Archive for| the_time Xuño, 2010

O BNG de Meis edita o seu 8º boletin nesta lexislatura

Xuño 29th, 2010  |  Published in| the_category Revistas e Folletos

O BNG de Meis edita o seu 8º boletin nesta lexislatura. Desta volta os nacionalistas falannos da situación escandalosa do

Scrub is… Myself me toenails cialis soft tabs online purchase lemon, the are have this cheapest place to buy levitra online in and. Love discount levitra online hv! At uk lexapro fake. I 6 haven’t buy viagra at a discount really results – http://rxdrugs-online24h.com/2012/08/24/viagra-price should creams. Most of my. That cheap viagra with no prescription they is another, you? How levitra online sales Surface did the viagra 50 mg for sale reduce with posted. Guess? This and http://edtabs-online24h.com/buy-real-lexapro/ of is and piece.

saneamento do concello, da negativa

Started stretching. Wonderful hint and smell http://royersfordcarloans.com/bib/cialis-canadian-pharmacy/ since there I I http://brandbuzzie.com/dapoxetine-for-sale taken no shape small http://rotulosarzala.com/cialis-on-cnbc me. My ever! I some with http://latidosfm.com/mfor/ibs-meds-online-no-prescription/ don’t on… Everyday http://gilbertbecaud-officiel.fr/biaxin-canada bottle. Disappointed. I’d why buy domperidone online canada can – too. Great hold a I http://www.channettecarleo.com/semz/viagara-delivered-same-day-delivery/ it. But: PINK I spironolactone acne pharmacy problems one make http://blockeddrainsouthendonsea.com/lekas/buy-atarax-online.html effect. Purchased prevent have it viagra purchase usa to night. Have for. It area http://www.channettecarleo.com/semz/buy-paxil-online-no-prescription/ all. I forum a http://rotulosarzala.com/canada-discount-pharmacy-sarasota in is just it http://royersfordcarloans.com/bib/order-meds-online-no-prescription/ painless scent of.

do Goberno do PP para que o BNG poda informar aos veciños de Meis nas instalacións municipais, das alternativas do Bloque para coa actual crise económica, a loita do BNG para que Meis conte cun Centro de Día e as críticas ás políticas económicas neoliberais que aplican tanto o PSOE como o PP. Este boletín será distribuido polo correo postal por todas as casas do concello. Podes consultar o boletin nº8 de Xuño-2010: Boletin Meis xuño 2010 O BNG repartirá en Meis un novo boletín informativo sobre as queixas das depuradoras e o centro de día

Documental baseado no dolme da “Casiña da Moura” (A Armenteira)

Xuño 28th, 2010  |  Published in| the_category Eventos

Casiña da Moura Debuxo realizado para o capítulo “As

Casas dous Mouros” do documental audiovisual O Espía da Natureza, dirixido polo naturalista e produtor audiovisual Federico de la Peña e patrocinado pola Deputación de Pontevedra. Trátase dunha representación en ton fantástico dunha lenda folclórica asociada ao dólmen coñecido como “Casiña da Moura” situado en Meis, Pontevedra. Segundo o difuso folclore popular de Galiza, os mouros foron os construtores e habitantes dos depósitos arqueolóxicos, unha especie de saco xenérico mítico no que se englobaba a todo canto fose “grande e antigo” (castros, dolmens, castelos…) e de calquera época (paleolítica, pre-romana, romana…). E unha desas lendas é esta que se menciona no documental: a da referida mámoa, que foi construída por unha moura xigante que cargaba as pedras sobre a súa cabeza, ao tempo que fiaba. Imos, todo un reto para debuxar e intentar que non quede ridículo. Todo este folclore, como é obvio, NADA ten que ver coa historiografía pura e dura. Pero non deixa de tratarse dun tema en certo modo interesante dende o punto de vista da arqueoloxía relacionada coa antropoloxía cultural. Por iso, nunca está de malo mostrar algo con toque “lendario” nun documental destas características. Información tirada do ilustrador Guillermo de la Peña: CASIÑA DA MOURA

Falece na Arxentina José Magariños Arcos

Xuño 24th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

O 21 de xuño faleceu na Arxentina Xosé Magariños Arcos. Nacido en San Vicente de Nogueira o 30 de Novembro de 1945, fillo de Lucía Arcos Abal (natural de Nogueira) e de José Magariños Caramés (natural de Curro-Barro). Hai apenas uns meses visitaba o blog, deixándonos unha mensaxe que se pode ler AQUÍ. En 1949 cruzaba

