Archive for| the_time Xaneiro, 2010

O BNG SACA Á LUZ NO PLENO AS MENTIRAS DO GOBERNO POPULAR

Xaneiro 28th, 2010  |  Published in| the_category Plenos

NOTA DE PRENSA DO BNG EN MEIS

O pasado martes , 26 de xaneiro, celebrouse un pleno ordinario no Concello de Meis. A portavoz municipal do BNG, M. Carme Martínez Rodiño manifestou que “o alcalde de Meis rexeita respostar a preguntas que formulou o BNG e que interesan aos veciños e veciñas do noso concello; ademais de convocar plenos con un so punto na Orde do día, habendo problemas importantes que atender e que debatir”

Engadiu a portavoz nacionalista que “o BNG plantexou nese pleno cuestións relativas a temas de gran calado para o futuro social e económico do Concello,proxectos que fomentarían a creación de emprego , axudarían a conciliación da vida familiar e laboral, e no seu conxunto axudarían a mellorar a calidade de vida dos veciños de Meis.

Plantexaronse nesta liña, cuestións como as seguintes, entre outras:

.O Centro de día.
Estando xa cedidos os terreos, en concreto a chamada casa de Escudeiro e parte do terreo que a circunda ao anterior goberno da Xunta para a construción dun Centro de día ,que xa estaba garantido , agora ven a decir o alcalde de Meis que ahí non vai ser, e que pode que sexa noutro emprazamento pero que non se sabe onde nen hai nada asegurado.

. O parque acuático
Desde o BNG interpelouse ao rexidor meisino en aras de saber se hai proxecto para o parque acuático e en que fase se atopa o tan “cacareado” parque. De novo o alcalde de Meis recoñece que non hai nada, solo hai “intencións” e por motivos “estratéxicos” non vai decir nada.

.Complexo de Tanatorio, Piscina e Pistas deportivas en San Martiño
Nen que decir ten que aquela promesa vendida por parte do concello e da Deputación, con carpa pincho e foguetes, autobuses de carretaxe incluidos, dun complexo en San Martiño de tanatorio, piscina e pistas deportivas foi unha gran mentira e a día de hoxe até o alcalde recoñeceu no pleno que de aquelo nada de nada.

Mª Carme Martínez Rodiño puxo tamén sobre a mesa , o tema duns terreos dos que presuntamente dispoñía o Concello de Meis na parroquia de Paradela para facer un obradoiro relacionado co traballo no campo e fomentar así a incorporación de xente nova ás labores agrícolas e amosarlle a xente desempregada que esta era unha posibilidade económica viable. As palabras de Pérez Estévez foron que non hai terreos alugados nen nunca o estiveron.Non houbo nada e segue sen haber nada ao respecto. Máis propaganda falsa do goberno do PP en Meis. Mentiras sobre mentiras.

Por parte do Bloque Nacionalista Galego recordouse a negativa do partido Popular a que se convocase, como propoñía o BNG, unha Comisión informativa para evaluar o estado do “futuro polígono” e que se reunise de forma periódica. Volveuse a solicitar de novo esa comisión e pedironse respostas ao respecto do polígono no que atinxe ao Concello de Meis.Jose Luis Pérez Estévez dixo non poder garantir que a parte meisina fose realizada por que non sabe cal é a idea da Deputación.O alcalde de Meis ou non sabe ou non contesta.

Do anunciado centro de recepción de turistas na Casa de Escudeiro, nada se sabe.

Mentres noutros Concello se están a levar a cabo cursos de formación para desempregados/as, propios ou froito de convenios, en Meis non hai.

A adaptación dos parques infantis á lexislación vixente non se fai, por mais que se aprobara unha moción do BNG nese sentido do ano 2008.

A voceira nacionalista manifestou que esta situación de abandono e paralización en Méis, a ausencia do dinamismo sócio-económico e cultural que debe promover un goberno municipal, é debido a inoperancia e falta de xestión do grupo de goberno popular., sumado a un rexidor que non exerce como tal e engana de forma sistemática aos veciños e veciñas do seu concello, como quedou patente no pleno celebrado este pasado martes donde se trataron todos estos temas mencionados entre outros moitos.

Mª Carmen Martinez Rodiño

Voceira do BNG en Meis

O futuro da empresa Granitos Triturados

Xaneiro 16th, 2010  |  Published in| the_category Economía

Faro de Vigo (16/05/2008)

Faro de Vigo (16/05/2008)


A construción do nó de Curro pon en perigo a continuidade da empresa Granitos Triturados
Os comuneiros deciden o 31 se ceden os terreos para o traslado
Operarios dunha canteira de Meis temen polo seu peche polo forzoso traslado da firma
Os comuneiros de San Lorenzo rexeitan ceder un terreo para Granitos Triturados, abocada ao peche
Os traballadores de Granitos Triturados estudan que facer tras a negativa dos comuneiros

O Concello ten que “aclarar” porque se quedou sen subvención para realizar cursos

Xaneiro 13th, 2010  |  Published in| the_category Concello


Parece canto menos estraño, que no Concello de Meis con tanto asalariado Municipal as cousas se xestionen así de mal.Inda que aos veciños e veciñas de Meis posiblemente non lles sorprenda, non porque non sexa sorprendente, senón por habitual.
O Concello de Meis organizará os cursos de formación para adultos sen axuda de Educación

Ana de Castro

Xaneiro 1st, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

Bruxa

Ana de Castro foi unha das meigas máis coñecidas de Galiza. Natural da Armenteira foi castigada pola Inquisición. Con ela engado a primeira biografía dunha muller neste blogue (xa era hora), pódese ollar premendo no menú correspondente á dereita da páxina ou aquí: Ana de Castro