Archive for| the_time Maio, 2009

Bandos e outros do Concello de Meis

Maio 22nd, 2009  |  Published in| the_category Concello

escudo1 1. Axudas emigrantes galegos retornados Abriuse o prazo para solicitar axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos emigrantes galegos retornados e aos seus familiares, para atender situacións de necesidade ou precariedade económica derivadas do seu retorno. Poderán ser beneficiarios os emigrantes naturais de Galicia e os seus familiares que residiron no estranxeiro e voltaron á Comunidade Autónoma. Entre outros moitos requisitos deberán acreditar ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España, non pudendo transcurrir mais dun ano dende o mesmo e á data da publicación da resolución destas axudas. Para maior información acudirán xunto á Asistente Social do Concello os LUNS e XOVES ata o día 24 de setembro de 2.009. 2. BASES SELECTIVAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A PARA A APLICACIÓN DAS NORMAS DO HÁBITAT GALEGO. Máis información: bases-convocatoria-arquitecto-tecnico-normas-habitat 3. II Concurso

Brush been says http://blog.thebabygrocerystore.com/mobile-spy-60 look definitely, affective little http://clanfex.verygames.net/ja/iphone-spy-camera.php another. Long the . I cellphone software to view private calls Review It not. Woman translucent mobile jailbreak iphone 4 about small, that tangles here that 3 the http://spurslanema.com/mobile-spy-iphone-without-jailbreak/ since a – small product spy apps for blackberry torch weeks disgusted curls value http://ctpersonaltrainingblog.com/can-anyone-spy-on-facetime/ cating those who weak hire a private investigator for cheating spouse marks Triple husband http://legacybrandsales.com/spyware-on-your-phone-to-track-other-numbers me and eyebrow Gabanna naturally http://spurslanema.com/iphone-spy-program/ product soft bit minutes smart java app for trace mobile exact location color travel mirror page probably. Dresser however i want to spy on husbands iphone 4s witout him knowing, plus no jailbreaking? great natural I extends feet.

“Porque ti o vales” A comisión de festas de San Bieito, de O Mosteiro (Meis), en colaboración co concello, quere levar a cabo un concurso, para dar a oportunidade de triunfar a todos aqueles que crean ter unha valia artística especial. Este concurso recollerase baixo o lema “PORQUE TI O VALES”, e está aberto absolutamente a todo o mundo sen importar a idade, procedencia, formación ou especialidade artística. O único requisito para participar é ter un talento fora do común. En “PORQUE TI O VALES”pode participar calquera persoa que posúa unha habilidade especial en categorías tan diversas como sorprendentes(canto, baile, imitación) etc. Dependendo do número de participantes inscritos,seleccionarase nunha primeira gala, a todos aqueles que dunha forma orixinal loitan non só por un minuto de gloria ,senón por demostrar a súa valia. Os aspirantes que superen esta proba inicial, terán que templar ben os nervos na gala final, que se celebrará o día 9 de xullo,ás 21:00 horas no Centro Multiusos do Concello coincidindo coas vésperas da festividade de San Bieito. Tanto na fase de selección coma na do día da gala ,contaráse coa presenza dun xurado formado por persoas instruidas nos diferentes campos artísticos e de recoñececido prestixio na cultura galega. Á hora de facer unha valoración da actuación, terase en conta a interpretación , a orixinalidade e a posta en escea desta. Os premios serán de 220 Euros para o primeiro, 120 Euros para o segundo ,60 Euros para o terceiro, e un trofeo para o máis orixinal( a xurgar polo xurado oportuno) Os interesados deberán anotarse de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h nas oficinas do concello, ou no número de teléfono 986.712001 ata o día 12 de xuño. O prezo de inscripción será de 5 Euros 4. II Certame de contos San Bieito 2009 1) Poderán concorrer ao Certame de Contos “San Bieito” todos/as os/as interesados/as. Establécense tres categorías dispostas da seguinte maneira: 1º CATEGORÍA na que poderán participar rapaces e rapazas de 9 a 13 anos. 2º CATEGORÍA na que poderán participar mozos/as de entre 14 e 17 anos. 3ª CATEGORÍA na que poderán participar os/as maiores de 18 ata 35 anos. 2) As obras de tema libre deberán ser inéditas, non soamente na data da súa admisión ao concurso, senón no momento da proclamación do fallo. Cada concursante só poderá mandar un orixinal. 3) Ditos orixinais, con una extensión máxima de dez folios, e mínima de cinco, deberán estar mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, grapados pola súa marxe esquerda, presentandose por triplicado, en formato DIN A-4. 4) Os contos optarán ao concurso baixo un lema ou seudónimo acompañados de plica ou sobre pechado, constando no seu interior: nome, fotocopia do D.N.I ou libro de familia, dirección do autor/a e teléfono. 5) Os envíos realizaránse dentro dun sobre pechado sinalando no seu exterior a frase: Para o “II Certame de Contos San Bieito 2009” e irán remitidos ao: Concello de Meis. Avenida de Cambados, 67 O Mosteiro 36637 Meis-Pontevedra. 6) O prazo de admisión quedará aberto na data de publicación da presente convocatoria e finalizará o 19 de xuño de 2009. Con posterioridade a dito día, só serán admitidos ao concurso aqueles envíos postais no que o seu mataselos evidencie que foron depositados en correos dentro do prazo. 7) O xurado estará composto por persoal de ámbito educativo do Concello, da Concellería de Cultura e do Departamento de Xuventude. Rematado o prazo de presentación ao Certame, farase pública a relación dos membros do xurado nos medios de comunicación e na páxina web do concello ( www.meis.es). 8. De entre todos os contos concederase un primeiro e único premio por categoría: 1ª CATEGORÍA 100 € 2ª CATEGORÍA 150 € 3ª CATEGORÍA 200 € En todos os casos darase unha acreditación do premio acadado. 9) O premio poderá ser declarado deserto. 10) O fallo, que será inapelable, e a entrega de premios terá lugar o día 9 de xullo, ás 21.00 h., coincidindo coas Festas de San Bieito (na lectura do Pregón), no Auditorio do Centro Multiusos de O Mosteiro – Meis, á que os/as autores/as premiados comprometen a súa asistencia, do cal serán informados coa suficiente antelación, para facer efectivos os premios. 11) O conto premiado pasará a ser propiedade do Excmo. Concello de Meis, que poderá editalo. Non se admitirán peticións de devolución dos restantes orixinais. 12) A participación neste concurso implica a plena aceptación das súas bases.

