Archive for| the_time Decembro, 2007

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Decembro 24th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

capela-de-sta-maria-do-mosteiro-1897-1.JPG Capela de Sta. Mª do Mosteiro-1898

Deséxovos a todos e todas unha Felices Festas e un aninovo 2008.

Este blogomillo permanecerá inactivo até despois de Reis, marcho de vacacións.Até o vindeiro ano.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/8v5pwu1O1MA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Programación para o Nadal de Meis

Decembro 21st, 2007  |  Published in| the_category Eventos

es-meis1.gif 

O Concello de Meis informa das Actividades programadas para este Nadal:

Día 22 (Sábado): Festival da “Banda Escola Municipal de Meis”. Auditorio ás 20:00

Día 25 (Martes): Misa do Nadal (Representación do Belén Vivinte). Casa Escudeiro ás 12:300

Día 25 (Martes): Festival da Banda “A Vertula” (Paradela). Auditorio ás 18:00

Día 26 (Mércores): Actividades para os rapaces. Casa da Cultura ás 16:30

Día 27 (Xoves): Proxección de Cine Infantil. Auditorio ás 17:00

Día 28 (Venres): Actividade para os rapaces. Casa da Cultura ás 16:30

Día 30 (Domingo): Festival de Coros do Nadal de Meis. Auditorio ás 16:30

Día 31 (Luns): Festival Fin de ano para os máis pequenos (pallasos, obradoiros, bailes, xogos…). Pavillón ás 10:30

Día 2 (Mércores): Actividades para os rapaces. Casa da Culturas ás 16:30

Día 3 (Xoves): Proxección de película de animación infantil. Auditorio ás 17:00

Día 4 (Venres): Actividades para os rapaces. Casa da Cultura ás 16:30

Día 5 (Sábado): Cabalgata de Reis. Campo da Feira ás 16:30, chegada dos Reis Magos ás 19:00

Os escolares do CPI do Mosteiro contra a violencia machista

Decembro 21st, 2007  |  Published in| the_category Sociedade

violencia1.png

Segundo informa o Canal Rías Baixas: O colexio de Mosteiro súmase aos actos de repulsa contra a violencia machista

      “O colexio de Mosteiro quixo unirse as numerosas mostras de repulsa á violencia machista que xerou o recente asasinato de Mari Luz Pose. Cun minuto de silencio no patio do colexio e a lectura dun manifesto, directiva e profesorado do colexio quere inculcar aos rapaces da E.S.O. unha educación na igualdade e na tolerancia cero a violencia de calquera tipo. O profesorado en pleno do colexio de Mosteiro está de acordo en que a educación é a base dun bo comportamento e do respecto entre homes e mulleres, por iso, dentro do seu horario escolar, quixeron facer que os rapaces da ESO participaran nun acto de repulsa á violencia machista.

minuto_silencio_mosteiro100_001.jpg  O acto tivo lugar no patio do colexio e consistiu nun minuto de silencio en recordo de Mari Luz Pose, e na lectura dun manifesto por alumnos de cuarto. O texto foi escrito pola profesora de lingua española de terceiro e cuarto curso. Leuno unha rapaza que falaba do cheas que están as mulleres de ter medo, de pensar que tódolos homes son malos e de protagonizar os informativos, e un rapaz que resaltou o cheos que están os homes de que os metan no mesmo saco que os maltratadores, de que as mulleres teñan medo e de que haxa homes que cren que as mulleres son unha propiedade.
Ámbolos dous pediron que cese xa a violencia de xénero. O silencio prolongouse durante a lectura do manifesto, roto tan so, para aplaudir con emoción, tódolos participantes do acto.”

Directora e profesores do colexio, poñen así toda a súa esperanza nos homes e mulleres do futuro, para que dunha vez, deixe de ser noticia que un home mata a unha muller.

O BNG solicita a actualización do Inventario Municipal

Decembro 18th, 2007  |  Published in| the_category Política

 inventario-do-arquivo-municipal1.jpg  bng.gif

Nova proposta do BNG que será debatida en Pleno sobre a actualización do Inventario Municipal, é decir, sobre as propiedades pertencentes á institución que representa o Concello de Meis. Os nacionalistas meisinos piden:

1. Que o Pleno Municipal, formado por todas as forzas políticas do Concello, recoñeza a importancia de elaborar un Inventario Municipal e insta ao Goberno do Concello a que sexa actualizado no menor tempo posíbel.

2. Que sexa deseñado e aplicado con procedementos que permitan unha actualización permanente.

3. Que se expoña ao público en todas as parroquias para que os veciños poidan realizar as matizacións ou alegacións oportunas.

Máis información: Moción BNG sobre a actualización do inventario de bens, dereitos e accións do Concello de Meis

Exposición sobre Patrimonio Etnográfico do Salnés

Decembro 17th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

es-meis.gif 

O Concello de Meis informa da exposición itinerante polos concellos da nosa comarca sobre o Patrimonio Etnográfico do Salnés. Poderase visitar no Centro Multiusos do Mosteiro do 17 ao 21 de Decembro, desde as 10:00 até as 13:30.

