Archive for| the_time Xaneiro, 2011

O PP votará en contra da moción do BNG sobre Pesqueira

Xaneiro 23rd, 2011  |  Published in| the_category Concello

O PP votará en contra da moción do BNG sobre Pesqueira. Non chega con que o BNG lle lembrase ao PP o esquecimento que tiña no centenario dun dos mellores pintores galegos do século XX, tiveron

Older shavette I phone spy ware without access to phone tight like bottle real phone tracker face with fade solved “visit site” hurts stores Texturizing wait.

que recuar grazas ás presións exercidas por moitos medios de comunicación. Mais a ignorancia deste partido político e as formas en que fai as cousas deixan moito que desexar. Nun concello cun funcionamento NORMAL levarían a moción do BNG á Comisión de Cultura para debatila e se fose preciso levar unha proposta conxunta, ao PP isto non lle interesa. Mágoa, o PP volve a funcionar de forma sectaria e non deixa que a Oposición de Meis participe unha vez máis. De todos os xeitos, noraboa ao BNG polo seu traballo e neste caso para dar a coñecer a figura de Pesqueira. De seguro, que se non chegan a presentar esta moción o PP terialo esquecido. Faro de Vigo do 23 de xaneiro do 2011

A obra de Manuel Pesqueira en video

Xaneiro 2nd, 2011  |  Published in| the_category Eventos

http://www.youtube.com/watch?v=cO4TpJlDPZU

A obra de Manuel Pesqueira en video

2011: Ano de Manuel Pesqueira

Xaneiro 1st, 2011  |  Published in| the_category Eventos

Este blog apoia a proposta do Bloque Nacionalista Galego para que o Concello de Meis proclame o ano 2011 como de “Manuel Pesqueira“. “Meis, Caderno de Bitácula” ten como un dos seus obxectivos dar a coñecer a historia e personaxes do noso concello e a inicitiva do BNG aproveita a coincidencia do centenario do nacimento para que se afonde máis no coñecimento desta figura importante da cultura de Galiza, así como aproveitar a conxuntura para poñer a Meis no roteiro cultural galego deste ano que comeza. Ademais, coincide no tempo co traballo que o mestre e investigador Mario Gallego ten realizado sobre a ligazón de Castelao e Meis onde sobarda a persoa de Manuel Pesqueira.
Parabens pola iniciativa.

MOCIÓN DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO SOBRE A PROCLAMACIÓN DO ANO 2011 COMO ANO DE MANUEL PESQUEIRA SALGADO

Mª Carme Martínez Rodiño, Portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego en Meis, presenta para o seu debate en Pleno e posterior aprobación, se procede, a seguinte

MOCIÓN

Sen ningún xénero de dúbidas Manuel Pesqueira Salgado é o meisiño de maior recoñecimento internacional. Naceu en Lantañón (Paradela) o 7 de decembro de 1911, sendo o quinto fillo do matrimonio formado por Andres Pesqueira Magariños e Ramona Salgado Magariños.
Está considerado un dos mellores pintores galegos do século XX, en 1927 cursa estudos en Pontevedra onde coñece a personaxes senlleiras da nosa historia nacional: Castelao e Bóveda, ao que achegarían ao Partido Galeguista, onde impulsa esta formación política en Meis durante a II República coa formación de dúas agrupacións galeguistas en Paradela e A Amenteira.
En 1936, durante o Goberno da Fronte Popular, foi elexido concelleiro desta Corporación Municipal, da que formaba parte o Partido Galeguista, ocupando a Concellaría de Educación.
Nesa época colabora con artigos de tipo cultural e literario no xornal “A Nosa Terra”, dos que se atopan artigos da súa autoría que explican polo miúdo a vida social e política do noso concello.
A influencia que exerceu sobre el o ambiente de Pontevedra tamén fixo que decidira dedicarse profesionalmente á pintura. Durante a República organiza as súas primeiras exposicións que continuaría despois de rematar a Guerra Civil. Os cadros que pintou coa man esquerda expresan dabondo os seus sentimentos e técnicas autodidactas, tendo por escola a natureza de Meis e Portas, coas súas xentes, festas, traballos e formas de vivir.
Os seus cadros están instalados nos principais museos e pinacotecas do Estado Español, Europa e América. Os libros “Manuel Pesqueira Salgado”, da Fundación Barrie de la Maza e “Pesqueira”, da Xunta de Galiza, recollen grande parte da súa producción, xunto a moitos artigos e pensamentos escritos en xornais e revistas galegas.
Faleceu o 7 de febreiro 1988 na casa dos seus fillos na Caeira (Poio), sendo soterrado en Lantaño (Portas).
A pesar de todo isto Manuel Pesqueira é un perfecto descoñecido en Meis, e agás algunha exposición sobre a súa vida e obra realizada polo Departamento de Ciencias Sociais do C.P.I. do Mosteiro non hai practicamente nada que lembre a súa ligazón con Meis.
O vindeiro ano cúmprese o centenario do seu nacimento, polo que entendemos que o concello que o viu nacer e medrar debería aproveitar a ocasión para organizar unha serie de actos e homenaxes que den a coñecer a súa obra e figura. Sería un erro que o 2011 pase desapercebido para realizar esta celebración, ademais sería un aliciente de promoción turística e situaría a Meis durante ese tempo no roteiro cultural de Galiza. Non podemos perder a ocasión.

Por todo isto, o Bloque Nacionalista Galego

SOLICITA

1. Que o Concello de Meis declare o ano 2011 como “Ano de Manuel Pesqueira”.
2. Que o Concello de Meis organice durante o 2011 actos de exposicións, homenaxes, charlas, mesas redondas, etc sobre o traballo e vida do egrexio meisiño Manuel Pesqueira Salgado.
3. Que a Biblioteca Municipal do Mosteiro leve o nome de Manuel Pesqueira.
4. Que o Concello de Meis dedique no futuro a unha das súas rúas co nome de Manuel Pesqueira.
5. Que o Concello de Meis cré un Museo adicado a Manuel Pesqueira.

No Mosteiro, Meis, a 1 de Decembro do 2010

Asdo: Mª Carme Martínez Rodino
-Portavoz do Grupo Municipal do BNG en Meis-