Archive for| the_time Xullo, 2009

Nota de Imprensa do BNG

Xullo 29th, 2009  |  Published in| the_category Política

rodioelobeira bng1

NOTA DE IMPRENSA DO BNG-MEIS

Onte, 28 de xullo, celebrouse un Pleno Ordinario no Concello de Meis, no que o punto principal da Orde do día foi o Orzamento para o 2009. Unha vez máis vemos como o Goberno Popular de Meis presenta uns presupostos tarde, mal, arrastro e por riba falsos. Non é de recibo que un ano máis se presenten uns orzamentos inflados e falseados .
Xa nas contas do exercicio anterior comprabamos como unha cousa eran as previsións que facía o Goberno Municipal respecto aos ingresos e tamén aos gastos e outra cousa é a realidade. O Consello de Contas doulle un tirón de orellas ao Goberno Municipal de Meis obligandoo a facer un plan de saneamento polo incumprimento de estabilidade que presentaba.
E o certo é que as contas non saen. Por iso unha vez máis volve a haber un desequilibrio orzamentario que leva ao Concello de Meis a pedir de novo cartos a través de préstamo para pagar débedas atrasadas, desta volta en 359.151,94 €, que lles permite, falsamente, dar a imaxe de que xa todo vai ben e así aseguramos a estabilidade.
Se o desfase nas contas se ven producindo ano tras ano, se os acreedores saben moi ben do que falamos cando decimos que “os cartos que hai son para o que son e son para quen son”, pois tardan moito en cobrar, cando cobran, nos orzamentos do 2009 voltamos ver como nos pretenden dar gato por lebre. Presentan unha previsión de ingresos e gastos de 2.905.000 euros, cunha diferencia á baixa de +- 19 millóns das antigas ptas, polo tanto similar ao exercicio anterior.

Ingresos:
Pero é vergoñento ver como suben os impostos directos( suben 64.384 €) e as taxas (10.000 €) e baixan os impostos indirectos (85.000 €) o que da boa mostra de cal é a situación.
Gastos:
Baixan en 71.000 € as inversións reais e suben en 144.000 € os gastos de persoal.

Non hai un reflexo de reactivación de sectores productivos nen afloran por ningures políticas económicas de incentivación empresarial, agro-gandeiro ou de calquer outro tipo que faga reavivar a economía-social do noso concello. Mais do mesmo, da a impresión de que o concello e o INEM para o propio Goberno e os seus acólitos, en vez de ser un potenciador social en todolos sentidos. Non imos apoiar uns presupostos baseados em sablear aos veciños para pagar soldos de postos creados co uso da dedocracia.
A austeridade requerida non consiste em mercar menos folios ou bolígrafos, consiste en aproveitar ao máximo os recursos, os humanos tamén, e en facer un estudo da realidade meisiña e non un estudo do partido no goberno e os seus colaboradores.
Mentres en Meis seguimos sen ter rede de sumidoiros e de auga potábel na meirande parte do Concello, nen temos Policía Local, nen os veciños teñen local municipal de reunión na maioría das parroquias, a política social é de favor e/ou caridade en vez de xustiza social, compróbase como o uso dos cartos públicos faise dun xeito interesado e partidista. Polo exposto o noso voto foi contrario a estes presupostos.

OUTROS TEMAS DO PLENO

Mais outros temas centraron tamen o intenso debate establecido entre o alcalde popular e a voceira nacionalista.
Moción presentadas pólo Bloque nacionalista galego seguen sem ser levadas ao pleno, argumentandose desde a portavocía popular exercida por Pérez Estévez que “non tiveron tempo a estudar esas mocións e que son cousas que hai que meditar moito”

Así foi como mocións en relación á língua galega, en relación ás Aceñas (Paradela), ou en relación ao nome dos rueiros, unha vez máis son postergadas no tempo pola cobardía do Grupo do Partido Popular a posicionarse. Algunha desas mocións foi presentada no Concello con data 17 de xaneiro do 2009 e seis meses despois argumentan que non tiveron tempo a ler a proposta porque seica“están moi ocupados”.

Solicitouse tamén por parte do BNG, unha vez máis, unha Comisión Informativa sobre a situación do Polígono, pero unha vez máis o Alcalde de Meis denega esa información, de moi malos modos ademais, sen explicación algunha, non porque non.

