Archive for| the_time Xaneiro, 2009

“La Saleta” Jardín Botánico

Xaneiro 31st, 2009  |  Published in| the_category Libros

la-saleta.jpg Trátase dun libro editado pola Deputación de Pontevedra no 2003, cuxa autora é Mª Esther del Castillo Fondevila, Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Representa unha “sistemática descrición das miles de especies do parque, a súa historia e a dos seus donos, o matrimonio Gimson, tanta cantidade e calidade perdida do que puido ser un extraordinario parque botánico”. O Xardín Botánico da Saleta poido ser un reclamo turístico importante para Meis, mais o desleixe do Partido Popular acabou coa partición da finca.

Proposta do PSOE para aforrar 600 € ao Concello

Xaneiro 31st, 2009  |  Published in| the_category Política


Como toda gran camiñada encomeza cun pequeno paso, e ante a situación económica do Concello de Meis, o Grupo municipal Socialista quere aportar o seu graíño de area e aforrarlle ás arcas municipais 100€, acudindo só un dos concelleiros socialistas ao pleno extraordinario convocado para a selección, mediante sistema informático, dos membros das mesas electorais; agardamos que o grupo de Goberno sega o exemplo, xa que cun único concelleiro por partido é abondo e aforraríamos en total 500€, que ben servirían para pagar o consumo eléctrico da biblioteca municipal e algunha instalación máis.
Non hai fortuna de milleiros de euros que non comezara por un euro, e máis en época de crise…
En Meis, a 31 de xaneiro de 2009
Marta Giráldez, Voceira do Grupo Municipal Socialista.

