Archive for| the_time Febreiro, 2011

O BNG propón a Mario como Fillo Predilecto e Cronista Oficial de Meis

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Eventos

MOCIÓN DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
SOBRE NOMEAMENTO DE FILLO ADOPTIVO E CRONISTA OFICIAL DE D. MARIO GALLEGO REI

Mª do Carme Martínez Rodiño, Portavoz do Bloque Nacionalista Galego (Grupo Mixto), ao abeiro da lexislación vixente, apresenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno Municipal,

EXPÓN
No Concello de Meis, hai máis de trinta anos que imparte docencia o mestre D. Mario Gallego Rei, mais non só no CPI de O Mosteiro, senón nas rúas, agrupacións, asociacións e a todo aquel home ou muller que se achegue a deleitarse co saber deste home sobre o noso Concello. Traballador incansábel, viveu en Meis durante moitos anos e colaborou con moitas asociacións e segue a facelo, como na recuperación e posta en valor da feira tradicional que se está a celebrar en O Mosteiro da man da asociación Cabemeis.
Mario Gallego non só é un mestre, é un erudito na historia de Meis. O seu traballo de estudo e investigación queda reflexado nas distintas exposicións que organizou ao longo destos trinta anos, e na inmensa cantidade de dípticos, trípticos que espallou a través das distintas xeracións de homes e mulleres que pasaron polas súas aulas ou polas súas conferencias e charlas, mais tamén está reflexado nos libros dos que é autor como “Meis no camiño das estrelas”, “Heráldica do escudo do concello de Meis” ou “Castelao por Meis. Amizade e compromiso”, e noutros libros dos que é coautor como o que nos leva a través dos muiños do río Armenteira”
É o sentir de todo un pobo, para os veciños e veciñas de Meis, “Don Mario” é sinónimo de saber, estudo, traballo e divulgación da historia do noso concello.
Por todo isto, e en base ao Regulamento de honores e distincións do Concello de Meis, o Bloque Nacionalista Galego insta ao Alcalde de Meis á:
1. Apertura do expediente para o nomeamento de Mario Gallego Rei, como fillo adoptivo do Concello de Meis.
2. Apertura de expediente para o nomeamento de Mario Gallego Rei como Cronista oficial do Concello de Meis.
Por todo isto, o Bloque Nacionalista Galego solicita do Pleno da Corporación a aprobación de seguinte acordo:
1. Nomear a Mario Gallego Rei Cronista Oficial do Concello de Meis.
2. Nomear a Mario Gallego Rei Fillo Adoptivo do Concello de Meis.

En Meis, a 21 de febreiro de 2011

Asdo: Mª do Carme Martínez Rodiño
Portavoz do BNG en Meis

Caticovas (Nogueira) en 1920

Febreiro 24th, 2011  |  Published in| the_category Fotos

Foto tirada da páxina 99 do libro “Ramón Cabanillas Enríquez. Biografía en Imaxes” de Maribel Iglesias Baldonedo. Realizada no Pazo de Caticovas (Nogueira) en 1920.

Aparecen nesta foto realizada no Pazo de Caticovas, entre outros, o que fora Alcalde de Meis Salustiano Vidal, o párroco de Nogueira José Otero e a Corporación Municipal.