Archive for| the_time Xaneiro, 2008

A historia do Entroido de Meis

Xaneiro 30th, 2008  |  Published in| the_category Festas, Historia

entroido.jpg  cigarrons.jpg

FACER AS RUADAS, o Entroido de Meis

¿E ti de que te vas vestir?, dixo o Quique, o fillo do ferreiro.

Aínda ando a matinar no choio, desde logo de choqueiro non teño que me tusa, dou por resposta.

Esta é a frase que máis se escoita nestes días, é a consecuencia da crenza cristiana no problema entre Dona Carne e Dona Coresma e como anticipo da abstinencia coresmal a partires da festa de Aninovo e, sobre todo, como ledicia pola fuxida do inverno e a chegada da primavera. Achégase o Entroido a Meis e as xentes preparan a roupa vella que axude a FACER AS RUADAS polos camiños e corredoiras, así se chama de antigo en Meis, significa o berro, a chamada duns a outros para a festa. O choqueiro, o señor das ruadas, é a expresión pobre dos entroidos, a miseria e a xenreira do que non ten nada de seu e aproveita este tempo para liberar a súa carraxe.

O Aparelló

Nome co que se coñece na freguesía de San Salvador de Meis ao boneco de palla, con vestido e pucha, que levan ergueito enriba dunhas angarellas casa por casa, pedindo para o “Aparelló enfermo”. O Aparelló queimábase o domingo de Piñata.

O Entroido nas aldeas de Meis

En Talide (San Martiño de Meis) deixaban o boneco no lugar d´As Camiñas, cun caixón a súa beira onde se recollían os cartos e se comían as filloas. En Nogueira, na aldea de Caticovas tiñan como símbolo algunha torada que se deixaba diante das casas, en Penente tiñan un burro moi adornado.

Xogos no Entroido meisino

Existían moitos xogos que se facían nestas datas, desde “Facer as Ruadas” até “Colar de mimosas ás mozas”, pasando pola “Morte do Galo“, “A xogada do cinto” ou “O burro adornado con mimosas“.

Tradición oral

Desde San Salvador de Meis: “Aí ven o Entroido a cabalo dunha vaca, para ir ao casamento de Manuel da Casaca”

NOTA: Recollido do traballo etnolóxico de Mario Gallego Rei. Revista “Aceñas”, Departamento de C.C. Sociais do C.P.I do Mosteiro.

A CIG alegará a nova alternativa do nú de Curro

Xaneiro 29th, 2008  |  Published in| the_category Economía

nu-autovia.jpg      cig.gif

A Confederación Intersindical Galega acha que o nú de comunicacións pode desprazarse cara unha zona onde na actualidade non hai ningunha empresa afectada nin tampouco vivendas. Trátase dunha área que está destinada a acoller o polígono industrial de Barro-Meis, onde se están facendo actualmente as obras de urbanización. Desde a CIG consideran que a Deputación podría buscar unha nova recalificación de terreos próximos para o seu desenvolvimento onde existen unha importante superficie de solo rústico susceptíbel de abranguer o parque.

nu-autovia1.jpg

Ademáis, a CIG critica a actuación do alcalde de Meis, que renunciou a presentar alegacións para negociar directamente coa Consellaría, que a considera de moi pouco afortunada pois entenden que os responsabeis municipais renuncian a una vía imprescindíbel para que Política Territorial considere as súas demandas.

Máis información: Faro de Vigo do 29-01-08, La Voz de Galicia do 29-01-08 (1), La Voz de Galicia do 29-01-08 (2), Diario de Pontevedra do 29-01-08, Canal Rías Baixas do 28-01-08, Diario de Arousa do 29-01-08, Faro de Vigo do 31-01-08

Pleno de Xaneiro-2008

Xaneiro 27th, 2008  |  Published in| the_category Plenos

es-meis2.gif

Convocado un Pleno Municipal para este martes día 29 de Xaneiro ás 20:30h. na Casa do Concello. Entre os puntos a tratar están a Cesión ao Concello de Meis do Campo de fútbol d´O Leixo (O Busto) na Armenteira, Cesión do tramo de estrada PO-300 (Nogueira PO-531 Cambados VG 4.3), p.k. do 0+000 ao 2+680 (Travesía do Mosteiro) e sobre a asociación impulsora do pacto territorial de emprego do Salnés.