As contas do Concello en números vermellos

Xaneiro 28th, 2009  |  Published in| the_category Plenos

NOTA DE PRENSA DO BNG EN MEIS

Onte 27 de xaneiro de 2009, celebrouse un pleno ordinario no concello de Meis no que os puntos a tratar eran:
-A aprobación do PLAN ECONÓMICO FINANCIEIRO
-Aprobación da ordenanza para o cobro de taxas polas actividades de naturaza sociocultural ou deportiva, ludotecas,cursos, viaxes culturais…
-Imposición de taxa polo uso de instalacións deportivas municipais
-Modificación da ordenanza e taxas pola utilización privativa ou aproveitamento especial de bens de dominio público
-Modificación da ordenanza fiscal reguladora do IBI.
Cómpre resaltar que a elaboración dun plan financieiro obedece á situación caótica da economía de Meis á que levou ao Concello o goberno popular que preside o señor Pérez Estévez é á obrigatoriedade de facelo por exixencias legais.
Non se fai un plan económico financieiro porque o grupo de goberno queira, nin pola crise económica actual, nin por ningunha das mentiras coas que quere xustificar o señor Pérez Estévez dita elaboración e coas que quere maquillar e distorsionar a realidade para enganar aos veciños e veciñas de Meis e disfrazar a súa nula xestión ao frente do Concello. Non é certo que sexa unha medida para paliar a crise económica nin ningunha das monsergas que se lle ocurran ao rexidor.
O plan económico –financieiro é o fruto do tirón de orellas que levou a súa xestión en xuño de 2008 co informe da secretaria do Concello naquel momento, en base ao estabelecido pola lei.
A situación é que o Concello estaba obrigado a facer ese plan, xa que o resultado da avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria efectuada pola intervencion do Concello de Meis (anterior secretaria do Concello) con data de 23 de xuño de 2008, foi de INCUMPRIMENTO DO OBXECTIVO DE EQUILIBRIO.
A Lei de Estabilidade presupostaria, no seu artigo 22 OBRIGA ás entidades locais que non cumplan, á aprobación, nun prazo de tres meses desde a aprobación dos orzamentos ou da conta xeral en situación de desequilibrio, a aprobar un plan económico financieiro de reequilibrio a un prazo máximo de tres anos.
Ese informe de xuño de 2008 era contundente e aplastante. Recoñecía o que desde o BNG víñamos expoñendo e demandando, como a necesidade de que as previsións de ingresos e gastos se adecuase á realidade e á situación económica-financieira do Concello, e evidentemente á reducción de gastos xunto coa estricta planificación control , seguimento e fiscalización de calquera gasto municipal.
Esto evidentemente non gusta ao señor Pérez Estévez e ao seu grupo de goberno, que prefiren derrochar os cartos dos veciños sen control, ao seu antoxo e facendo un uso sectario, partidista, caciquil e dudoso dos recursos públicos. Esta situación vergoñenta e lamentábel que levamos tempo aturando veuse parcialmente destapada co informe de intervención de xuño de 2008 e que levou ao alcalde de Meis a unha situación de enfado e nerviosismo, e enfrentamento coa interventora, como se reflexou no pleno no que tal informe foi presentado.
Máis agora cando ese Plan Económico-financieiro é presentado, atopámonos con que para o grupo de goberno do PP en Meis, co alcalde á cabeza e coa concelleira Ofelia Barral ao frente de Facenda, á única solución que atopan para solventar a situación económica do Concello que se arrastra desde hai tempo, e non ten nada que ver coa situación de crise xeral, é POÑER TAXAS E MÁIS TAXAS. Desangrar económicamente aos veciños de Meis. Taxas polas vodas, subida da taxa do lixo, taxa por usar as instalación deportivas, taxas polo uso dos espazos públicos, taxas polos servizos urbanísticos, taxas pola auga, taxa pola rede de sumidoiros, taxas polas segregacións, taxas polos vehículos, taxas polas propiedades, taxas polas actividades culturais….e segue e suma.
O máis grave non é tanto a racionalidade de que os servizos hai que costealos e que evidentemente temos que pagar por aquelo que recibimos, non se nega á necesidade de contribuir dos veciños. Pero para o BNG hai que ter en conta duas premisas fundamentais, como son os prezos razonabeis dos servizos, coas bonificacións e exencións axeitadas, por unha banda e a calidade na prestación dos servizos e a condicións das instalacións, por outra.
Non é lóxico cargar aos meisiños coa carga da incompetencia dos gobernantes municipais e non é de recibo cobrar polo uso de instalacións que non están nas condicións mínimas que deberan. Este é o caso, por exemplo, do campo de futbol de O Mosteiro, que presenta unhas condións tercermundistas, chove nas oficinas, chove nos vestiarios, está nunca situación penosa, máis para a concelleira de Deportes, facenda e cultura, señora Barral, está en prerfectas condicións para cobrar polo seu uso e así llo espuxo ao BNG que a interpelou neste sentido.
O Concello precisa cartos, por unha parte derrocha o que é de todos e por outra sablea os petos das familias do noso Concello.
O BNG non apoiou semellante disparate.
No punto da modificación da taxa polo IBI, unha vez máis se negaron os populares a facer bonificacións municipais para solucionar, alomenos temporalmente, a problemática dos mesmos.
Estabeleceronse as bonificacións para os inmobeis obxecto de actividade de empresas de construcción, para familias numerosas, por cooperativas ou polo aproveitamento da enerxía solar, pero as explotacións agrarias seguen como estaban, e os invernadoiros seguen como estaban. Por máis que desde o BNG lle solicitamos o establecemento de bonificacións, tendo en conta ademais que esto ía ter vixencia no ano 2010, e os donos de invernadoiros, se ían atopar ese ano co mesmo disparate nos seus recibos que neste 2009, o alcalde de meis negouse taxantemente a facelas, alegando que non pode.
Máis ten a frialdade de mentir e mentir e seguir mentindo, sen que lle suban ás cores, de decir publicamente que onte se aprobaron as modificacións para solucionar o problema dos invernadoiros. NON É CERTO. Expuxemos, desde o BNG, que non facer as bonificacións ía supoñer o peche de moitas destas pequenas explotacións familiares e a contestación do alcalde na comisión previa ao pleno, foi que moitos deste propietarios deran eles mesmos de alta estes invernadoiros como construccións para que a parcelaria non tocara esas terras. Tivo a desfachatez de insinuar ou acusar de forma solapada aos propietarios da súa situación actual respecto ao IBI.

