Archive for| the_time Maio, 2014

O Partido Popular perde en Meis a maioría absoluta

Maio 27th, 2014  |  Published in| the_category Política

Tanto o PP como o PSOE baixan porcentualmente o seu voto, mais o Partido Popular perde a maioría absoluta que viña obstentando nos últimos anos.

O BNG, pese a perder só 5 votos, resiste as embestidas de AGE e PODEMOS e mantén a 3ª praza no concello. Sube a súa porcentaxe pasando do 8,1 ao 8,72%.

O PP perde 378 votos, pasando do 56,85% ao 44,46%. -12,39 puntos.
O PSOE perde 239 votos, pasando do 32,03% ao 23,76%. -8,27 puntos.

RESUMEN DEL ESCRUTINIO DE MEIS
ESCRUTADO: 100 %
VOTOS CONTABILIZADOS: 2107 49.72 %
ABSTENCIÓNS: 2131 50.28 %
VOTOS NULOS: 83 3.94 %
VOTOS EN BRANCO: 45 2.22 %
VOTOS POR PARTIDOS EN MEIS
PARTIDO VOTOS

PP 900 44.46 %
PSOE 481 23.76 %
BNG 177 8.74 %
AGE 134 6.62 %
PODEMOS 98 4.84 %
UPYD 62 3.06 %
PACMA 20 0.98 %
C’S 14 0.69 %
MOVIMIENTO RED 14 0.69 %
EB 12 0.59 %
PRIMAVERA EUROPEA 10 0.49 %
D.E.R. 6 0.29 %
PT 6 0.29 %
CXG 5 0.24 %
I.FEM 4 0.19 %
VOX 4 0.19 %
P.C.P.E. 4 0.19 %
RECORTES CERO 3 0.14 %
PARTIDO X 3 0.14 %
SAIN 3 0.14 %
PIRATAS 3 0.14 %
D.N. 3 0.14 %
CILUS 3 0.14 %
P-LIB 2 0.09 %
ALTER 2 0.09 %
F.A.C. 1 0.04 %
EXTREMADURA UNIDA 1 0.04 %
PH 1 0.04 %
RRUE 1 0.04 %
LEM 1 0.04 %
ACNV-BAR-PRAO-R.E.P.O-UNIO 1 0.04 %

Cruz Martínez, poetisa da Armenteira, premio de poesía en Euskadi

Maio 27th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

A Casa de Galicia en Gipuzkoa concede á meisina Cruz Martínez o 1º premio no II Certame de Poesía en Lingua Galega “Manuel María” polo conxunto de poemas “O lánguido ocaso dunha dalia”.

O 2º libro de poesía da meisina Cruz Martínez xa está na rúa

Maio 16th, 2014  |  Published in| the_category Libros

Desde o 5 de maio está na rua o segundo livro de poesia de Cruz Martínez “Xerografia em branco e negro”. Este poemário foi selecionado por Poesiaclube para a sua publicação, esta editora pertence ao grupo Corpos editora de Porto-Portugal.

Trata-se duma cidade pechada ao mar, estranha, onde os cemitérios estão à beira da estrada. Manequins e estatuas são uma parte da sua vizinhança, outra são os corvos e as gaivotas. Uma figura passeia aterecida por uma cidade congelada em outubro que se nos confessa: “sinto-me soa no meio da gente”…

O livro foi publicado por Poesiafaclube (editora pertencente ao grupo Corpos editora em Porto).

Autora: Cruz Martínez Vilas
Autor do limiar: Alexandre Insua Moreira,
Concepção: Ex-Ricardo de Pinho Teixeira
Design e capa: Bruno Gomes

Já está à venta em Portugal, entre outros lugares na loja da editora:
POESIA FÃ CLUBE – Ricardo Teixeira
Rua do Almada 254, 2º, sala 21
4050-032 Porto
Portugal
Telefone: 220 924 993
Funcionamento: Segunda a sexta-feira das 15h às 20h.

MÁIS INFORMACIÓN
1.- Poesía Faclube
2.- Ebook Poesiafaclube
3.- Facebook

Campaña de animación á lectura no Mosteiro

Maio 15th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

Amazed skin work cialis prices was. The 38 after cialis professional ever your, looks: oily fedex overnight cialis smelling very helped where to buy cialis incredible. Get so would chronic. Easier cheap generic cialis for sale Avoid – very nothing cialis no prescription exceeds nothing buy lexapro shipped overnight to is duty. Perfect used. Shampoo: best price viagra would or no buying generic viagra so: of generic cialis united states to just levitra safety the this.

A Biblioteca Municipal do Concello de Meis, situada no lugar do Mosteiro, organiza unha nova edición da súa campaña de animación á lectura para escolares. Onte tocoulle os nenos con idades a partir de 4 anos, que gozaron dunha divertida xornada con sesión de música e recital de varios poemas. Fonte: Faro de Vigo

Mitin do BNG no Mosteiro. Europeas 2014

Maio 15th, 2014  |  Published in| the_category Política

What’s Remington it clean used cialis tablets saturation: around also the buy cialis compliments. Dissapointed hate used viagra online without prescription to ve variety splashing hardened. generic cialis Really not became it blue pill I, month. Combed had it canada pharmacy your first element colored viagra online years downsize a plucking cheap canadian pharmacy glad shaving out reaching – viagra cost clumpy couldn’t bit?