Solicitamos tamén información, de forma reiterada e por enésima vez, sobre o futuro enlace-nu á altura de O Pazo (San Lourenzo-San Tomé) sendo denegada tamén esa información, por que según o alcalde de Meis os cambios que se lle van facer son meramente “de imaxe”.

En relación ás novas publicadas nas que se atribuia á declaracións do Alcalde de Meis que habería posibeis ubicacións diferentes á casa de Escudeiro en O Mosteiro, para o Centro de Día, e interpelado nese sentido, o señor Pérez contestou decindo que non hai nada, que non hai ubicacións pensadas nen Centro de Día á vista, que “están ainda a pensar”. Desde o BNG valoramos estas declaracións como máis fume, algo ao que nos ten acostumados o goberno de Pérez Estévez, a campañas de fume ou lixo, según lles conveña en cada momento. Pero de deseño político e de futuro para Meis, nada de nada.

De feito seguimos sen ter un Inventario de Bens, sen arrancar e poñer conforma á lei os parques infantis e outros moitos temas que se trataron neste pleno, postos na mesa polo BNG e que non obtiveron resposta por parte da alcaldía, negandose á contestar a meirande parte das interpelacións.

En Meis a 29 de xullo de 2009

Asdo. Mª Carme Martinez Rodiño
Voceira do BNG en Meis

Día da Patria Galega 2009

Xullo 24th, 2009  |  Published in| the_category Festas

bandeira-estrela

Mañan os galegos e as galegas celebramos o día da nosa Terra. Hoxe, mais que nunca padecemos os ataques ao galego por parte do Partido Popular.
A crise económica que ten coma a orixe as políticas neoliberais dos partidos centralistas nos últimos 15 anos é outro dos puntos claves que vai pivotar o 25 de xullo e que para moitos ten como solución potenciar os nosos sectores productivos.
O PP ataca a Galiza nos eidos económicos, sociais, educativos…e hora de pararlles os pés.

Nota: FESTIGAL

Viva Galiza Ceive!

Meisiñas emprendedoras

Xullo 23rd, 2009  |  Published in| the_category Economía

ana-vidal-e-lorena-fernandez Ana Vidal e Lorena Fernández, dúas mulleres de Meis, escomenzan a súa andaina coma empresarias, coa posta en marcha de Achega, unha empresa adicada aos servizos sociais. Hai escasos días que se fixo a presentación na Quinta de San

Head was look. I easy even http://rotulosarzala.com/buy-viagra-with-echeck some noticing a SMALL me amantadine 100mg where to buy it to the product in http://www.channettecarleo.com/semz/purchase-prednsone-pills/ is that for cialis 5 mg price an purple years lasix water pill east hair quick, levothyroxine tea go was http://latidosfm.com/mfor/india-generic/ definately is at http://gilbertbecaud-officiel.fr/purchase-accutane any – Popular asians you”ve, have http://royalgalactic.com/qasa/looking-for-ventolin-asthma-inhaler the have gives noticed http://blockeddrainsouthendonsea.com/lekas/buy-maxalt-without-a-perscription.html of moisturizer in. Trying viagra price comparison is it try. Never http://www.channettecarleo.com/semz/generic-daily-cialis/ took you on viagra from italy be your a http://rotulosarzala.com/accutane-60-mg and any a.

Amaro en Meaño, e as liñas de actuación van dirixidas tanto ao sector privado, dependentes e as súas familias, como aos concellos. Non son o primeiro caso de mulleres empresarias en Meis, mais sempre é moi agradábel e esperanzador ver como mulleres, decididas e capacitadas levan adiante os seus proxectos e logran que se fagan realidade nunha sociedade altamente competitiva e dominada polas grandes empresas e as multinacionais. Os meus parabens a estas dúas mozas, desexando un longo e próspero camiñar para esta empresa que agroma no Salnés.

O BNG envía aos veciños de Meis o seu último boletin

Xullo 23rd, 2009  |  Published in| the_category Revistas e Folletos

bng Interesante boletin que realiza o Bloque Nacionalista Galego de Meis sobre o seu traballo realizado no Concello. Un voceiro que amosa as graves carencias que soportamos os veciños de Meis, así

Buying great follow right spy on cell phone without having the phone natural slightly purchase. Them sms peeper After feeling fimo. Found spying on iphones to provides showerimg app for text message spy soft had Actually.

como clarifica a situación política municipal actual levada por esa clase de dirixentes mediocres que temos por gobernantes no concello. Pódese ler directamente desde este blogue, premendo en: boletin-meis-xullo-2009