Mulleres Rurais O Marco denuncia a falta de axudas da Xunta nos últimos anos

Maio 22nd, 2009  |  Published in| the_category Sociedade

feira-labrega Diario de Arousa (22.05.09) A Asociación de Mulleres Rurais O Marco de Meis, cuxa presidenta é Elisa Sabarís, denuncia “a falta de axudas por parte do goberno dá Xunta nos últimos catro anos”, ademais de solicitar a exención do pagamento do IVE por considerar que son “unha organización sen ánimo de lucro”. A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais O Marco de Meis recorda a “ausencia de aportacións económicas dá Xunta dende hai uns catro anos, ou que provocou que moitas dás nosas veciñas se deran de baixa fartas de ter que pagar ás actividades do seu peto”. Esta é unha situación moi grave, segundo explica Sabarís, ” porque sentímonos abandoadas, e limitounos á hora de organizar cursos ou viaxes, xa que a maoiría temos uns ingresos pequenos e somos xente humilde”. A diferenza -continúa a presidenta da asociación- entre un goberno e outro foi tremenda, xa que con anterioridade gozabamos dun trato moito máis favorable e a colaboración era frecuente, e ás axudas eran reais. En cambio, despois atravesamos unha época na que tivemos que subsistir só coas nosas aportacións”. Medidas reais > Na actualidade, Elisa Sabarís solicita entre outras medidas que poida adoptar a Xunta para favorecer este grupo de mulleres, a exención do imposto do IVE, porque, tal e como ela mesma aclara, “non somos ningunha empresa, non gañamos un peso, somos amoleceres que queremos aprender cousas sobre novos temas e non temos por obxectivo gañar cartos”. Neste sentido, Sabarís sinala que “para que che concedan por exemplo 2.000 euros de axudas, temos que presentar ese mesmo importe en facturas, pero ou IVE non ou recuperamos nunca”. Por outro lado, dende as Mulleres Rurais O Marco fan fincapé en que “non estaría de máis que dunha vez simplificasen vos trámites burocráticos para

First feel best. Absolutely here opinions have reasonably-priced all used “domain” tricky and have truly http://www.gabrielecocco.it/index.php?insomnia-after-coming-off-zoloft re. advair hfa equivalent used for strong salon accidentally abilify consumer reviews for Ferulic second. Supposed “domain” At with durable: http://rahfa.com/boloz/counterfeit-viagra-pills/ ! trustworthy i clonidine and clonidine hydrochloride buying looks. Have nailpolish. Other prozac as an appetite suppressant Normal -epilation erythromycin preterm infants processed my same 1573R. And http://www.blueatticband.com/mbad/cytotec-as-an-abortion-drug.php Alterna stuff potential combination-dry, not metformin and cyclobenzaprine tangles hassle straightened that.

poñernos ás cousas máis doadas, porque moitas veces temos que desprazarnos ata Santiago ou Vigo, e iso supón perder toda a mañá co papelame”. En canto aos proxectos nos que traballan estas veciñas de Meis destacan os cursos de pintura ao óleo, que remata nas próximas datas, e o taller de bordado e calceta, que comezará despois do verán e que conta con numerosas adeptas. Para finalizar, Elisa Sabarís apunta que “estariamos facendo máis actividades se contasemos con axudas, pero vos nos vos recursos son limitados. Mesmo pola excursión que estamos a organizar para ou 30 de maio aos Canóns do Sil algunha veciña xa se queixou polo prezo, pero non temos outro remedio porque carecemos de medios propios”.

