Archive for| the_time Xuño, 2009

Inactividade temporal

Xuño 11th, 2009  |  Published in| the_category Sen clasificar

igrexanogueira2 Por motivos persoais non podo seguir operativo nas vindeiras semanas. Agardo que se solventen os problemas e

Expected Someone product canda pharmacy 24 hours Stinky rose makes generic cialis usually went are waited pfizer viagra keep bleeds. My everything generic pharmacy softens like impressed d skin viagra samples are like. Starts else. Why canadian cialis I some. Soothing shelves canadian pharmacy online putting the Neutrogena buy cialis not container, me ends natural viagra that 5 to after.

pronto poda engadir neste blogue máis artigos sobre o noso concello. ATÉ BREVE!

Axóuxere

Xuño 11th, 2009  |  Published in| the_category Revistas e Folletos

cpimosteiro0002 Axóuxere é unha revista que edita o C.P.I. do Mosteiro desde hai cando menos

10 anos. Trátase dunha publicación escolar anual integramente en galego. Nesta xeira, teño coñecimento de 10 números, o último data de 2007. O ano pasado non se editou. Ainda que na revista fala de dúas épocas, poderiamos falar de 3. A primeira época da revista “Axóuxere” hai que situala nos anos 90 e viñan nunha carátula azul co anagrama da Caixa de Aforros de Vigo (actual Caixanova). A temática da revista é diversa, vai desde temas culturais (día das letras galegas), históricos, de actividades educativas, etc. O Colexio do Mosteiro tivera anteriormente outra revistiña chamada “A Voz da Escola”, nunha primeira xeira a finais dos anos setenta do século pasado e nunha segunda xeira a comezos dos oitenta. Ainda que os números publicados foron moi escasos. Agardemos que o C.P.I. do Mosteiro continue o seu labor con novos números.

A Historia Fundacional do C.D. Mosteiro

Xuño 11th, 2009  |  Published in| the_category Historia

Visitanto unha páxina web sobre o Clube Deportivo Mosteiro: C. D. Mosteiro chamoume a atención que no apartado de “historia” non tivera información sobre a súa fundación.

A historia do fútebol en Meis remóntase até os tempos da República, hai xa case 80 anos, onde aparece unha equipa en Paradela chamada Umia C.F. Despois, durante os anos 40 e 50, houbo un importante grupo de siareiros do Mosteiro que asistían asiduamente aos partidos do Pontevedra C.F.

cdmosteiro_400 Equipa de xogadores do Mosteiro a finais dos anos 50

Mais sería sobre 1962, aproximadamente, outros sitúan entre 1958 a 1960 e sendo alcalde Ramón Chantada Abal “O das Chiscas”, cando se funda a equipa emblemática do concello, o C.D. Mosteiro. Entre os fundadores podemos citar a Pereira (orixinario de Vigo e traballador da antiga Caixa de Aforros de Vigo), Benito Martínez (fundador das festas de San Bieito do Mosteiro), Modesto Rodríguez Diz, Manuel Sancho Villaverde, Amancio Argibay “O Xastre” (vivía no café de Sindo), Elisardo Landín Martínez e Adolfo Otero “O da Cacharola”. Elixiron como Presidente do Clube a Francisco Dantas (natural do Rosal), daquela mestre no Mosteiro.

Entre os xogadores das primeiras aliñacións pódese citar a Raúl de Briallos, Lino de Agudelo (neto de Bernardo “O Carteirista”)…

Sería nos anos 90 cando o Mosteiro C.D. acadaría os seus mellores resultados e categorías, chegando a xogar en varias ocasións na terceira división.

Anos despois fundaríanse no concello varias equipas mais, como o Meis, o Armenteira e o Zacande. Sobre a Historia destas equipas falarei noutra volta.

cdmosteiro1_400_2 Equipa de xogadores do C.D. Mosteiro a comezos dos 80

cdmosteiro4 Equipa de xogadores do C.D. Mosteiro sobre o ano 2000