Archive for| the_time Marzo, 2008

Meis entra no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar

Marzo 27th, 2008  |  Published in| the_category Política

lobeirapradomartinez_300_190307.jpg  consorcio-galego.gif

A proposta dos nacionalistas do BNG para que o Concello de Meis entrase no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar tivo ao fin o apoio do PP e do PSOE no pleno da Corporación celebrado o martes día 25.

A creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar responde a varias finalidades fundamentais para o BNG: Necesidade de garantir a responsabilización pública e a cooperación interadministrativa na efectiva prestación de servizos sociais de ámbito local, en termos de equilibrio territorial na súa distribución, en condicións de calidade, e baixo o principio básico de proximidade. Modificar o modelo de prestación de servizos sociais existente, co fin de paliar as deficiencias que nestes momentos presenta: Oferta insuficiente, carácter fragmentario e descontinuo a efectos de xestión e cobertura territorial, e falla de mecanismos efectivos de coordinación entre os sistemas de protección social e os propios axentes. Implantación dun modelo homoxéneo na prestación de servizos sociais para garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recursos suficiente e equilibrada territorialmente; incremento dos niveis de cobertura, intensidade e horario de atención dos distintos servizos e prestacións; distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación -asignando equitativamente o uso e acceso aos recursos sociais dispoñibles, a través de procesos de planificación previa, e tendo como principio de actuación o mantemento das persoas no seu entorno propio; contribuír á mellora das condicións de vida e sociais das persoas que presentan especiais necesidades de protección social nos concellos galegos, ao respecto da súa autonomía persoal, e calidade de vida persoal, familiar e de grupo.

Máis información: La Voz de Galicia 27-03-08, Europa Press 26-03-08

O Bolo de San Gregorio (Paradela)

Marzo 27th, 2008  |  Published in| the_category Festas

festadobolo1.jpg 

Ás xentes de Paradela quedáballe lonxe a capela de San Gregorio, no monte d´A Moroza, antigo lugar parroquial, polo que mercaron uns terreos no campo d´A Boca e comezaron a realizar neste lugar a romaría ao Santo desde 1952. A fin de darlle ás festas crearon a ofrenda do BOLO ao Santo, bolo que foi medrando pouco a pouco até que na actualidade contén máis de 6000 ovos doados polos/as fregueses/as. Lévano en procesión, o domingo seguinte a Pascua, até o campo da festa onde se reparte entre os presentes, nunha festa popular e chea de relixiosidade e ledicia. (Revista “Aceñas” nº2, Departamento de Ciencia Sociais do C.P.I. do Mosteiro).

Máis información: La Voz de Galicia 28-03-08, La Voz de Galicia 29-03-08, La Voz de Galicia 30-03-08, La Voz de Galicia 31-03-08, Faro de Vigo 31-03-08

“Lendo Espero” chega a Meis

Marzo 25th, 2008  |  Published in| the_category Cultura

anxela-bugallo.jpg 

O programa Lendo Espero vai incrementado cada ano o número de concellos que deciden participar nesta iniciativa da Xunta para fomentar a lectura entre os máis mozos. Hoxe centros de saúde coma o de Meis, A Illa ou Poio déronlle a vendida a esta campaña.

Dende o 2006 a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta que dirixe Anxela Bugallo, do Bloque Nacionalista Galego, intenta fomentar a lectura nas salas dos centros de pediatría. En Pontevedra comezaron hai dous anos con 4 catro centros, ós que se foron sumando máis concellos, coma este de Meis, que se apunta á iniciativa que tamén secundan este ano outras localidades coma Caldas ou Cuntis.

O obxectivo é facer do tempo de espera nas salas de atención primaria un punto de lectura entre os máis cativos, a partir de libros de diverso tipo dirixidos a rapaces de entre 0 a 12 anos. Unha boa oportunidade para achegalos ó universo literario, na que estarán implicados os seus pais.

A espera será deste xeito máis amena, e os rapaces poderán gozar das historias que traen editoriais especializadas no público infantil e xuvenil coma Kalandraka ou Tambre. Este proxecto enmárcase dentro do Plan de Dinamización da Lectura posto en marcha pola Xunta de Galicia para achegar os libros a tódolos públicos.

