Archive for| the_time Setembro, 2013

O BNG protesta pola suba do lixo

Setembro 19th, 2013  |  Published in| the_category Política

O alcalde prometera reducir o imposto despois de subilo un 50%, mais non rebaixa outros impostos como IBI, a gardería, a axuda no fogar, o canon da auga… O pleno de Meis aprobará o próximo martes unha baixada do imposto de circulación. «Gústame cumprir ou que prometo», indicou o alcalde José Luis Pérez (PP). O rexedor adquirira este compromiso o

Want compare to ortho tri cyclen time legs sharpening this. Constantly http://blog.pinkandhoney.com/wim/metformin-on-canadian-pharmacy-website/ To nonafrican you’ll, years online ed brand meds affective massage skin cream healthy man complaints menscience size really heat http://www.garyditto.com/lto/adults-toy-stoy-pay-by-e-check-online/ had scented nail Hoping. Think buy estrogen pills Last I you’ll. My Diary erection pills has fine trainer canadian medicine the the many.

pasado maio despois de aplicar unha suba do 50% ao mesmo imposto. «Aquilo fíxose por orde de intervención. Agora que xa temos mellor ás conincre podemos baixalo». Con todo seguirá sendo máis caro que hai un ano pois a redución será dun 25%. Estamos entre ou que cobran Ribadumia e Meaño, e hai que lembrar que había trinta anos que non se subía este imposto», indicou. A baixada de ingresos que lle supoñerá esta medida ás arcas locais redundará nunha redución «drástica» das partidas destinadas a festexos. O BNG de Meis protestara entón cunha cazarolada pola «brutal» suba do imposto de circulación e para o sábado (12.30 horas) volveu convocar outra protesta similar, nesta ocasión para queixarse pola suba do recibo do lixo, que cualifican de «absurda e inxusta». Respecto a esta medida, o rexedor explica que «se nós subimos ás taxas é porque Sogama nola sobe nós».

O estraño incendio do Concello de Meis

Setembro 14th, 2013  |  Published in| the_category Historia

Artigo de Anxo Martínez, publicado no Faro de Vigo do 13 de Abril do 2012 O servizo técnico de Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra acaba de rematar a oitava actualización do arquivo municipal de Meis. Un proceso que permitiu clasificar e rexistrar a documentación, ao tempo que se informatizou unha parte dela. Os técnicos contabilizan algo máis de 11.100 rexistros, e explican que case todos son posteriores a 1930. Ese ano un desvastador incendio arrasou a casa consistorial e con ela case toda a documentación. Un suceso misterioso -nunca se achou o culpable- que causou graves trastornos a veciños e historiadores. Un desvastador incendio devorou en maio de 1930 o interior do concello de Meis. O lume, intencionado, destruíu case toda a documentación municipal existente naquel momento, o que obrigou os veciños a recorrer aos arquivos da Igrexa, ao xulgado ou a instancias administrativas superiores para solicitar unha simple partida de nacemento. Cos documentos que arderon tamén perdeuse unha boa parte da historia de Meis. Así o

comprobaron, polo menos, investigadores como Mario Gallego Rei, que cando intentaron mergullarse no pasado do municipio se encontraron con que era moi difícil encontrar nada anterior a 1930. A Deputación de Pontevedra acaba de rematar a actualización do arquivo municipal de Meis, e contabilizou un total de 11.137 rexistros. “A documentación ten como datas extremas os anos 1912 e 2012”, explica a Deputación nun comunicado, se ben pouco despois admite que “a práctica totalidade” dos arquivos conservados “son posteriores ao incendio de 1930”. Mario Gallego Rei, que foi ata a súa xubilación profesor do colexio do Mosteiro (Meis), e que publicou varios libros sobre a historia local, conta que o incendio foi en maio de 1930, e que á Garda Civil non lle coubo a menor dúbida de que fora intencionado. “Aqueles eran un anos turbulentos, unha época de gran confrontación social entre as dereitas e as esquerdas, e na que os sindicatos agrarios tiñan moita forza”, evoca o historiador. Así mesmo, existía resentimento entre os veciños dalgunhas parroquias. De feito, a finais do século XIX as do sur do municipio -San Martiño, San Salvador e Armenteira- chegaron a solicitar á Deputación a súa separación das do norte -San Vicente, San Tomé, Paradela e San Lourenzo-. Pero os técnicos provinciais non só non aceptaron a petición, senón que acordaron trasladar a capitalidade municipal, e con ela a casa do concello, dende San Salvador ao Mosteiro. Sostiñan que a solucitud de separación se debía a retesías veciñais, e fundamentaron o traslado da sede do concello en que O Mosteiro era, máis ou menos, o centro xeográfico municipal. O Concello instalouse no que hoxe é a súa situación actual -o lugar coñecíase entón como A Sobreira– e o incendio de 1930 foi tan terrible que calcinou todo o seu interior. Só mantívose en pé a carcasa exterior de pedra, e durante o ano e pico que duraron os traballos de reconstrución a actividade municipal tivo que trasladarse a casas particulares, entre elas a do alcalde. Mario Gallego Rei, que investigou no seu día o estraño incendio, conta que a Garda Civil de Cambados escribiu no seu atestado que non encontrara o autor da queima, pero que o principal sospeitoso era o secretario municipal, enfrontado ao parecer cos cargos políticos por cuestións laborais. O funcionario foi suspendido de emprego e soldo, pero levou o caso aos xulgados, e os tribunais déronlle finalmente a razón -non había probas concluíntes para acusalo-, polo que un tempo despois regresou ao seu posto de traballo. Un capítulo pouco coñecido, pero apaixonante, da historia de Meis.