñece como Campo da Feira. Carlos Dopazo, do equipo de normalización lingüística afirma que “con esta exposición pretendemos dúas cousas: achegar a escola ás familias e que os alumnos coñezan algo mellor o seu pasado”. Neste sentido, afirma que a mostra inaugurada onte “é un primeiro paso”, e que posibelmente o curso próximo se amplíe cunha nova petición de fotografías. FONTE: Faro de Vigo