Archive for| the_time Setembro, 2008

Os Irazábal de Meis

Setembro 28th, 2008  |  Published in| the_category Familias de Meis

irazabal.gifirazabal1.gifirazabal2.gif

Este apelido tivo arraigo no concello de Meis desde o século XVII desaparecendo a comezos do XX. Debiron de ter unha casa brasonada en San Salvador de Meis, parroquia onde residía o primeiro con este apelido que se coñece, o capitán Juan de Irazábal que casou con Isabel Núñez de Figueroa. Sábese que nesta freguesía desapareceron nestes últimos anos varios brasóns dos que non se ten constancia das familias ás que pertenceron.

Esta liñaxe dos Irazábal de Meis enlazaron cos Güimil, Abal, Muiños, Outeda, Salgueiro…polo que somos moitos os veciños de Meis (principalmente asentados nas parroquias de San Salvador de Meis, Santo Tomé de Nogueira, San Martiño de Meis e San Vicente de Nogueira) que descendemos desta familia de orixe vasca.

En 1769, Manuel de Irazábal, neto de Juan de Irazábal, presenta un preito contra Antonio Patón e consortes polo vínculo que fundara Gregorio Garcia. Manuel de Irazábal presentou este recurso en favor do seu fillo que tivera con María Antonia Patón, familiar seguramente de Antonio Patón.

En 1902, era alcalde de Meis Ceferino Fernández Irazábal “O Macanudo”, alcuña que lle puxeron por haber estado varios anos na Arxentina.

Muiñeira da Armenteira

Setembro 20th, 2008  |  Published in| the_category Cultura

Hai tempo que coñecía esta peza musical pertencente ao patrimonio folclórico galego, mais descoñezo a relación que poidera existir coa freguesía do mesmo nome e polo tanto a orixe e historia dela.

A patética política do PP

Setembro 17th, 2008  |  Published in| the_category Política


Ollando os xornais distos días ollo dúas novas referentes ao concello. A primeira está relacionada co estado do acceso ao “corredor do Salnés” na Armenteira na que unha vez máis aparece o PP na súa campaña mediática narcotizante sobre o mal estado destas accesos. Por outro lado, a concesión de licenza dun tanatorio en San Martiño de Meis.

Desde logo, nas xa redundantes roldas de prensa do “Sindicato de alcaldes do PP do Salnés” co Corredor non me deixa de sorprender a pouca ou nula autocrítica desta xente porque son eles os verdadeiros culpabeis da situación na que se atopan as estradas de acceso. As famosas políticas de Fraga de facer as cousas rápidas, mal e arrastro fixeron que os veciños de Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo estemos pagando as consecuencias de todo isto, mais agora coa desfachatez de que os responsabeis orixinais aproveiten a ocasión para zouparlle á actual Xunta de Galiza, ainda que algunha responsabilidade terá a COTP en mans do PSOE.

Por outro lado, a concesión da licenza para facer un tanatorio na freguesía de San Martiño non deixa de ser outro dos esperpentos do PP de Meis. Inagurado pola Deputación hai case 3 anos a todo bombo duns terreos para facer un tanatorio, mais descoñecendo ou non que nesa zona non se podían obrar porque estaba catalogado como “Solo Rústico”. Así funciona o PP, mexan por nós e nos din que chove.

Non sei se vai ter futuro a construcción dun tanatorio para un potencial de 15.000 persoas se temos en conta a poboación de Meaño, Ribadumia e Meis. Máis a “coña” de ter esta “industria” para Meis non remata aquí, pois Ribadumia aprobou xa un orzamento de 45.000 € para a construcción do seu propio tanatorio municipal.

Sen descartar que se trata dun servizo necesario, entendo que para o conxunto de poboación ao que vai dirixida sería ideal un servizo mancomunado. Pero xa se vé a política do PP…políticas minifundistas para xordos, cegos e mudos. Se cadra, estamos todos mortos?

Un video sobre O Mosteiro

Setembro 14th, 2008  |  Published in| the_category Ecoloxía, Historia

Estamos a piques de entrar no Outono e aqui amoso un video que atopei en internet con imaxes do Mosteiro. Imaxes da praza de España, ainda que coñecida popularmente como “Campo da Feira”.
Apenas quedan vestixios dun dos eventos mais importantes da historia como foi a Feira do Mosteiro. O PP e a dereita de toda a vida cubre, unha vez máis, un tupido velo para nos esquecer da nosa historia.

