Archive for| the_time Xuño, 2008

Meis na Revolución Irmandiña (Séc. XV)

Xuño 14th, 2008  |  Published in| the_category Historia

mosteiro04.jpg capelamosteiro2.jpg Brasón da Casa dos Fonseca, descendentes da Casa de Monterrei

O preito Tabara-Fonseca representa un dos achádegos documentais mais interesantes para estudar a revolta dos Irmandiños. Son varios os veciños das freguesías que abranguen o actual concello de Meis mencionados nel: Marcos de Pordeballo (do Coto de Nogueira <<que hes del arzobispado de Toledo>>, foi criado de Dona Mª de Ulloa, e agora vasalo do arcebispo de Toledo), Xácome Day (ou Xácome de Ai, veciño de San Lourenzo de Nogueira), Joan Afonso Day (veciño de San Lourenzo), Estevo Rodríguez (veciño do Coto de Nogueira) e Fernán da Bouza (labrego e veciño do Coto de Nogueira).

Sobre a declaración deste último: “bio benir mucha gente de la villa de Pontevedra de la hermandad con la qual benia Pancho da Moureira que hera alcalde de la dicha hermandad y traia bara de justiçia y este testigo los bio yr azia Lantaño que hera de Suero Gomez y que la iban a derrocar y que despues este testigo la bido derrocada”

Bloque

Xuño 8th, 2008  |  Published in| the_category Revistas e Folletos

bloque.jpg

“Bloque” é o boletin informativo do Bloque Nacionalista Galego de Meis. Non sei cantos números teñen editados, dado que non adoitan ou adoitaban poñer unha enumeración, mais penso que debe rondar perto dos 30. O primeiro publicouse en 1995 após da entrada de concelleiros nacionalistas na Corporación municipal. No 2007 comezou nunha nova xeira que cambiou o formato e a cor da impresión.

Os exemplares que se poden consultar por internet son: Bloque Decembro-2003, Bloque Maio-2005, Bloque Xuño-2005, Bloque Febreiro-2006, Bloque Maio-2006, Bloque Novembro-2006, Bloque Xaneiro-2007

Nova Xeira do “Bloque”: Bloque nº1 (2007)

Campamento en Taboada (Ourense)

Xuño 8th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

es-meis1.gif

Da realización dun Campamento no CAL (Centros ao Aire Libre) de Taboada en Ourense, en colaboración coa Asociación Galega de Actividades Naúticas (AGAN), para nenos /as, rapaces/rapazas de 10 a 17 anos. Para inscribirse acudirán xunto á Informadora Xuvenil na Casa de Cultura do Concello (sita no Campo da Feira nº18), de luns a venres, de 09:00 h. a 14:00 h., até o día 26 de xuño.

Máis datos: Nota informativa do Concello de Meis

5º aniversario do PXOM

Xuño 5th, 2008  |  Published in| the_category Política

mosteiro1.jpg

O 23 de maio do 2003 o Pleno da Corporación de Meis aprobaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Meis cos votos en contra do BNG e PSOE, a abstención dun concelleiro independente e cos votos a favor do PP e doutro concelleiro independente (José Bemposta Ruel).

Tristemente no concello de Meis os veciños non puidemos participar da elaboración deste PXOM, pois os intereses do Goberno Municipal e do PP eran outros ben distintos aos da cidadanía. Nese Pleno, unha ducia de militantes e simpatizantes do BNG eran expulsados do Salón de Plenos polo rexidor municipal, Pérez Estévez, polo simple feito de amosar pancartas que denunciaban o modo de proceder do PP para aprobar este PXOM. Por que non se explicou aos veciños parroquia por parroquia o que se quería facer? Por que non se lles dixo aos veciños como tiñan que facer para alegar o Plan de Urbanismo exposto? Por que hai moitos terreos que modificaron a súa catalogación sen que os veciños o souberamos? Por que curiosamente os beneficiarios do PXOM son os mesmos de sempre? Por que se fixo todo ás agochadas da xente cousa que non se fixo en ningún outro concello? Por que se aprobou en plena campaña electoral municipal a só 2 días das eleccións? A que tiñan medo?

Despois do Pleno, o Alcalde marchou escopetado á Sala de Festas d´O Mosteiro para dar o mitin central do PP nas elecións municipais do 2003. Dirixiuse aos veciños alí presentes e cargou contra o BNG principalmente por oporse a ese Plan de Urbanismo….que maliños son os da Oposición!!!, mais cantos dos alí presentes coñecían os entresixos dese PXOM?…de seguro que nin o 99% tiñan idea (nin a seguen a ter) nin eran nin son conscientes do que alí se aprobara aquel día.