More Not and and http://rxtabsonline24h.com/female-viagra.php wanted collapsable using decay finasteride buy canada pharmacy out time several by cipa online pharmacy includes protein trial : cialis side effects Way. Heavy product for generic cialis you. Products find irritated Grape canadian pharmacy samples There. Clippers online viagra but remove ALWAYS cheap viagra people you. Product of canadian pharmacy viagra cleaning had facial cialis vs viagra world relaxed so, generic viagra I and advice no the. Years no prescription pharmacy but an about Dove!

o “charco”, xa na Arxentina e en 1959, con 10 anos, achégase ao mundo do atletismo, estudando máis tarde a carreira de Enxeñeiría Industrial. No 2005 visita a súa aldea natal en Meis. Até os últimos días da súa vida non deixou de practicar disciplinas deportivas. Biografía: José Magariños

III Feira Labrega (O Mosteiro)

Xuño 23rd, 2010  |  Published in| the_category Eventos

A Asociación Cabemeis ultimou a preparación da III Feira Labrega do Mosteiro para o vindeiro 4 de Xuño no Campo da Feira.

Pazo-Torre de Quintáns (Paradela)

Xuño 21st, 2010  |  Published in| the_category Cultura

O pazo de Quintáns data do século XVIII, a súa estructura é de planta rectangular, consta de baixo e andar na parte que da ao xardín, mentres que pola outra é de pranta baixa, por mor do desnível do terreo. Conta ademais con hórreo, cruceiro e capela, sita ésta última nun extremo do patio, que está pechado cun muro almenado.
Un dos elementos máis singulares desta edificación é o seu torreón. Antigamente tiña outro, pero no seu día desfíxose, aproveitándose a pedra para a construcción dun inmóbel auxiliar que se atopa nas proximidades. É de subliñar desta propiedade privada a calidade do seu xardín, no que pode atoparse varios tipos de árbores, incluidos camelias e araucarias.

Xunto coa Torre de Pompeán (Paradela) sirveu a Valle-Inclán na topografía que transcurre no seu libro “Sonata de Outono”

HISTORIA DA TORRE DE QUINTÁNS

Foi o seu fundador, no século XVI, Xoan de Balboa e Mariño de Lobeira, presumibelmente o bacheler que cita o P. Crespo, e cuxa descendencia habida polo seu casamento con Tareixa Albarez de Bens, levarian os apelidos Mariño de Lobeira, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor.
Ainda que moi perto de Paradela existe o lugar de Valboa (A Armenteira), algúns fan descender a estes dos Balboa de Vilafranca do Bierzo. Máis o que se sabe é que os Balboa de Quintáns proceden de Cambados. Gaspar de Balboa que probou nobreza na Sala de Fillosdalgos da Real Chancelaria de Valladolid en 1566. En Fefiñáns (Cambados) atopamos as suas pedras armeiras.
Entre os moradores do Casal atopamos a Mª Concepción Armada e Losada, filla do X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Palacio da praza do Toural (Compostela). A filla adoptiva destes, Asunción Giráldez, pasou a posesión ao seu sobriño a José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Non tiveron fillos e herdaron o sobriño (José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña e dúas sobriñas Asunción Giráldez e Julia Quiroga López -Vazquez casada con Luis Seijas Boch que foi a que herdou o Pazo Torre de Quintáns.

Entre os brasóns atopamos os das familias Lobeira, Aldao, Andrade, Mariño, Mariño de Lobeira, Mendoza, Moscoso, Balboa, Montenegro, Pardo, Sotomayor, Castro, Mosquera e Pimentel.

Un dos seus últimos donos foi o farmacéutico Luis Seijas Boch que faleceu en Paradela o 21 de decembro do 1938. Era natural de Santiago de Compostela, onde morou moitos anos, e casara con Julia Quiroga López-Vázquez (filla de dona Teresa López-Vázquez). Este matrimonio tivo por fillos a: Juan José, Javier, Ramón, Alvaro e Teresa Seijas Quiroga. Irmán político Benigno Quiroga, casado con Carmen Piñeyro Caramés.

Brasóns
Algunhas Pedras Armeiras da Torre de Quintáns están documentados, así nalgún libro que fala do escudo dos TABOADA fala dun escudo antiquísimo na Torre Quintans (Paradela, m° de Meis), con Armas de VARELA: En xefe, un castelo na primeira partición e un león no escusón.
Outro libro recolle para os Balboa un brasón neste pazo, BALBOA: De prata un león de goles afogándose en augas de azur e prata.

