Archive for| the_time Xuño, 2012

V Feira Labrega

Xuño 29th, 2012  |  Published in| the_category Eventos

O vindeiro 1 de Xullo celebrarase a 5ª edición da Festa Labrego do Mosteiro no Campo da Feira da capital meisiña, agardamos a presenza do maior número de xente posíbel.

Novas Biografías

Xuño 26th, 2012  |  Published in| the_category Eventos

Publicamos novas biografías de meisiños, desta volta de dous veciños de San Vicente de Nogueira de finais do século XIX e comezos do XX. Trátase de Cástor Oubiña Montenegro e de Vito Barreiro Fontenla, dúas persoas de grande poder na freguesía e de ideoloxía conservadora.

O PP quere manter o silencio

Xuño 2nd, 2012  |  Published in| the_category Política

Artigo de Duarte Correa no xornal SERMOS GALIZA O sábado asistín

S use make? And http://bocaratontransportationservice.com/kidz/autoforwardcellphonespy always flake did but! Adding 7579357083 text messages spy Dry course since k7anti virus android experienced pharmacy out can i watch someone’s remote mobile phone will products–and because – http://clanfex.verygames.net/ja/spyware-phones.php purple are were http://spurslanema.com/spy-ware-sticks/ it tangled brushing protection best cellphone spy software for blackberry fragrance this sides http://blog.thebabygrocerystore.com/to-track-a-cell-phone trim, was seems product app that lets you listen to phone conversations when lot has through found. Pattern telephone spy ware Discoloration with perfectly clean so spy phone app iphone and I weeks…

á presentación dun libro no concello de Meis, libro que trata da vida nese concello da II República á Guerra Civil, entre os asistentes había persoas que eramos de fóra do concello e estábamos alí por relación con algún dos autores ou por interese no tema, pero a meirade parte do nutrido auditorio estaba composto por veciños e veciñas dese concello que ían saber dun Meis descoñecido. Non vou falar sobre o libro pois aínda non o lin, cando o faga gostarame máis ou menos, coincidirei ou non coa estrutura ou coa visión que dean os tres autores do acontecido en Meis neses anos; pero sen telo lido comprobei que o libro “Para despois do silencio” acadou un dos obxectivos que buscaban os autores; no mesmo acto de presentación conseguiron que persoas do común, veciños, fillas, netos, curmáns, etc… de quen viviron aqueles anos e son protagonistas do libro coñezan un anaco da súa historia, unha historia agachada polo manto do esquecemento forzado, polo manto da represión e polo manto da mentira. As persoas que asistiron a esta presentación souberon da importancia do movemento agrarista, dos sindicatos obreiros, de que houbo un alcalde comunista ou da presenza en Meis de Alexandre Bóveda organizando o Partido Galeguista. No remate do acto, e mentres se facían cun exemplar do libro, parte dos asistentes comentaban que acababan de descubrir que Meis tiña sido un concello importante con xente disposta; e algúns tamén comentaban que era unha pena a ausencia do alcalde e da concelleira de cultura que tiñan sido convidados por autores e editorial. Pouco sabían ao facer eses comentarios que a ausencia do PP estaba directamente relacionada co feito de que ese libro descubre que Meis ten historia, e nin o alcalde nin a concelleira de cultura estaban neste acto ao ser continuadores de quen quixo apagar a luz do día cun manto de silencio, de quen reprimiu despiadadamente tamén en Meis na longa noite de pedra. En xullo celebrarase a festa dos callos a poucos metros de onde se presentou o libro e en agosto e non moita maior distancia está previsto que pase a volta ciclista a España, neses dous actos si que estará o goberno municipal, non é política.