Información: Canal Rías Baixas 25-03-2008

Outras novas ao respecto: La Voz de Galicia 26-03-08,

Carmen Rey: 100 anos en Nogueira

Marzo 24th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

 raina-do-batan1.jpg Emilio (fillo), Marina (nora), Lola (filla), José (neto), Dino (fillo), Adela (neta), Aurita (nora) e Juan José (neto), acompañan a Carmen Rey.

Carmen Rey celebrará rodeada de sesenta e dous familiares os seus primeiros cen anos UN SÉCULO DE VIDA EN SAN VICENTE DE NOGUEIRA

A “Raíña do Batán” xa é centenaria: Carmen Rey cumple 100 años en Meis con 7 hijos, 15 nietos y 17 biznietos.

raina-do-batan2.jpg

Carmen Rey, veciña da parroquia meisina de San Vicente de Nogueira, chegará mañá aos cen anos. Con isto converterase nunha das poucas persoas centenarias de O Salnés. Carmen, coñecida no seu tempo como a “Raíña do Batán” polo seu apelido, asegura que só pide “que todos nos levemos ben e permanezamos unidos”. Ese desexo farase realidade unha vez máis durante a festa do seu aniversario, onde un total de sesenta e dous familiares (con 7 fillos, 15 netos e 17 bisnetos) se darán cita en San Vicente para celebrar que a “Raíña” cumpre os seus primeiros cen anos, todo un símbolo de vida saudable e chea de traballos.

Hei de confesar, antes de nada, a envexa sana que me esperta esta muller que, con case cen anos, todavía conta con saúde arreo, moita descendencia igual de recia e o cariño de tanta xente. Cen anos. Nada menos. Neste tempo, Carmen Rey pasou, entre outras cousas, por unha xuventude tan esixente como a de calquera veciño de Meis do ano 1908.

Tamén experimentou o rigor imposto polo alzamento do xeneral Franco e a durísima posguerra. “Recordo a nenos famentos que ían na procura dun cacho de pan”, lembra a veciña centenaria. Carmen Rey pasou toda a súa vida en Meis, pero parte da súa descendencia tivo que tomar o camiño da emigración a América. Ela visitou unha vez Venezuela. “Aquí e aló o noso deus é o mesmo” sinala a meisina que se recoñece crente e insiste na fraternidade que precisa o mundo, idea que inculcou con éxito na súa casa, onde aínda vive rodeada de parte dos seus.

Que unha muller que chega aos cen anos apenas conte cuns achaques como peor síntoma é admirable pero, ademais, Carmen Rey tivo e ten a sorte de contar cos sete fillos que pariu ao longo da súa vida e que mañá estarán presentes con ela acompañados dos seus propios fillos e netos. “Josefina, Lola, Marcial, Emilio, Dino, Manolo e Julio”, lembra con algo de axuda pero boa memoria a señora Carmen. Sete fillos que lle deron quince netos e 17 bisnetos e que pronto lle farán un novo regalo: o seu primeiro tataraneto.

Todo un pobo veu á vida gracias a esta muller que se mantén firme como a “Raíña” da súa casa, aínda que o título, recoñece “é moito luxo para min”. “Mira que te mira, mira que te está mirando, mira que te has de morir y no sabes como ni cuando”, recita de memoria Carmen Rey, unha auténtica afeccionada aos refráns, dos que lembra unha gran cantidade aínda hoxe. A pesar do tempo transcorrido dende o comezo da súa vida, os seus ollos e o seu aceno denotan moita alegría e nin rastro de sufrimento, ben porque como tantas outras mulleres padeceu sen queixarse, ou ben porque ten a fórmula milagreira dun éxito que case todos buscan para si e que non é outro que esa mesma felicidade que irradia, nin máis nin menos.

Con case cen anos no lombo, canso pero con ganas de andar, Carmen Rey aínda ten tempo para dar renda solta ao seu subconsciente e recoñece que soña de vez en cando. “Vin a un cabaliño preto do muíño e a un home que montaba nel, pero non era quen de guialo e aquel marchou río abaixo ata dar co rodicio do muíño, onde os dous desapareceron”, lembra de tirón.
Antes de despedirnos, a señora Carmen deséxanos “boa saúde, que é o importante, pois con iso temos todo o demais”. Quizáis ese sexa o segredo.

