Archive for| the_time Decembro, 2010

“Castelao por Meis. Amizade e Compromiso”

Decembro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Libros

“Castelao por Meis. Amizade e Compromiso”

Recomendamos ler o novo traballo de Mario Gallego Rei sobre Castelao e Meis. Aproveitemos as vacacións do nadal para coñecer ainda máis a historia do noso concello e en concreto a dos anos 30 do século pasado. A sociedade de Meis, o patrimonio, Manuel Pesqueira, Valle-Inclán, Santo Ero, o Partido Galeguista de Meis, o mosteiro da Armenteira, os cruceiros…todo isto e máis é tratado por Mario Gallego neste traballo. É un avanzo do que proximamente teremos os veciños e veciñas de Meis sobre a historia de Meis da primeira metade do século XX e do que Mario é un dos seus autores.

Parabens!!!

Artigo de Opinión de Tino Maquieira

Decembro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Santomé, a 22 de Decembro de…. “Mayo 2011”

…Con voas intencións non chega.
…Que Luis ten esperanzas postas neste concello e vai facendo pasiño a pasiño, o que vai podendo ou, dende outras institucións, o que lle van deixando. Non me cave dúbida. –Vexanse as obras que levan outros concellos e especialmente os nosos veciños de Ribadumia con situación xeográfica mais desfavorecida ca nosa, pero sempre amparados po-la “man diviña da Diputación Provincial”. Loitar contra eso/contra El, é un soño. Calquera o tería se fose Alcalde, mellor dito se estivese de Alcalde… . Se calquera estivese de Alcalde de Meis soñaría con traer pos seús veciños: Un polígono industrial –no pasado claro, ahora…ahora con tres licencias solicitadas no concello veciño de Barro e vinte reales vendidas po-la “man diviña”. Moito me temo que quedarían no tempo, desertos … Quedarán ¡como outros tantos que tamén chegaron tarde!.. . Sirva Sanxenxo de exemplo para entender o que escribo. Soñaría con traernos un proxecto lúdico-mortuorio (anque xuntos pero non revoltos). Soñaría cun campo de golf. Con foguetes. Con militantes en autobuses –que desto, e teño ahora un recordo para aqueles excursionistas retidos. Todos andades ben-… . Soñaría cun centro de día… Cun….Cun… . Si Eu estivese de Alcalde soñaría cun bon soldo o mes e poría, credeme. O meirande empeño en seguir sendo. …E dalle, perdón. Con seguir estando.

A documentación ante un proxecto coma este é imprescindible. Non asinar o documento foi acertado paro o meu entender po-lo BNG.
Que unha obra de este tipo é, perdón, será de interese xeral, tamén é, perdón, será. Certo. E esto sabeo calquera.
De toda-las maneiras o peor de todo esto, non está en si se presentou documentación ou non, -e repito. Debe presentarse-. O meirande enemigo está no concello de Barro, e no seu Alcalde. ¿Por qué?. ¿Porque de quén estará mais cerca a “man diviña”?… .Escribo esto porque por ahí anda un ruxe ruxe de que Barro tamén quere o xa aburrido Parque de lecer. Aburrido porque de tanto falar do proxecto, o final os veciños/as de Meis se queremos saber o que é. Habenos desplazar a provincia da Coruña, en La Coruña.
Algún estudio haberá de todas formas. Recordo que cando o Alcalde loitou ata quedar sen alento po-la hubicación inicial de dito parque de lecer ou parque acuático, presentou un documento gráfico de cómo quedaría situado dentro do encoro elexido daquela: Porta Pisón. E teño as miñas dúbidas de que non a tivese tamén escrita. Algún informe, algo. …Pero daquela, un avogado, un técnico –licenciado en non recordo que especialidade-, e catro veciños. Tumbaronlle un soño o Alcalde de Meis. Pero o soño segue. E como veciño pareceme que debe seguir adiante. Espero que cando chegue ainda poida tirarme po-los aparellos de auga abaixo. Aleluia! Aleluia! (Bis).