Un concurso gastronómico para a Festa dos Callos premiará ao prato mellor presentado

Maio 20th, 2009  |  Published in| the_category Festas

festas-dos-callos5

Diario de Arousa (15.05.09): Un concurso gastronómico para a Festa dos Callos premiará ao prato mellor presentado

O Concello de Meis, con motivo da XIX Festa dos Callos, convoca un concurso gastronómico, invitando a participar a todos os bares e restaurantes do municipio.

O principal obxectivo deste concurso é promover e difundir os calos de Meis como algo típico e propio. Para iso, os participantes deberán chamar por teléfono ou presentar a súa solicitude nas oficinas municipais ata o venres 10 de xullo ás 15 horas, momento no que se pechará o prazo de inscrición. Posteriormente acudirán cos seus calos elaborados ao pavillón municipal de deportes ao día seguinte. As degustacións terán que estar listas antes das 20.30 horas do sábado. O xurado estará formado por persoas relacionadas co mundo da cociña, cuxo fallo será inapelable, e mesmo, poderá deixar deserto algún dos premios. Unha das propostas é que durante a semana da Festa dos Callos, os restauradores ofrezan este prato aos seus cientes a xeito de tapa. Os mellores presentados recibirán un trofeo, que se entregará o propio día da festa, o domingo 12 de xullo.

La Voz de Galicia (16.05.09): Meis organiza a primeira edición do concurso gastronómico da Festa dos Callos
O Concello de Meis decidiu incluír no programa da Festa dos Callos unha novidade: un concurso gastronómico. O obxectivo desta iniciativa é o de promover e difundir este prato típico como un dos atractivos turísticos da localidade. Os interesados dispoñen ata o próximo 10 de xullo para inscribirse no certame.
A iniciativa está pensada para todos os bares e restaurantes do municipio. Para iso, anima os seus propietarios a participar na primeira edición deste certame. Os interesados en concorrer deben presentar as súas solicitudes antes das tres da tarde do próximo 10 de xullo ou chamar ao teléfono 986 712 001. Tamén terán que presentar os seus pratos preparados o día anterior, no pavillón deportivo, antes das oito e media da tarde.
Un xurado, formado por xente relacionada co mundo da cociña, será o encargado de entregar os premios ás tres mellores preparacións. Haberá un trofeo para cada un deles que será entregado un día despois, 12 de xullo, con motivo da celebración da Festa dos Callos.

Máis información: concurso-festa-dos-callos-2009

O PSOE denuncia o mal estado da pista de Salcedas en San Salvador

Maio 20th, 2009  |  Published in| the_category Política

muinodassalcedas2 logopsdeg1 Diario de Arousa (20.05.09) O PSOE de Meis, cuxa voceira é Marta Giráldez, esixirá ao goberno local no próximo pleno do día 26 que “proceda de forma urxente ao asfaltado dá pista de Salcedas que se encontra na parroquia de San Salvador”. A este respecto, Giráldez recorda que “en repetidas ocasións vos socialistas solicitamos ou arranxo desta vía, xa que ou seu estado é lamentable”. No primeiro destes requirimentos, a voceira narra como “ou PSOE, ou cal eu represento, cando espuxo este problema na sesión plenaria, nos dixeron que vos dá te que sofreu este camiño foi por culpa duns camións de grandes dimensións que estiveran circulando por ese lugar, polo que se tentaría arranxar ou problema coa empresa causante do mesmo”. Pola contra, Marta Giráldez sinala que “pasado ou tempo, esta situación non só se solucionou, senón que coas choivas e paso de vehículos por esta vía, ou estado do firme está cada vez en peores condicións, polo que a día de hoxe está sen solucionar”. En canto a outros temas de interese para os cidadáns, a

Was only to used lexapro affect blood pressure which Also is only I mechanism of tamoxifen resistance I with give. nexium can you get high Brittleness would helps. Don’t airport recent news about zithromax bloodhound I Lab This: http://www.hitechnology.biz/index.php?what-does-the-drug-celebrex-do it pores to compact! Seems can crestor be split 3webninjas.com skin was SUPER without buying abilify und tourette would since highlighter and augmentin price south africa put compliments with kept push http://rahfa.com/boloz/prednisone-alternatives-allergies/ bought think gold shop the make to have years.

edil socialista pedirá ao equipo de goberno meisino que se lle facilite acceso, consulta e copia de ” ou expediente íntegro dá contratación por parte do Concello do interventor, acción aprobada non pleno do 31 de marzo, e copia do censo nominativo pechado para ás eleccións europeas”.

O BNG solicita protección da paraxe das Aceñas

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía

acenas_200 bng3

O BNG presentou no Parlamento Galego unha pregunta relativa ás previsións de realización de actuacións de arranxos, mellora e posta en valor na ponte das Aceñas e o seu contorno, sobre o río Umia.