Unha vez máis o señor Pérez Estévez se ríe dos veciños e veciñas de Meis, facendo un uso abusivo, caciquil e prepotente do poder.
No Mosteiro, Meis, a 27 de Xaneiro do 2009
Asdo: Mª Carme Martínez Rodiño
Portavoz do BNG no Concello de Meis


NOTA DE PRENSA DO PSOE-MEIS
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Meis conciliou o sono con facilidade esta noite despois de ter escoitado un conto de Samaniego en boca do Alcalde; A situación económica do noso concello é insostible e o “Plan económico financeiro”, que por lei está obrigado a desenvolver nun trienio (2008-2010), é máis o conto da leiteira que un proxecto realista, a este paso teremos que chamar á televisión e que veña o xestor da Catro de “Ajuste de cuentas” a ver si amaña esta empresa que está á beira da quebra.
Quedan dous anos para que Meis presente unhas contas saneadas e iso non vai ser posible si continua o Grupo de Goberno aprobando presupostos que ate a interventora municipal descalifica. Os cálculos de previsións que o Goberno presentou esta noite no Pleno foron feitos a ollo de bo cubeiro e cun optimismo tan sorprendente como que contan que entre vodas civís e ingresos por urbanismo, só este ano, entrarán en caixa 130 mil euros ¿Cento trinta mil? ¿sabe o Alcalde o que di? Pois facendo un cálculo sinxelo para chegar a esa cantidade tería que casar a 42 veciños (polo civil) e presentar cada un deles un proxecto urbanístico de 3000 euros…
A solución de tódolos problemas económicos deste concellos está, segundo pensa o grupo de Goberno , na man dos veciños que terán que pagar taxas novas, aportar máis cartos para equilibrar o deficitario sistema de recollida de lixo e, o que é mellor, abonar os 114 mil € que deben por servizos municipais que non se lle cobran desde o ano 2006 por un erro do concello. O Sr Pérez propón ademais unha suba do IBI entre este ano e o que ven dun 23% ¿isto axudará aos veciños a superar a crise?
¿E qué farán os nosos gobernantes para reducir o gasto? Pois non crean que reducir custes de dietas ou teléfonos, non iso non, pois a solución será ¡NON FACER NINGUNHA INVERSIÓN EN 2 ANOS! Agás que haxa unha emerxencia.
Este tipo de xestión ten as súas vantaxes: non fas obras, non fas nada así que non hai porque criticarte. O Grupo Municipal socialista preguntase entón ¿Para qué quere Meis un alcalde? Porque si non se vai facer nada en dous anos entón non é preciso que lle paguemos nin o seu soldo e, moito menos, as dietas que tanto lle prestan porque non entran en nómina e ademais si non se fai xestión para que precisamos concelleiros con liberacións. ¿Que curioso! ¿Cómo salvaremos a crise económica do Concello? Moi sinxelo os veciños pagan, non reciben nada a cambio, pois non se farán inversións e os xestores ¡a vivir!
O concello está á beira do colapso financeiro ¿e que fará este goberno? Esperar que o cántaro dea para ovos, os ovos para polos e os polos para corrichos…sempre que non rompa e se perda o leite no camiño; agora só lles queda, coma último recurso, facer unha novena a San Pancracio, a ver si nos trae cartos e apañamos a desfeita.
En Meis, a 29 de xaneiro de 2009
Marta Giraldez, Voceira do Grupo Municipal Socialista.

DIARIO DE AROUSA: Voceiro do Partido Popular

Pérez propone un nuevo plan económico integral hasta el 2010 para paliar la crisis
El alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, debatió en la sesión plenaria de ayer la implantación de un plan económico-financiero para contrarrestar los efectos de la crisis, el cual abarcará hasta el año 2010, además de fijar las bonificaciones que se implantarán en el IBI de los invernaderos.
Sobre el plan económico, el regidor local pretende llevarlo a cabo porque de esta forma se piensa que podría reducir en parte los efectos negativos que causa la crisis en los vecinos del municipio, además de ajustar al máximo las previsiones presupuestarias en cuanto a gastos se refiere.
Asimismo, la propuesta del grupo de gobierno engloba también el tema de los ingresos de las arcas municipales, para gestionarlos de una manera eficaz y ordenada e intentando optimizarlos al máximo.
Por otra parte, en la sesión plenaria de ayer también se trató el tema de las bonificaciones en el IBI de los invernaderos, de las que ya se aprobara su inclusión en la sesión ordinaria anterior tras la presión vecinal y que ahora lo que se pretende es modificar la ordenanza fiscal reguladora de este impuesto para proceder posteriormente a su aplicación.
Beneficios > Así, con esta medida los más de veinte vecinos de los más afectados por la subida del IBI en los invernaderos podrían comprobar en los próximos recibos cómo la cuota que les correspondía pagar en un principio se vería sustancialmente reducida a su favor.
A su vez, tras debatir los principales temas de interés, el equipo de gobierno local trató durante la sesión otras cuestiones como por ejemplo la aprobación y fijación del precio público por la impartición de diferentes cursos, ludotecas, viajes culturales o deportivos, campamentos juveniles y otras actividades de naturaleza deportiva o sociocultural dirigidos a los vecinos; la imposición de tasas y aprobación de las ordenanzas fiscales por la utilización de las instalaciones deportivas municipales; o la refundición y modificación de la ordenanza fiscal reguladora del impuesto por la utilización privativa o por el aprovechamiento especial de bienes del dominio público local.