Deberase ter enconta para entender que non se amosase a documentación solicitada a oposición. O feito de que, o partido nacionalista e socialista de Meis xuntos, non poden moito mais ca facernos sabedores os veciños da situación ou situacións acontecidas. Os populares coa maioría, fan e desfán o seu antoxo político cáseque como queren, ou e repito. Como lle deixan. Situación esta da que como veciño non me alegro. As maiorías gobernando non son boas. Eso dicen, e do acontecido en Meis, e segundo os nacionalistas. Quedou patente. Rexistrado como unha marca comercial que é dominio dalguén. E neste caso, do PP de Meis.
E deberase ter enconta tamén a proximidade das próximas elecións municipais en Mayo-creo-. Comenza, ou mellor dito, continua. A carreira cara a alcaldia. Porque os políticos, o igual cos soños, quizais o que mais lles gusta sexa o poder. Todos ansian o poder. Os que están para seguir estando e os que non están para chegar a estalo. E cando se instauran nel e o sinten como seu. Deixan de Estar, de Estar de Alcades para Ser Alcaldes. Como si fose algo diviño e po-la graza de Deus. …E é que ser, non debe significa-lo mesmo ca estar.

Disculpen a miñas faltas de ortografía, pero non puiden ainda porñermo o día coas novas modificacións da Real Academia Española. Nin sei tampouco se vai afectar a Real Academia Da Lingua Galega… Nin que quizais a mín me chegue a interesar sabelo.

Pedro Fraga Maquieira

Decembro 4th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

Serra de Fraga (Chile), na honra do meisiño Pedro Fraga Maquieira

Pedro de Fraga naceu en San Lourenzo de Nogueira (Meis) o 5 de xuño de 1742; fillo de Julián de Fraga e María Maquieira, naturais do reino de Galiza, nacidos de cristiáns vellos e de nobre e distinguida calidade. Desde que chegou ao reino de Chile, dedicouse ao comercio.
O 11 de agosto de 1773 Pedro de Fraga e Maquieira en Real Provisión de amparo de nobre a favor por auto da Real Audiencia de Chile, Santiago, en cuxa virtude foi recibido no cargo de Subdelegado do partido de Copiapó (Chile).
Nomeado corregidor do partido de Copiapó en setembro de 1773, portouse con honra, pureza e integridade, concepto xeral en toda xurisdicción, invirtindo todos os seus proventos en beneficio do propio lugar, formando pontes firmes de pedra e lousa labrada nas rúas, refaccionando o cárcere, comprando prisións para a seguridade dos reos, abrindo zanxas para que en caso de avenidas a vila se libertase de asulagacións que a ameazaban, poñendo reparos para atallo do río, facendo conducir até os contornos da vila a auga que algúns interesados tiñan cortada no seu principio, con perxuizo dos pobres e especialmente dos indios; adornando ricamente a freguesía, e en fin repartindo cuantiosas limosnas en común e en particular.
De Pedro de Fraga foi sen dúbida o descubridor, aoredor de 1811, dos xacementos “Ladrillos, Puquios, e probabelmente Farallón, Rosario, Checo e Cerro Blanco“. Hai unha serra que leva o seu nome nas cartas cartográficas de Chile.

En resume, Pedro de Fraga e Maqueira (mineiro, comerciante, Correxedor e Xustiza Maior de Copiapó 1773, Cabaleiro Cruzado, Subdelegado do Cabildo, cateador sagaz e entusiasta, emprendedor e traballador infatigábel, constructor de obras públicas, comandante das compañías de cabaleiría, mordomo da parroquia, desprendido benefactor dos pobres; achegador de innumerabeis xacementos, é sen dúbida o mineiro máis importante de Chile no século XVIII, xunto ao francés Francisco Subercaseaux; sen embargo, “recibeu o pago da ingratitude” (Sayago), e morreu na pobreza en La Rioja, Arxentina.