MÁIS SOBRE A FEIRA DO MOSTEIRO

Acudían xente de todolos arredores. Viñan tratantes de Caldas de Reis, Padrón, e sobre todo de Valga, moitos deste último concello viñan polas vacas paridas. Tamén de Moraña, Meaño, entre outros. Da veciña Ribadumia, viñan moitos gandeiros de Leiro, que abastecían a feira de gando de matar, que era a sua especialidade. Logo empezaron a vir tamén, cando o auxe da vacas de leite, os de Santiago e sobre todo os de Carral.
Chegaron aló polo 1936 as primeiras vacas “holandesas”, que viñeron desde Santander, e así foron tomando o lugar das de raza (castañas) que até o de aquela tiñan a exclusividade nas nosas aldeas e nos nosos campos.

“Os Carromateiros”
Os carromateiros eran do Carballiño, viñan con carromatos nos que traían viño do Ribeiro, castañas, noces, para Cambados, por exemplo. Cando se levaban polvo seco e repolos para prantar. Disto hai entre 110 e 120 anos (de feito algunha veciña de Meis seria afillada do carromateiro “O señor Ricardo, o das Correas”.

“Os carneireiros”
Os carneireiros eran de Ourense e viñan polo Salnés a mercar gando lanar. Pasaban por esta zona unha, dúas ou tres semanas, e ás veces un mes. Durmían na Rochela, en Zacande-Nogueira. En Padrenda (Meaño) na de Marcelino, en Vilalonga (Sanxenxo) na de Juan Torres. Compraban o gando polas casas e tamén na feira de Meaño e do Mosteiro.
O gando que mercaban nas casa despois a xente traíallo á Rochela o día 13 ou o 29. Xuntaban o gando o 13 porque ese día era feira en Meaño, e mercaban tamén alí, e traían o gando a pé até Zacande. Logo o 15 era feira en Pontevedra e ían o día 14 andando con todo o gando até alá, e metíano nos vagóns. Compraban en Pontevedra na feira do día 15 o gando que precisaban para completar os vagóns e xa saía cara Zaragoza e Barcelona, sobre todo.
A época mais forte era de Outubro a Marzo, pois despois o mercado que eles cubrían xa era abastecido por Extremadura, a partires da primavera.

Novas da semana: Casa Consistorial, visita da delegada da COTP e curso de inglés

Setembro 10th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

Meis reforma a casa consistorial para mellorar a accesibilidade (La Voz de Galicia do 10.09.08)

O alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, recibiu onte a visita da delegada provincial da Consellería de Presidencia, Mari Carmen Larriba, para coñecer de cerca as obras de reforma que se van a acometer na casa consistorial. A Administración autonómica subvencionou con 27.000 euros estes traballos. Segundo explicou o rexedor, o proxecto de reforma inclúe a creación dun espazo na planta baixa para instalar os servizos sociais, que actualmente se atopan no primeiro andar. Desta forma, as persoas maiores e os veciños con algún tipo de minusvalía, que son os principais usuarios deste servizo, terán un acceso moito máis fácil a estas dependencias. Ao mesmo tempo, esta reforma permitirá ampliar o espazo do que actualmente dispoñen as oficinas municipais, que se atopan na primeira planta. «Así poderemos ampliar as oficinas e tamén vos servizos sociais», explicou o rexedor. As obras completaranse coa colocación dun ascensor, do que actualmente carece o edificio da casa consistorial. Con esta última obra facilitarase a accesibilidade a todas as dependencias do inmoble. Para acometer estes traballos, o Concello de Meis solicitou unha axuda á Consellería de Presidencia. A Administración autonómica concedeu 27.000 euros e, o resto do investimento necesario, deberá saír das arcas municipais.

Convocan un curso de inglés gratuito de tres meses para adultos (Diario de Arousa do 10.09.08)
El Concello de Meis convocó un curso de inglés, que tendrá una duración de tres meses, dirigido a personas adultas que tengan interés por el conocimiento de este idioma. El plazo de inscripción permanece abierto hasta el próximo doce de este mes y las personas interesadas en anotarse tan sólo tendrán que pasarse por las oficinas municipales con una fotocopia del documento de identidad.El precio de la matrícula es de 20 euros y las mensualidades serán gratuitas, según indican desde el gobierno local. En un principio, el horario de las clases será de tarde, aunque cabe la posibilidad de que se cree algún grupo que reciba las clases por la mañana, aunque eso dependerá de la demanda. Desde el gobierno local hicieron hincapié en que este curso está destinado a personas adultas y que se distinguirán los niveles de cada persona.

