Archive for| the_time Maio, 2008

Plan Madruga e programas vacacionais para os maiores

Maio 12th, 2008  |  Published in| the_category Concello

isidoro-dios.jpg

PLAN MADRUGA PARA O C.P.I. do MOSTEIRO

O Concello de Meis vai pór para o vindeiro curso escolar o Plan Madruga no C.P.I. do Mosteiro que ten como obxectivo favorecer unha mellor conciliación da vida familia e laboral. Trátase dunha proposta do PSOE que foi aprobada por unanimidade do Pleno Consistorial de Meis.

Máis información: Aviso do Concello de Meis

Medios de comunicación: La Voz de Galicia do 13-05-08
imserso.gif

PROGRAMA DO IMSERSO PARA AS VACACIÓNS DOS MAIORES

O Concello de Meis pon en coñecimento da cidadanía o Programa que o IMSERSO, dependente do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, realizará para as vacacións da xente maior.

Máis información: Bando do Concello de Meis

Biografía de Manuel Barros na Wikipedia

Maio 12th, 2008  |  Published in| the_category Personaxes

manuel-barros.gif

Desde hai algúns días pódese ollar na Wikipedia a biografía de Manuel Barros Chantada. Ademais de estar escrita en castelán, aparece novos aspectos sobre a vida do Rancheiro. Pódese ollar en: Manuel Barros.

Os que estean interesados na historia de Meis, recoméndolles que o miren axiña, pois pode ser borrado pola polìtica de Wikipedia que o considera “Sen relevancia enciclopédica relevante” ao se tratar dunha biografía.

XII Festa do Chourizo ao Viño

Maio 9th, 2008  |  Published in| the_category Festas

chourizoaovino4.jpg

XII Festa do Chourizo ao Viño na freguesía de San Salvador de Meis o Domingo 18 de maio. Realizarase, ademais, a VI Edición da “Carreira de Carretas”. Organiza: Xóvenes Misioneiros de Meis (JOMIME)

Máis información: XII Festa do Chourizo ao Viño

Meis prepara cien kilos de chorizo al vino para su fiesta

Programas para persoas maiores de 50 anos

Maio 8th, 2008  |  Published in| the_category Sociedade

balnearios1.jpg

Programa de Balnearios: Bando do Concello de Meis

Programa de Ximnasia para persoas maiores de 55 anos: Bando do Concello de Meis

Campamento de verán para persoas con discapacidade

Maio 6th, 2008  |  Published in| the_category Sociedade

anxo-quintana1.jpg

Convoca: Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Participantes: Programa de ocio e tempo libre para persoas con discapacidade. Os/as que teñan idades comprendidas entre 9 e 40 anos.

Adxudicación de prazas: A adxudicación realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, cando a demanda supere as prazas dispoñibles.

Prazo: Rematará o día 21 de maio de 2008.

Importe praza: Varía segundo o campamento. Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50%.

Máis información: www.xuventude.net

Tamén podes informarte e/ou solicitar praza dende o Departamento de Xuventude do Concello de Meis, teléfono: 986712277

INFORMA: Concellaría de Educación, Cultura, Deporte e Xuventude do Concello de Meis

Aceñas

Maio 4th, 2008  |  Published in| the_category Revistas e Folletos

acenas.jpg

“Aceñas” é unha revista que edita o Departamento de Ciencias Sociais do Colexio Público Integrado do Mosteiro. A primeira revista data do 2004 e xa se editaron máis dunha ducia de números. Trátase de unidades didácticas que teñen como finalidade coñecer mais de preto a historia e cultura de Meis.

No número 0 a editorial relataba: “Aceñas é unha actividade do Departamento de Ciencias Sociais que pretende comunicar á comunidade escolar a historia, sabiduría popular e todo o patrimonio que acadou a xente de Meis ao longo dos séculos. Esta terra chantada entre dúas rías mantén alto un xeito de vida e un fondo tesouro cultural e artístico que debemos poñer en valor. As aportacións que teñan como obxectivo espallar este mundo serán benvidas para un maior enriquecemento de todos nós.”

Por Internet pódese consultar un exemplar: ACEÑAS

Concurso de cartaces para a “Festa dos Callos”

Maio 4th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

es-meis.gif

CONCURSO DE CARTACES XVIII FESTA DOS CALLOS D´O MOSTEIRO (MEIS)

1ª. O presente concurso ten como obxecto seleccionar o cartaz oficial da XVIII FESTA DOS CALLOS D´O MOSTEIRO (MEIS).
2ª.- O cartaz levará obligatoriamente o seguinte texto:
“XVIII FESTA DOS CALLOS D´O MOSTEIRO (MEIS)” DOMINGO 13 DE XULLO
3ª.- Presentaranse como máximo dúas obras por participante
4ª.- O plazo de admisión dos traballos será do 5 de maio ao 6 de xuño e serán presentados de luns a venres no concello de Meis, de 9:00 a 14:00h
5ª.- Os traballos presentaranse en dous sobres pechados:
-Nun sobre irán os traballos
-No outro sobre irán os datos identificativos do autor.
6ª.- A medida dos traballos presentados será DIN A-3, e non se valorarán os traballos presentados a ordenador.
7ª.- O gañador/a recibirá unhas entradas para o día da comida para a unidade familiar (entre 4-6 persoas) e un diploma acreditativo.
8ª.- O fallo do xurado, que será inapelábel, farase público o día 9 de xuño. O xurado poderá declarar deserto este premio.
9ª.- O Concello de Meis quedará con todos os dereitos dos traballos presentados.

Máis información: Nota do Concello de Meis