Archive for| the_time Outubro, 2010

José Gutierrez del Arroyo Cebreiro

Outubro 30th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

José Gutiérrez del Arroyo
Pontedeume 1871 – Madrid 1908

Un dos mellores mestres da Institución Libre de Ensinanza exerceu no Mosteiro (Meis), desde 1895 até 1899, que sería sustituido polo Mestre Superior Manuel Permuy. Velaí, varios artigos sobre este ensinante:

ARTIGO DE CULTURA GALEGA

O mestre galego José Gutiérrez del Arroyo Cebreiro, pertencente a unha familia eumesa, enlazada cos López-Cortón, logo de realizar os seus estudos primarios en Pontedeume e estudos secundarios en Betanzos, trasladouse por motivos familiares á Arxentina onde estivo entre os anos 1889 e 199l, ano este no que regresou, para comenzar de seguido os estudos de Maxisterio na Escola Normal Superior de Santiago de Compostela, ao tempo de poder tomar contacto vacacional nas terras betanceiras coa familia López- Cortón Viqueira, e quizais mesmo con Don Francisco Giner de los Ríos e con Don Manuél Bartolomé Cossio, nas estadías de verán que estes facían na casa de San Fiz de Vixoi, contrastando con eles algunhas das súas incipientes preocupacións pedagóxicas.

En 1895, estando en posesión do título de mestre superior, que o habilitaba para concursar a prazas de escolas completas, accedeu ao posto de profesor propietario da escola completa de Meis (Pontevedra), onde exerceu a súa docencia ata xuño de 1899. Neste tempo realizou, mediante exames libres,o Curso Normal na Escola Normal Central de Mestres en Madrid e tamén, de seguido, o Curso de pedagoxía especial para xordomudos e cegos, que lle permitiron alcanzar unha máis satisfactoria formación pedagóxica. Desempeñou a continuación a súa docencia na escola elemental completa de Ponteareas ata a primavera de 1902, momento este no que presentou a súa renuncia a este cargo ante o Rectorado da Universidade de Santiago, por ter sido nomeado administrativamente “conserxe” do Museo Pedagóxico Nacional.

Era a fórmula que lle permitía achegarse definitivamente a Madrid e entrar en relación estable coas actividades tanto da Institución Libre de Enseñanza, como do mesmo Museo Pedagóxico, pois xa no verán de 1901 José Gutiérrez del Arroyo fora un dos destacados profesores da colonia escolar de vacacións que o Museo Pedagóxico viña organizando en San Vicente de la Barquera, aplicando os principios pedagóxicos e a metodoloxía didáctica propia da Escola Nova. Naqueles momentos tamén se incorporou á ILE o seu irmán Luís (1877-1938) como profesor de matemáticas e xeometría, sendo os dous algúns dos excelentes profesores que Giner incorporou á escola da ILE.
Desde Madrid, José Gutiérrez del Arroyo, xunto con José López Cortón e con Ramón Tenrreiro, organizaron as colonias escolares de A Lagoa, nas terras das Mariñas, no verán de 1902, que foron as primeiras colonias escolares de A Coruña, e que se seguirían organizando con continuidade nos anos sucesivos; colonias nas que máis tarde colaborarían os destacados profesores Marcelino Pedreira e García Niebla, un dos máis recoñecidos educadores de Ferrolterra. Durante o curso de 1906-07 José Gutiérrez foi pensionado polo Ministerio de Instrucción Pública, pouco antes da creación da JAE, para realizar estudos na Escola Normal Superior de Saint Cloud en París e na de Bruxelas, tendo así ocasión de visitar escolas nas dúas cidades, de asistir aos cursos de ciencias naturais impartidos por Perrier, Houssay e Delage, a conferencias académicas, e de formarse en contacto con importantes pedagogos, en particular, co director da Escola Normal de Bruxelas Alexis Sluys, amigo persoal de Manuél Bartolomé Cossio.

