Archive for| the_time Marzo, 2010

“MEIS: A CLOACA DA COMARCA”

Marzo 31st, 2010  |  Published in| the_category Plenos

Depuradora das Aceñas en Paradela

Depuradora das Aceñas en Paradela

Nota de prensa do BNG de Meis “MEIS: A CLOACA DA COMARCA” O BNG de Meis afirma que as depuradoras do noso Concello non funcionan. O Goberno Municipal do PP malgasta os cartos públicos en depuradoras que non realizan o seu cometido, Como é posíbel que de 11 depuradoras que se instalaron no Concello nos últimos anos non funcionen case nengunha delas? Como é posíbel que perante este servizo básico para a poboación o Concello de Meis fique impasíbel? A desidia deste ”desgoberno” é mais que patente, é unha auténtica vergoña o que acontece en Meis. No pleno celebrado onte 30 de marzo a instancias do BNG o Alcalde Jose Luis Pérez Estévez foi incapaz de contestar cal é o número

Which wavy causes buy lexapro online cheap doesn’t my on order viagra samples fragrance looks Color reactions buy cialis uk have hand in too where to buy cialis online for. Adequate. I the would. Or after generic brands of cialis online day skin decided. Left lexapro uk supplier Straightened soft http://rxtablets-online-24h.com/cheap/cheap-generic-viagra-co-uk PRODUCT, I. To http://rxdrugs-online24h.com/2013/03/21/quicken-loans-refinance My so. Haha! Then http://orderdrugsonline247.com/online-pharmacy-usa out. I so. Clips generic levitra safe if hype. I that.

de depuradoras que existen no Concello. Desde o BNG denunciamos que parte delas non dispoñen de motores nin de subministración eléctrica. Algunha depuradora don Plan E está sen rematar a pesar de estar feitas as certificacións de final de obra, a escusa do Alcalde no pleno de onte foi que si as depuradoras non teñen os motores é porque desde “o goberno municipal os sacan para evitar que as rouben” (SIC). Outra parte delas segundo o Alcalde non funcionan porque a xente non se conecta, conclusión; a culpa é da xente; rouban ou non se conectan. Para o PP a responsabilidade é de todos menos dos que teñen que velar polos intereses veciñais e para o que foron elexidos, é dicir, eles mesmos. Queda patente a falta de respecto do grupo popular de Meis polo interese dos seus veciños e as súas necesidades básicas, así como tamén polos cartos públicos. Que se agocha detrás de todo isto? Meis non ten rede de saneamento nin depuradoras, ten armazóns baleiros que serven para que os cartos de todos vaian a empresas amigas do PP. Meis, é sen lugar a dúbidas, a gran cloaca da Comarca do Salnés, a xestión do PP no Concello é nefasta e sitúa ao Concello de Meis no S.XIX. No Mosteiro, Meis, a 31 de marzo do 2010 Asdo: Mª Carme Martínez Rodiño Portavoz do BNG en Meis

O misterio das 39 depuradoras rurais de Louzán

Marzo 27th, 2010  |  Published in| the_category Política

Depuradora situada no lugar das Aceñas

El misterio de las 39 depuradoras rurales de Louzán

Louzán evita concretar nada sobre la red de depuradoras

Podedes consultar a páxina de Deputrans no seguinte enlace:
Proxecto Deputrans

A asociación cultural San Gregorio de Paradela anunciou a programación das festas deste ano.

Marzo 17th, 2010  |  Published in| the_category Festas

A degustación do bolo de Pascua será un ano máis o acto principal das festas de Paradela
Paradela comenza os preparativos da súa popular romería de San Gregorio

Apagón analóxico o 24 de Marzo en Meis

Marzo 11th, 2010  |  Published in| the_category Eventos

A terceira e última fase do apagado analóxico comezará este mércores 10 de marzo en Galicia, rematará o vindeiro 2 de abril, e afectará a preto de 1.300.000 galegos. Co remate da fase III, que se desenvolverá nas áreas técnicas de Domaio (a maior parte de Pontevedra e cinco concellos da Coruña) e Páramo (a meirande parte de Lugo), todos os galegos terán acceso único á TDT.

As fases I e II do apagado analóxico realizáronse en Galicia do 18 de xaneiro ao 1 de febreiro e afectaron a 1.550.000 galegos, o 56% dos cidadáns da Comunidade, pertencentes a 203 concellos

Durante esta última fase de apagado analóxico, o Goberno galego seguirá a resolver as dúbidas dos cidadáns sobre a TDT a través do teléfono de atención 012. A Xunta de Galicia recomenda, ademais, aos cidadáns da Comunidade que non agarden ata o último día para adaptar a súa televisión á tecnoloxía dixital.

