Archive for| the_time Decembro, 2008

O mosteiro da Armenteira

Decembro 7th, 2008  |  Published in| the_category Ecoloxía

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/vKGIMG0UuGw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O Mosteiro da Armenteira representa o símbolo máis importante do Concello de Meis. A primeira documentación escrita data do ano 1162 pertencente á Orde Cistercense. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931.

Os veciños de Meis movilízanse pola suba do IBI

Decembro 6th, 2008  |  Published in| the_category Sociedade

Afectados por la subida del IBI de los invernaderos anuncian movilizaciones (Diario de Arousa 06.12.08)

Un numeroso grupo de vecinos afectados por la subida del IBI en los invernaderos se reunieron esta semana con el alcalde, José Luis Pérez Estévez, y técnicos municipales para solucionar el conflicto surgido a raíz de la revisión catastral, aunque “al parecer” sin resultados.
Los vecinos que acudieron a los encuentros organizados esta semana en el Concello para intentar poner fin a la polémica surgida tras la renovación catastral, la cual afecta sobre todo a los invernaderos, “non estamos dispostos a organizar ningunha reunión máis co alcalde, xa que non lles quedou nada claro”, según manifiestan los presentes, haciendo hincapié además en que piensan “actuar pola súa conta, recollendo firmas e manifestándose como poidan”, incluso piensan “crear unha plataforma enriba dun camión na que se poña unha réplica dun invernadoiro”.
Otra de las conclusiones que obtuvieron es que “pensan dar un toque de atención ao alcalde facendo un voto de castigo para las eleccións autonómicas, para o que van a falar cos demáis veciños para que se unan a esta iniciativa”, algo que puede suponer un “verdadero detonante para mermarlle a ampla maioría absoluta e que lle sirva para facer reflexión sobre a mala xestión que fixo do asunto dos invernadoiros”.
Por consiguiente, una buena parte del casi medio centenar de asistentes “síntense enganados e mareados, porque xa están fartos de tanta charla sen ver os resultados, esperando o peor cando cheguen as notificacións de pago o ano que ven”.
Por otra parte, en el último encuentro estuvieron presentes el vocal del PSOE, Isidoro López, y la portavoz nacionalista, María do Carme Martínez.
“Insultados” > A este respecto, el representante socialista comenta que se sintió “insultado” por el alcalde, cuando al parecer “se lle preguntou porqué non quería incluir as subvencións que contempla a Lei das Facendas Locais no seu artigo 74 sobre a cuota a pagar, e porqué leva medio mes de paseo sen facer nada, ao que José Luis Pérez contestou con evasivas, proferindo insultos tales como mentireira e folloneira a María do Carme e calificando de falso a Isidoro López”.

O BNG leva ao Congreso a problemática do IBI

Decembro 2nd, 2008  |  Published in| the_category Economía

Canal Rías Baixas (01.12.08) O BNG leva ó Congreso as queixas de Meis sobre o IBI

O BNG vai a tomar medidas para evitar que os cidadáns de Meis e de outras moitas partes de Galicia teñan que soportar o ano que vén as duras gravames que vai a supoñer o Imposto de Bens Inmobles, o IBI, para os invernadoiros.
Deste xeito, a Deputada no Congreso Olaia Fernández Davila vai a elevar as súas queixas ás Cortes Xerais. Neste requerimento, a deputada nacionalista esixirá unha modificación do correspondente real decreto ó tempo que pide explicacións sobre a consideración que teñen os invernadoiros galegos nesta normativa; cando de seu teñen unhas características diferenciais: como a súa escasa dimensión, forma e rendibilidade que fan incongruente ás taxas que se lles aplican.
A nivel municipal, e no caso concreto de Meis, os nacionalistas reclaman, entre outras cousas, que o Concello aplique tódalas bonificacións permitidas por lei. O obxectivo dos nacionalistas é chegar a conseguir a eliminación deste imposto, que non só afectará ós invernadoiro senón tamén a outro tipo de construccións agrícolas como alpendres ou galpóns; que se irán coñecendo a medida que cheguen as notificacións do catastro ós fogares galegos.