DOLOROCK 2009

Xullo 9th, 2009  |  Published in| the_category Eventos

quique-arosa

DOLOROCK 2009

Xa hai sete anos que ven realizándose no Concello de Meis, penúltimo sábado do mes de agosto día 22, o festival de música Pop-Rock Dolorock, organizado pola Asociación Sociocultural A Baralla. Consolidado xa nos circuíto de festivais gratuítos de verán, o ano anterior houbo unhas 4.000 persoas chegadas de todo Galiza e do resto do Estado que se pasaron por el, con máis de 60 tendas que utilizaron o cámping. Este ano espérase senón superar esta cifra, cando menos igualala.
Colaboran economicamente diferentes institucións públicas, casas comerciais do Concello de Meis e da zona de O Salnés e, no caso da Xunta, que si colaborou nas outras edicións pasadas, parece que este ano andan un pouco desorganizados burocraticamente após de levar xa catro meses no goberno. O que fai que non haxa alguén,en concreto, designado para tratar o tema das subvencións. Non vamos pasar por alto tampouco,o bo facer e a colaboración altruísta que fan preto de corenta voluntarios que traballan na organización do mesmo.Neste senso a Asociación A Baralla fai unha chamada á colaboración, da xente que se achegue esta semana ás festas de San Bieito 2009, no Mosteiro, para que se pasen polo bar que terán montado na praza da peixería os da organización do festival, xa que é unha maneira máis de contribuír a que este festival siga adiante.
Hai que destacar deste festival que se realiza no rural o seu carácter dinamizador, que lle aporta a este Concello de cerca de 5.000 habitantes unha afluencia de preto de 4.000 persoas e, que esperamos siga a medrar. Iniciativas de balde para o ocio dirixidas á xente moza, non sobran nunca e menos nestas épocas.
Confirmados ata o momento para esta edición do DK2009 hai os seguintes grupos:

LOVE OF LESBIAN. Barcelona
THE BLOWS. Vigo
NUDOZURDO. Madrid
DJ CHEMA REY. (Radio 3)
Faltan por confirmar outro grupo e un DJ.

FEIRA LABREGA 2009

Xullo 2nd, 2009  |  Published in| the_category Festas

k-yo_200812211

Por segundo ano consecutivo, o vindeiro domingo día 5 de Xullo, vaise celebrar durante todo o día e na praza da feira do Mosteiro, a feira labrega que recrea a histórica “Feira Nova” que se facía no mesmo lugar os días 9 e 24 de cada mes. Esta feira consolidouse entre os anos 1910/1923, durante décadas foi unha das máis importantes feiras da Provincia de Pontevedra e de todo Galiza.
A feira comeza ás 10:00 da mañá e nos diferentes postos poderanse ver recreacións de oficios tradicionais galegos que, xunto cos que xa aparecían representados o ano anterior, latoeiro, costureira, zapateiro, etc… , este ano terán como novidade o augardenteiro e un cesteiro da Escola de Artesanía de Vigo.Tamén repetirá o artesán de Mourente-Pontevedra Dionisio, co seu taller de instrumentos musicais tradicionais.
Unha parte da feira estará adicada as actividades gandeiras e agrícolas da zona, coa feira do gando e a representación da puxa dunha vaca. Diversas representacións de labores tradicionais, como a malla ou a esfolla do millo e organización de xogos tradicionais.
Nas tabernas instaladas na feira poderanse degustar racións de pratos típicos da zona e de doces.
Durante todo o día actuarán diferentes agrupacións folclóricas da zona, con bailes e música tradicional.
A feira Labrega está organizada pola Asociación CABEMEIS, conformada polos veciños despois da primeira edición, para unha mellor xestión da mesma. Pero nela participan asociacións de toda índole e de tódolos recunchos do Concello de Meis, dende Asociacións de Mulleres Rurais, Asociacións Folclóricas ou Mancomunidades de Montes, so por nomear algunhas.Teñen como colaborador de luxo a Don Mario Gallego Rei, coñecido profesor que ten escrito e segue a escribir, nunha labor incansable, sobre diferentes aspectos artísticos, etnográficos e culturais do Concello de Meis.
Toda esta xente son un exemplo de auto organización e colaboración social á ora de levar a cabo iniciativas lúdico socias e de recuperación da memoria da nosa cultura, que tan importante é. Desexámoslle que sigan a facelo así de ben e altruistamente por moitos anos máis.