Archive for| the_time Setembro, 2010

Ardagh Glass faise con Impress e crea un gran grupo con 81 fábricas, dúas delas no Salnés.

Setembro 28th, 2010  |  Published in| the_category Economía

A fábrica de Vilagarcía pasará a pertencer a un gran grupo empresarial que opera en 24 países. d.a.

FONTE:DIARIO DE AROUSA DIXITAL.28 de Setembro de 2010.
Artigo por: OLALLA B.T.
Un gran grupo con 81 fábricas, 14.000 empregados e unha escala considerable con vendas superiores aos 3.000 millóns de euros operará no Salnés grazas á adquisición de Impress Metal por parte de Ardagh Glass. Trátase dunha operación que leva tempo fraguándose e, de feito, fai xa uns meses que a dirección da nave vilagarciá (antiga Megasa) anunciou ao Comité de Empresa estas negociacións.

Onte, o anuncio xa era oficial ata podía consultarse na web da compañía que ten a súa sede saliniense en Meis. ?O 25 de setembro de 2010 Ardagh Glass Group anunciou que asinou un acordo co accionista maioritario de Impress, Doughty Hanson, para adquirir todas as accións, por 1.700 millóns de euros?, explica o grupo nun comunicado.

A unión das dúas compañías está aínda a expensas do que decidan as autoridades de Competencia da Unión Europea e Estados Unidos. ?É un mero formulismo?, apunta Pascual Arcos, que seguirá á fronte das fábricas no Salnés e que envía unha mensaxe de tranquilidade ao persoal. ?Aínda non sabemos nada, pero non ten por que haber cambios?, asegura.

Neste sentido, Arcos fai fincapé en que se trata de dúas compañías que se dedican a un mercado diferente. ?Unha fabrica para vidro e outra fai envases de aluminio, en principio todos debemos estar tranquilos, xa que son mercados diferentes?.

Impulso > Actualmente, Ardagh Glass é o terceiro fabricante de envasados de cristal para a industria alimentaria e de bebidas máis grande de Europa, con ingresos de 1.200 millóns de euros anuais. Opera en 24 instalacións distribuídas en sete países e cun persoal que suma os 6.500 empregados.

A adquisición de Impress, que se dedica ao envasado metálico e ten instalacións distribuídas por 22 países dos cinco continentes, permite a Ardagh ?converterse nunha gran forza no sector do envase a escala mundial?, segundo explícase no comunicado.

Con este anuncio oficial ponse fin aos rumores que preocupan desde fai meses aos traballadores da antiga Megasa, aos que a empresa comunicou verbalmente fai semanas que había unha operación aberta con outra compañía, ?pero sen aclarar nada máis?, sinalan desde fontes sindicais que abordaban a cuestión con certa preocupación, aínda que tamén encomiaron a xestión de Arcos ata agora. En calquera caso, desde a dirección de Impress chaman á tranquilidade.

EMPRESA E SINDICATOS ABORDARÁN O TRASLADO DA ANTIGA MEGASA A PARTIR DE NOVEMBRO.

A dirección de Impress Metal e os representantes dos traballadores sentarán á mesa de negociacións a partir do mes de novembro para comezar a abordar o traslado da antiga Megasa.

Así o confirmou onte o propio Pascual Arcos, director das dúas naves do grupo na comarca, que asegurou que ?nós acordamos falar con sindicatos e traballadores sobre este tema, aínda que ata que non teñamos unha idea clara sobre como vai ser o traslado non nos manifestaremos oficialmente?.

As opcións que baralla a compañía son a construción dunha nova nave no polígono do Pousadoiro, o que lle suporía á compañía investir preto de seis millóns de euros só en chan, ou unificar as dúas plantas da comarca na sede de Meis.

Esta última é a opción máis viable para a compañía. Desde o Concello de Vilagarcía esixiuse a permanencia do grupo no municipio como condición indispensable para a recualificación do solar, de grandes dimensións e situado en pleno centro urbano.

Con todo, este requisito non afecta a Impress, que ao facerse coa empresa local adquiriu ?todos os activos e pasivos, excepto terreos e edificios?, que seguen pertencendo aos irmáns Rei, antigos propietarios de Megasa.

Por iso, o grupo resultante da compra de Impress, Ardagh Packaging Group, terá liberdade total para decidir sobre o traslado da nave, que ao ser un edificio moi antigo quedouse obsoleto para acoller a actividade que xera unha multinacional destas características.

Ademais, a localización da fábrica, no barrio das Carolinas, causou un gran malestar entre os veciños da zona, que ata crearon un colectivo de afectados para denunciar as verteduras e o tránsito de camións con material perigoso preto das casas. Coa compra de Megasa por parte de Impress, a dirección da compañía asegurou que se abordaría o traslado na maior brevidade posible. Ademais, tamén se comprometeu cos sindicatos que, no caso de que o traslado levase unha redución de persoal, non se faría de xeito drástico, senón mediante baixas voluntarias ou acordos coas persoas próximas á xubilación ou con problemas de saúde.

Longa vida á Banda da Vertula

Setembro 27th, 2010  |  Published in| the_category Eventos

O pasado domingo, 26 de setembro, a Banda da Asociación A Vertula celebrou o seu XX aniversario no campo de festas de Vilanoviña. A xornada festiva estivo amenizada polo Festival de Bandas de Música que organizou a Asociación e no que estiveron convidadas a Banda de Musica Unión de Lantaño e a de Unión Musical de Meaño, pechando as actuacións a mesma Banda da Vertula. A celebración tivo un éxito pleno e os asistentes puideron gozar dunha tarde agradábel na compaña de boa música. Longa vida á Banda da Asociación A Vertula que leva facendo un traballo constante a prol da música e dos rapaces e rapazas que queren achegarse a ela.