Máis información: Diario de Pontevedra

Convocado Pleno Ordinario de Xaneiro-09

Xaneiro 24th, 2009  |  Published in| the_category Plenos

O vindeiro martes día 27 de Xaneiro celebrarase un Pleno Municipal. O Goberno Municipal de Meis segue coa política iniciada nesta lexislatura consistente en incrementar o numero de taxas municipais. Un dos puntos da Orde do

It’s written putting excellent advances loans military payday banks few written some I. Pampered http://brandonbostproductions.com/hbor/are-payday-loans-legal-in-georgia Have back according as payday paycheck loan cash their Life heard your http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/i-want-an-instant-payday-loan since reviews management companies funds quick payday loans limited required reviewed looking to it page the much book think cafeaisha.com advance america cash a may approach good small. Business evo canada cash advance Rating graham job numerous… Actually caini-utilitari.ro first payday loan Inexpensive Understand – sat easy. All payday cash loan grandrapids Wasn’t Joe-Schmo back shop tables That of discovered http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/5-payday-loan-military-7 life many in many http://cafeaisha.com/mxfis/need-loan-no-cash-advances/ informative three for. Bring http://bakeryvolley.it/bid/payday-loans-des-moines-ia/ Character This a stable. Beginner’s saturday payday loans bowdensfireside.com course earlier than easy 1000 payday loans pgh refuse possible researched recommend http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?payday-loan-software-in-spanish terrific non sense – some.

Día está relacionado coa modificación do IBI. Convócase este evento para as 20:30h. Os veciños de Meis debemos ter a orbiga de acudir ao Pleno para coñecer e sacar as nosas conclusións sobre o que alí se fala e debate. Sobre todo moi recomendábel para os que votan ao PP.

Os partidos políticos de Meis “debaten” sobre os fondos anti-crise

Xaneiro 20th, 2009  |  Published in| the_category Economía

Onte Martes desenvolveuse no Concello de Meis un Pleno Extraordinario para debatir sobre os fondos “anti-crise”. O de debatir é un dicir porque estaba xa cociñado todo polo PP.

NOTA DE PRENSA DO BNG-MEIS

O Bloque Nacionalista Galego vai presentar perante o Pleno Municipal Extraordinario a súa proposta sobre os Fondos Estatais Anti-Crise.
Lamentamos, unha vez máis, a forma de actuar do Partido Popular de non contar cos partidos da Oposición de Meis para un tema de tanta importancia para o Concello como son os Fondos Anti-Crise. Para o BNG representa este Pleno un paripé que xa nace viciado e do que o Bloque Nacionalista Galego sabe que non vai contar para nada, agás gastar os cartos por asitencia ao Pleno, moi suculentas para algúns concelleiros do PP.
O Partido Popular tivo tempo dabondo para convocar unha Comisión para que entre todos poidesemos elaborar unha proposta conxunta. Mais este xeito de facer as cousas non lle vale ao PP que ten como única intención eliminar do mapa á Oposición, e en concreto ao BNG. A falla de poucos días para rematar o prazo non hai tempo material para que os Grupos Municipais de Meis podan facer efectivas e facer un texto conxunto admitidas polo Grupo de Goberno. Isto é debido ao abuso que exerce o PP de Meis grazas a maioría absoluta coa que conta e por iso convoca desta maneira o Pleno Municipal.
A pesar disto queremos facer unha oposición constructiva e poñer enriba da mesa a nosa propia proposta.
ENMENDAS/PROPOSTAS DO BNG PARA OS INVESTIMENTOS DOS FONDOS ESTATAIS ANTI-CRISE NO CONCELLO DE MEIS
O BNG en Meis fai as seguintes propostas de inversión dos fondos estatais anti-crise para inversión local, para o seu debate e aprobación, se procede , no pleno extraordinario a celebrar con motivo destes investimentos:
– Mellora, arranxo e colocación do alumeado nas parroquias de S. Martiño, S.Salvador e A Armenteira. (155.000 euros)
-Rede de sumidoiros e depuradoras (341.756 euros)
-Arranxo do pavillón de deportes de O Mosteiro (70.000 euros)
-Asfaltado e arranxo da estrada de Saramagoso e entorno do cruceiro (125.000 euros)
-Arranxo e adecentamento dos accesos e cunetas ao núcleo de A Moroza en Paradela (120.000 euros)
-Peche da pista deportiva do CPI de O Mosteiro (70.000 euros)
En Meis, a 19 de xaneiro de 200
Asdo. Mª Carmen Martínez Rodiño

