Archive for| the_time Xuño, 2013

324.000 € para arranxar 400 metros dunha estrada mentres se inviste menos en servizos sociais

Xuño 21st, 2013  |  Published in| the_category Economía

O presidente da Deputación, Rafael Louzán asinou onte cos alcaldes de Ribadumia e Meis senllos convenios para facer obras de reparación e reforma en estradas. O importe dos contratos suma 781.000 euros, e un dos viais afectados será o que une O Mosteiro e Barrantes. O orzamento é de 324.000 euros, e permitirá actuar nun tramo de 400 metros, entre o Campo da Feira e a zona do novo mercado do gando. Faranse beirarrúas a ambos os dous lados e colocaranse os servizos pola marxe dereita. Por outra parte repararanse dous quilómetros da estrada Muiños Novos-Tabueiros, en Ribadumia.

Fonte: Faro de Vigo

Denuncia que a rede de sumidoiros devolve o lixo ao seu inodoro

Xuño 21st, 2013  |  Published in| the_category Concello, Ecoloxía


Un veciño da zona de San Lourenzo, en Meis, denunciou onte que o sistema de saneamento devolve as augas fecais ao seu cuarto de baño, debido ao que cre un importante atoamento na rede xeral.
O problema detectouno esta mesma semana, na que se fixo efectiva a súa alta no servizo de saneamento, tras o correspondente enganche e o pagamento das taxas.
Dende o primeiro momento, asegura, o inodoro devolvía as augas fecais. É máis, aínda cando non utilizaban o sanitario, sostén que un intenso e desagradable olor subía pola rede, polo que probaron ata a tapar rexistros e saídas con trapos.
Dada a gravidade da situación, tivo que volver enganchar a canalización á foxa séptica da vivenda.
Onte mostraba, tras levantar tapas dos rexistros na súa propiedade e no colector, auga fecal estancada, mesmo cunha rata morta flotando “dende hai días”.

sanidade
O residente critica que dende o Concello “aínda non mandaron aquí ninguén” tras comunicar a incidencia.
Onte mesmo chamara a Xunta de Galicia, que o instou a presentar un escrito ante a autoridade sanitaria. “Mentras, levo unha semana empantanado, pagando por un servizo que non teño e que non me deu máis que problemas”, concluía.

Fonte: Diario de Arousa

Mario Gallego é desde onte Cronista Oficial de Meis

Xuño 16th, 2013  |  Published in| the_category Eventos

Mario Gallego é desde onte Cronista Oficial de Meis.