Revés xudicial de cara á urbanización dun dos polígonos industriais

Setembro 26th, 2010  |  Published in| the_category Economía

Para ver a información preme no seguinte enlace:
O TSXG anula o procedemento de creación do polígono de Sequeiros, integrado no de Barro.

Coa auga ao pescozo

Setembro 25th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Hai dous anos que todos recibíamos abraiados nas nosas casas, semana si e semana
tamén, recibos de impostos municipais de recollida de basura atrasados, de lectura de
contadores da auga e do I.B.I. con incrementos de ate un 400%, nalgúns casos nos
que se posuían invernadoiros. Hai dous anos que esta crise empezaba a azoutarnos a todos,
e a algúns, estas recadacións intensivas e abusivas en tempos duros para a xente do
rural parecíannos inxustas e a destempo.

É aquí, que dous anos despois a crise segue presente nas nosas vidas, que detrás
daquelas subas de impostos viñeron outras. Todo prevé que a crise vai continuar e, a
nova Lei de Augas que o goberno do Partido Popular da Xunta de Galiza ten aprobado
no parlamento, vai axudar a minguar inda máis as xa minguadas economías rurais. A
nova lei fará que teñamos que pagar dous novos impostos polas augas, o canon da auga
e o coeficiente de vertido , a instalar contadores homologados nos pozos privados e,
a pagar polas augas das traídas que veciños e veciñas realizaron por iniciativa propia,
cando non se respondía a estas necesidades básicas.

Estes novos impostos só teñen un afán recadador, non introduce modificacións
substanciais dende o punto de vista ambiental nin da protección dos recursos
hidrolóxicos galegos. Con incrementos sobre o consumo de auga para unha familia de
ate o 360%. A Xunta de Galiza prevé recadar o dobre con este imposto. Coma sempre,
sobre quen recaerá o xugo recadador será sobre quen menos pode e debe, as familias,
a xente que inda resiste no campo e ten explotacións dalgún tipo, os colexios, centros
de saúde, restaurantes grandes…Poderían poñer en marcha a recadación do canon
industrial, que incrementaría os ingresos e garantiría un uso sostíbel da auga e unha
xestión transparente do canon industrial. Pero incrementarlle os impostos a quen máis
uso fai dos recursos, e máis rendibilidade lle saca, non parece ser do gusto desta Xunta
do PP .

Militares meisiños falecidos en Porto Rico no século XIX

Setembro 20th, 2010  |  Published in| the_category Historia

Do libro “La formación del pueblo puertorriqueño: Contribución de los gallegos” e cuxa autora é Estela Cifre de Loubriel. (“Short biographies of immigrants from Galicia, Asturias and Santander who took residence in Puerto Rico during the 19th century.”)

Martín Abad González: Fillo de José e de Carlota; natural de Meis, Pontevedra; solteiro; soldado da terceira compañía do Batallón Infantería de Cádiz, destacado en Porto Rico; morre en Ronce en 1869 á idade de 25 anos. CSJ; Def. Mil., 1864-1879, páx. …

Benito Barreiro Cabanelas: Fillo de Manuel e de Carmen; natural de San Vicente de Nogueira, Pontevedra; solteiro; soldado da cuarta compañía do Batallón Cazadores de Cádiz de garnición en Porto Rico; finado no hospital militar de San Xoan de Porto Rico en 1867. …

Ramón Moraña Torres: Fillo de Antonio e de María; natural de Santa María de Paradela, Pontevedra; cabo primeiro do Reximento de Valladolid, primeira compañía; solteiro; finado á idade de 23 anos en San Xoán de Porto Rico en 1859. CSJ. Def. Mil., 1854-1869. 1867. …

the best essay writing service

Incongruencias dun goberno desnortado

Setembro 14th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Vense de anunciar unha inversión de máis de oitenta millóns das antigas ptas, prerto de 500.000 euros no campo de fútbol de Zacande, do que o Concello deberá aportar o 25%.
Nuns momentos como os que estamos a vivir, un Concello que está a sobrevivir a traverso dos impostos directos aos veciños de Meis, que están precisamente a comprobar estes días como son sableadas as súas economías.
Ninguén rexeita que as instalacións deportivas do territorio meisino sexan ou estén nas mellores condicións posibeis, máis á hora de investir os recurso , o lóxico e que un goberno teña unhas prioridades de investimento baseadas nas necesidades reais e vitais da poboación. Hai servicios básicos e fundamentais dos que Meis carece e outros que non se prestan nas debidas condicións.
Se ser os campos de fútbol a prioridade nº 1 para o goberno de Pérez Estévez, preguntase a sociedade meisisna con quen se debateu ou estudo o campo a mellorar e en base a que premisas. O campo de futbol sito en O Mosteiro , o máis antigo do Concello e que conta cun equipo nun nivel máis alto no ranking cas os outros equipos , está a sufrir o abandono e desinterese do concello e o equipo de deportes que dirixe Ofelia Barral.
A inversión millonaria de Deputación sona a unha nova “rabizada” do presidente da Deputación.
Terá algo que ver que o novo presidente do Zacande sexa da familia de Rafael Louzán, primos para ser máis concretos??
Un goberno que non sabe a onde vai e que non ten unha man firme no timón, que non ten diseñado un rumo, vai a golpes contra os acantilados e fai que o Concello de meis se vaia esnaquizando pouco a pouco. Até cando se poderá resistir ???