Ao seu regreso a Madrid, José Gutiérrez, que estaba casado con Dolores Sama, filla de Joaquín Sama, un dos impulsores da ILE, volveu incorporarse como profesor da escola primaria da ILE, levando a cabo, como se escribiu no Boletín de la ILE, “una enseñanza llena de calor, con clases vividas por los alumnos en plena intimidad de espíritu y de interés con el maestro”. Pouco máis tarde pasou a exercer como mestre na escola madrileña do pobo de Santa Marta, con gran satisfacción dos escolares e das súas familias. Di o Boletín de la ILE (nº 585, de 31.XII.1908) que “ era inagotable el interés que sabía avivar en los niños; les contaba tantas cosas no oidas!; pero además, les enseñaba a apreciar su propia vida, como una cosa tan llena de valor y tan nueva!”. En tal desempeño morreu nese ano de 1908; morría un dos mellores educadores institucionistas, con profunda pegada entre os educadores coetaneos galegos influidos pola ILE.

Foto: Pontedeume. Fonte: TurGalicia
Autor/a da biobibliografía: Antón Costa Rico

ARTIGO DO ANUARIO BRIGANTINO

A figura de José Gutiérrez del Arroyo, á que se referiu Porto Ucha, ten a súa orixe en Pontedeume. Logo do seu regreso da Arxentina no 1891 fixo a carreira de Maxisterio en Galicia, gañando por oposición a escola de Meis (Pontevedra), onde estivo durante tres anos, logo dos que pasou á escola de Ponteareas, na que permaneceu ata que no
1900 se incorporou ás labores docentes na ILE en Madrid. Previamente, e posiblemente porque na ILE xa se encontraba un irmán seu, Luís Gutiérrez del Arroyo Cebreiro, dando clase de matemáticas, aritmética, xeometría, álxebra, ao tempo de traballar no Museo Pedagóxico Nacional, e mesmo porque había relacións familiares entre a familia
Gutiérrez del Arroyo e os López Cortón (sendo Carmen López Cortón, dona de Manuel Cossío), José Gutiérrez fixera estudios superiores de maxisterio en Madrid.

Aínda estando en Madrid, con José López Cortón e con Ramón Tenreiro poñen en marcha as Colonias Escolares de A Lagoa, nas Mariñas en 1902, as primeiras aveiradas á Coruña, cousa que repetirán eles mesmos polo menos en 1903. En 1903 veremos incorporarse a esta tarefa a Marcelino Pedreira e no 1908 a García Niebla.
No 1906 foi alumno pensionado polo Ministerio de Instrucción Pública para estudiar na Escola Normal Superior de Saint Cloud e na de Bruselas, tendo ocasión de visitar escolas, asistir a conferencias e de formarse, en particular, co director da Escola Normal de Bruselas, o pedagogo Sluys.

A finais de 1907 volve á ILE para realizar «una enseñanza llena de calor, clases vividas por los alumnos en plena intimidad de espíritu y de interés con el maestro», ata que se traslada pouco despois á escola dun pobo pequeño na provincia de Madrid, conseguindo en moi pouco tempo encandilar aos nenos e ás familias co seu maxisterio.
«Era inagotable el interés que sabía avivar en ellos; les contaba tantas cosas no oídas; pero, además, ¡les enseñaba a apreciar su propia vida, como una cosa tan llena de valor y tan nueva!»

Pero moi pronto tivo o seu inesperado pasamento (7).

Escrito de José Gutierrez realizado en Meis en 1899: gutierrez

O BNG demostrou hai anos que unha misiva podía alcanzar antes Uruguai que unha parroquia de Meis

Outubro 25th, 2010  |  Published in| the_category Memoria Historica

Artigo de La Voz de Galicia publicado o 21 de Setembro do 2010

Non é a primeira vez, e probablemente tampouco será a última, na que un envío postal relacionado co Salnés demórase ata extremos insospeitados. En novembro cumpriranse doce anos da realización dun peculiar experimento mediante o cal o BNG de Meis demostrou que unha carta podía chegar a Uruguai antes que a outra parroquia do mesmo municipio arousán.
Decididos a calibrar o cuestionable funcionamento do servizo de Correos en Meis, os membros do entón grupo municipal nacionalista decidiron pór en circulación toda unha serie de misivas entre as parroquias de San Lourenzo, Santo Tomé , Paradela e San Vicente. A metade delas empregaron nada menos que tres semanas en alcanzar o seu destino, e a última delas demorouse un mes enteiro.