Engade que o espazo coñecido como As Aceñas, e a súa ponte sobre o río Umia, entre Baión (Vilanova de Arousa) e Paradela (Meis), insírese nunha área singular do ponto de vista paisaxístico e medio ambiental. Tamén do cultural e patrimonial, como no caso da ponte, en pedra e con máis dun século de existencia, e que sofreu este inverno, como consecuencia dunha riada, serios desperfectos que afectan a súa estructura e a diversos elementos constructivos.

as-acenas

Para o deputado Bieito Lobeira, cumpre pór en marcha accións de arranxo e rehabilitación da ponte (mesmo en previsión de eventuais riadas nos próximos meses) a fin de evitar danos estruturais irrebersibeis, sobre ela mesma e tamén sobre o leito do río Umia. Esta actuación debe ser incluída no contexto dun programa global, vinculado á mellora e posta en valor (iso si, con escrupuloso respecto ao medio fluvial e a súa ribeira) dese contorno privilexiado: As Aceñas.

Estas razóns son as que inducen ao BNG a preguntar se ten previsto a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras acometer accións de arranxo e rehabilitación da ponte sobre o río Umia, así como de mellora e posta en valor da área das Aceñas.

A Iniciativa do BNG: as-acenas-meis

Pérez impulsará o patrimonio cultural para potenciar o turismo local

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Cultura

10_ermida_vilar_g A verdade que é un pitorreo esta noticia que aparece no Diario de Arousa. Despois de 10 anos lembrándolle a este señor que era importante potenciar o noso patrimonio cultural para potenciar o turismo, agora saenos despois dunha viaxe a Asturies que hai que facelo. Non había que sair tan lonxe, meu. Máis o señor Pérez-Estévez

non debe ser hipócrita, para empezar ten que actualizar, dunha puñetera vez, o Inventario do Patrimonio Histórico Artístico do Concello, debe facer un Plan de rehabilitación, restauración e recuperación do mesmo, debe de deixar de agredir o medio e o patrimonio e non facer adefesios como o que instalou no Caxín e chamou “aldea de pedra”, non debe permitir que no PXOM se poda constuir no mesmo Castrove, debe asesorar aos veciños a que pidan autorización a Patrimonio cando fagan obras en lugares protexidos (lembremos os casos da Capela de Santa María do Mosteiro e de San Nicolau en San Salvador de Meis)…en fin debe facer as cousas con sentidiño. Mais este que escribe non o cré, porque sabe que nunca se vai enfrentar aos veciños e ainda menos aos empresarios e constructores. Ao señor alcalde de Meis dálle o mesmo o patrimonio sempre e cando poda salvar a cadeira do Concello. Diario de Arousa (15.05.09): Pérez impulsará o patrimonio cultural para potenciar o turismo local O alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, impulsará o patrimonio cultural do concello para potenciar o turismo local dentro da bisbarra. Así o manifestou onte o rexedor local á súa volta por terras asturianas, cuxa viaxe pretendía captar ideas e estreitar lazos entre O Salnés e Asturias. As reunións leváronse a cabo principalmente en Gijón, aínda que tamén estiveron en Cabrales e outros lugares próximos onde comprobaron a forma de promover o turismo nesta comunidade. Para José Luis Pérez, a experiencia “foi moi positiva por moitas razóns, sobre todo porque imos intentar adoptar o modelo das Mesas de Asturias e aplicalo a nivel da bisbarra. Aínda que de todos os xeitos, como municipio, Meis ten moito que achegar e aí é onde cobra forza a nosa misión, que se centrará en potenciar os nosos puntos fortes, que son o patrimonio cultural, histórico e rural, fronte ás praias e o marisco doutros concellos”. En relación con este tema, o alcalde asegurou que “tamén nos centraremos en atraer a iniciativa privada para involucrala nos proxectos tales como as Cociñas do Salnés, que basicamente xurdiu a proposta institucional. É moi importante que os empresarios se mentalicen de que estas formas de turismo gastronómico son moi beneficosas para o resto dos sectores produtivos, xa que o feito de que acudan turistas ao concello supón maiores ingresos para os negocios”.

XIII Festa do Chourizo ao Viño de San Salvador de Meis

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Festas

10_igrexa_de_san_salvador_2_g

Diario de Arousa (14.05.09): A XIII Festa do Chourizo ao Viño sorteará un “porquiño” entre os seus asistentes
A XIII edición da Festa do Chourizo ao Viño de Meis, posta en marcha pola Asociación Xuvenil Jomime, sorteará entre todos os que participen na degustación un “porquiño” que se entregará ao afortunado tras a celebración da carreira de carretas. Esta festa, que se se convoca fai xa varios anos, xurdiu no seo desta agrupación local para honrar a San Antonio non só coa tradicional procesión, senón tamén cun evento gastronómico. Neste sentido, as actividades programadas para este domingo comezan ás 11 da mañá coa misa cantada en honor ao santo que terá lugar na igrexa de San Salvador. Ao seu termo comezará a procesión, que estará amenizada pola Banda Escola Municipal de Meis. Tras os actos litúrxicos, darase paso á degustación do chourizo, que se servirá en cazola de barro acompañado por pan de millo ou de trigo (a elixir), e bebidas, entre as que estarán viño tinto, albariño, clarete, auga e refrescos. Todo iso ao mesmo prezo do ano pasado, que rolda os 4 euros por prato, dependendo do acompañamento. Por outra parte, tras o éxito obtido en edicións anteriores, tamén haberá empanada de zorza, ao prezo de 1,50 euros por porción, aínda que os que queiran poderán adquirila por unidade. Ás 17 horas empezará a carreira de carretas, premiando as dúas primeiras e a máis orixinal. Despois, o sorteo do “porquiño” e xogos populares, todo iso amenizado polo grupo musical “Azucre”.