Diario de Arousa (02.12.08) El BNG instará al Gobierno Central a que modifique la Ley del Catastro
El BNG presentará ante el Congreso de los Diputados varias iniciativas para que se modifique la Ley del Catastro Inmobiliario, además de pedirle explicaciones al Gobierno central de porqué en el texto no se contemplan las peculiaridades propias de los invernaderos de Galicia
Olaia Fernández, diputada en el Congreso, aclaró que “vaille pedir explicacións ao Goberno da Nación de porqué a Lei do Catastro Inmobiliario contempla as valoracións dunha forma xeneralizada para todos os invernadoiros, cando existe en Galiza un feito diferencial que as convirte en inxustas”.
De esta forma, destaca “o carácter eminentemente agrario de Galiza, que sumado ao seu maioritario minifundismo, fai que non sexa viable a aplicación desta lei como por exemplo se pode facer na provincia de Almería, na cal existen grandes extensións de invernadoiros con altas produccións agrícolas”. Por estas razones, y sobre todo debido al problema surgido recientemente en Meis, gracias al cual saltó la alarma del “grave erro administrativo”, que consideraba estas construcciones como naves industriales, adjudicando 270 euros por cada metro cuadrado de invernadero, a la diputada “parécelle oportuno esixirlle ao Goberno explicacións de porqué persiste esta situación e qué medidas van a adoptar ao respecto”. Además, criticó la gestión del Concello de Meis, “xa que a autoridade municipal ten a responsabilidade de facer as alegacións pertinentes, sendo ésta a súa primeira obligación”, aparte de referirse al alcance del problema apuntando que “pode trasladarse a máis concellos galegos, polo que é necesario coñecer a resposta do Goberno para saber qué vai a facer e en qué aspectos vai a afectar a Galiza”.
BNG de Meis > María do Carme Martínez destacó de la problemática surgida en torno al IBI de los invernaderos que “é algo que pode afectar a todo o agro en xeral, incluindo as explotacións gandeiras, que é unha parte fundamental da nosa comarca”. Así, insiste en que “a mellor presión que se pode facer ao respecto é dende Madrid, xa que trátase dunha cuestión estatal”.

La Voz de Galicia (02.12.08) O BNG pedirá a exención do IBI para os invernadoiros
Os nacionalistas advirten de que os concellos poden bonificar o imposto

Olaia Fernández Davila achegouse onte á comarca para recoller, dos seus compañeiros do BNG, unha iniciativa encamiñada a librar aos donos de invernadoiros do susto que recibiron fai unhas semanas, cando se lles informou a través do catastro de que o IBI por estas instalacións ascendía a 270 euros por metro cadrado. Aínda que é verdade que días despois se aclarou que houbo un erro neses escritos, o certo é que o IBI para os invernadoiros vai subir considerablemente, ao redor dos 90 euros por metro cadrado.
Aínda que se soubo do caso a través dos agricultores de Meis, a concelleira nacionalista neste municipio, Carme Martínez Rodiño, xa advertiu que é un problema xeral do campo galego, polo que o BNG traballa desde dous ámbitos en busca de solucións. O primeiro, a nivel municipal, e o segundo, en Madrid.
Respecto dos concellos, Martínez Rodiño recordou que a Lei de Administración Local permite ás corporacións establecer bonificacións do IBI que puedn chegar ata un 90%, e considera que sería, polo menos provisionalmente, unha boa solución para os afectados. Pero a edila nacionalista lamentou que tal decisión dependa da vontade dos alcaldes, e en relación ao que a ela corresponde, acusou ao rexedor de Meis de despreocuparse desta cuestión que afecta a tantos veciños neste municipio. E recordou, respecto diso, que por unha instalación de 1.500 metros poderíanse pagar 600 euros, todo iso sen avaliar os beneficios que as plantacións darían aos seus donos.
E para que un gravame dese tipo non dependa de decisións municipais, a segunda iniciativa do BNG vai encamiñada ao Congreso dos Deputados, onde Olaia Fernández Davila pretende presentar unha pregunta respecto diso. En principio, a deputada nacionalista quere ter información acerca dos criterios aplicados neste tipo de instalacións, para saber por que se aplica o mesmo gravame aos invernadoiros galegos, que son unhas instalacións pequenas e de curta duración, que a outras construcións de grandes dimensións e carácter permanente, como as que hai en Andalucía.
Pero en realidade, o que os nacionalistas pretenden ao levar este asunto a Madrid é que os invernadoiros queden exentos deste imposto. «Hai que ter en conta que son propios de Galicia, unha terra afectada polo minifundismo, polo que non son de grandes dimensións, ademais é posible cambialos de terreo e non duran máis de dous anos», indicou Davila enumerando os argumentos que utilizará o BNG para demostrar que estas construcións non poden equipararse, por exemplo, cunha nave industrial.
A decisión do PP
En canto á iniciativa presentada pola popular Rosa Oubiña, que quere levar o asunto ao Parlamento galego, Duarte Correa non quixo negarlle o apoio do BNG. «Non imos desbotar ou de remar todos unidos». Pero os nacionalistas non desaproveitaron a oportunidade para recordar que a actual lei do catastro aprobouse no ano 2004, e que entón gobernaba o PP. «Hai un político moi próximo a Rosa Oubiña que estaba entón non Senado, e que segue non Senado, e que nunca se preocupou por iso», dixo Rodiño. E Olaia engadiu que era unha actitude constante no PP, «que se preocupa por Galicia dende que está na oposición».