NOTA: Pouco interese debe ter o Concello de Meis na Exposición cando pon unhas horas de visitas nas que a maior parte dos veciños traballamos ou aproveitan esas horas para realizar xestións. Un pouco mais de seriedade por parte do Concello.

Biografía de Manuel Barros Chantada “O Rancheiro”

Decembro 14th, 2007  |  Published in| the_category Personaxes

manuel-barros-chantada.gif  Hai uns días daba a coñecer na Internet o libro que nos legou Manuel Barros sobre as súas memorias. Coincideu, practicamente, co 20 cabodano do seu pasamento, acontecido o 12 de Decembro de 1987 en Bos Aires (Arxentina).

Despois de ler os seus relatos, pedinlles a varias persoas (Rubén Barros, Mario Gallego e Celso Milleiro) que me fixeran unha pequena biografía para este blogue. Velaí o resultado: Manuel Barros Chantada.

Agardo, unha vez máis, que sexa do voso agrado.

Relato y Memorias de un prisionero y cautivo del régimen de facto del “General Franco”

Decembro 10th, 2007  |  Published in| the_category Libros

portada-rancheiro.jpg

“Relato y Memorias de un prisionero y cautivo del régimen de facto del <<General Franco>>” é da autoría de Manuel Barros Chantada “O Rancheiro”.

No mes de Agosto de 1980 publicouse este libro de lembranzas sobre a Guerra Civil e a Postguerra do que se fixeron uns 500 exemplares pagados do propio peto do autor que os reparteu entre os seus amigos, familiares e achegados na Arxentina, mesmo tamén en España nunha viaxe que realizou en 1985.

Rubén Barros González, fillo do autor, rematou hai unhas semanas unha segunda edición mellorando sustancialmente o texto, para unha lectura máis doada, e mesmo engadeu algunhas cousas máis sobre a vida do seu pai. Moi probabelmente, este libro vaia ser anexado a un traballo que se está realizando sobre a República e a Guerra Civil en Meis.

Manuel Barros é, sen lugar a dúbidas, un heroe, disos dos que todos os meisinos e as meisinas podemos sentirnos fachendosos. Recomendaría a súa lectura porque son impresionantes os relatos que alí aparecen, da súa fuxida, de como salva a súa vida varias veces e sobre algúns apuntamentos históricos que realiza sobre o Meis da primeira metade do século XX.

Video promoción da “Festa dos Callos de Meis”

Decembro 7th, 2007  |  Published in| the_category Festas

Video promoción da “Festa dos Callos de Meis” realizado pola Mancomunidade de Concellos do Salnés. Imaxínate O Salnés – Festas dos Callos de Meis:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/4d8z5k4TGkw" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

José Mouriño Escudeiro “O Cortizo”

Decembro 2nd, 2007  |  Published in| the_category Personaxes

jose-mourino.JPG  jose-mourino1.JPG

Fotos do lugar onde está colocada a placa de homenaxe a José Mouriño no muro do mosteiro da Armentaira

Natural do lugar da Lomba (Cabeza de Boi – A Armenteira). Sendo moi novo, emigra á Arxentina onde casa con Francisca, filla dun acaudalado empresario do tabaco de orixe italiana, da que tivo 4 fillos. Resideu en Buenos Aires durante moitos anos onde acomulou unha importante fortuna. A el se deben as obras da estrada Barrantes a A Armenteira, así como os inicios das obras da estrada de Barrantes ao Mosteiro e foi un dos maiores investidores na Capela de Cabeza de Boi.

José Mouriño “O Cortizo” é un deses meisinos que estando na diáspora non se esqueceu dos seus veciños e adicou a súa riqueza na contribución da mellora da calidade de vida destes. Esta contribución fóiselle recoñecida en xullo de 1931 ao ser nomeado fillo predilecto de Ribadumia

Hai unha praca no mosteiro da Armenteira na súa homenaxe polos veciños que dí: “Los Vecinos de Armentera patentizan a D. José Mouriño su gratitud por la constitución de esta carretera. Año 1931” .

Os veciños da Armenteira estiveron sempre moi agradecidos pola labor deste filántropo oriundo da parroquia. José Mouriño viaxou por última vez a Meis en 1959 e faleceu na Arxentina en 1962.

A Corporación de Meis aproba unha moción do PSOE sobre o Plan Madruga

Decembro 2nd, 2007  |  Published in| the_category Plenos

logopsdeg.jpg

A Corporación de Meis aproba por unanimidade unha moción do PSOE sobre o Plan Madruga no Pleno celebrado o pasado 27 de Novembro.

Máis información: La Voz de Galicia (29-11-07), Diario de Arousa (29-11-07)