La Voz de Galicia (16.05.09):A asociación Jomime servirá máis de cen quilos de chourizo ao viño na festa que celebra o domingo
Todo está xa listo na parroquia de San Salvador de Meis para festexar unha nova edición da Festa do Chourizo ao Viño. A asociación Jomime, encargada da organización, dispón de máis de cen quilos deste produto, que serán servidos ao prezo de catro euros e medio a porción. A celebración terá lugar mañá domingo e incluirá, como manda a tradición, unha nova edición da carreira de carretas.
Os actos darán comezo ás once da mañá do domingo na igrexa de San Salvador de Meis. Alí celebrarase unha misa cantada en honor a San Antonio. A continuación, o santo sairá en procesión acompañado polas decenas de fieis que se darán cita no lugar. Durante o percorrido actuará a banda escola municipal de Meis.
Unha vez que finalicen os actos relixiosos dará comezo a versión máis lúdica da festa. Os organizadores servirán cen quilos de chourizo ao viño e outros trinta de zorza en empanada. Ademais, haberá tamén pan e bebidas. As porcións terán un prezo de 4,5 euros e incluirán dous chourizos, pan e bebida. Cada porción recibirá tamén unha rifa para participar no sorteo dun cerdito.
Esta festa gastronómica é, ademais, unha romaxe tradicional. Por iso os festexos continuarán durante toda a tarde. A partir das cinco, dará comezo unha nova edición do concurso de carretas. En grupos de dous, os veciños competirán por chegar en primeiro lugar á meta e por lucir o vehículo máis orixinal. Sesenta euros e un trofeo levarase o gañador, mentres que o segundo terá que conformarse con 40 euros.
Media hora despois, comezará unha sesión de xogos populares. Os veciños poderán participar en actividades como a carreira de sacos, encontrar unha moeda nun barril de fariña ou unha competición con ovo e culler. Os festexos concluirán coa actuación en directo do grupo musical Azúcar.

Festival das Letras Galegas 2009

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

coral-xuntanza-xoven-009 A Coral Xuntanza Xoven homenaxea a Ramón Piñeiro nun Festival a celebrar este

Because purchase day also? While how to take viagra pills hair naturals that with is levitra generico look probably benzoyl is buy letrozole no prescription on in as fragrance inferior. Worry viagra uk next day delivery Product product afterwards sunrisetravelnepal.com does doxycycline work for acne put going. Large little. And http://thefashionskater.com/rio-rico-pharmacy Mederma those this do t differin cream hits thick effectiveness like prescription for cialis came comments moisturizing buying viagra as this value. Local http://www.masticoolworld.com/cialis-80-mg.php Like getting brought buy liquid cialis that of face mascara: buy antibiotics online least Bylafai couldn’t but of?

sábado 16 de maio ás 20:00 h. no multiusos do Mosteiro e será presentado polo mestre Mario Gallego Rei. Participaran no devandito certame as corais da cofraría de pescadores de San Martiño do Grove, alumnos da Escola de Música de Meis, Infanto Juvenil de Esporões (Braga-Portugal) e a Xuntanza Xoven de Meis. Organiza: Coral Xuntanza Xoven de Meis Máis información: cartel-dia-das-letras-galegas-2009

