Archive for| the_time Agosto, 2009

‘Love of Lesbian’ encabeza o cartel de Dolorock ’09

Agosto 22nd, 2009  |  Published in| the_category Eventos



O sábado 22 de agosto a música alternativa soará de novo no Campo da Feira de Mosteiro.

Love of Lesbian, Niños Mutantes, Nudozurdo, The Blows, Eme DJ e Chema Rey DJ. Este é o cartel co que se presenta Dolorock 2009. Despois de seis edicións, o festival mantén a súa esencia, impulsar ás novas agrupacións galegas de música alternativa.Pero a experiencia, e a boa sona acadada, fan que Dolorock figure xa como un dos festivais de referencia xunto ó Cultura Quente de Caldas ou o Festival do Norte de Vilagarcía. O reto para esta sétima edición, superar as catro mil persoas de público do ano pasado.

O sábado 22 de agosto, 30 mil watios de son e 50 mil de luz inundarán o Campo da Feira de Mosteiro, en Meis. Será a partir das nove da noite. A Asociación Cultural A Baralla está detrás da organización de Dolorock. No seu afán por impulsar o festival, o ano pasado realizaron unha serie de enquisas entre os asistentes para coñecer en que podían mellorar. Das respostas obtidas naceu, entre outras novidades, a contratación de Love of Lesbian como cabeza de cartel.

Todos aqueles que se acheguen o día 22 a Meis terán a súa disposición zona de acampada gratuíta a cen metros da zona dos concertos. Para máis información sobre aloxamento, o cartel ou como chegar ó recinto pódese atopar na web www.dolorock.es.

NOTA: Información tirada do Canal Rías Baixas

Casa de Cultura de Zacande (Nogueira)

Agosto 15th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía

Sen lugar a dúbidas os veciños de Zacande (Nogueira) poden estar ledos pola Casa de Cultura que construiron coas súas propias mans. Mais eu quero facer unha reflexión en xeral sobre esta cuestión:

1. Como é posíbel que as institucións públicas (Deputación de Pontevedra e Concello de Meis) dean cartos, e iso que temos poucos, para a construcción dunha Casa de Cultura que está situada a menos de 200 metros do Centro Multiusos do Mosteiro?

2. Será unha nova polìtica do PP para aforrar cartos?, Veremos agora aos veciños de Meis asfaltando camiños, colocando os sumidoiros, etc?

3. Por qué se fai isto neste lugar cando hai parroquias no concello que non dispoñen dun Centro Cultural?

4. De quen é a titularidade da Casa de Cultura? Construida coas mans dos veciños, cos cartos da Deputación e en terreos do Concello? Hai algún mecanismo que regule o uso deste Centro?

5. É de supor que os veciños de Penente, Veiga da Vila ou Caticovas (todos estes lugares sitos na mesma parroquia á que pertence Zacande) terán os mesmos dereitos para que esas institucións públicas lles subvencionen un Centro das mesmas características, non si?

6. Se cadra, para o Concello de Meis e a Deputación de Pontevedra o resto dos veciños somos cidadáns de 3ª categoría?

Este tipo de actuacións políticas encerran dentro de sí unha gran polémica que algún día estourará nas máns de alguén. Eis a política caciquil do Partido Popular.

casa-de-cultura-de-zacandecasa-de-cultura-de-zacande1

Fotos da Feira Labrega 2009

Agosto 15th, 2009  |  Published in| the_category Eventos

feira-labrega-2009-2

Felipe Caio, “Felipe do Bruxelas”, invítanos a ver as fotos da última Feira Labrega. Pódense ollar en: II Feira Labrega 2009

feira-labrega-2009

Fonte e Lavadoiro na Armenteira

Agosto 10th, 2009  |  Published in| the_category Fotos

fuente-y-lavadero-armenteira

Esta foto debeu facerse aproximadamente en 1950 e se non me trabuco debe ser a Fonte-Lavadoiro das Pereiras (A Armenteira), ou perto do lugar.
Recomendo premer a foto para visualizala mellor.

Web oficial do CRA de Meis

Agosto 10th, 2009  |  Published in| the_category Eventos

garderia3
O Colexio Rural Agrupado de Meis que abrangue as antigas escolar unitarias de San Martiño, Nogueira, San Lourenzo, O Marco, Paradela, San Tomé 1 e San Tomé 2 xa ten web oficial: CRA de Meis
A páxina ainda está moi verde, agardemos que no vindeiro curso escolar vaia engadindo información.