Archive for| the_time Decembro, 2011

Un merecido recoñecemento ao pintor Manuel Pesqueira.

Decembro 15th, 2011  |  Published in| the_category Cultura

O domingo día once, ás doce do medio día, recibiu un merecido recoñecemento o pintor nado en Lantañón Manuel Pesqueira Salgado, nun acto concorrido, no que non chegaron as cadeiras que tiña a sala do Centro Socio Cultural de Paradela, agora co nome do citado pintor, para albergar aos que todos e todas alí nos reunimos.
A nivel institucional estaban,o Alcalde de Meis, o Conselleiro José Manuel Cores Tourís e en representación da Deputación Jorge Domínguez Rosal, tamén representantes do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista. Por parte da familia do pintor estiveron os dous fillos de Pesqueira , un dos cales fixo unha breve intervención para agradecer o acto. A historiadora Paula Tilve Otero e o historiador Jacobo Domínguez Pedreira encargados de facer a investigación sobre a obra do pintor. Paula Tive, veciña do Concello,foi a encargada de darnos as chaves para entender mellor a obra e vida do pintor; maxistralmente e nun tempo breve, fixo unha exposición das características da obra e explicou momentos chave da súa vida nunha linguaxe clara e precisa. O noso agradecemento polo seu traballo. Para finalizar houbo unha proxección dunha reportaxe realizada para a televisión pública Galega sobre a vida e obra do Pintor, na que se puña o acento nun proxecto para facer un Museo ou Fundación na casa do pintor en Lantaño, no veciño Concello de Portas. Ao cal, dende este espazo damos todo o noso apoio para que vexa a luz. Todo nos parece pouco para achegar este pintor á sociedade, tan necesitada de coñecer referentes culturais e históricos coma os del Tamén asistiu un grande coñecedor e difusor da historia e cultura de Meis, o recen xubilado mestre que impartiu docencia no Colexio Público da nosa localidade, Mario Gallego Rei. Non faltou a Banda de Música de Paradela que puxo a “nota musical”.
A sala do Centro Sociocultural albergará permanentemente unhas poucas reproducións da obra do pintor, que poderán ser vistas por quen alí se achegue.
A proposta de adicar este ano a Manuel Pesqueira, a nivel institucional, coincidindo co centenario do seu nacemento, foi da man dunha moción do Bloque Nacionalista Galego de Meis. Aprobada a moción era traballo do grupo Municipal no goberno facer unha programación de actividades para darlle difusión á proposta. O ano está rematando e o acto hoxe realizado, foi tan merecido como escaso, non vamos a esquecer os autobuses postos polo Concello para visitar a exposición do Pintor en Pontevedra, na sede de Novacaixagalicia. O cal tivo pouca acollida, nós entendemos que por unha mala difusión, non das datas e horarios dos autobuses, senón por unha mala difusión do valor da persoa de Pesqueira. O Concello ten as ferramentas precisas para, sen entrar en grandes fonduras económicas, facer unha difusión de cara a sociedade Meisiña da figura de Pesqueira. Desexamos que este acto non sexa un xesto illado e haxa novas iniciativas tras desta.

FARO DE VIGO:
El centro cultural de Paradela se rebautiza con el nombre de su hijo ilustre, Manuel Pesqueira