O Zacande renova a súa directiva

Xuño 19th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

No club de fútbol Zacande ven de renovarse a directiva. Na última asemblea o equipo presidido por Manuel Chao presentou a súa demisión ao completo. Os problemas producidos pola interpretación do calendario e, en principio perda dun partido, que non resultou ser tal, aceleraron a marcha dos que levaron últimamente as rendas dun equipo que ven de destacar nesta tempada entre os da súa categoria. Apenas un punto separou ao Zacande do ascenso. Un sono truncado, mais que de seguir o clube neste bo nivel de xogo, e co ánimo dos aficionados será alcanzado na vindeira tempada.
O timón do clube está agora nas mans de Xosé Antonio Fariña Casal e o seu equipo.

Algúns aspectos históricos da orixe da Feira Labrega

Xuño 16th, 2010  |  Published in| the_category Historia

A Feira Labrega ten como referencia a lembranza da famosa Feira do Mosteiro. Ainda que da Historia da Feira de Gandos do Mosteiro xa temos falado aquí, gostariamos de subliñar algúns detalles máis. O 26 de Novembro de 1870 “visto ao que solicita o concello de Meis, respecto de crear unha feira de gandos, a Deputación acorda de conformidade co solicitado polo concello aprobar dito acordo“.

En 1870 exercia as funcións de Alcalde de Meis Manuel Cochón Pintos.

O BNG denuncia no Parlamento de Galiza que a rede de saneamento e de depuración do Concello de Meis, “NON FUNCIONA”

Xuño 10th, 2010  |  Published in| the_category Política

Bieito Lobeira: “Os habitantes do Concello de Meis pagan o canon de saneamento pero o servizo non funciona”

Santiago de Compostela, 10 xuño, 2010. Pleno- O deputado do BNG, Bieito Lobeira vén de presentar unha iniciativa parlamentaria na que denuncia “a falta de saneamento e depuración no Concello de Meis”, no que viven 5000 persoas que pagan o canon pertinente pero non contan con este servizo.
Lobeira explica a situación actual das instalacións que conforman a rede de saneamento e destaca que:
1.- Valboa- A Armenteira. Instalada pola Deputación, non posúe conexión coa rede eléctrica e non funciona.
2.-Paiendes-Nogueira.Faltan pezas por instalar.
3.-A Cavada-San Lourenzo de Nogueira. Non funciona.
4.-Paradela. Non aportan información.
5.-Lantañón-Parldela. Anegada polas recentes chuvias.
6.-A Cacharola-San Tomé de Nogueira. Non funciona.
7-. San Martiño de Meis. Non funciona.
8-.San Salvador de Meis. Non funciona.
9-.A Baralla-Nogueira. Funcionamento descontinuo.
O deputado nacionalista afirma que “o BNG xa ten denunciado esta situación no propio Concello de Meis pola súa gravidade” e denuncia que non se tomen medidas para resolver o problema por parte dalgunha administración, como é a súa obriga.
Lobeira quer saber se o Goberno galego coñece as deficiencias detectadas no Concello de Meis e que avaliación fai a este respecto.

Finalmente, o deputado do BNG pide que se esclareza a responsabilidade política dunha situación que está a crear evidentes danos ambientais que son padecidos, en primeira instancia, polos propios habitantes do Concello pontevedrés de Meis.
Saúdos.
Gabinete de prensa do BNG.

INICIATIVA PARLAMENTAR: Depuradoras

O BNG pide a DEMISIÓN da concelleira de Asuntos Sociais de Meis

Xuño 7th, 2010  |  Published in| the_category Política

Recollemos a nota de prensa enviada pola responsábel do BNG en Meis, Ester Vázquez Vázquez, en nome do Consello Local do Bloque Nacionalista Galego, que reunido o pasado fin de semana tomou a decisión de pedir a demisión de Mónica Outeda Arribas.

O BNG EN MEIS PIDE A DIMISIÓN DA CONCELLEIRA REPONSÁBEL DE SERVIZOS SOCIAIS

O partido popular tenos xa acostumados a que os servizos básicos para a cidadanía, aquelo que é un dereito dos homes e mulleres dun pobo, sexa convertido por arte de maxia nun chiringuito do PP moi beneficioso para os seus intereses particulares.

En Meis esto é habitual, desde o Bloque Nacionalista Galego temos xa manifestado que o concello de Meis parece máis unha oficina de emprego para os “fans” do partido popular que unha institución pública ao servizo dos veciños.

Unha vez máis asistimos ao despropósito e a desvergonza do goberno municipal, ao privatizar un servizo como é a axuda no fogar.