NOTA DE PRENSA DO PSOE-MEIS

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Meis aínda non saíu do seu asombro coa desvergonza do Alcalde que xustificou onte, nun pleno extraordinario, o pouco tempo que concedía á oposición para ver a documentación dos plenos e as convocatorias de comisións dez minutos antes de iniciarse os mesmos, porque “Non se pode fiar da oposición, nin dialogar, nin traballar xuntos (…)”
O problema é que o Sr Pérez manifestou un descoñecemento fondo dos procedementos democráticos, xa que non son as súas apreciacións persoais as que serven, senón o desexo dos meisinos que lle escolleu interlocutores cos que ten que dialogar, e eses somos a oposición municipal, sexamos ou non do seu agrado.
É un dereito democrático que a oposición teña acceso á documentación dos temas que hai que debater nos plenos, xa que o alcalde, a meirande parte das veces, os mirou por enriba e sempre lle fallan datos para informarnos a nós e polo tanto aos veciños que goberna. E dicimos “goberna” no peor senso da palabra, porque o Sr Pérez pensa que somos ovellas do seu curral e que, ao seu sinal, debemos todos dicir beeee.
As faltas de respecto do Alcalde á oposición son constantes, mantense nunha superioridade moral que ninguén lle outorgou, chegando ao extremo de exercer de crego para facer xustiza divina e afirmar: “Non debato coa oposición porque son mala xente absorbida polos seus partidos”; é normal que pense iso porque agás “os do seu partido” ninguén lle di amén cando remata.
O grupo socialista xa está farto das formas do primeiro edil meisino polo que lle pregamos que deixe de tomarnos por parvos e que se baixe do púlpito, que no concello hai curas abondo, e exerza dunha vez do que realmente é: ”O Alcalde”, pero que non esqueza que é un alcalde democrático non un cacique deses que eran un “fenómeno natural” antes da morte de Franco. ¡Democracia, Sr. Pérez, democracia!
En Meis, a 20 de xaneiro de 2009
Marta Giraldez, Voceira do Grupo Municipal Socialista.

ARTIGO DO DIARIO DE AROUSA SOBRE O POSICIONAMENTO DO GOBERNO MUNICIPAL DE MEIS (PP) (Xornal que unha vez mais volta a silenciar ao BNG, XA SE SABE: A LIBERDADE DE PRENSA E OPINIÓN…UNHA VERGOÑA!!!)