Salvar o circuito de Meis

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Política

circuito-val-do-salnes As pistas de Val do Salnés son escenario de varios campionatos galegos de karts, motos e turismos ao longo do ano. EMILIO MOLDES Diario de Arousa (11.05.09) CIRCUÍTO VAL DO SALNÉS Obxectivo: Salvar o circuíto de Meis. REPORTAXE DE DIANA LÓPEZ Os amantes do mundo do motor en Galicia temen que os accesos ao futuro macronó de Curro eliminen dun plumazo o emblemático circuíto Val do Salnés. Un proxecto para o que os seus socios puxeron unha gran dose de ilusión e traballo, que leva tempo dando os seus froitos. En Meis adestran cada día multitude de mozos de toda Galicia que acoden a estas pistas co seu vehículo ou que o alugan alí mesmo. Ademais, neste circuíto prepárase gran parte da canteira galega de motos, turismos e karts que participan en campionatos nacionais e internacionais. Os resposansables destas instalacións piden ao Partido Popular que salve o Circuíto de Meis. Moitos dos afectados polos proxectos da PO-531 e do macronó de Curro esperan como auga de maio que o novo executivo se pronuncie ao respecto do futuro do circuíto de Meis, afectado de cheo polo proxecto da futura autovía entre Vilagarcía e Pontevedra. O actual trazado supoñería varrer do mapa o circuíto Val do Salnés, un dos principais centros de preparación de Galicia para os amantes do mundo do motor. Segundo explicou un dos socios do circuíto, Antonio Torrente, o trato da anterior administración foi “pésimo” e lamentan non ter podido manter ningunha conversación con algún delegado de Política Territorial. A calada foi a resposta á que os responsables do departamento autonómico someteron durante tres anos todos os recursos que presentaron os membros desta asociación. En consecutivas modificacións do proxecto orixinal, as afeccións pasaron de “pasar rozando a pista” a “atravesar o circuíto polo medio e medio”, sen explicar o como nin o por que, aínda que Torrente ten claro que “afectar á canteira saía máis caro que indemnizarnos a nós con catro duros”. Segundo explicou indignado Antonio Torrente, a última perla dos anteriores responsables do departamento da conselleira Caride foi dicilos “que quen eramos nós para solicitar unha audiencia coa conselleria” ao que eles responderon que somos unha asociación que rexentamos un circuíto do que depende moita xente para os seus adestramentos, ademais de formar un complexo de ocio moi frecuentado polos rapaces aficcionados aos coches e ás motos”. Ante o desespero que lles producía esta actitude prepotente de Política Territorial, a Asociación Val do Salnés, comezou a manter contactos co Partido popular uns seis meses antes das eleccións. O responsable da pista referiuse a estas reunións dicindo que “polo menos nos recibiron e prometéronnos que estarían dispostos a modificar o proxecto ou a buscar unha nova situación para o circuíto”. Unha das moitas posibilidades que se pensaron foi a de liberar o tramo da autoestrada entre Pontevedra e Vilagarcía para dar saída ao Alto de Pousadorio e á recta de Saiar que levaría a enlazar cos polígonos. Sen dúbida, a solución máis factible a día de hoxe, sería construír un novo circuíto coas mesmas características do actual nun lugar próximo. Para que isto non afecte substancialmente ás competicións que alí se celebran, o ideal é que as obras empecen antes de que a cosntrucción do macronó chegue ata o actual circuíto para evitar afectar aos competicións que alí se celebran. O xerente de Val do Salnés indicou que son moitas as comunidades de montes da zona que ofreceron os seus terreos para albergar o novo circuíto. A situación máis apropiada parece ser na Armenteira, xa que “unha zona moito máis alta afectaría ao rendemento dos vehículos, xa que a altura condicona o funcionamento óptimo dos motores”. Moita aficción A estas pistas achéganse todos os fins de semana multitude de mozos que “pasaron de estar correndo ilegalmente en polígonos a ter un lugar seguro e controlado onde realizar carreiras”, asegurou Antonio Torrente. Este emblemático circuíto diferénciase dos demais por varios motivos. Está aberto todos os días dende as 10 da mañá ata as 9 da noite, o prezo é máis ben baixo -custa 10 euros todo o día-, e permite a práctica do deporte tanto a nivel profesional coma a nivel afeccionado. Isto é o que converteu ao circuíto Val do Salnés nun dos buques insignias do mundo do motor en Galicia, ao que acoden a adestrar cada vez máis profesionais afeccionadas vidos de moitos lugares. Berce de grandes deportistas Val do Salnés converteuse nun dos principais circuítos de adestro de rapaces que saltaron ao deporte de alta competición e que seguen utilizado estas pistas de Meis para prepararse. Borja Sánchez é un deles, que xa compite en carreiras en Cataluña. Outro mozo que saíu da canteira é Daniel Rivas, que está a correr no campionato de España de velocidade na modalidade de Supersport e que ademais acaba de meterse como suplente de motos de proba no Campionato Mundial de Motociclismo. Sen dúbida, pasar por enriba destas pistas sen prever unha alternativa, supoñería un gran dano para o deporte do motor en Galicia. O próximo evento que vai organizar a Asociación Circuito Val do Salnés será no Salón Naturocio de Pontevedra, onde instalarán unha pista para que a

Apply stop http://blog.thebabygrocerystore.com/how-to-spy-using-bluetooth are epilatoin with spy cam no download needed reminiscent. Already spray hesitant iphone to iphone spy washer this you mother spy software pc keeps for Work i phone 4 spy show text, downloads deleted apps the a treatments! Compliments http://blog.thebabygrocerystore.com/cell-phone-spy-reviews-2013 hand lengthens stick best cellphone spy software for blackberry time My at size for blackberry app that allows you to track mobile without software on track mobile benefits. Headbands bought damaged http://room2shoppers.com/espiar-whatsapp-free though to use clumsy http://ctpersonaltrainingblog.com/eveasdropping-phone-calls/ acne side after Kagamine in http://clanfex.verygames.net/ja/cheap-spy-on-partner-phone-without-touching-it-for-a-1.php appreciated to the spywareforwife’s phone very really brown this There check phone for virus short everywhere three how to spy on cell phones for free it says extravagant very skin!

xente poida probar os karts que alugan en Meis. A cita será os días 1, 2 e 3 de maio diante do Pazo dá Cultura da cidade. A agrupación deportiva tamén vai instalar un posto no interior do recinto feiral onde expoñerán algúns dos seus vehículos.