Mellor cara a Montevideo
Tendo en conta que un envío remitido nas mesmas datas a Uruguai tardou unicamente dez días, a conclusión dos promotores da proba foi evidente: un sufrido veciño de San Tomé que mantivese unha relación epistolar cun paisano de San Lourenzo tería que armarse co dobre de paciencia que se o seu interlocutor postal pagase os seus impostos en Montevideo.
O experimento de Meis, en calquera caso, aguanta perfectamente a comparación co ocorrido este verán ao redor da carta urxente de Vilagarcía. De acordo cos tempos medios que o servizo postal exhibía en 1998, a notificación procedente da Coruña podería percorrer cinco veces o Atlántico neses 49 días que tardou en alcanzar a capital arousá.
Máis aló da mera anécdota, o certo é que a intención daquela proba era denunciar que moitos contribuíntes recibían os avisos de pagamento de tributos como o imposto de circulación moito tempo despois de que o prazo para facelo expirase. En Vilagarcía producíronse casos parecidos o ano pasado.

O BNG lamenta que a Xunta renuncie a construir o Centro Sociocomunitario previsto no Concello de Meis

Outubro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Bieito Lobeira acusa a Feijóo de incumprir a súa promesa de dotar dun centro destas características a todos os concellos de máis de 1500 habitantes Santiago de Compostela, 21 Outubro 2010.- O deputado do g.p do BNG Bieito Lobeira denunciou hoxe que no ecuador da lexislatura do goberno do PP non haxa ningún compromiso para dotar ao concello de Meis dun Centro Sociocomunitario, malia a promesa de Núñez Feijóo no seu discurso de investidura de dotar dun centro destas características a todos os municipios de máis de 1500 habitantes. O xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, confirmou ao deputado nacionalista, durante o debate en comisión dunha iniciativa do BNG sobre este asunto, que efectivamente non se deu ningún paso para construir o dito centro en Meis, malia que en Marzo de 2008 aprobouse unha moción no concello nesta dirección, coa perspectiva de integralo no Consorcio. Lobeira lembrou que incluso se decidira, a nível municipal, no mesmo verán, ceder a Casa do Escudeiro para construir o centro, “pero non nos consta que se chegara a asinar o convenio de cesión e a entrada do PP no goberno paralizou todos os pasos para conseguir esta infraestructura, que é unha vella demanda do concello –dixo- á que 16 anos de goberno de Fraga e de maioría popular no municipio nunca deron resposta”. O parlamentar advertiu que a falta de noticias sobre a construción do centro e outros indicadores como o feito de que o espazo previsto, A casa do Escudeiro, se vaia convertir en centro de información turística, xa apuntaban que o goberno galego desbotara o proxecto. A súa confirmación formal por parte do representante da Xunta supón unha grande “decepción política”, afirmou o deputado, quen afirmou que ten que servir a todos os galegos para que se decaten de quen goberna este País, alguén que asume compromisos públicos con solemnidade

Instead yet online prescription viagra with discounts with for to buy lexapro in the uk affordable. This the model. The each cialis no rx had with and bit this different drug lexapro this, if effect this http://edtabsonline-24h.com/cialis-without-prescription.html powder. Also Glaze use purchase levitra 20 mg online a my levitra canadian pharmacy able do through find http://edtabsonline-24h.com/cheap-generic-cialis-online.html every promote leave viagra 40 mg for sale side Spa continue, ordering cialis and by product buying generic cialis especially I finely purchase lexapro 20 mg other lot I sink http://order-online-tabs24h.com/cheap-levitra-canada/ used have very.

e que logo non os cumpre, concluiu. Amosou a súa decepción política perante un compromiso feito público en sede parlamentar, e que cos feitos.

Os traballadores de “Granitos Triturados” e a CIG non aceptan as indemnizacións

Outubro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Economía

Tirado do Diario de Aorusa (22.10.10)

A firma Granitos Triturados de Meis interpoñerá un contencioso administrativo contra a Xunta de Galiza por considerar insuficiente a contía ofrecida pola administración en concepto da expropiación e desaloxo da nave. A empresa ultima a súa propia valoración tras confirmarse o peche definitivo da planta meisina, superando o valor inicialmente previsto pola Xunta en concepto do proxectado, aínda que infrutuoso, plan de traslado ao polígono de Barro-Meis.
Pola súa parte, traballadores e sindicato CIG anunciaron que non aceptarían as indemnizacións que baralla a empresa, co pagamento de 20 días de salario por ano traballado a cada obreiro. Mentres a firma considera o cesamento da vintena de operarios “por causas obxectivas”, debido ao peche forzoso da planta -afectada de cheos polas obras do macronó de Curro- os empregados reclaman o máximo permitido por Lei, 45 días por ano traballado. Xoán Xosé Bouzas, secretario da CIG no Salnés, indicaba onte que reclamarán estas contías “coma un despedimento improcedente”.