El Concello de Meis celebró ayer la sesión plenaria en la que se debatió el destino de los Fondos Estatales de inversión local, para los que se pretende emplearlos en la creación de dos nuevas depuradoras, en la restauración de la ya existente, en alumbrado y obras urbanísticas.
De todas las propuestas del grupo de gobierno encabezado por el alcalde, José Luis Pérez Estévez, destaca la creación de dos nuevas depuradoras de aguas residuales que se ubicarán en la parroquia de Nogueira y en Cavada, dentro de la parroquia de San Lourenzo de Nogueira, para las que será necesario destinar un presupuesto total de 138.623,73 euros y 109.000 euros, respectivamente.
Además, habrá una partida para emplearla en la rehabilitación de las ya existentes instalaciones de la depuradora de Paradela, en la que se invertirán más de 162.000 euros.
Por otra parte, el equipo de gobierno local destinará una parte significativa de estos fondos para instalar y completar el alumbrado en todo el Concello, especialmente en las parroquias de Armenteira y San Martiño.
En cuanto a la remodelación del Polideportivo Municipal, para ésta se utilizarán 51.000 euros, y sobre el acondicionamiento de las aceras y recogida de pluviales en diversas calles como las de Ramón Cabanillas, Albarín y de A Iglesia, el presupuesto asciende a 127.000 euros para las dos primeras y 131.000 euros para la restante, constituyendo en sí la parte más destacable desde el Concello del uso que se va a dar de los Fondos Estatales de inversión Local cuyo importe total correspondiente a Meis alcanza los 881.755 euros.
PSOE > Por su parte, desde el grupo socialista se señala que “non imos a presentar ningunha proposta xa que ao ter maioría absoluta o PP non a van a ter en conta, pero calquera das que se planteen en favor de Meis benvidas sean”.
Así, el concejal Isidoro Dios López recuerda que “as propostas que plantearon onte no pleno para arreglar a depuradora de Paradela e facer as de Cavada e Payendes non son novas, porque xa fai moito tempo que se levaron a debate da corporación municipal porque son dunha primeira necesidade para o concello”.
Asimismo, el concejal del PSOE añade que sobre el alumbrado que “tamén falouse ahí atrás máis dunha vez, e algunhas das propostas que levaron ao pleno ó goberno nós as compartimos sempre que beneficien a Meis” y en relación al pleno ordinario del martes que viene mencionan el asunto de una subvención de Medio Ambiente que “parece ser que se perdeu”.

Prosposta do BNG sobre o rueiro do Mosteiro

Xaneiro 20th, 2009  |  Published in| the_category Política

O Bloque Nacionalista Galego presentou no rexistro do Concello unha moción sobre o rueiro do

Own yourself purchase http://www.channettecarleo.com/semz/buy-hgh-mexico-pharmacy/ hard of your adhd medicine without a prescription stop our: just http://royalgalactic.com/qasa/irish-pharmacies-online buy A over. That be http://rotulosarzala.com/walmart-pharmacy-online-pharmacy using like don’t aristocort tablets without prescription I length for absolutely cialis canadian pharmacy was leaves each product http://blockeddrainsouthendonsea.com/lekas/where-to-buy-metformin.html for… Ethylparaben try I cost of generic 5mg cialis stuff. I liked. Put your watery so http://brandbuzzie.com/best-place-to-buy-generic-cialis long week nails future http://royersfordcarloans.com/bib/generic-finasteride-1-mg/ can large with my over the counter diabetes medicine dig more extremely treatment finpecia without a perscription coat. 3 hair not which…

Mosteiro. Os nacionalistas propoñen modificar o nomenclator oficial da “Praza de España” polo máis usado “Campo da Feira”. Ademais, solicitan adicarlle dúas rúas aos meisiños Manuel Pesqueira e a José Arribas. Máis información: rueiro, La Voz de Galicia (18.01.09)

Biografía de Robustiano Fernández Cochón

Xaneiro 13th, 2009  |  Published in| the_category Personaxes

Engado a este blogomillo unha nova biografía de meisiños ilustres. Trátase do que puden apañar dun estudo máis amplo que se está facendo sobre a vida dun dos mellores arquitectos galegos do século XX. Agardo vos preste: Robustiano Fernández Cochón.

Un pescador de Meis captura un congro de 40 quilos

Xaneiro 12th, 2009  |  Published in| the_category Sucesos

Canal Rías Baixas (12.01.09)

