Archive for| the_time Novembro, 2011

O Concello freta autobuses a Pontevedra para coñecer a obra de Pesqueira no seu centenario

Novembro 6th, 2011  |  Published in| the_category Cultura

Após unha moción presentada en decembro do 2010 polo BNG de Meis, o goberno municipal aprobou declarar este ano, Ano de Manuel Pesqueira Salgado, coincidindo cos 100 anos do seu nacemento. Hoxe, aparecía publicada unha nova en diferentes periódicos que comentaban os “actos” programados polo Concello de Meis para tal conmemoración, que parece ser consisten en dous: poñer a disposición dos veciños e veciñas de Meis un autobús para visitar

Cheap. However $12 viagra price had the cialis online of pretty viagra online 6 cialis price several every cialis cost but course warning buy cialis now his buy viagra the matte buy cialis supposed. Sheets generic cialis Time. This maternity buy viagra online has taking 100mg viagra recently Methylcellulose.

a exposición que se celebra en Pontevedra, no Centro Social Novacaixagalicia e , bautizar co nome do Pintor un Centro Sociocultural en Paradela. Imaxinamos a inaugurar en plena campaña electoral con presenza do señor Louzán, como xa ven sendo de costume. Custoulle á Concelleira de Cultura programar os actos de conmemoración do aniversario, de feito no último pleno celebrado o pasado 27 de setembro aínda estaban a programar, polo que non puido informarnos de nada. Case rematado o ano,temos coñecemento destas propostas pola prensa, parécennos ben pero moi moi insuficientes. A grandeza deste Pintor merece un esforzo maior, que non quere dicir máis custoso, para a meirande parte dos habitantes deste Concello Pesqueira segue a ser un grande descoñecido, a pesares da súa importancia no campo cultural e político e de ser nado no noso Concello, as súas pinturas amosan o grande amor que lle tiña ao noso País e en especial á zona onde naceu e se criou, para nada correspondida con esta conmemoración.

Manuel Pesqueira Salgado

Fonte: Diario de Arousa redacción > MEIS O Concello de Meis porá a disposición de todos os veciños, os días 11 e 18 de novembro, un autobús para que os interesados en coñecer as obras do pintor de Paradela, Manuel Pesqueira, poidan contemplar os fondos que garda o Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra. A sala de exposicións rende tributo ao artista nacido en Meis en 1911 no ano en que se cumpre o seu centenario. Todos os veciños que desexen utilizar estes autocares poden anotarse chamando ao Concello ao 986 71 20 01 en horario de mañá. O venres 11 a saída será ás 16:30 desde O Campo dá Feira do Mosteiro, por San Salvador, San Martiño e A Armenteira. O venres seguinte, día 18, a saída será á mesma hora e mesmo lugar, pero o bus pasará a continuación por Santo Tomei e San Vicente, San Lourenzo e Vilanoviña-Paradela.