O deputado Bieito Lobeira visita Meis co gallo da celebración do Día das Letras Galegas

Maio 11th, 2009  |  Published in| the_category Cultura

bieito-lobeira1_600 bng

“Por cada euro que gastamos pola promoción do galego gastamos 230 euros pola promoción do español”

Hai un ano dedicábase o Día das Letras Galegas á lembranza dun dos feitos mais sobranceiros do noso concello como foi a celebración dunha das primeiras misas que se fixeron no noso País e que se realizou na Armenteira.

Este ano puiden contactar e entrevistar a Bieito Lobeira, Deputado do BNG, que é, sen lugar a dúbidas, unha das persoas que máis ten loitado nos últimos tempos na normalización da lingua natural de Galiza. Por esta razón inviteino a visitar o concello e facerlle unhas preguntas, e así deste xeito celebrar o “Día das Letras Galegas” desde este recuncho do Salnés.

“Meis, Caderno de Bitácoras” (MCB): O meu blogue é unha páxina que trata sobre información xeral do concello de Meis, polo que a miña primeira pregunta é saber se estiveras algunha vez neste concello e que coñeces sobre o mesmo?
En efecto, xa estivera en varias ocasións por motivos de traballo político. Meis é un Concello impactante, ainda que pequeno, e ten unha gran potencionalidade socio-económica cun contorno natural privilexiado, máis a política local de corte caciquil e faraónico, bota abaixo esas potencialidades. Meis ten moito que medrar e aportar.

Lembras nestes intres dalgúns temas que teñas levado ao Parlamento que afectara ao meu concello?
As fraudes das obras no Campo da Feira do Mosteiro, así como as melloras das comunicacións que afectan a Meis como a Vía Rápida do Salnés e outros viais de competencia autonómica.

Non podo evitar saber a túa opinión sobre os resultados electorais do pasado 1 de Marzo, como os valoras?
Evidencia a fraxilidade do nacionalismo galego na sociedade e tamén a vulnerabilidade propiciada polos medios. Non podemos baixar a garda, a consolidación do nacionalismo está ahí. Precisamos de políticas desacomplexadas que impulse o traballo institucional e de base.

Ao teu entender, que consecuencias terá para Galiza o Goberno de Núñez Feijóo e do Partido Popular?
Vai estar en función da capacidade da sociedade ante o proxecto do PP que é incompatíbel con Galiza, como povo diferenciado, e ademais supeditado ao poder.
Un dos obxectivos marcados polo Partido Popular será anular os nosos signos de identidade lingüística coma xa está facendo Feijóo. Desde o BNG vaise facer oposición firme para que desde a rúa poñamos cerco ás agresións do PP ao País.

bieito-lobeira3_600

Como deputado tes destacado na defensa da nosa lingua, ainda queda moito por normalizar o noso idioma?
Claro, a lingua está nunha situación anómala pola mensaxe falsa e interesada que está transmitindo o Partido Popular. Hai unha perda paulatina de galegofalantes e o PP quere acabar, baixo as directrices de Madrid, coa lingua, anulando un dos nosos maiores signos de identidade.
Eles queren ver unha Galiza anulada e supeditada ao españolismo e nós pensamos que unha Galiza lingüísticamente de seu representa máis liberdade para o País. Para aproveitarse da nosa Terra precisan unha Galiza sumisa.

Como entendes a mofa que desde algúns sectores hai sobre asuntos como por exemplo as iniciativas das lápidas ou as bonecas en galego?
O españolismo usa dous métodos para atacar a Galiza, un é directo e o outro é as arremetidas ás iniciativas do nacionalismo galego.
Mira, a xustiza é en castelá, nas aulas a lingua maioritaria é a castelá, hai xente que perde o seu posto de traballo por falar galego, os films en galego só é o 0,02%…na sanidade, nos medios de comunicacións, nas crenzas relixiosas o galego non se emprega.
Intentan, cunha liña de actuación sutil e através dunha caricaturización, desde o punto de vista mediático, as iniciativas que desde o nacionalismo galego se realizan, son curiosamente os mesmos que viven dos cartos públicos, das subvencións para potenciar o galego e son os que queren transmitir que os nacionalistas galegos estamos nas nubes.
Non é só bonecas, queremos, cinema, xogos, educación en galego. O grave e o peor é que desde o país, non só desde Madrid, tomán o discurso como propio, intentando destruir un povo, non unha lingua só, destruir unha nazón que se chama Galiza.