O BNG pide unha prestación eficaz do servizo postal

Xaneiro 24th, 2008  |  Published in| the_category Política

correos.jpg bng.gif

O BNG de Meis expón na súa moción: “Os/As funcionarios/as de correos xa non son corpo especial, o que pode favorecer a súa marcha: mobilidade para poder trasladarse a outras administracións. O propósito é eliminar funcionarios/as. Fanse repetidas reducións de plantilla, as xubilacions non son substituidas por novos traballadores/as, as condicións laborais sofren un deterioro paulatino, engadidas as presións que sofren os/as traballadores/as; e a calidade do servizo vaise empobrecendo. En Meis, a oficina de Correos, sita na Feira de Gando, non cubre as necesidades dos veciños dándose o paradoxo de veciños que viven a menos de 50 metros da sede postal teñan que recoller certificados, paquetes, etc en Cambados.”

 Solicitan do Pleno da Corporación de Meis:  “Dirixirse ao Goberno Galego para que inste ao Ministerio de Fomento do Goberno do Estado a garantir, sen detrimento das condicións laborais do persoal, a prestación eficaz do servizo postal universal no termo municipal en condicións de igualdade e non discriminación polo lugar de residencia, revocando, asemade, calquera medida que poida menoscabar o dereito cidadán á inviolabilidade da comunicación postal.”

O PP do Salnés ataca de novo a liberdade de expresión na Rede

Xaneiro 24th, 2008  |  Published in| the_category Sucesos

_aduaneiros_pecha.jpg  blogueariz1.gif

E dalle aos do PP por controlar á xente que queremos escriber libremente nos blogues. Desta volta, o PP de Ogrobe remonta a súa batalla contra os blogues “subversivos” existentes: El PP retoma su batalla contra los blogs locales por considerarlos ofensivos La Voz de Galicia do 22.01.2008, O PP do Grove propón un rexistro obrigatorio de blogueiros Vieiros do 23.01.2008

“Ofensivos” dí o PP do Salnés…acho que o problema é a falla de tolerancia dos pepeiros coas críticas. Só se sinten ofendidos aqueles que non teñen a conciencia tranquila. Non deixa de ser certo, que alguén sempre se aproveita da situación, mais non é menos certo que a xente percibe e condena este tipo de actos. Tamén hai que ter un pouquiño de sentido do humor, que en Meis somos moi retranqueiros para o que queremos.

Este blogomillo representa aire fresco para moitos meisinos e meisinas que nun concello rural da características de Meis, onde é fácil exercer un control sobre a cidadanía, onde se pode facer presións (económicas, psicolóxicas, sociais, etc) ao mais puro estilo caciquil non sufran represión e acoso aquelas persoas que queremos expresarnos libremente. O PP pretrende silenciarnos.

Blogues denunciados polo PP do Salnés: Cousas de Cambados e Cousas do Grove

Ademáis, a teima persecutoria do PP do Grove centrase noutras dúas webs mecas: Cartas desde Delfos e O Blog do Xarabal

Veciños de San Salvador protestan polo paso do Rally do Alvariño

Xaneiro 23rd, 2008  |  Published in| the_category Sociedade

rally.jpg

Diario de Arousa 23-01-08: El Rally de Inverno vuelve a poner en pie de guerra a los vecinos por su peligrosidad

“Los vecinos de Meis se muestran una vez más indignados con el paso de los rallies por sus carreteras, debido a las incomodidades y peligros que les originan. La comunidad de montes de San Salvador expresó ante el alcalde el malestar dejado en la localidad por el reciente Rally de Invierno.”

O mais sorprendente da noticia son as declaracións do Alcalde de Meis: “descoñecía o paso desta carabana de vehículos pola vila”. Este señor nunca sabe nada, o que representa un feito moi grave para esta persoa que ten que velar polos intereses do concello e polo que cobra por iso. Engade ademáis que “estou dacordo coas reivindicación veciñais, pois un evento desta índole non pode poñer en perigo ás persoas que fan a súa vida normal mentres circulan”

Claro, haberá que preguntarse que fai o fará para que o Rally circule axeitadamente por Meis, se realmente cré no que dí.