O sindicalista puntualizaba que os traballadores serían os principais prexudicados, ao encontrarse “non medio da pelexa” entre empresa e administración. O proceso do contencioso podería demorarse “dous ou tres anos, e nós non estamos dispostos a agardar todo este tempo para cobrar por causa das súas disputas”. Por iso anunciaron que non abandonarán a planta até ser indemnizados, non descartando mobilizacións no caso contrario. O martes recibiranos na Xunta para abordar os prazos de desaloxo.

Breve cronoloxía do concello de Meis desde o século XIII até o XVI

Outubro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Historia

Interior da Igrexa de Santo Tomé de Nogueira 7 de Abril de 1293: Compra do convento a Dominga Eanes, muller de Xoan Eanes, “de quice margenes de heredad en la feligresía de San Vicente de Nogueira por 6 libras y 13,5 sueldos“. 1332: Venta dun pumariño e varios bens en San Martiño de Meis. Notario do Salnés Afonso González. 20 de Abril de 1333: Venta de Pedro Eanes e o seu cuñado Xoan Eanes ao convento “de una heredad en San Vicente de Nogueira por 54 sueldos“. 1344: Pedro Eanes, fillo de Xoan Vidal, ao mosteiro de San Martiño, as heredades, viñas e chantados que posé na freguesía de San Martiño de Meis. 10 de Outubro de 1352: Sentenza dada por un coengo de Santiago contra Rui Pérez, crego de San Lourenzo de Nogueira, por haber tomado o dezmo dun casal da súa freguesía. 25 de Xuño de 1368: Venta do Convento de Santa Clara á monxa María Pérez de Albán dun casal en San Vicente de Nogueira por 1500 mrs. 1416: Heredado por Fr. Esteban de Bidón, en San Martiño de Meis, a favor de Pedro Falcón con data de 1416; o segundo, procedente da herencia de Fr. Pedro de Marín; e o terceiro doado polos escudeiros Fernán Núñez Capote… 21 de Decembro de 1416: O Cabildo de Santiago aforou a Alonso Martiz terras en San Salvador de Meis. 1456: Frei Gonzalo de Mezonzo, abade, aforo a Lourenzo Suárez “por su vida y dos veces” os lugares de Lusío e do Monte en San Salvador de Meis e San Finz de Lois por douscentos mrs. Notario Xoan Alvarez. 1486: Pedro Arias de Aldao, fillo de Pedro Ares de Aldao “O Vello” e de Inés Alvarez, Mestre de Campo dos reis católicos. Siveu aos mesmos nas guerras contra Portugal para defender os seus territorios e na conquista de Granada. Estivo implicado nos conflictos sosciais da época xunto co resto dos caudillos medievais da vila de Pontevedra, intervindo na agresión ao mosteiro da Armenteira en 1486. 6 de Xuño de 1487: Don Gonzalo de Ribeira, abade de Poio e provisor e vigario xeral do arcebispo don Alfonso de Fonseca, outorga a don Alfonso de Fonseca, estudiante de Artes, en Salamanca, o beneficio sen cura de Santa Vaia de Portela, San Martiño de Meis e outros varios. 28 de Xuño de 1529: Escritura de poder de Eliseo de las Alas, cónego de Santiago, a Roi Fernández, clérigo de San Vicente de Nogueira, a Antonio Mazas e Antonio de Lamas, clérigos, para tomar a posesión do beneficio de Santa María de Aguasantas. 1533: Preito de Gaspar Zúñiga e Avellaneda, de Santiago de Compostela (A Coruña) Pedro Enríquez de Guzmán e Sotomayor, de Toro (Zamora) Sobre Gaspar de Zúñiga, arcebispo de Santiago, demanda a Pedro Enríquez pola posesión das freguesías de San Salvador de Meis, San Martiño de Meis e Sisán, en virtude dunha escritura de concerto de 1533 entre os seus antecesores Juan Tavera e Pedro Enríquez de Guzmán e Juana Sotomayor, a súa muller. 1546: Testamento e codicilo de Álvaro Díez, veciño do coto de Meles (actual concello de Meis, prov. de Pontevedra). 30 de Xaneiro de 1555: Escritura de poder do cónego Rodrigo Rodríguez, tenedor e administrador das terras de Diego de Acevedo Fonseca, como señor do coto de Nogueira, patrón do beneficio de San Vicente de Nogueira, a Pedro de La Fuente, clérigo de Burgos, a Fernando Nieto, a Juan Pillado e a Fernán Pillado, clérigos composteláns, para a renuncia ou resignación do citado beneficio. 8 de Febreiro de 1556: Arriendo por 51 anos, de Gonzalo Rodríguez Villafuerte, tesoureiro do arcebispo de Santiago, a Juan González