Arturo Hiparco Lois Fraga (1879-1963), tataraneto de Pedro de Fraga e Maquieira

Xenealoxía:

I Xeración
Julián de Fraga e María Antonia Maqueira, naturais do Reino da Galiza

II Xeración
Pedro de Fraga c.c. Eustaquia Revilla (filla de José de la Rivilla e María Morales) en 1760 en Copiapó

III Xeración
Manuel Fraga Revilla c.c. Catalina Fuentevilla en Copiapó

IV Xeración
Gregorio Fraga Revilla c.c. Raquel Cumplido Villafañe

V Xeración
Raquel Fraga Cumplido c.c. Juan Serapio Lois Cañas

VI Xeración
Arturo Lois Fraga

O Alcalde de Meis pretende que a Corporación aprobe un “Interese Xeral” dun proxecto do que a Oposición descoñece

Decembro 3rd, 2010  |  Published in| the_category Concello

Este martes día 30 ven de celebrarse un pleno ordinario no Concello de Meis. Na Orde do día estivo a proposta da alcaldía de declarar de Interese Xeral a creación dun parque de lecer, parque acuático en Meis. A voceira do BNG acudeu ás dependencias municipais a consultar a documentación relativa a este punto, e informouselle desde a secretaría do Concello que non había nada de nada. Só un parágrafo de catro liñas no que o Partido Popular di que a instalación dun parque de lecer suporá un revulsivo que dinamizará a actividade social e económica do Concello. Na comisión de Facenda e Patrimonio, celebrada 30 minutos antes do pleno, o BNG cuestionou a carencia dun estudo previo, preguntando en que se basea o rexidor meisiño para pedirnos o apoio para esa declaración de interese xeral. Solicitando pola nosa banda, de forma insistente e firme unha documentación sobre a mesa, algún informe serio, unha análise da situación socio-económica, medio-ambiental, e de todos aqueles aspectos que se deben ter en conta antes de meterse en algo de tal envergadura, tendo en conta a situación actual, as carencias e as necesidades primordiais do nosos Concello. Que presentan para

argumentar que vai ser o futuro de Meis?? A resposta do alcalde foi que non entende como alguén pode dubidar que ese parque vai traer moito emprego, vai ser,según el, a solución aos problemas de Meis, incluso a nivel cultural e turístico. Mais non presentaron nada. O propio PP se encarga de sembrar as dúbidas co seu oscurantismo. O noso voto foi en contra, pois , así o expuxemos, non asinamos papeis en branco nen compramos fume. Ademais estamos acostumados a que este “señor” venda as súas mentiras, engane aos veciños, estafe a todo un Concello. Vexamos se non: – En relación ao proxecto lúdico-mortuorio de San Martiño, hai cinco anos convidou aos veciños a pinchos e viños, foguetes incluidos, na Barcia (San Martiño de Meis), para inaugurar o que ía ser un complexo fúnebre-acuático-deportivo, onde se ían invertir máis de dous millóns de euros. Autobuses gratuitos achegaron alí a todos os que o desexaron. Cinco anos despois, nada de nada e o tanatorio para Ribadumia. – Un pouco máis atrás no tempo vendeunos que o campo de golf, era o futuro de Meis, ía solucionar todos os problemas. Feito en terreos veciñais, cun consumo inxente de auga …etc En que beneficiou aos veciños de Meis?? En nada. – Hai xa máis de dez anos que se nos presentou o Polígono de Meis-Barro como o revulsivo económico-social que ía poñer Meis no século XXI. O alcalde de Meis dixo, de forma reiterada, que moreas de empresas estaban desexosas de instalarse no noso concello. Anos despois vemos como solo se puxo chan industrial en Barro. E Meis?? Pois, este pasado martes, ao interpelalo sobre esta cuestión , afirmou rotundamente que non se vai urbanizar nin un solo metro de solo industrial en Meis, pois non hai demenda, pois “as empresas marcharon”. – Aquel obradoiro de emprego que se ía levar a cabo na parroquia de Paradela, que saiu anunciado a bombo e platillo por Pérez Estévez nos medios de comunicación, outra gran falsedade do PP. Recoñeceu este pasado martes que non se vai facer. – Que foi do Centro de Día de Meis?, non aparecen xa nin nos orzamentos da Xunta. Ante esta situación escandalosa de fraudes e estafas ao noso Concello, pode alguén crer nas palabras de Pérez Estévez? Quen lle asina un papel en branco xogandose os cartos de todos os veciños e veciñas de Meis? Desde logo o BNG non.

