Archive for| the_time Outubro, 2008

O Centro Comarcal acolle un seminario sobre as claves da política forestal

Outubro 16th, 2008  |  Published in| the_category Economía

O Diario de Arousa (16.10.08):
Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza (organismo dependente da Consellaría de Medio Rural) organizan o seminario “As claves da política forestal actual” que se vai celebrar o 31 de outubro, de 10 a 14 horas, no Centro de Desenvolvemento Comarcal do Salnés. A través del, Medio Rural pretende concienciar a sociedade da importancia dunha xestión integral e racional do monte para que sexa máis productiva a súa explotación e se reduzan os incendios forestais.
Este curso está formado por dous temas, polo que explicarase a estructuración do territorio rural. Ademáis exporanse diversas actuacións para a mellora dos montes, que xirarán arredor de tres eixos: O primeiro consiste na prevención dos incendios forestais; no seguinte contémplase a mellora dos recursos forestais, utilizando as plantacións, tratamentos silvícolas, aproveitamento comercial e transformación dos productos forestais. Xa por último, ténse en conta a valorización integral e a promoción da multifuncionalidade do monte.
Este seminario vai dirixido a propietarios particulares, a membros de comunidades de montes veciñais en man común, a silvicultores, a xestores de montes, a técnicos e traballadores de empresas e de servizos agroforestaias e ao personal da administración pública local e autonómica. A participación é gratuita, aínda que as prazas son limitadas polo que todos aqueles que estean interesados deberanse inscribir no propio centro comarcal.

Máis información: La Voz de Galicia (16.10.08)

O proxecto de autovía ao seu paso por Meis comezará no 2009

Outubro 16th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

O proxecto de autovía ao seu paso por Meis comezará no 2009 segundo confirmou a Conselleira Mª Xosé Caride. O proceso de expropiación xa empezaron, nas que se verán afectadas 3 casas, dúas delas serán derrubadas e a outra ficará inservíbel. Outras das cousas que ainda non se sabe a día de hoxe é que as alegacións presentadas non foron contestadas, polo que non se sabe por exemplo que vai pasar coas canteiras ubicadas no termo municipal de Meis.

Máis información: Faro de Vigo (16.10.08)

A Xunta de Galiza mellorará o nó de Curro

Outubro 8th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

Os comuneiros de San Lourenzo de Nogueira e empresarios da zona explicáronlle á Delegada da CTOP a necesidade de mellorar o proxecto do nó de Curro. A Delegada confirmou o desprazamento dun dos viais de servizo previsto, así como reducir a afectación do proxecto sobre o monte no que se sitúa unha canteira. Isabel Domínguez comprometeuse tamén a construír un paso inferior a maiores dos previstos inicialmente, co fin de garantir a continuidade do sistema viario local.

Máis información: La Voz de Galicia (08.10.08), Novas do Concello de Barro, Diario de Pontevedra (07.10.08), La Voz de Galicia (10.10.08), Canal Rías Baixas (08.10.08)

DIARIO DE AROUSA (09.10.08): Exigen a la Cptopt un documento que avale la supresión del vial a la cantera de San Lourenzo

El presidente de la Comunidad de Montes de San Lourenzo de Meis, Guillermo Varela, exige a la Consellería de Política Territorial que les entregue un documento que avale la supresión del vial que afectaría a las canteras de esta parroquia y de la que viven numerosos vecinos.
Los comuneros expusieron a la delegada de la Cptop, Isabel Domínguez, su condición “innegociable” de no perjudicar a las canteras con el trazado del vial previsto para dar servicio a la Autovía y que forma parte del proyecto del enlace de Curro.
Guillermo Varela señala que en estos momentos tan sólo se ven afectados por una carretera secundaria, por lo que vuelven a insistir en que se proceda al cambio inmediato del proyecto para que no se contemple y que las canteras puedan mantener su actividad normal.
A este efecto, obtuvieron un compromiso firme de la delegada para entregarles “por escrito” la modificación al proyecto, así que hasta ese momento el presidente de los comiumeros de San Lourenzo no quiere especular ni hacer valoraciones. “Prefiro esperar a recibir o documento porque despois serán os veciños en asamblea os que decidirán se imos á guerra ou non, dependendo de se o cambio é tal e como nós pedimos”.
Asimismo, Guillermo Varela comenta que “éste non é máis que o primeiro dos paso que imos dar, un bo comenzo pero aínda queda moito que falar e facer”.
Para finalizar, el representante de la Comunidad de Montes lanza una advertencia, recordando que “se nos din que o van a facer por escrito e logo non cumpren, imos a mobilizarnos igual, porque o que non imos consentir é que toquen ó noso medio de vida”.

Practicamente rematada a vendima no Salnés

Outubro 7th, 2008  |  Published in| the_category Economía

Xa está apañada, practicamente, a meirande parte da uva do Salnés e de Meis. Calcúlase que a Denominación de Orixe Rías Baixas recolla perto de 20 millóns de quilos de uvas neste ano. A graduación alcoólica será menor que no 2007 pois pasa do 12,90 ao 12,30.