A Delegada da COTP visitará Meis
Aproveitando a visita da Conselleira e da Delegada da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas y Transportes a Vilagarcía de Arousa, a voceira do Grupo Municipal Socialista de Meis, Marta Giráldez,transmitiulles as queixas dos veciños afectados polo desdobramento da vía do Salnés no concello antes dito.
Por esta razón acordaron unha visita da Delegada Provincial da COTOP, Isabel Domínguez Quintas, á zoa de As Congostras (Meis), para a tarde do vindeiro xoves día 11 do mes que andamos, e tratar así de determinar os problemas a resolver sobre o terreo e pórlle remedio no menor tempo posible
Asdo: Marta Giráldez, Voceira do Grupo Municipal Socialista

Eduardo Fajardo

Setembro 9th, 2008  |  Published in| the_category Personaxes

eduardo-fajardo.JPG

O actor meisiño Eduardo Martínez Fajardo naceu no Mosteiro o 14 de agosto de 1924. Sendo adolescente trasládase coa súa familia a Cantabria, alí remataría os seus estudos de dereito en 1945. Adicouse desde a súa época de estudante universitario ao cinema. Sobre a súa biografía podemos atopar páxinas na Intenete: Eduardo Fajardo na Wikipedia, Biografía de Eduardo Fajardo

Non hai moita información que o relacionen con Meis pois a súa familia non era oriunda do concello, onde pasaron poucos anos vivindo no Mosteiro.

A fábula do Emperador espido

Setembro 2nd, 2008  |  Published in| the_category Sociedade

Nun país lonxano, o seu monarca enterárase que uns famosísimos xastres estaban de paso polo seu reino. Sen perder tempo, convocaos para que lle confeccionen a súa mellor indumentaria. Os xastres, logo de disfrutar un bo tempo os beneficios que lle brinda a vida na corte do Emperador, comunicanlle que remataran seu traballo e anuncian a quen quera escoitalos que confeccionaran para o Emperador o traxe invisíbel máis fermoso do mundo, tan fermoso que “só os parvos non poden velo”.
Proceden entón a quitarlle a roupa ao Emperador e mediante aparatosos ademáns colócanlle o novo traxe invisibel. Por suposto que o monarca se ve desnudo, mais non o recoñece porque non quere aparecer como un tonto fronte a tan famosísimos xastres.
Convoca entón aos seus colaboradores, a quén lles pregunta pola beleza do seu traxe. Superada a sorpresa de ver ao Emperador en coiros e enterados que semellante traxe é tan fermoso que “só os tontos non poden velo”, toda a súa corte acreditan que o traxe é o “máis fermoso do mundo”, o cal convence definitivamente ao monarca e os xastres seguen a súa viaxe cun suculento pago polo seu traballo, deixando ao rei e a súa corte moi satisfeitos e agradecidos. Así o Emperador paseaba espido polo seu palacio lucendo o traxe invisíbel, o mais fermoso do mundo.

Un día decideu que o seu pobo merecía tamén disfrutar a fermosura do seu traxe e sae do palacio para percorrer o seu reino. O pobo mirao en coiros, mais polo medo a contradecilo, non din nada. Até que un inocente rapaz descubreo e berra:

“¡O Rei está en “pelotas”!”

E todo o mundo decatouse do engano.

Despois da parafernalia que o PP montou en San Martiño no que, seica, estiveron moitas persoas na inaguración da aldea de pedra, as rutas auga e da pedra, decidin escriber esta fábula no blogue e sen quen nenguén se sinta ferido polo que vou dicir teño que comentar que me lembra como alguns por non parecer tontos, autoconvencense e rematan por asumir o discurso e ideas duns, sen parar o que están asumindo.

Un amigo comentábame que “O caso é que o rei cometeu unha parvada, está nun erro, mais é o emperador, o emperador non pode ser tonto de deixarse enganar. Dan, polo tanto, a razón ao monarca, e este síntese máis arroupado amosando as súas vergoñas sen pararse a pensar que fai o ridículo pola corte, ainda que, o ridículo é imposíbel, todos están convencidos que existe un traxe e todos esfórzanse por miralo, por non quedar atrás.”

Seguía relatando que para el era “curioso que cando un político dí unha barbaridade, saltan os seus fervorososos partidarios a defendelo a darlle incluso a razón ou a matizarlle”.

O meu amigo pensa que non temos que seguer o mal exemplo da corte e o pobo cos nosos políticos, en ocasións é mellor dicir o que nos parece aos nosos políticos, sempre desde o respecto e con sana discrepancia, como persoas civilizadas”.

Pois en base a isto, eu quero afirmarme que a Aldea de Pedra que se fixo no Caxín é unha auténtica HORTERADA, que non pega nin con cola nese paraxe, que estou canso de escoitarlle a alguns veciños o bonito que é iso, cando eles mesmos non se decatan que Meis é unha aldea de pedra, que os mais de 120.000 € que se gastaron para iso poderian investilo en recuperar o noso patrimonio histórico artístico e que xa está ben de enganarnos.

Digo ademáis que esa aldea podería quedar ben noutro lugar que teña perdido a sua seña de identidade rural, mais en Meis non pasa iso (de momento).

E por último, é igual de HORTERA o nome que lle poñen a esa ruta, por que esa teima de cambiarlle o nome do que realmente é a ROTA DO RÍO ARMENTEIRA.

Non sei porque todo isto me lembra, en certa medida, á fábula do emperador espido.