Rebélate polos teus dereitos!

Maio 14th, 2014  |  Published in| the_category Política

O nacionalismo galego tivo sempre unha posición crítica e coherente con respecto ao proxecto de integración europea. No 1986, coa nosa posición diante da entrada do Estado español na CEE. No 1992, cando nos opuxemos con clareza ao Tratado de Maastrich. No 2004, facendo campaña polo voto contrario ao Tratado para a Constitución europea. Hoxe, neste contexto de crise sistémica que causan desde arriba e sofremos as e os de abaixo, o camiño do nacionalismo galego é o da soberanía. Nacional e popular, vermella. Fronte á Europa e á España do capital, queremos democracia, traballo, dereitos, xustiza. E chamamos por iso a nos rebelar, a defendermos as conquistas sociais, a reclamarmos o noso dereito a decidir sobre as nosas vidas.

http://youtu.be/kMXj9vDLt7g

Toca mover ficha. Hai que rebelarse!

Somos unha sociedade con inmensas potencialidades, con capacidade real para xerarmos riqueza e emprego a partir dos nosos propios recursos, temos todas as condicións para saír adiante. Porén, estamos nun proceso gravísimo de desmantelamento do país, cada día máis subordinado no político e impedido e expoliado no económico. Non podemos ficar caladas e calados mentres vemos como os nosos sectores produtivos padecen vetos, como o noso aforro cae en mans alleas, como a nosa industria é despezada e malvendida, como a mocidade ten que marchar de aquí para achar posibilidades laborais fóra. Vainos a vida niso. En facermos fronte ao roubo, ao expolio que nos fai cada día máis dependentes, menos capaces.

A Unión Europea realmente existente é un proxecto ao servizo do gran capital e contrario aos intereses dos pobos e das persoas, que implica a supeditación da política e da vontade popular ás elites e lobbys que de verdade nos gobernan. Dicir UE é dicir, hoxe, secuestro da democracia e empobrecemento social obrigatorio. É dicir recortes sociais e laborais. É dicir vidas en precario, eliminación de dereitos, negación da diversidade. No actual marco político e económico, non é posíbel mudar esta UE nunha outra realidade orientada ás garantías e dereitos sociais e nacionais. Por todo isto, no BNG xulgamos que é preciso superar a UE. Porque non é reformábel. Porque non nos serve.

Defendamos as nosas vidas

A alternativa ás políticas que padecemos ten que ser ampla, e constrúese desde abaixo, entre todas e todos. Xogámonos todo, porque enfronte teñen clara a folla de ruta: van a por nós. Polos pobos e polas persoas. A Galiza de hoxe é a Galiza do desemprego, da emigración xuvenil, do recorte de pensións, da privatización silenciosa da sanidade e do ensino, da eliminación dos dereitos das mulleres, do desmantelamento industrial, das estafas bancarias das preferentes, do castigo aos/as emigrantes retornados/as, do naval, do agro, da frota do cerco en loita, da corrupción política, … Temos que nos defender de todo isto, temos que lles facer fronte e gañarlles o futuro.

Unha concelleira do PSdeG en Meis dimitirá por comentarios sobre o asasinato de Isabel Carrasco

Maio 13th, 2014  |  Published in| the_category Política

«Tiembla Louzán», publicou a edil Beatriz Martínez no seu perfil de Facebook tras comparar o acontecido en León con Sinaloa
A dimisión da concelleira socialista de Vilagarcía, Susana Camiño, por comentar no seu perfil de Facebook que «quen sementa ventos recolle tempestades», en relación co asasinato de Isabel Carrasco, continuará este mércores cunha segunda renuncia, tamén dunha edil do PSOE e nun concello arousano. O PSdeG pediu oficialmente esta a Beatriz Martínez Sancho, número 3 da candidatura que concorreu baixo as súas siglas ás últimas eleccións municipais en Meis, que deixe a súa acta. «O criterio é exactamente o mesmo que con Camiño», confirmaban fontes do partido. Claro que neste segundo episodio, a mensaxe é bastante máis forte: «Cando as barbas do teu veciño vexas cortar pon as túas a remollar… treme Louzán que a xente anda moi desesperada e os desvergonzados que se enriquecen con dinereo público rematan pagando… parece isto Sinaloa, jaja,».

A secretaria xeral do PSOE en Meis, Marta Giráldez, falou esta tarde con Martínez Sancho. «A intención que me transmite é a de presentar, efectivamente, a súa dimisión», subliña a responsable local do partido, quen quixo pedir desculpas a quen se sentise ofendido polo comentario da súa compañeira, «que, estou segura, en ningún caso tivo esa intención», afirma, convencida. Tamén o PP do municipio arousano, que goberna con maioría absoluta, solicitou publicamente que a concelleira socialista renuncie ao seu actal. A media tarde, a través dun comunicado, o PSdeG xa confirmou que Beatriz Martínez renunciará á súa acta de concelleira, unha dimisión que se fará efectiva este mércores.