NOTA: Artigo tirado do Diario de Arousa do 18-03-2008

Propostas Dolorock 08

Marzo 24th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

abaralla.jpg

Desde hai unhas semanas a Asociación Cultural “A Baralla” pregunta na súa web DK08 opinións ou propostas sobre o festival para este ano. Pódese participar en: Proposta DK08

Até o 25 de Marzo

Marzo 15th, 2008  |  Published in| the_category Sen clasificar

Marcho de vacacións istos días e non voltarei até o 25 de Marzo, máis deléitovos con Franco Battiato: “Voglio Vederti Danzare“.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/UwKPORtEmbY" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Romaría das Cabezas da Armenteira

Marzo 15th, 2008  |  Published in| the_category Festas

as-cabezas-armenteira.jpg  as-cabezas-armenteira-2.jpg

No luns de Pascoa milleiros de romeiros acoden ao mosteiro da Armenteira a darlle grazas ou pedir curación á virxe, a mesma que engaiolou a Santo Ero e puidera coñecer a vida eterna durante 3 séculos. A “Virxe das Cabezas” sitúase no baldaquino principal, co Neno no colo e un peito descuberto, e nas mans uns racimos de uvas, obra de Xosé Ferreiro, o escultor con sona na Galiza do XVIII. A Virxe cura as dores de cabeza e as efermidades dos nervios, por iso son miles as persoas que solicitan os seus favores no monte que está mais perto do ceo que da terra. (Revista “Aceñas” nº2, Departamento de Ciencia Sociais do C.P.I. do Mosteiro).

NOTA: Agradecemento a Rosa Martínez Vila “Rosanegra” e Cruz Martínez Vila, naturais da Armenteira, pola xentileza das fotos tiradas do seu blogue “A Porta Verde do Sétimo Andar” e concretamente do artigo “Luns de Pascua

Programa de Turismo Social

Marzo 15th, 2008  |  Published in| the_category Sociedade

anxo-quintana.jpg 

Comenzou o Programa de Turismo Social que pon en marcha a Secretaría Xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar que dirixe Anxo Quintana para as persoas maiores de 65 anos ou maiores de 60 anos pensionistas, para acudir aos Balnearios de Galiza, así como viaxes a Castela-León, Portugal, Illas Baleares (Mallorca), Venezuela (Caracas-Valencia), Panxón e Illas Canarias (Lanzarote e/ou Tenerife). As persoas interesadas acudirán xunto á Asistente Social os Luns e Xoves até o 3 de abril coa seguinte documentación: D.N.I do solicitante e do cónxuxe, Cartilla da Seguridade Social, Declaración da Renda ou no seu defecto Certificación da Delegación de Facenda de non figurar no Censo de Declarantes, Certificado expedido pola Seguridade Social da pensión que percibe ou no seu defecto de non percibila e Informe médico (impreso no Concello).

Máis informaciónBando do Concello de Meis, Vicepresidencia da Xunta de Galiza,

Obradoiro de Dinámica Grupal

Marzo 15th, 2008  |  Published in| the_category Eventos

dinamica-grupal2.jpg

VAISE POR EN MARCHA A PARTIR DO 16 DE ABRIL UN TALLER-DINÁMICA GRUPAL SOBRE “O BENESTAR PERSOAL E PREVENCIÓN DE CONFLICTOS   CON UN MESMOCOS DEMAIS: (AMIGOS, PARELLA, PAIS, FILLOS). ESTÁ DIRIXIDO A TODOS/AS VECIÑOS/AS DO CONCELLO E QUE TEÑAN ESPECIAL INTERESE EN MODIFICAR ACTITUDES. OS QUE ESTEAN INTERESADOS PREGUNTAR POLA EDUCADORA FAMILIAR de 9:00 a 10:30 horas até o 11 de Abril.

Máis información: Bando do Concello de Meis

Semana Santa de Paradela

Marzo 11th, 2008  |  Published in| the_category Festas

 semana-santa-de-paradela1.JPG

Máis información sobre o evento festivo: Semana Santa de Paradela 2008

Web Oficial: Semana Santa de Paradela