Archive for| the_time Febreiro, 2013

Proposta do BNG sobre a seguridade viaria en Meis

Febreiro 12th, 2013  |  Published in| the_category Política

O Pleno da Corporación de Meis aprobou por unanimidade unha moción do BNG sobre a Seguridade Vial. Mª do Pilar Xiráldez Outeda, Portavoz do Grupo Municipal do

Bloque Nacionalista Galego, presenta ao abeiro da lexislación vixente a seguinte MOCIÓN para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación, EXPÓN Estanse a dar situacións perigosas para os usuarios das vías municipais en numerosas zonas da estrada que une Mosteiro con Barrantes no seu paso por las parroquias de San Vicente, San Salvador e San Martiño, por mor da falta da pintura vial que sinaliza os dous sentidos da marcha. Tamén advertimos do perigo que sofren todos os veciños de Meis ante a inexistencia de pasos de peóns en todos os núcleos urbanos por los que atravesa a citada estrada Mosteiro-Barrantes. Así mesmo, na parroquia de San Martiño, á altura da saída da autovía do Salnés, onde enlaza coa estrada Mosteiro-Barrantes se ten dado situacións conflitivas e accidentes por culpa da falta de visibilidade. En outras vías secundarias,(no Mosteiro; A Saleta,etc) o desgaste da pintura dos vadéns, por falta de repintado, produce incidentes pola súa falta de visibilidade (os coches pegan frenazos bruscos e tocan os baixos nos vadéns), ocasionando danos os coches e molestias aos veciños. Por outro lado, a situación do asfaltado de moitas das estradas secundarias do concello de Meis é lamentable, o cal dificulta o tránsito por elas así como numerosas queixas veciñais. Estes casos expostos son unha leve pincelada á situación que sofre o noso Concello ao respecto da seguridade viaria, non só para os conductores usuarios das vías, senón tamén para os peóns e veciños de Meis. Ante o exposto, o grupo municipal do BNG propón ao Pleno da Corporación municipal adoptar o seguinte ACORDO 1. Que se faga desde o goberno municipal un estudio serio e pormenorizado da situacion das vías do Concello e a sinalización das mesmas. 2. Que se repinten tanto os vadéns como a línea de separación de os dous sentidos de circulación na estrada Mosteiro-Barrantes, así como un estudio para dotar a esta estrada de pasos de peóns nos núcleos de poboación polos que transcurre. 3. Que se solicite a colocación dun espello para mellorar a visibilidade á saída da autovía no seu enlace coa estrada Mosteiro-Barrantes 4. Que se proceda ao inmediato asfaltado das estradas secundarias do noso concello. 5. Que se solicite dos organismos competentes na materia a sinalización daquelas vías que non sexan de competencia municipal. No Mosteiro, Meis, a 3 de xullo 2012 Asdo: Mª do Pilar Xiraldez Outeda Portavoz do BNG