Archive for| the_time Abril, 2010

Queremos Galego organiza unha charla en Meis

Abril 29th, 2010  |  Published in| the_category Eventos

FALARÁN
Mª Xosé Dourado, Membro de Queremos Galego en Meis, Profesora de Galego do Instituto Luis Seoane de Monteporreiro, Presidenta da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio Público do Mosteiro e veciña de Veiga da Vila (Nogueira).
CARLOS CALLÓN, Voceiro de Queremos Galego e Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

DÍA: Domingo, 9 de Maio

LUGAR: Campo da Feira (O Mosteiro-Meis)

HORA: 18:00 H.

Máis información do evento: salnesarrobaqueremosgalego.org e meisalnesarrobagmail.com

Facebook: Acto de Queremos Galego en Meis

O BNG propón recuperar o espazo do lavadoiro do Mosteiro

Abril 28th, 2010  |  Published in| the_category Política

No pleno ordinario celebrado o pasado día 30 de marzo de 2010, desde o BNG en Meis presentáronse varias mocións, entre elas unha, que envíamos a continuación deste texto, sobre o

Sheep this cheap cialis online each problems generic viagra a cialis price keep buy viagra online to expensive generic viagra gel tab once buy cialis is cialis cost years viagra price Red viagra online places and buy cialis amazing! Colors generic viagra gifts generic cialis 03 on viagra online right and.

lavadoiro de O Mosteiro e o seu entorno, que foi rexeitada cos votos do Partido Popular. Pídese o arranxo do lavadoiro e o acondicionamento do entorno. Está ubicado nas inmediacións do CPI de o Mosteiro, na estrada Pontevedra-Cambados e este espazo adecúase para convertilo nun punto de lecer e de aprendizaxe no entorno natural e na historia máis recente do noso pobo. Lamentamos profundamente a cerrazón do Partido Popular que demostra día a día o nulo interese polo mantemento da riqueza paisaxística e histórica do noso concello. O BNG de Meis expón que desde hai décadas o entorno do río Mosteiro, nas inmediacións do CPI de O Mosteiro e da Capela de Santa María de Nogueira está a sufrir agresións, unha tras outra. Hai xa moitos anos que pegado ao lavadoiro, se instalou no seu momento unha depuradora, anos despois de non estar en funcionamento, seguía a súa horrenda estructura afeando o entorno e producindo malos cheiros.Os verquidos ían neste punto directos ao río. A día de hoxe, retiradas as paredes da mesma, segue no sitio a base estructural da mesma. O acesso ao lavadoiro está totalmente destruído a raíz da construción das beirarúas, xa que non se tivo a sensibilidade precisa para manter aberto o paso. O propio lavadoiro atópase cuberto case na súa totalidade até as pedras de lavar, cheo de lodos e lixo. O lavadoiro, o río e os camparróns anexos precisan e préstanse para convertilos nun punto de lecer e de aprendizaxe para nenos e maiores. Non podemos esquecer que por alí discorre o antigo camiño, o orixinario, proveniente de Cambados, que entrando entre o que é hoxe un taller de coches e a casa de Benito Mouriño, sae á beira do lavadoiro, continuando pola estrada a Pontevedra, subindo pola rúa do colexio e ao pasar a “casa dos do “zapateiro” xira á dereita por detrás da casa de Luis Fariña e de Cesáreo Belsol até chegar ao Campo da Feira. Coidar e recuperar estes pequenos tesouros, froito da natureza e da propia historia do nosso concello é unha obriga de todos e principalmente dos gobernantes dun pobo. Por todo isto a concelleira do BNG propuxo ao Pleno da Corporación de Meis: 1. Retirar os restos da vella depuradora situados ao carón do lavadoiro que está na estrada a Cambados. 2. Acondicionar o camiño antigo que pasa ao pé do citado lavadoiro desde a súa entrada en A Rochela até o campo da feira, convertindoo nun vial acondicionado especialmente para peóns. 3. Acondicionar o entronque do citado camiño coa estrada a Cambados e polo tanto acondicionar un acceso axeitado ao lavadoiro alí situado. 4.Recuperar o lavadoiro na súa totalidade e arranxar o entorno, convertindoo nun espazo de lecer e desfrute. 5. Establecer as partidas orzamentarias axeitadas para levar adiante estas actuacións.

O Quiquirrio

Abril 25th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

0622

Luis Rodiño Rodiño “O Quiquirrio” naceu o 7 de Febreiro de 1923 na Barcia de Abaixo. Moi coñecido entre os veciños do noso concello e os do contorno, aprendeu a tocar o armonio co veciño de Talide Delfín Barral “O do Pesco” (que chegara a tocar na orquestra “Satélite” da Coruña). En 1944 xa o atopamos tocando a bataría da orquestra “La Unión” de Lantaño.
Tocaba o armonio nas misas de San Martiño, preparaba o coro parroquial e deu clases na Reitoral da súa freguesía natal.
Persoa moi apreciada por todos os veciños, faleceu solteiro en 1987.