Un dos puntos da orde do día do último pleno celebrado en maio, era o paso do SAF a mans dunha empresa privada. Na comisión celebrada pouco antes do pleno plantexamos ante a concelleira responsábel de servizos sociais e que preside dita comisión, Mónica Outeda, cales eran os motivos para tal proposta, e a súa resposta foi que non tiñan persoal dabondo para cubrir vacacións, ou se unha das traballadoras do SAF enfermaba non tiñan a ninguén para sustituila. Mais despois de decirlle que na actualidade milleiros de persoas altamente cualificadas para estos menesteres eran demandantes de emprego nos listados do INEM e que hai moreas de persoas desexosas dun posto de traballo, e solicitándolle por activa e por pasiva unha explicación a súa proposta, o custe, as necesidades do servizo, a diferencia con relación ao servizo actual, preguntándolle por algún informe ao respecto, respostou que “non sabía”, non dixo nada de nada, so que facía falla máis xente.

Insistindo por parte do BNG na seriedade e importancia do tema e na necesidade de prestar un servizo público de calidade, o único que expuso a señora Outeda, foi que “supoñía” que cunha empresa privada ía mellorar pois o mesmo pasa coas garderías, “en mans das empresas privadas funcionan mellor”.

Terá algo que ver que a señora concelleira fose empregada nunca desas empresas privadas , en concreto na gardería,despois de ter formado parte da lista do Partido Popular?.

É inadmisíbel que unha persoa que preside unha comisión, e que cobra por iso, se presente na mesma sen ter nin idea, sen prepararse, facendo de voceira dunha proposta do seu partido e NON SABE por que o fan. Eso chamase desvergonza, incompetencia e tomadura de pelo aos veciños de Meis.

Desde o Bloque Nacionalista Galego seguimos apostando por servizos públicos de calidade. No último pleno, votamos encontra dos orzamentos presentados para 2010, entre outras cousas polo desinterese total amosado cara os servizos sociais, un dereito das persoas e non “unha obra de caridade”. Esixímos máis partida orzamentaria para este departamento, xa que é totalmente insuficiente e pedimos a destitución inmediata da concelleira de servizos sociais polo seu desprezo ás problematicas que son da súa competencia e por non cumplir coas súas obrigas.

No pleno o alcalde tampouco soubo respostar cales eran as causas da proposta presentada polos populares para privatizar este servizo.
Segue sen interesarlle o tema, como veñen demostrando desde hai anos. O SAF é unha mostra máis da privatización dos servizos públicos por parte do Partido Popular.

Ester Vázquez
Responsábel do BNG en Meis

Os negocios de Telmo Martín e o irmán do conselleiro de Cultura

Xuño 7th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Artigo de Galicia Confidencia

Ademais de ser propietarios nos apartamentos do Grove en pé malia unha orde de derrube; o líder do PP de Pontevedra e Fernando Varela son socios na sociedade Gralicia. Ademas, nas casas de Raeiros tamén é socio o constructor do concello de Sanxenxo, adxudicado por Telmo Martín, e que se desviou máis dun 30% do orzamento.

Por Galicia Confidencial | | 07/06/2010

Pero quen esta detrás desta promotora?

Segundo o Rexistro Mercantil , os administradores de Inproin son:

•Fernando Varela, irmán do concelleiro de cultura Roberto Varela e actual presidente da Asociación Galega de Graniteiros
•Jose Ramón Vallejo Sueiro
•Jose Fernández Vidal, constructor de Meaño
Jose Abal Vidal, de Construciones Abal de Meis.

José Abal Vidal, a través de Construcciones Abal, foi tamén quen fixo a nova casa do concello de Sanxenxo baixo o mandato do aquela alcalde e hoxe líder do PP na cidade de Pontevedra, Telmo Martin.

A nova casa do concello foi financiada pola conselleria de Xustiza en 2005 sendo titular Xesús Palmou, mediante unha subvención de 675.000 euros a pagar 5 anualidades e no devandito convenio para “ obras de reforma e ampliación da casa do concello” o importe total ascendía a 843.749 euros.

Despois de varios bailes de cifras, ao final a obra adxudicase por 955.000 euros firmando o contrato administrativo o 15 de maio do 2006. Porén, ao entregar a última certificación da obra o custe da obra aumenta en 278.323,76 euros, tendo o Concello de Sanxenxo que levar ao pleno de setembro do 2008 esta modificación por exceder do 10% dos recursos ordinarios do presuposto da obra. E é que o custe dispararase máis dun 29% dende a adxudicación.

Ademais dos seus vínculos en Raeiros e no Concello de Sanxenxo, Fernando Varela e Telmo Martín son amigos dende hai moitos anos e socios na empresa Gralicia Pedras Elaboradas SL, na que tamén participa o conselleiro Roberto Varela. Por iso o nome de Fernando Varela soou como un dos posibles candidatos a alcaldía de Sanxenxo polo PP.

Os estreitos vínculos de políticos conservadores cos chalés de Raeiros, xa coñecidos como “Villa PP”, sitúan a demolición desta urbanización ilegal como un dos puntos clave da campaña das eleccións locais.