O Diario de Arousa engade ademáis as seguintes informacións sobre a colleita do 2008:

De este modo, el mosto de este año, según explica el enólogo de Martín Códax, tiene unos sabores y unos aromas ligeramente diferentes a los del año pasado, de modo que mientras en 2007 se acercaban más al melocotón, los vinos resultantes de esta cosecha serán más cítricos, con tonos de manzana, pera y albaricoque.
Los enólogos reconocieron que “será un viño ácido”, pero precisamente esa circunstancia “é o que caracteriza ao albariño”.
Lo que está claro es que el próximo albariño será un poco más ácido, aunque esta cualidad es más apreciada por los consumidores anglosajones, principales clientes de este tipo de vino en todo el mundo.
El informe técnico del Consello Regulador especifica que el viñedo se encuentra en buen estado, tanto desde el punto de vista vegetativo como sanitario, y la evolución de la maduración puede calificarse como correcta y ajustada en el tiempo en lo que se refiere al ciclo normal en Rías Baixas, aunque respecto a los últimos años la vendimia 2008 presentó un retraso de una semana con relación a las pasadas campañas.
El estado del racimo es bueno a pesar de que la climatología no fue muy benigna este año ni durante el periodo de brotación ni en las semanas previas a la vendimia. Ello no ha impedido que “se haya producido un alto porcentaje de yemas de poda brotadas, así como un importante porcentaje de uva cuajada”, según dicho informe.
Según los datos que maneja el departamento técnico, la actual vendimia incrementó el 10% de los rendimientos medios estimados respecto a la vendimia 2007, cuya producción fue de 5.355 Kg/ha. Dicho incremento se produce en una campaña en la que la superficie total de parcelas inscritas en la Denominación de Origen Rías Baixas es de 3.647 hectáreas.
El informe de vendimia que todos los años prepara este Consejo Regulador es una herramienta profesional muy importante para viticultores y bodegueros, porque tiene como finalidad facilitarles información técnica, así como sobre el estado sanitario del viñedo.

Petróglifo do Outeiro do Cribo

Outubro 6th, 2008  |  Published in| the_category Historia

O Petróglifo do Outeiro do Cribo (A Armenteira) data, cando menos, do ano 1000 de antes da nosa era.

Nota de prensa do PSOE en relación ao pleno do 30 de Setembro

Outubro 4th, 2008  |  Published in| the_category Política

XA O PENSEI EU, OUTRA VEZ

O pasado día 30 o Concello de Meis celebrou o seu pleno ordinario, e entre outras, o grupo socialista, presentou dúas mocións que molestaron de xeito sorprendente ao Sr Alcalde. A primeira de elas, na se solicitaba que tomasen medidas para a contención do gasto en vista da situación actual foi presentada o 12 de setembro polo PSOE e a alternativa do PP entrou por rexistro o 19 do mesmo mes, as diferenzas entre unha e outra residen fundamentalmente:

* En que o grupo socialista presentou a súa propia e o Grupo de Goberno tivo que pedirlla feita a Pontevedra (como se albisca na parte superior da folla, que non se molestaron en eliminar, e na liña de puntos na que se engadiron a man o nome do concello). Curiosamente o Grupo de Goberno ten concelleiros liberados que polo que se ve só serven para recoller faxes, o traballo xa llo fan fora, e nin son capaces de “persoalizalo”.

* En segundo lugar o PP elabora unha exposición de motivos catastrofista que seguramente lle agradaría a H.G. Wells e despois se limita a re-debuxar as propostas que o Partido socialista xa fixeran na súa moción.

Sempre temos que escoitar ao Señor Pérez dicir que lle copiamos as ideas e que iso xa o pensaran eles antes, pero vese que a iniciativa do grupo de goberno anda sempre a remolque e necesitan as mocións da oposición para poder face-las súas. Pero sen dubida o lamentable son as perrenchas que colle o Rexedor Municipal cando non lle van as cousas polo rego. O mesmo 12 de setembro presentamos unha moción solicitándolle ao Concello que fixera os deberes e que contratara a redacción dun proxecto de saneamento a unha empresa especializada, para así poder acollerse á proposta de finanzamento da Consellería de Medio Ambiente para a realización de obras deste tipo en núcleos rurais. ………………………………………………………..………………….… A resposta foi que xa o fixeran había oito días, polo tanto si confiamos na palabra do Alcalde, contrataron a esta empresa o 22 de setembro, 10 días despois de recibir por rexistro a nosa moción neste senso. Pero o peor de todo é que o Alcalde se ofende cando lle facemos estas propostas, e o seu grupo as rexeita nos plenos, e mentres os concellos do contorno tiñan feitos os deberes e non precisaron que a oposición llo solicitara porque tomaron eles a iniciativa, trala reunión mantida hai algún tempo co Conselleiro de Medio Ambiente,os concelleiros liberados de Meis seguen de vacacións e a este paso haberá que mandarlles o soldo á súa casa para que non se eiven.
Recordarlle a Don José Luís Pérez que o labor da oposición consiste exactamente no que andamos a facer os socialistas e que, por suposto, seguiremos a falar cos Delegados das Consellerías cando lle faga falla aos veciños de Meis, aínda que lle moleste a el, porque o traballo político consiste nesas cousas. Suxerímoslle que se deixe de preocupar con quen nos reunimos os socialistas e se ocupe máis das “súas ocorrencias” para ver si algunha vez os concelleiros liberados gañan o soldo que lle pagamos os meisinos e en lugar de que se lles ocorran as cousa antes , mellor que as fagan directamente.

En Meis, a 4 de outubro de 2008

Capela do Santo Antonio Abade (A Armenteira)

Outubro 4th, 2008  |  Published in| the_category Cultura

Video realizado por Xoán Arco da Vella sobre a capela de Santo Antonio Abade, na Armenteira.