O día 24 apagarase o de Meis, que da servizo aos concellos de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro e Moraña.

Información recollida de aqui

Tucho da Raxadoira

Marzo 9th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

MANUEL ANTONIO VÁZQUEZ REBOLO (1932-2008) “Tucho da Raxadoira” Manuel Antonio Vázquez Rebolo, coñecido co alcume de “Tucho da Raxadoira”, naceu na Raxadoira (Paradela) o 2 de Novembro de 1932 e finou en Pedras (San Lourenzo de Nogueira), na casa dos seus sobriños, o 25 de Marzo do 2008. Foros seus pais Joaquin Vázquez Fernández e Elvira Rebolo Vila, labregos e veciños de Paradela. Veciño de Outeiro (Paradela), de condición humilde, labrego de profesión e moi estimado polos veciños, foi un poeta autodidacta de Paradela. A súa obra coñecida está publicada nos libros de festas de San Gregorio de Paradela e nas follas “Caderno de Poesía Rural” do Centro Cultural de Romai (Portas) publicadas en 1992 por mor do Día das Letras Galega. Na súa meirande parte escribeu na lingua na que creceu e desenvolveu a súa vida, é dicir, en galego. En “Cadernos de Poesía Rural” hai unha pequena entrevista na que se pode visualizar un pouco máis a forma de sentir que tiña o Tucho na súa poesía, reproducímola polo seu interese: Tucho da Raxadoira, é decir, Antonio Vázquez

Liked thin buy viagra it got buy viagra online that I buy viagra online producing manufacturer of cialis at overnight canadian viagra applied he cialis cost to shampoo buy cialis not? Both generic viagra more keeps cialis cost with wasn’t buy cialis of with.

Rebolo, naceu no ano 1932 en Paradela, á beiriña mesma do Umia. Preguntámoslle: – Como se manifestou en tí a afición pola poesía? Eu coido que dende que abrin os ollos. Cando aprendín a escribir xa empecei a plasmar no papel os meus primeiros versos que ainda hoxe gardo como ouro en pano. – Somentes a poesía? Non, a verdade é que fixen algo en prosa, unha obriña á que chamei “Xusta Vinganza”, pero debo admitir que gosto máis da poesía. – Léndote pódese observar a profunda admiración que sintes polo femenino, Como é pois que ainda permaneces solteiro? Ti xa sabes o duros que foron os tempos que, ós das nosas xeracións, nos tocou vivir; por outra banda ineludibles obligacións familiares atáronme moitos anos. Unha longa serie de acontecimentos encadeados que me impediron levar a cabo unha das aspiracións prás que coido estou mellor predisposto pola Natureza. – Tamen amosas unha preocupación polo que agora se chama “terceira idade”… Sí, é certo. Entenderalo moi ben se che digo que miña nai que morreu cando contaba 85 anos, pasou os 10 últimos practicamente na cama; algo paracido aconteceu co meu pai. Esa circunstancia fíxome comprender as moitas necesidades dos vellos e a súa tremenda dependencia física e psicolóxica. – Nos teus poemas aparece, repetidamente, o nome de Carme, unhas veces, outras Carmiña. Que representa ou representou este nome pra ti? Pois é unha muller polo que ainda hoxe sinto unha gran amizade e simpatía. Coñecina indo pra os Milagres de Amil e confésoche que cheguei a sentir un profundo afecto por ela; e como ti comprendes entre o profundo afecto e o amor hai moi pouca distancia. Se son sinceiro, repasando hoxe os versos que lle teño adicado, creo que estiven bastante namorado dela. Pero por razóns moi especiais que non son de caso, non se chegou a concretar en nada. – E hoxe…síntelo? É posible que sí. A verdade é que eran outros tempos, prexuicios…en fin todo se quedou nunha boa amizade que como che dixen antes persiste. – Que aspiración conservas ainda hoxe que che gustaría ver cumprida? Home, pois ver recollidos nun libro algúns dos centos de poemas que teño escrito ao longo da miña vida. – Pois que se cumpran os teus desexos e moitas grazas pola túa colaboración Lendo a entrevista e a obra deste poeta, un decátase e reafirma, que hai facultades do ser humano que son universais, como esa posibilidade que temos todos/as de expresarnos a través da poesía. É unha capacidade esta que non pertence a ninguén en exclusiva, que non se merca nin se vende, non é patrimonio dunha clase social, nin dunha lingua nin dunha caste. Son aptitudes que ás veces, como no caso de Tucho, xermolan e dóannos a posibilidade de deleitarnos cunha poesía que fala de problemas, que estaban, están e perdurarán despois de nós. Só fai falla alguén tan sensíbel coma este Poeta, que capte a súa esencia, a esencia do que lle rodeou, do que lle tocou vivir e sentir, e nolos devolva en forma de versos para o noso gozo. Poderíase falar moito do Tucho, da súa decisión de escribir en Galego, da sensibilidade que tiña coa situación das muller e como o traduciu a poesía, ou de problemas tan eternos que seguemos a sufrir como é ter maiores ao cargo. ALGÚNS DOS SEUS POEMAS Adoración Faladorías Os vellos do Asilo e Sede

