Archive for| the_time Maio, 2011

Eleccións municipais do 22 de maio

Maio 30th, 2011  |  Published in| the_category Política

O pasado día 22 celebraronse eleccións municipais . No concello de Meis non houbo cambios na formación da nova corporación no que a nº de representantes das formacións políticas se refire, pois o Partido Popular segue con nove concelleiros, o Partido Socialista mantivo os tres representantes e o Bloque Nacionalista Galego continua cun representante na corporación

O que sí mudan a partires do vindeiro día 11 de xuño, son parte das persoas que estaban concelleiras na pasada lexislatura, así se incorpora Pilar Xiráldez como representante do BNG, José Ramón Vidal e Beatriz Martínez estrenanse como concelleiros polo PSOE, e nas filas populares tamén haberá caras novas, as de Jairo Paz e Enrique Barros.

Votaron un total de 3.295 persoas e a abstención acadou un 22,10%. Porcentualmente o PP acadou un 63,11% dos votos, o PSOE o 23,39% e o BNG obtivo un 12,36% .

Felicitar a poboación pola alta participación, pois un 77,90% dos votantes exerceron o seu dereito a elexir aos seus representantes.E felicitar ao Partido Popular polos resultados obtidos.

Non queremos esquecer felicitar aos membros do BNG en Meis pola pronta limpeza dos cartaces electorais, pois foron os nacionalistas os primeiros en recoller a propaganda eleitoral das rúas de Meis. Desde aquí invitar ao PP e ao PSOE a limpar os valados , pontes e demais soportes da súa propaganda.

Finalmente agardar ter os vindeiros catro anos de activa participación na vida política de este concello, non só por parte dos elexidos coma representantes o pasado domingo día 22, senón de toda a poboación.

Os Servizos Sociais, unha prioridade para a Candidata do BNG

Maio 18th, 2011  |  Published in| the_category Política

OS SERVICIOS SOCIAIS, UNHA PRIORIDADE PARA A CANDIDATA DO BNG, PILAR XIRÁLDEZ

O BNG en Meis rematou onte luns en San Martiño, os mítins que se programaron nestas eleccións municipais 2011.
O mítin de san Martiño cambiouse de día , para o luns 16 de maio, por mor da traxedia en Lorca.

Agora desde a formación nacionalista estase a seguir co contacto directo cos veciños e veciñas de Meis, para achegar a proposta do BNG para os vindeiros catro anos.

En todos os mítins celebrados neste concello, a candidata Pilar Xiraldez, insisteu na necesidade de incrementar o orzamento municipal no que a Servizos Sociais se refire.

Considera que a campaña de propaganda do goberno do PP, non é mais ca iso, propaganda.

Para a candidata do BNG as necesidades dos que máis están a sofrir a mala situación económica xeral, non figuran nas prioridades do actual goberno.

Propón Pilar Xiráldez, ademais do incremento orzamentario nesta partida, o aumento do servicio de axuda no fogar, o aumento das prazas de gardería e por suposto , algo demandado desde hai tempo polo BNG, un Centro de día, que xa tiña ubicación e terreos. e achaca o que non sexa realidade, á deixadez , abandono e desinterese do goberno do PP no concello, e ao abandono do PP na Xunta.Non entende nin acepta, que algo que estaba comprometido pola Vicepresidencia da Xunta estando esta nas mans do BNG, fose retirado e abandonado nalgún caixón polo goberno de Feijoo.

Para Pilar Xiraldez, é sobre todo a muller, a que recolle a meirande parte , ou moitas veces a totalidade da responsabilidade dos dependentes dunha família, o que contribue a impedir o achegamento e incorporación da muller ao mundo laboral, ou a ter que renunciar ao seu posto de traballo.Contribuir desde a política municipal á conciliación da vida laboral e familiar, é algo prioritário para a candidata nacionalista.

Asdo. Ester Vázquez Vázquez
Responsabel do BNG en Meis

Srer

Mítin do Bloque Nacionalista Galego en O Mosteiro

Maio 9th, 2011  |  Published in| the_category Política, Sen clasificar

Onte,8 de maio, celebrouse en Meis o primeiro mítin do Bloque Nacionalista Galego en estas eleccións, que contou coa presenza da deputada no Parlamento galego Carme Adán Villamarín.

Interviron MªCarme Rodiño, voceira na lexislatura anterior e candidata, Xoan Manuel Vázquez, candidato, que foi concelleiro de 2003 a 2007 e a candidata á alcaldía de Meis nestas eleccións pólo BNG, Pilar Xiraldez Outeda.

Carme Adán criticou as políticas caciquís dos populares, a privatización masiva dos servizos públicos, o desinterés do PP pola Galiza en contraposición cola labor nacionalista en prol das melloras laborais e de dereitos dos galegos e das galegas, incidindo que un futuro diferente é posible.

A candidata a alcaldía Pilar Xiraldez atacou con forza as políticas trapalleiras e sinsentido tanto do PP coma do Psoe.

Deixou claro que o golf non foi a solución para Meis ao igual que non o vai ser un hipódromo, proposta estrela dos socialistas de Meis na campaña actual.

Expuxo a preocupación do grupo nacionalista pola situación de crise que afecta especialmente aos sectores mais débiles , polo que aposta polo incremento do orzamento municipal no que aos servizos sociais e básicos se refire, partindo da realidade de Meis e das persoas e non de outro tipo de intereses.
Expuxo a labor desenvolvida nos últimos anos en prol de conseguir uns servicios de saneamento e de auga potable para os veciños de este concello, que segue a presentar unha situación escandalosa.

Plantexou a necesidade de ter solo industrial,pois aquelo que prometeran os populares hai doce anos de que xá estaban o 80% das parcelas do polígono vendidas, era unha falsedade máis das que solta o señor Pérez Estévez.

A candidata nacionalista deixou patente que o actual rexidor e candidato do PP é un experto mentireiro, que minteu no tema do Polígono, no do saneamento, no do tanatorio, no da piscina e en todo aquelo que faga falla con tal de obter os seus propios benefícios e intereses e os de catro amigos seus.Que é un experto en botar a culpa ao BNG en Meis, ao anteior goberno na Xunta e incluso aos propios veciños da súa incompetencia.

Non esqueceu mencionar a deixadez do goberno municipal respeto aos problemas veciñais, o abandono en que deixou aos veciños en temas como o do IBI dos invernadoiros ou a Lei de augas.
Deixou reflexado, com moita enerxía e ímpetu, que o BNG aposta tamén polo emprego, por poñer todos os medios dispoñibles e máis, desde a política municipal, para que a taxa de desemprego disminúa, así esbozou o que é o para o Bloque Nacionalista Galego en Meis o I Plan de dinamización da economía familiar e do cooperativismo, sobre todo femininios, en Meis.

Ester Vázquez Vázquez

Responsabel local do BNG em Meis