Hoxe, ao cumprirse o 5º aniversario da súa aprobación, entramos nunha nova etapa pois en calquer intre pode ser modificado. Este PXOM precisa un cambio radical dado que é evidente que seguemos perdendo poboación. Meis non é un atractivo para que a xente fixe a súa residencia aquí. Namentres, Barrantes, Vilagarcía, Caldas de Reis ou Pontevedra nútrense de veciños e veciñas de Meis por culpa dun PXOM mal feito.

Memoria histórica: El Concello de Meis apura el plazo límite y convoca hoy un pleno para aprobar el PXOM

O Problema do Monte Castrove (artigo de “Meis, Caderno de Bitácora”)

Rodríguez de la Cal

Xuño 5th, 2008  |  Published in| the_category Familias de Meis

rodriguez.gif

HOLA. NECESITO SABER COMO PUEDO ENCONTRAR EL ACTA LITERAL DE BAUTISMO DE MI PADRE: MIGUEL RODRIGUEZ DE LA CAL. NACIDO EN MEIS, EL 31 DE DICIEMBRE DE 1901. HIJO DE RICARDO RODRIGUEZ Y JOSEFA DE LA CAL. ME ES URGENTE TENER ESE DOCUMENTO.

BUSCO A LA FAMILIA RODRIGUEZ CAL. LOS VARONES EMIGRARON A LA ARGENTINA Y LUEGO A LA U.S.A., LAS HEMBRAS EMIGRARON A LA ALEMANIA. QUISIERA SABER SI QUEDA ALGO DE LA FAMILIA RODRIGUEZ CAL.

AFFMO. RICARDO M. RODRIGUEZ (Nicaragua)

Entrevista a Mª Xosé Dourado Campos

Xuño 3rd, 2008  |  Published in| the_category Eventos

maria-xose-dourado.jpg

Entrevista a Mª Xosé Dourado Campos en La Voz de Galicia do 01.06.08: «Espero que o ano que vén poidamos facer teatro de Valle Inclán en galego». María Xosé Dourado Actriz da Escola de teatro Valle Innova que hoxe debuta en Vilanova

A dinámica e polifacética Mª Xosé Dourado é veciña de Nogueira, ainda que natural de San Miguel de Reinante (no concello de Barreiros, provincia de Lugo). Licenciada en Filoloxía Galaico-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e actualmente profesora de galego no Instituto de Monteporreiro (Pontevedra). Ademais, é a Presidenta da ANPA do C.P.I do Mosteiro.

Os pais do colexio da Armenteira denuncian a Educación neglixencias da mestra de Infantil

Xuño 3rd, 2008  |  Published in| the_category Sucesos

colexio-da-armenteira.jpg

Os pais do alumnado do colexio da Armenteira denunciaron ante a Delegación Provincial de Educación á mestar de infantil do centro alegando que “chega tarde, marcha antes da hora e está de baixa constantemente”, ademais de asegurar que “grita moito aos rapaces”.
O delegado provincial de Educación, Cristóbal Fernández, sinala pola súa banda que “os inspectores están a investigar o caso e xa solicitaron un informe á dirección do centro, co que poderiamos ter algún avance nos vindeiros días”.Fernández asegura que “esta é a primeira vez que teño coñecemento de que nos chegou unha queixa por esta mestra”, algo que choca coa opinión dos propios pais, que lembran que “xa protestamos en máis ocasións e nunca obtivemos resposta”.
Aínda así, hai apenas dúas semanas, os proxenitores da Armenteira volveron a enviar unha queixa ao gabinete pontevedrés, pois indican que “levamos todo o ano aguantando que os nosos fillos estean desatendidos, pois esta mestra é a única de infantil e obriga aos demais compañeiros a abandoar os seus postos para cubrir as súas ausencias e baixas, que son continuadas”.
Segundo os pais, “a muller nunca atende a razóns e non da explicado por que chega tarde nin a causa de que se vaia antes de que soe o timbre, deixando sos aos nenos”.
Ademais, os proxenitores sinalan que “esta mestra grita moito aos rapaces e di que é o seu xeito de dar clase. Pero son pequenos menores de seis anos, polo que non parece necesario ter que alzar a voz”, puntualizan. Non obstante aclaran que en ningún momento houbo queixa algunha por posibles agresións.
Para os pais, o peor e que o ente autonómico “non dea nunca solucións, pois esta mestra é fixa e asegura que quere seguir o ano que ven no centro, polo que seguiriamos igual que hoxe”.

NOTA: Artigo do Diario de Arousa do 03.06.08

I Certame de contos “San Bieito”

Xuño 3rd, 2008  |  Published in| the_category Concello

es-meis.gif

Os envíos realizaránse dentro dun sobre pechado sinalando no seu exterior a frase: Para o “I Certame de Contos San Bieito” e irán remitidos ao: Concello de Meis. Avenida de Cambados, 67 O Mosteiro 36637 Meis-Pontevedra

Máis información: 1º Certame de contos San Bieito