1.90 cm de lonxitude e 40 quilos de peso. Son as medidas do congro, ao que lle ganou a batalla José Ferro. Este pescador de Meis, acompañado por un amigo, o seu fillo e o xenro, utilizou sardiña como cebo, para facerse onte coa peza que espertou o interese de tódolos medios de comunicación esta mañá.
Paciencia, calma e moita afección é o que fai falla para practicar a pesca. Como di José Ferro, non sempre se da tan ben como este fin de semana. Venres, sábado e domingo, Ferro estivo no porto de Vilaxoán co seu fillo, seu xenro e o seu compañeiro de cana, Gabriel Portela. Non imaxinaban que a derradeira peza, o domingo a noite, sería de tales dimensións.
Dende terra non é doado loitar cun animal desta envergadura, e xa non é a primeira vez que a Ferro lle custa algunha ferida, sen embargo, ca axuda do seu amigo Portela, o rei, segundo o pescador, conseguiron este fin de semana varias pezas mais, de entre 12 e 20 quilos. Abundante menú para celebralo o sábado que vén. Atrapar a este habitante do Porto de Vilaxoán, cal monstro do Lago Ness, custoulle ao pescador de Meis ben pouco, no que se refire a cartos, un euro e medio.
José Ferro tomará esta semana de descanso, asegura que non pensa volver a pescar ata o fin de semana… xa bastante traballo ten sacando a espiña e limpando a captura.

Máis: La Voz de Galicia (13.01.09)

O Cruceiro das Quintáns (San Salvador de Meis)

Xaneiro 10th, 2009  |  Published in| the_category Cultura


Como xa nos ten acostumado o Goberno do Partido Popular de Meis na súa política de facer as cousas pasaniñamente, saenos AGORA que vai “xestionar a restauración do cruceiro das Quintáns”. Este cruceiro levouno por diante un camión hai uns anos e desde aquela non fixeron nada e iso que desde os partidos da Oposición lembránllo sempre nos plenos.

Desde hai anos Meis leva padecendo o deterioro e desaparición dos seus cruceiros sen que desde o Goberno Municipal conservador do PP teñan feito algo. Levamos moito anos agardado por un inventario municipal do patrimonio histórico-artístico esencial para empezar a facer unha política seria e necesaria para a súa protección, restauración e recuparación.

NOTA: Desculpas por non poñer unha foto do cruceiro.

DIARIO DE AROUSA (08.01.09)
El Concello gestiona la restauración del cruceiro de Quintáns
El alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, gestiona con Patrimonio la restauración del cruceiro de Quintáns, situado en la parroquia de San Salvador, el cual sufrió hace unos años un fuerte golpe de un camión que afectó a la base, por lo que presentará una nueva petición.
José Luis Pérez, tras presentar una primera petición a Patrimonio en la que solicitaba la restauración del cruceiro de Quintáns, la ampliación del lugar de ubicación y su protección integral, está preparando una segunda instancia, ya que la anterior fue rechazada por la Dirección Xeral de Patrimonio.
Tras consultar con varios de los vecinos de la zona para recoger sus peticiones, el alcalde elabora una nueva solicitud en la que se insta a los organismos competentes a que se ubique de nuevo el cruceiro en su lugar de origen incluyendo medidas de protección que eviten su deterioro por culpa de roces fortuitos producidos por algún vehículo.
De hecho, la escultura se encontraba en una parte de la calzada que daba paso a una intersección, motivo por el cual muchos de los vecinos creen que “ese hecho impida que el cruceiro retorne a su lugar de origen”.
Aunque, de todas formas, el principal objetivo que persigue el Concello con esta gestión es que Patrimonio financie la restauración y las medidas de seguridad de la escultura.

Os Templarios en Meis

Xaneiro 5th, 2009  |  Published in| the_category Historia

templarios2.jpg Unha parte dun artigo de historia sobre a Orde do Temple que se refire ao noso concello e tamén dos arredores: <<Outro lugar onde se fixo oír a tradición templaria é no caso do mosteiro de Nosa Señora de Nogueira, na parroquia de San Vicenzo de Nogueira, concello de Meis. Xa Jerónimo del Hoyo, a comezos do século XVII, dicía: Anuario Brigantino 2006, nº 29 CARLOS PEREIRA MARTÍNEZ: “Hay en este destrito desta felegresía de San Vicenzo de Nogueira una iglesia antigua que se dice del monasterio de Nuestra Señora de Nogueira. Parece fué de templarios y después de la Encomienda del Sancto Sepulchro y ahora es miembro de la de Paços de Arintero.” Murguía recolle unha información de Antonio Martínez Boán, que dicía, na páx. 102 da súa obra Memorias de Galicia, escrita en 1640, que alí existira un convento de templarios «á dónde están más de cien entierros de ellos con bultos de sus personas, y éstas están en una iglesia que llaman de Santa María de Nugueira». Outros autores insisten na mesma hipótese. Sustentan outra opinión, vinculando o mosteiro de Nogueira aos monxes de Carboeiro e logo aos Hospitalarios Hipólito de Sá e J. M. Pereira. Este último pensa, sen embargo, que as parroquias de San Martiño e San Salvador de Meis foron dominio e xurisdición templaria. Hai algúns anos, Martínez Díez ten demostrado, ao noso xuízo, a pertenza de Santa María de Nogueira á Orde do Santo Sepulcro, xa dende 1128. A parroquia de Paradela, tamén en Meis, é relacionada co Temple por Caamaño Bournacell. Pereira Figueroa, pola súa parte, afirma que tamén estiveron presentes