O BNG demandará do PP no Concello de Meis e na Deputación aclaracións sobre a estafa e engano dos investimentos prometidos na Barcia

Decembro 3rd, 2010  |  Published in| the_category Política

Políticos do PP burlándose dos veciños o día da presentación do proxecto

Fai seis anos, o PP, levou a cabo unha obra teatral para enganar aos veciños e veciñas de Meis coa complicidade do alcalde

A portavoz municipal do BNG de Meis, Carme Martínez Rodiño, vai demandar do alcalde de Meis, Pérez Estévez, e do presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, que aclaren o engano levado a cabo no ano 2005 cando de xeito teatral colocaron a primeira pedra dun complexo destinado a tanatorio, piscina e pista de usos múltiples no lugar de Barcia, para compartir cos concellos de Ribadumia e Meaño.
Nese ano 2005, Louzán xunto cos alcaldes de Meis, Ribadumia e Meaño, no lugar de Barcia, colocaron a primeira pedra do que ía ser un complexo deportivo-mortuorio con tanatorio, piscina climatizada e pistas deportivas nas que se ían investir máis de 2 millóns de euros, tal como recolleron diversos medios de comunicación comarcais.
A portavoz do BNG, lembra que “daquela os estafadores, Louzán e o alcalde de Meis, puxeron autobuses gratuítos para que os veciños e veciñas se achegasen ao lugar, pondo pinchos e viños. Para facelo creíbel as máquinas da Deputación de Pontevedra traballaron até de noite, con grandes focos para arranxar as inmediacións, abriuse un vial, e distribuíronse uns folletos explicativos entre os veciños publicitando e “informando” da obra. Gastaron moitos cartos públicos en propaganda do Partido Popular e usaron os nosos cartos para tomarnos o pelo aos veciños e veciñas de Meis, Ribadumia e Meaño”.
Engade Carme Martínez que “ transcorridos máis de cinco anos a estafa é un feito porque os veciños de Meis nin temos piscina, nin tanatorio nin pista de usos múltiples. Foi o timo do “todo e mocho” que o PP sabe practicar”.
Manifestou a portavoz do BNG que “a estafa do PP e Louzán ten cómplices necesarios. O principal é o alcalde de Meis que deixou marchar un tanatorio, unha piscina e unha pista de usos múltiples a construír na Barcia e a compartir con Ribadumia e Meaño. E non só iso, senón que deixa ir o tanatorio para Ribadumia e non defende un tanatorio para Meis.
A portavoz do BNG, Carme Martínez, acusa ao alcalde de Meis de ineptitud e abandono, e afirma que fai deixación de funcións para que outros concellos teñan servizos, como o tanatorio, e que os veciños e veciñas de Meis se queden sen eles. E quedámonos sen polígono industrial, sen o proxecto da Granxa Agrícola da Paradela e sen o Centro de Día”, manifestou.
Por iso vai presentar iniciativas nos Concellos de Meis, Meaño e Ribadumia, para que se leven a cabo os investimentos comprometidos en 2005, e ademais presentará unha iniciativa na Deputación de Pontevedra par exixir o cumprimento dos investimentos na Barcia.
En Meis, a 22 de novembro de 2010

Asdo. Carme Martínez Rodiño
Portavoz Municipal do BNG en Meis