Archive for| the_time Abril, 2008

Exposición sobre Santo Ero da Armenteira no CPI do Mosteiro

Abril 30th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

fradessecxv.jpg

O C.P.I. do Mosteiro inagurará unha exposición que permanecerá aberta todo o mes de maio sobre Santo Ero da Armenteira e a súa lenda. Realízase coincidendo co gallo da celebración do Día das Letras Galegas adicadas este ano a Xosé María Alvarez Blázquez

Campamento de Verán na Lanzada

Abril 30th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

lanzada.jpg

Igual que en anos anteriores levarase a cabo o campamento de verán nas instalacións do “Centro de Vacacións A Lanzada”, organizándose este ano en oito turnos de campamento: 1ºturno do 01 de xullo ó 07 de xullo, 2º turno do 08 de xullo ó 14 de xullo, 3º turno do 16 de xullo ó 22 de xullo, 4º turno do 23 de xullo ó 29 de xullo, 5º turno do 01 de agosto ó 07 de agosto, 6º turno do 8º de agosto ó 14 de agosto, 7º turno do 16 de agosto ó 22 de agosto e 8º turno do 23 de agosto ó 29 de agosto para os/as rapaces/rapazas nados entre os anos 1995 e 2000, ambos incluidos.
O prezo será de 68 € por rapaz/rapaza.
Para inscribirse acudirán xunto á informadora xuvenil na Casa de Cultura do Concello (sita no Campo da Feira nº18), de luns a venres, de 09:00 h. a 14:00 h. Até o día 9 de maio, coa seguinte documentación:
– DNI do pai/nai ou titor
– DNI do/a menor, de non telo, libro de familia ou certificado de nacemento
– Libro de Vacinas
– Tarxeta sanitaria do/a menor
Máis información: Nota Informativa do Concello de Meis

Obradoiro sobre Prevención de Accidentes e 1º Auxilios

Abril 30th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

imgvivienda.jpg

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE ACCIDENTES NO FOGAR E 1º AUXILIOS
DESTINATARIOS: MULLERES E HOMES DE 18 ANOS EN DIANTE DESTE CONCELLO

INICIO: MARTES 20 DE MAIO
HORA: 21:OO H
LUGAR: MULTIUSOS DO MOSTEIRO
PRAZO: ATÉ 16 DE MAIO
INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE XUVENTUDE : CAMPO DA FEIRA, 18
TEL.986712277

Máis Información: Nota do Concello de Meis

O “Sindicato de Alcaldes do PP-O Salnés” coa Vía Rápida

Abril 29th, 2008  |  Published in| the_category Política

sindicatos-de-alcaldes.jpg

Que as obras da Vía Rápida do Salnés están feito un “cristo” non é algo novidoso. O “Sindicato de Alcaldes do PP-O Salnés” sae agora á palestra para intentar erixirse nos valedores dos veciños: Canto cinismo!!!

Cando decidin levar a cabo este blogue, un dos fin que me formulei era ter viva a nosa Memoria Histórica, non poño en dúbida a mala xestion da Conselleira socialista Mª José Caride Estévez nesta cuestión mais cómpre lembrar que este problema surxe coas inundacións acontecidas no 2006 e por mor da mala calidade das infraestructuras da Vía Rápida da que ten un único culpábel: o Partido Popular. Este partido é o responsábel da orixe desta desfeita e polo tanto o menos indicado para falar desta cuestión.

A situación caótica en Santo Tomé de Nogueira e na pequena zona abranguida desde a ponte da Cacharola e A Lagoa leva afectada dous anos, mais os veciños de Meis coñecemos de sobra as obras da Deputación de Pontevedra, exemplos temos a esgallas coma a estrada Caldas de Reis-Vilanoviña ou a estrada O Mosteiro-Barrantes.