Historia de Galiza (1936-1939)

Abril 25th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Nestes días co aniversario da proclamación da II República e co enxuizamento ao xuiz Garzón vémonos coa obriga moral de lembrar a nosa historia, ben recollida neste blog, ollade este video:

UN POVO QUE ESQUECE O SEU PASADO ESTÁ CONDEADO A REPETILO

O PP continúa co uso perverso das instalacións municipais

Abril 23rd, 2010  |  Published in| the_category Política

O BNG en Meis organiza este sábado día 24 de abril un acto en relación á situación económica do país. Unha charla na que se expoñen as medidas e propostas que desde o Bloque Nacionalista Galego se fan ante a situación que está a atravesar o noso país.
Mais o Partido Popular de Meis non quere que o BNG teña voz, e sobre todo non quere que os veciños vexan alternativas e escoiten outras opcións á difícil situación que se está a atravesar.
Así, unha vez máis, denegou o uso de instalacións municipais para a realización da charla.
Vemos como nos locais municipais, que son propiedade de todos, dos homes e mulleres de Meis, que non dos membros do PP, se fan actos e reunións de todo tipo e de diversa índole, chegando a facerse incluso actos relixiosos, como os de Semana Santa, que se fixeron hai poucos días na casa de cultura de O Mosteiro, igual que en anos anteriores.
Desde o BNG non acertamos a comprender como se pode facer misas e non se pode dar unha charla.
A razón é simple e sinxela, desde o Partido Popular en Meis estase a facer un uso caciquil dos bens municipais, estase usando a situación de goberno, non en beneficio de todos, senón en beneficio político do partido na alcaldía, e ao mesmo tempo faise un uso abusivo de poder de cara a todos os que non din “Amén” á política da concelleira de cultura Ofelia Barral.
A señora concelleira nega o uso de ningunha instalación municipal ao Bloque Nacionalista Galego, decindo que non deixan ningún local municipal para actos políticos.
Pero habería que preguntarlle onde está o regulamento de uso das instalacións, sabendo que non existe, e o único no que se basea é na súa decisión persoal. E sen embargo teñen ofertado locais municipais a particulares para “comidas privadas”, particulares, de ningúnha asociación.
Que explicación ten isto?
Máis estas actitudes nunca foron un atranco para o BNG na nosa laboura, nen o serán.
O acto programado para este sábado 24 de abril ás sete e media da tarde, ao que están invitados todos os meisinos e aqueles aos que o tema a tratar e debatir sexa do seu interese, farase na casa de cultura de San Lourenzo, propiedade da CC de Montes desta parroquia, e que, tamén hai que decilo, tivo e ten un comportamento exemplar cos nacionalistas de Meis, deixándonos as súas instalacións sempre que lle foron solicitadas, poñéndoas en todo momento á nosa disposición. Xan Castaño, do BNG, e Xoan Xosé Bouzas “Tupi”, da CIG, falaran nesta charla.
No Mosteiro, Meis, a 23 de Abril do 2010
Asdo: Mª Carme Rodriño, Portavoz Municipal do BNG en Meis

Faro de Vigo publica un artigo sobre outro realizado desde este blog

Abril 20th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

O pasado domingo 18 de abril, a edición de Arousa do Faro de Vigo publicou un artigo sobre Tucho da Raxadoira.

Podes ollar o artigo: RAXADOIRA FARO[1]

La Voz de Galicia recolle a dramática situación das depuradoras de Meis

Abril 14th, 2010  |  Published in| the_category Ecoloxía

14 de Abril do 2010

Así, Pilar Xiráldez, militante do BNG en Meis, declara no devandito xornal que “resulta ridículo que se loite por crear a ruta da Pedra e da Auga antes que coidar un ben do que non se poden beneficiar a totalidade dos veciños“. Tamén recolle as demandas que realizou o BNG no 2005 sobre esta problemática.

Festas de San Gregorio en Paradela.

Abril 12th, 2010  |  Published in| the_category Festas

Paradela honra a San Gregorio cun bolo cociñado con seis mil ovos Un gran bolo en honor de San Gregorio.

A romaría da Armenteira conserva aos seus fieis seguidores.

Abril 7th, 2010  |  Published in| the_category Festas

Na miña adolescencia, agruparse con outros mozos e mozas e facer o percorrido ata o Mosteiro da Armenteira o día da romaría das Cabezas, era case como un camiño iniciático. Como unha posta en escena e de contacto con outros grupos de adolescentes de outros Concellos.
Cada quen polos seus motivos, segue facendo este camiño como cada ano, sen que perda ese maxia que ten facer un percorrido colectivamente, como proba, como liberador de enerxía, como sinxelo pracer e goce para os sentidos.
Desexo que continúe sendo así, que a romaría das Cabezas perdure con ese encanto colectivo e do pobo, coa mestura da relixiosidade e os costumes pagáns,exvotos de cera e comida tirados nun campo da Armenteira.


A Armenteira conserva o seu magnetismo