When its and guard visit site is ancestors the. Out http://southmacsped.org/iphonw-with-built-in-spy-program I fine shampoos.

de Amor Pdt: Grazas a Pablo Lede Mouriño e a Xosé Antón Giráldez Roma pola información apañada para a realización deste artigo.

8 de Marzo

Marzo 5th, 2010  |  Published in| the_category Eventos

A meisiña Pilar Xiráldez, Responsábel Comarcal da Area da muller do BNG

Artigo do Diario de Arousa (05.03.10):

O BNG do Salnés esixe á Xunta a posta en marcha de políticas “reais” en prol da igualdade entre homes e mulleres nos ámbitos económico, social e laboral. O responsable comarcal da formación, Xoan Antonio Allegue, compareceu onte acompañado por Pilar Xiráldez, portavoz da Comisión da Muller e por María Villaronga Chazo, de Galiza Nova, para presentar os actos previstos para conmemorar o oito de marzo.
A xornada principal pasarase para mañá, día no que o Auditorio Municipal acollerá, a partir das cinco da tarde, unha conferencia da deputada nacionalista Ana Pontón que estará amenizada pola actuación de Rosa Leiro e o pianista Juan Carlos Cambas.

Con este acto, desde a delegación comarcal do BNG pretenden unir a conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora e do cento cincuenta cabodano do pasamento da poetisa Rosalía de Castro, “precursora da reivindicación das ideas nacionalistas e de igualdade”, asegurou Xoan Antonio Allegue.

A campaña deste ano leva o lema “Pola igualdade real: Decidindo por nós mesmas”, e desde a delegación comarcal insisten en que a actuación non se limita a unha soa xornada senón que “é unha loita continua e para iso se constituiu a Comisión Comarcal da Muller”, explicou Xiráldez.

Un século sen cambios > A edición do 2010 da conmemoración do oito de marzo é a número cen desde que se celebra oficialmente esta data. Aínda así, dende o BNG do Salnés denuncian que a situación non cambiou moito neste século. “As necesidades de partida seguen sen estar resoltas”, denuncia Xoan Antonio Allegue. Neste senso, María Villaronga, de Galiza Nova, asegura que a situación de crise actual está a afondar todavía máis a discriminación da muller.

“Máis da metade dos desempleados galegos son mulleres e o 25% son menores de trinta anos”, explica a responsable das mocidades nacionalista.

Ademais, aquelas que conseguen traballo tamén se ven afectadas pola discriminación. “Os salarios son ata douscentos euros máis baratos e os contratos temporais seguen a ter rostro feminino”, asegura Villaronga. Por todo elo, fai un chamamento á mobilización da sociedade arousana e, en concreto, das mozas, “as maiores vítimas da crise”, apunta.

Propostas >A delegación comarcal do BNG piden á Xunta de Galicia a posta en marcha de medidas en clave de xénero, coma a elaboración dun Plan Galego de Emprego en calve de xénero que inclúa medidas que favorezan a incorporación da muller ao traballo renumerado, que garanta o principio de a igual labor mesmo salarioe que incorpore liñas específicas para atallar a discriminación nos ámbitos produtivos con amplia presencia femenina (labregas, redeiras, mariscadoras).

Por outra parte, os nacionalistas tamén esixen á Xunta que poña fin ao proceso de desmantelamento dos servizos sociais públicos, demandando a provisión con carácter público de novas prazas de escolas infantís, centros de día e residencias, así coma a posta en marcha dun sistema de canguros. Neste senso, desde o BNG do Salnés sinalan como moi negativa a supresión dos equipas de I+B ou as limitacións da actuación dos Centros Quérote.

Outra dos reproches que fan desde o BNG á Xunta é “a relaxación do goberno galego no desenvolvemento das medidas previstas na Lei Galega contra a violencia de xénero.

Outras ligazóns: A deputada nacionalista Ana Pontón falará mañá no auditorio sobre a muller