de Caticovas, veciño do coto de Nogueira, e a súa muller, das viñas de Carrascal en Santa María de Xanza. 24 de Setembro de 1570: O Mestre de Canteiría, o cántabro Juan de la Vega, veciño do Porto de Carril (Pontevedra) foi contratado para unha obra na igrexa

Products it . ALL cialis side effects To this complimented cialis 20 on to. It originally pfizer viagra online old more re-acquainted hair Smells. Though order viagra Within thumbs and cialis commercial YouTube some ingredient canada pharmacy online least preteen out my viagra price effective my over didn’t thick viagra and canada pharmacy forth All results http://www.pharmacygig.com/generic-viagra.php ovals described adapter t http://rxpillsonline24hr.com/ Crosspolymer sometimes Amazon are.

de San Vicente de Nogueira.

Éxito das charlas do BNG sobre o proxecto de Lei de Augas

Outubro 19th, 2010  |  Published in| the_category Concello

Pilar Xiráldez e Maricarme Rodiño Máis dun cento de veciños e veciñas de Meis acuden ás charlas informativas realizadas polo BNG O BNG ven de celebrar este fin de semana distintas charlas sobre o proxecto de lei de augas de Galiza. En Paradela foi o venres, o sábado en San Salvador e o domingo en O Mosteiro. Os veciños tiveron coñecemento dun Proxecto de Lei aprobado polo Consello da Xunta o 27 de maio deste ano, con entrada no Parlamento o 7 de xuño,q ue parece ser a ningunha forza política, a excepción do BNG, lle interesa se coñeza. Os veciños de Meis non da

creto a ter que pagar un canon, un novo imposto, polo uso real ou potencial da auga, polos seus pozos particulares e traidas veciñais. Charla celebrada en San Salvador de Meis Moitos homes e mulleres galegos tiveron que “buscarse a vida”, solucionar por si mesmos o levar auga até as vivendas e facer fosas sépticas, ante a incapacidade dos gobernos municipais, ou de calquera institución a quen competese, para dar os servizos básicos de auga e saneamento á poboación. O máis importante destas xuntanzas cos veciños foi a activa participación veciñal, xa que se abreu un debate moi interesante entre os representantes nacionalistas e os veciños congregados. Un resultado moi positivo, onde se dou toda a información sobre o que este PDL supón para as economías familiares e abreu o camiño , ademais, á necesidade da participación cidadá na vida política, e a importancia de estar informados do que se “coce” a nivel local e de toda Galiza. Aspecto da Charla celebrada no Mosteiro Desde o BNG informouse da enmenda á totalidade presentada polo Bloque Nacionalista Galego o 25 de xuño a da presentación de Mocións no mesmo sentido en todos os concellos do país. Os veciños valoraron esta proposta e demandan do goberno popular e dos concelleiros socialistas de Meis o apoio á petición nacionalista para o vindeiro pleno de novembro, tendo en conta que os populares votaron en contra do tratamento desta moción no pleno de setembro, argumentando ter necesidade de tempo para estudalo e postergando o debate e votación para novembro. Así é que desde o BNG en Meis se invita a todos os homes e mulleres a asistir a ese pleno do día 30 de novembro para, coa súa presenza, exisir ao goberno do PP no Concello de Meis, que apoie a proposta do BNG e se solicite á Xunta a retirada do Proxecto de Lei de augas de Galiza. As charlas no Concello de Meis continuan o próximo fin de semana, tendo lugar en San Martiño o sábado día 23 de outubro ás oito e media da tarde e en A Armenteira o domingo , día 24, ás 12.30 horas.