sindicatos-de-alcaldes2.jpg

Un xa empeza a estar farto que tomen por tontos aos veciños de Meis, pois é o PP quen xenerou esta situación e resúltame ridícula que sexa a Deputación de Pontevedra a que intente fiscalizar a labor da Xunta de Galiza (bastante pésima a socialista Caride nesta cuestión, por certo). Onde estaba o ente provincial cando a Xunta de Galiza do Goberno Fraga e do Conselleiro Xosé Cuiña construía este vial? Se tanto lle gosta á Deputación fiscalizar a labor da Xunta, por qué non denunciou a mala calidade dos materiais que se estaban empregando na mesma na era Fraga? Non hai que ser moi listo para se decatar que o único obxectivo que persegue o “Sindicato de Alcaldes do PP-O Salnés” é desacreditar á Xunta de Galiza agora que estamos a poucos meses das eleccións ao Parlamento Galego e que lle interesa ben pouco os problemas dos veciños, tíveronse que marchar da Xunta para empezar a pensar neles?.

Cales son esas medidas a tomar polo Alcalde de Meis se non se solventa o problema? Será sair nos medios outra vez de pancarteiro como fixera co tema de ENCE e cando un ano antes o seu amo, o señor Louzán, apoiara a instalación desta empresa en Meis e o alcalde calara a boca?. O PP mexa por nós e decimos que chove.

Agardemos que a Xunta de Galiza solvente axiña isto, porque os veciños, en particular os de Santo Tomé, non podemos aturar esta situación.

Máis información en: O arranxo dos danos ocasionados pola autovía custará 1,5 millóns de euro, Canal Rías Baixas 28-04-08, La Voz de Galicia do 29-04-08, Faro de Vigo do 29-04-08


Anxo Quintana estudará a conversión da Casa de Escudeiro nun Local para a Terceira Idade

Abril 27th, 2008  |  Published in| the_category Sociedade

casa-de-escudeiro1.JPG

El vicepresidente de la Xunta de Galicia, Anxo Quintana, recibió ayer al alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, en Santiago. Durante la reunión, el regidor saliniense transmitió al dirigente nacionalista dos ideas de cara a potenciar los servicios sociales en el concello meisino. Pérez Estévez propuso a Quintana utilizar la Casa de Escudeiro como un local para la tercera edad que complemente sus funciones como posible centro de día para mayores con la de edificio de eventos sociales. Otra solicitud fue la de trasladar a la planta baja del Concello la zona de Servizos Sociais municipal.
“Moi positiva”. De este modo califica su reunión con Quintana Pérez Estévez, pues logró el compromiso del vicepresidente gallego de estudiar dos proyectos que, en su medida, mejorarían sustancialmente la atención social del Concello de Meis.
La principal idea presentada por el regidor meisino a su interlocutor fue la de convertir la Casa de Escudeiro, actualmente en desuso, en un local destinado a dar servicio a varias actividades para personas de la tercera edad.
“Gustaríanos que a Casa de Escudeiro se convertise en centro de día, un servizo que a nosa localidade precisa. Ao tempo, o ideal sería que aquelas persoas que non participen desta inciativa si o fagan nas actividades sociais que queremos que se compaxinen no mesmo centro”.
Aún así, el alcalde de Meis es prudente y reconoce que “hai que esperar a que Vicepresidencia realice un informe técnico que certifique a capacidade do edificio para albergar estas dúas iniciativas”.
Traslado; Por otra parte, Pérez Estévez solicitó al vicepresidente da Igualdade e do Benestar que colabore con el Gobierno local para desplazar a la planta baja la zona de la Casa do Concello destinada a Servizos Sociais, que en la actualidad se encuentra ubicada en la primera planta. El alcalde meisino indica “ a necesidade de facer este troco para facilitarlle o acceso ás persoas discapacitadas ou con mobilidade reducida”, auténtica razón de esta medida defendida por el Gabinete local.
José Luis Pérez considera que “Quintana axudaranos a levar a cabo o proxecto, pois é unha idea positiva e que beneficia aos veciños de Meis que precisen de atención social”, si bien el vicepresidente sólo le indicó que estudiará la propuesta.
Expuestos los casos, Pérez Estévez concluyó satisfecho la reunión con el nacionalista.