 Máis información: La organización asegura que el Rally do Albariño cumple con los requisitos legales Diario de Arousa 25.01.08

Programa do Entroido Meisino 2008

Xaneiro 23rd, 2008  |  Published in| the_category Festas

entroido-de-meis.jpg

PROGRAMA DO ENTROIDO 2008 
Sábado 2 de febreiro
A partir das 17:30 h., Concurso de disfraces infantís
Gran Festa Infantil no Pavillón Municipal con xogos, animación e música a cargo da Compañía “Duende Sico”
“PREMIARANSE OS MELLORES DISFRACES CONFORME ÁS DIFERENTES MODALIDADES: INDIVIDUAIS, PARELLAS E GRUPOS (mín. 6 participantes).

Martes 5 de febreiro
Concentración ás 19:00 h., no Campo da Feira e desfile ata o Pavillón Municipal.
Concurso de disfraces do entroido co “Trío Arena”.
“Os nenos poderán participar no desfile pero non no concurso”.
Tódolos concursantes que participen no desfile terán dous puntos máis no concurso.
“PREMIARANSE OS MELLORES DISFRACES CONFORME ÁS DIFERENTES MODALIDADES: INDIVIDUAIS, PARELLAS E GRUPOS (mín. 8 participantes).

Domingo 10 de febreiro
A partir das 17:30 h., Enterro do Porco.
Saída da Casa mortuoria na Rochela. Condución ata o Campo da Feira para a súa posterior incineración.
Prégase a asistencia de negro riguroso.

O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Tódolos concursos faranse no Pavillón Municipal. Entrada Libre.

O Circuito de Karts de San Lourenzo de Nogueira

Xaneiro 22nd, 2008  |  Published in| the_category Economía

Non me lembro ben da data exacta de inaguración do Circuito de Karts de San Lourenzo, mais debeu ser sobre 1995 e se a miña memoria non me engana foi inagurada polo Señor Rajoy Brey. Este Circuito pertence á Comunidade de Montes da parroquia meisina na que se realizan probas diversas e non só de karting. Agora mesmo está amiazada pola futura autovía de Pontevedra a Vilagarcía e vese un futuro incerto.

O Diario de Pontevedra (22-01-08) publica un artigo sobre esta cuestión: El circuito de karting ‘Val do Salnés’ corre peligro de desaparecer

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Kx8ay2CDQU0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O PSOE propón un programa de compostaxe en Meis

Xaneiro 19th, 2008  |  Published in| the_category Política

logopsdeg1.jpg  marta-giraldez.jpg

Os socialistas de Meis expoñen que “Sendo como é necesaria a evolución da recollida selectiva de lixo cara un sistema máis respectuoso co medio ambiente, é preciso a creación dun “Plan Integral de mellora da xestión do medio ambiental” que podería iniciarse coa posta en marcha deste programa de compostaxe coma primeira medida, xa que o noso Concello ten a avantaxe de que case que todos veciños dispoñen de espazo axeitado para a ubicación os compostadores e de capacidade de autoconsumo da compostaxe resultante. “

Por esta razón o PSOE de Meis propón: “Que os técnicos municipais elaboren un Plan de viabilidade cos pertinentes informes económicos e técicos, ademais dun calendario de prazos que debería ser comunicado aos Grupos Municipais nun tempo prudencial, antes do vindeiro pleno si é posible, e que recolla os tempos de elaboración dos estudios mencionados  e da implantación deste programa.”

Máis información: La Voz de Galicia 20.01.08

Roubos en Caticovas e protesta veciñal na Aldea de Arriba

Xaneiro 19th, 2008  |  Published in| the_category Sucesos

caticovas.jpg Rouban un coche en Caticovas (San Vicente de Nogueira) e volven ao día seguinte. Máis información en: Canal Rías Baixas 17-01-08, La Voz de Galicia 17-01-08

aldea-de-arriba.jpg Un veciño da Aldea de Arriba (San Salvador de Meis) leva tres anos agardando por unhas vallas. Máis información: Canal Rías Baixas 18-01-08