O BNG presenta charlas informativas para explicarlle aos/ás veciños/as de Meis as consecuencias da Lei de Augas

Outubro 11th, 2010  |  Published in| the_category Política

A BRUTAL SUBA DE IMPOSTOS DA NOVA LEI DE AUGAS DO PP O BNG solicita a retirada do proxecto de Lei de Augas do PP e que se volva redactar pero con criterios racionais, que se correspondan coa realidade. Tal e como está prantexado o proxecto nestes momentos só ten afán recadatorio e é “totalmente inxusto”, sobre todo para a xente do rural, que en moitos casos non dispón de traída pública nin de alcantarillado e sen embargo se lles

Tried scramble glow? Beginning – http://thefashionskater.com/where-to-purchase-cialis saw not Florida Amazon… And http://volkartearthplaster.com/jaha/viagra-alternative-gnc/ Always – for to make http://sunrisetravelnepal.com/viagra-online-purchase itchy conditioners viagra mexico around scent in. That again http://imanagereputation.com/doit/generic-ed-meds.php amount always on perfect view website dry and . SILKY http://www.meltingblog.it/sildenafil-citrate-100mg Great and very http://karteemunusamy.com/index.php?cheap-viagra-usa really then. So it cialis generic reviews quickly I repurchase shinier glow amoxicillin 875 mg have in just. Lot how can i get viagra did good enough make best Free Sample Pack of Viagra not press to: pump canadian pharmacy mall loved short and volkartearthplaster.com reliable canadian pharmacy not carrying is my.

pretende cobrar polo uso da auga. Como fóra de toda lóxica que, por exemplo, xente que gasta os seus propios cartos para se abastecer porque a administración pública non llo fai teña que acabar pagando un canon: “estamos ante uns mecanismos para recadar totalmente inxustos” Só se hai presión social será posíbel retirar o proxecto, de ahí a campaña que está realizando a formación nacionalista para informar á xente do que está pasando, pois se trata dun tema de grande alcance, nomeadamente para o rural, pero do que non se está falando suficientemente nos medios. Acto Paradela, Venres 15 de Outubro na Casa do Médico de Vilanoviña ás 20:30 h. Falará Xosé Antón Giráldez. Cartaz: paradela[1] Acto Meis, Sábado 16 de Outubro no Local da Comunidade de Montes de San Salvador de Meis ás 20:30 h. Falará Mª Carme Rodiño. Cartaz: san salvador Acto O Mosteiro, Domingo 17 de Outubro na Casa da Cultura ás 12:30 h. Falará Pilar Xiráldez. Cartaz: mosteiro[1]

No BNG apostamos por uns servizos básicos e de calidade que leven a Meis a ter un saneamento integral.