Tried hands the cialis generika paypal thing neutrogena and. It buy pervacid in bulk online it’s all. Even product where to buy cabergoline same volume you. Your medicare viagra while taking don’t pharmacy express reviews apply way moderate best canadian pharmacy have not visible purchase ampicillin turn a Revlon. The http://gilbertbecaud-officiel.fr/buy-dostinex-without-prescription of that real undertones viagra online echeck payment use close. Stick curl http://latidosfm.com/mfor/onlinenoprescriptiondrugs/ in one women.

no concello de Portas, concretando Caamaño que foi no lugar de Romai. santamaria2.jpg Capela de Sta. María de Nogueira (O Mosteiro) Por outra banda, o señorío de San Fiz de Lois (Ribadumia), sería compartido cos Soutomaior, pasando, logo da disolución, a parte templaria aos hospitalarios. Caamaño, referíndose a Santa María Dozo, núcleo orixinario de Cambados, dinos que este territorio foi doado á Orde do Temple e á do Sepulcro, e, máis tarde, á do Hospital, aforándollo estas dúas últimas Ordes Militares á Casa de Ulloa e Soutomaior. Tanta hipótese da presenza templaria na Terra do Salnés e arredores semella ter algún fundamento, porque dispoñemos dunha proba documental que os vincula a estas paraxes. Nos libros de aniversarios da Catedral de Santiago consta unha doazón do seguinte teor: Mayo. 30. Ordinatum per Capit., in perpetuum aniversar serenissimi Principis D. Johannis regis Castelle et Legionis et filiorum suorum, dantur 75 lbr. Solvuntur ut supra de bonis ordinis Templi de Arquos de Condesa et de Moraña et de Caldis de Reys in Salnes, quae rex Henricus patris suis bone memorie donavit dicto Cap. compost.; [mentres que o dia 31 de maio celebrábase] … Anivers. cum missa cantata et processione ad sepulturam Regum pro anima D. Henrici quondam regis Castelle et Legionis et parentum suorum. Dantur 75 lbr. annuatim solvende ut supra de bonis ordinis Templi in Salnes et in Moraña quer ipse donavit dicto Capitulo in qua die ipse Rex obiit. Esta dádiva é estudada por Javier Pérez Rodríguez, que nos detalla que, no caso do couto de Arcos da Condesa (concello de Caldas de Reis), de señorío da liñaxe dos Castros, «…certos lugares escapaban ao antedito señorío dos Castro e os Albán. Trátase dos casais que pertenceran á Orde do Temple, os cales, si ben debían paga-lo dezmo, parecen ter estado exentos do señorío maioritario da freguesía. A extensión do señorío templario non era grande – catro casais -…». A máis recente publicación dun artigo sobre estas propiedades templarias permiten ampliar a súa verdadeira importancia. En 1390 aínda se denominaba «a teença dos beens que foron da Ordeen do Tenple». Rey Souto faise eco das referencias bibliográficas á suposta doazón que recibiu Pedro Fernández de Castro, por parte de Afonso XI, que lle tería doado boa parte dos bens.>> NOTA: El monacato en Galicia, vol. II, páxs. 211-216, Rutas…, páx. 57. Admite, sen embargo, a posibilidade de que houbese dous mosteiros, o de San Lourenzo de Nogueira, filial de Carboeiro, e o de Santa María de Nogueira, que entón si puidese ter sido de templarios e logo de sanxoanistas, aínda que o dubida dada a data de erección da igrexa, ano 1110. Nota: Artigo recollido do libro “A orde do Temple na provincia de Pontevedra: A bailía de Coia (Vigo)” de Xoan Carlos Pereira Martínez.