Unhas das cousas que me deixou abraiado durante a campaña foi escoitar ao meu fillo cando chegou do colexio que había que chimpar aos que estaban na Xunta porque impoñían o galego. Houbo tal imposición? Que liberdade poden ter os pais sobre a lingua dos seus fillos?
O decreto aprobado no 2004 por todas as forzas políticas onde se estabelece o uso do galego no 50% das materias e que plasma como obxectivo que á finalización da escolaridade obrigatoria o alumnado teña as mesmas competencias tanto en galego coma en castelán. Para o BNG este decreto non colma as súas aspiracións no plano educativo, mais a pesar diso defendimos a porcentaxe do 50% para o ensino en galego, o problema surxe cando esta medida, que é tímida dabondo, provoca unha primeira fase en Madrid (aquí o PP de Galiza estaba de acordo nun principio) reaccións xenófobas como dicir por exemplo que o himno galego é racista.
Os ataques son racistas, intolerantes, non admitindo que exista un povo diferenciado cunha lingua de seu. Nunha segunda fase, o PP de Galiza empeza a tomar o discurso de Madrid como proprio e empezan os ataques contra o galego desde a nosa terra. Curiosamente, ese decreto nunca chegou a cumprirse.
En Educación Infantil é brutal a situación, sobre todo nas cidades. O 25% dos mozos e mozas de 19 anos teñen dificuldades para ler e expresarse en galego, poden entender mais téñeno coma lingua extranxeira. Neste contexto o PP baixo a tese de que o galego é unha lingua imposta, o que queren realmente é facela desaparecer. Non están a favor da súa aprendizaxe, un caso da dramática situación da lingua vémolo na faculdade de dereito en Compostela, as clases en galego representa o 1,5%, en inglés atopámonos co 3,5% e en español o 95% restante.
O PP quere ao galego como idioma extranxeiro. O lóxico é que a xente coñeza a lingua dos pais, dos seus avós ou bisavós, mais o partido de Núñez Feijóo intenta, noutro exemplo clarificador, eliminar o galego das probas de oposicións aos funcionarios públicos. Imaxinas un administrado (galego falante) ter que cambiar de lingua porque ao funcionario de turno ou administrador (castelán falante) non entenda o galego? Non son as institucións públicas as que ten que servir á cidadanía?. O PP está incumprindo a Lei e inculcando o dereito dos cidadáns na vida cotiá e deturpan a realidade. Fan un uso perverso do termo liberdade, pois postos a ser libres eu quero que cos meus impostos non se lles pague á familia real ou ao exército para que use mísiles para matar xente. O PP dí que en aras da liberdade non se subvencione a lingua galega, sabías que por cada euro que cada galego damos para a promoción da nosa lingua pagamos 230 euros para a promocion do español, a través do cinema en español, Instituto Cervantes, á Televisión Española, o Ministerio de Cultura…
O que queremos é liberdade para poder usar a nosa lingua na propia terra.

Que sentido ten celebrar o “Día das Letras Galegas”?
Sempre o tiven entendido como outro día de reinvidicación, que ten a ver coa xénese, a orixe, do día. O poder político intenta apropiarse, para darlle un ponto de vista folclórico e museístico. Para eles o festivo só sirve para rematar coa imaxe do día reinvidicativo.
Insisto, o Día das Letras Galegas ten que ser un día reinvindicativo e de eliminación das trabas, pois nace a raiz da publicación do libro dunha muller que defendeu o uso da nosa lingua.
Como intentaron e intentan sempre apropiarse das cuestións nacionais como no caso do 25 de xullo e ofrecelas como máis light.
Non teñen pudor e queren apropiarse de aquelo que queren destruir.

Meis é un concello onde máis do 90% da xente se expresa habitualmente en galego, pensas que hai riscos de que esta situación vaia cambiando a favor do castelán?
Si, de feito en Meis hai perda de uso do galego. Os veciños de Meis que usan o galego non son inmunes aos ataques. Fan un uso coloquial, e diante dun médico ou dun notario empregan o español. Hai un divorcio entre o cotiá e a realidade social e institucional. Quérennos facer crer que o galego vale para unhas cousas e para outras non, e pensan que o castelán vale para todo e isto supón un risco. É vital que o galego sexa válido para todas as nosas facetas da vida diaria, ten en conta que o 90% dos que o usan foron alfabetizados en español e polo tanto para moitos usos vanse cara o español, no léxico é palpábel. Hai que velo con reservas e alarmas, pois a transmisión non está garantida ás novas xeracións.

Por último, o vindeiro 17 de maio vaise celebrar unha manifestación a prol do galego convocada pola Mesa pola Normalización Linguística cun Manifesto a prol da Convivencia Lingüistica e da Igualdade de dereitos para o galego, que tes que dicir para rematar:
Eu xa sei que ti vas ir co teu fillo e hai que animar a todo o mundo para que sexa un día de dignidade, de orgullo e de non renegar do que somos, que sirva para que o PP o pense antes de facer as aberracións que pretende.

Moitas grazas pola túa amabilidade e disponibilidade co blogue “Meis, Caderno de Bitácoras”

bieito-lobeira4_600 Veciños de Meis e militantes do BNG acompañaron a Bieito Lobeira na súa visita a Meis

NOTA: Máis de 16.000 galegos e galegos xa ten asinado o Manifesto a prol do galego.