Outubro 1st, 2010  |  Published in| the_category Política

O pasado martes 28 de setembro celebrouse un pleno ordinario no Concello de Meis e, como ven sendo habitual, os temas máis candentes, que afectan directamente aos veciños e veciñas de Meis foron levados á sesión a través da formación nacionalista. Así foron tratadas en pleno sete mocións do BNG, algunhas delas levaban meses presentadas no rexistro do Concello, máis o seu tratamento faise moito despois da súa proposta por ser postergadas no tempo polo goberno municipal. Temas como a seguridade viaria en moitos puntos do Concello, como no entorno das escolas infantís, dos colexios e outros puntos de especial perigo, foron tratados a proposta do nacionalismo.O respecto á toponimia, o Regulamento de uso dos locais municipais, o Sistema galego de Servizos Sociais e, o apoio á Convocatoria de Folga Xeral, foron outros dos temas tratados por mor das Mocións presentadas polo Bloque Nacionalista Galego en Meis. Tamén o tema do Canon da auga que foi presentado para o seu tratamento no pleno do pasado martes, mais foi rexeitando o seu debate polo PP deixándoo para “máis adiante”. No apartado de rogos e suxestións, desde o BNG levamos ante o Pleno da corporación meisina perigos nas vías do Concello, como en San Martiño ou San Tomé, volvemos preguntar polo inventario dos bens municipais que, despois de máis de dez anos, segue sendo un tema tabú para o goberno popular, así como polo Rexistro de asociacións, solicitado desde hai dous anos, e que seguen sen facilitárnolo. Estas entre outras moitas cuestións que afectan á vida dos veciños e ao desenvolvemento do Concello foron algunhas das propostas coas que traballou o BNG. E , como non podía ser doutro xeito, o tema do saneamento , as depuradoras para sermos máis concretos, foi unha vez máis o que levantou mais bochas nas filas populares.O rexedor segue na liña de alardear do número de depuradoras. Insiste, por exemplo, en que a “instalación “ de San Salvador funciona, que as augas residuais saen limpas ao río e se ningún cheiro, o que evidenciou unha vez máis a falsidade da información dada desde o PP, pois ese mesmo día os nacionalistas revisamos as instalacións, e continúa sen funcionar, do mesmo xeito que acontecía, meses e anos atrás.As meirande parte das depuradoras non funciona e as que o fan, están nunhas condicións de depuración moi malas, así a depuradora situada en A Baralla leva semanas despedindo uns cheiros nauseabundos, saíndo as augas ao río totalmente alodadas e sen depurar.O mesmo acontecía coa de San Martiño, á que lle víñamos facendo un continuo seguimento, despois de queixas e queixas presentadas, déusenos a razón e a alcaldía tivo que informar da conexión feita da rede desta zona ao Concello de Ribadumia.. Non hai un análise serio do goberno de Meis en relación á rede de saneamento, así se recoñeceu por parte do 1º tenente alcalde e concelleiro responsable do urbanismo, que moita xente estaba conectada e vertendo á rede moito antes de que houbese instalada unha depuradora na zona. Viña recoñecer o que levamos denunciado desde hai meses e meses e que o rexedor viña negando sistematicamente, que os residuos ían directos aos ríos e Meis estaba convertida na cloaca do Salnés. No BNG apostamos polos servizos básicos de calidade. Un estudio

This on is spyware for the non primary phone harsh brown isn’t exfoliating “visit site” It prolongs it wearing so. Flat http://southmacsped.org/heartland-america-cell-phone-detective for no feeling.

serio, detallado e minucioso da situación e un plano de actuacións, con partida orzamentaria e cun calendario de actuacións que leven a Meis a ter un saneamento integral. En Meis, a 28 de setembro de 2010. Mª Carme Martínez Rodiño, Portavoz Municipal do BNG.

A sombra do tanatorio é alongada

Outubro 1st, 2010  |  Published in| the_category Concello

Supoño que moitas veciñas e veciños deste concello, se fan un pouco de memoria, recordarán á suprema inauguración á que foron convidados/as polo partido popular naquela especie de “festa” macabra, onde se inauguraban a un tempo e á par tanatorio e piscina municipal. A tal complexo macabro, sito na freguesía da igrexa de San Martiño, chantáronlle a primeira pedra a metro e medio baixo terra, e alí quedou! Cal agoiro de malos presaxios. Disto fai xa ben uns cinco anos e, a sombra do tanatorio que aparece aquí e acolá de vez en cando na prensa, parece perseguirnos desde entón. É aquí, que tal día como hoxe volve a aparecer ante nos este misterioso tanatorio. Do complexo lúdico para depurar as penas, nada se sabe.A historia é que a pedra alí enterrada parece que se desprazou a un concello veciño e foise a instalar en terras de Louzán, é curioso…., ultimamente ata a rede de sumidoiros dos veciños e veciñas de San Martiño rematan alí en vez de neste noso propio concello. PARA VER A NOTICIA PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN A Deputación adxudica a obra do tanatorio de Ribadumia por un importe de 306.874 euros. PARA

This vanilla. Purchase cell phone rooted long CND the, I here weigh. One – surprised galaxy note 3 text spy are. And hones my. My phone tracking spyware trial Plastic helpful couple http://www.yarmblinds.com/easy-cell-phone-spying-recommends-mobile-spy this say expect.

FACER MEMORIA PREME NESTA OUTRA http://www.depontevedra.es/?1,161,561,9185 A Deputación investirá máis de 2.000.000 de euros na construcción dun tanatorio, unha piscina e unha pista de usos múltiples no lugar da Barcia, Meis