Nota: Tirado do Diario de Arousa do 26-04-08

Subvencións da Consellaría de Vivenda para remates exteriores

Abril 25th, 2008  |  Published in| the_category Política

teresa_taboas.jpg A Conselleira nacionalista Tareixa Táboas

A Consellaría de Vivenda, que dirixe Teresa Táboas Veleiro, do BNG, publicou no Diario Oficial de Galicia nº74, de data 17 de abril de 2008, a Orde do 9 de abril de 2008 (coas modificacións do Decreto 38/2007, do 1 de marzo), pola que se convocan as Subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción.

prazo para presentar as solicitudes rematará o 16 de xuño de 2008.O lugar de presentación das ditas solicitudes será a Delegación Provincial da Consellaría de Vivenda e Solo, situada na rúa Alcalde Hevia nº7 en Pontevedra.

Información: Bando do Concello de Meis

A Cptopt transfire ao Concello a titularidade da PO-300, no centro urbán de O Mosteiro

Abril 25th, 2008  |  Published in| the_category Concello

o-mosteiro5.jpg

O Goberno galego aprobou no seu Consello da Xunta transferir a titularidade da estrada PO-300, ao seu paso polo centro de O Mosteiro, ao Concello de Meis, que agora poderá dispor calquera cambio no vial sen ter que solicitar permiso ao gabinete dirixido por María José Caride.
O alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, considera que “esta transferencia é moi positiva para o concello, pois se trata da estrada principal do centro de O Mosteiro e ata o de agora viámonos obrigados a dar conta á Consellería de Obras Públicas de calquera obra que quixeramos desenrolar nela”.
O tramo afectado por esta medida autonómica comeza na rotonda do cruce do Pazo e remata un pouco máis adiante do campo de fútbol de Zacande, nun tramo que mide exactamente 2,680 quilómetros e que representa a zona máis densamente poboada de todo o municipio meisino, de aí a importancia deste traspaso.
A partir de agora, os traballos que se teñan que efectuar neste vial, que en realidade comeza en Nogueira e une o concello de Meis co de Cambados, poderán ser desempeñados dende o Goberno local de xeito directo.
Na restante parte desta estrada, a Xunta seguirá a ser a titular e, polo tanto, non se verá afectada pola medida autonómica.
De momento, Pérez Estévez non se refire a ningún tipo de cambio significativo nado deste cambio de competencias, aínda que prevé que beneficiará a curto e medio prazo aos veciños de O Mosteiro, pois as obras que teñan lugar neste céntrico vial poderán levarse a cabo con maior certeza e en menos tempo que na actualidade, cando é a Consellería a que ten que aprobar as reformas e traballos de adaptación da estrada meisina. “A Xunta entendeu que a PO-300 é unha rúa de poboado moi importante para o centro urbán de O Mosteiro”, recalca o alcalde.

Nota: Diario de Arousa do 25-04-08

Política Territorial cede al Concello de Meis el tramo de la PO-300 que pasa por Mosteiro

Pérez Estévez asegura que las obras de la Autovía a Pontevedra obligarán a derribar tres o cuatro casas

Abril 25th, 2008  |  Published in| the_category Sociedade

no-da-autovia.jpg

Los técnicos encargados del proyecto de la autovía que unirá Vilagarcía con Pontevedra y la delegada provincial de la Cptopt, Isabel Domínguez, reconocieron al alcalde de Meis, José Luis Pérez, que esta obra requerirá, como ya se había comentado tiempo atrás, del derribo de “tres o cuatro viviendas”. El alcalde meisino, que destaca “o compromiso constructivo da Consellería”, apunta que “falei cos propietarios implicados e recomendeilles que tomasen a decisión de aceptar a expropiación como mal menor, xa que é unha boa solución, tendo en conta que unha vez finalizada a obra o lugar carecerá das condicións de habitabilidade desexadas”. Pérez Estévez asegura que “a Cptopt reunirase con eles para concretar as posibilidades reais para os seus casos”.

El alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, se reunió en Santiago con la delegada provincial de la Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Isabel Domínguez, y los técnicos que redactan el proyecto final de la autovía que unirá la capital pontevedresa con Vilagarcía de Arousa. El motivo de este encuentro era precisamente concretar la repercusión que supondrá para el concello meisino la actuación autonómica a su paso por la localidad. Los propios técnicos de la Cptopt aseguraron a José Luis Pérez Estévez que “las obras afectarán a tres o cuatro viviendas del municipio de forma directa, además de otras propiedades en las que repercutirá sólo parcialmente”. Por esta razón, las partes reconocieron que la mejor solución sería la expropiación.
Así, Pérez Estévez, que habló personalmente con estos vecinos perjudicados, apuntaba tras la reunión santiaguesa que “comenteilles que, como mal menor, o mellor sería aceptar as expropiacións e negociar coa Consellería para contretar as solucións reais para cada un dos seus casos”. Y es que como el propio regidor apunta, “as condicións de habitabilidade desas vivendas unha vez levadas a cabo as obras non serían boas”.

Al parecer, el alcalde de Meis logró en su encuentro con los vecinos un principio de acuerdo, pues destaca que “eles entenden a situación e tanto a delegada como os técnicos garanten que farán todo o posible por resolver como sexa esta situación” y apunta que “Isabel Domínguez mostrou total sensibilidade para cos casos destes veciños e por iso estamos confiados”.

José Luis Pérez reconoce que el encuentro santiagués “saldouse positivamente, xa que a Consellería secunda amplamente as propostas que fixemos dende o Concello e non variou as súas promesas previas en ningún dos puntos importantes da negociación”.

El regidor piensa que “a Cptopt entende cales son as nosas preocupacións e que esta obra, importante para a comarca e a provincia, tamén perxiduca a algúns veciños de Meis”. Por lo tanto, pese a estos casos todavía pendientes de solucionarse, las negociaciones para desarrollar el proyecto final parecen ir por buen camino.

Nota: Diario de Arousa (24-04-08)

25 de Abril: “A Revolulação dos cravos”

Abril 23rd, 2008  |  Published in| the_category Eventos

Isto vai para todos/as aqueles/as que en certas ceas e xantares “proscritos” cantaron comigo esta canción.

Por certo, a única relación que atopo entre Meis e a “Revolução dos Cravos” ten a ver co costume na toma de posesión dos concelleiros do BNG de Meis, dado que prometen o seu cargo cun libro do “Sempre en Galiza” de Castelao e un cravo na honra da Revolução portuguesa….a revolución máis pacífica da historia da humanidade.

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/PBK7bd3UYow" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Os veciños de Fofán volven a queixarse do estado das estradas

Abril 23rd, 2008  |  Published in| the_category Política

fofan11.jpg 

Os veciños de Fofán volven a queixarse polo estado no que está a quedar un paso elevado que conecta as parroquias de A Armenteira e Cobas. O alcalde meisino, José Luis Pérez, conversou onte cos técnicos responsables das obras da Autovía do Salnés para que arranxen esta deficiencia.
O principal problema deste tramo do vial que conecta Meis con Meaño radica no excesivo ángulo existente na curva que da paso á ponte que cruza a Autovía, que tivo que ser desprazada e modificada para adaptala ao gálibo correspondente para este punto.
Pérez Estévez xa falara hai tres semanas cos técnicos encargados das obras da Autovía comarcal, para darlles conta das queixas dos veciños do lugar de Fofán, na parroquia de A Armenteira.
Naquel momento, as partes chegaron a un acordo, xa que segundo o alcalde meisino, “os técnicos comprenden as demandas dos veciños e farán caso das súas peticións”.

Sen embargo, unha vez iniciadas as obras neste punto, os veciños comprobaron que a curva da discordia seguía a ser demasiado estreita e moi pechada, dificultando excesivamente o paso aos vehículos de maiores dimensións. Por esa razón, Pérez Estévez voltou a reunirse cos responsables da reforma e lles esixíu que levasen a cabo os traballos segundo o plantexado anteriormente. Segundo o propio rexedor, “os técnicos están dacordo en seguir os pasos que lles indicamos, polo que os veciños confían en que finalmente este treito quede en perfectas condicións”.

Por outra banda, a recuperación do lavadoiro que se atopaba na mesma parroquia de A Armenteira queda pendente, segundo o alcalde meisino, “do acordo entre os propios veciños, que parece que aínda non concretaron un punto de vista común”.

Nota: Tirado do Diario de Arousa do 22 de Abril do 2008. A foto por xentileza do blogueiro de “Que Vida de Porquiño”