Archive for| the_time Novembro, 2007

Festa do Magosto 2007

Novembro 8th, 2007  |  Published in| the_category Festas

feiramosteiro4.jpg  magosto1.jpg

O Concello de Meis celebra a Festa do Magosto este domingo, 11 de Novembro, ás 17:00 h no Campo da Feira. Haberá, loxicamente, castañas asadas, acompañadas de chocolate, todo de balde. Tamén, organizaranse xogos tradicionais e ramatará a xornada coa proxección da película “Jalisco” que costará 2 € para os adultos e 1 € para os máis cativos.

Máis información: Anuncio do Concello de Meis

Nos medios de comunicación: Diario de Arousa (10-11-07)

Exposición pública e cobranza en voluntaria das taxas e prezos públicos por auga (2º semestre 2005)

Novembro 7th, 2007  |  Published in| the_category Concello

 es-meis.gif

Exposición pública e cobranza en voluntaria das taxas e prezos públicos por auga (2º semestre do 2005). Prazo de reclamacións do 24 de Outubro até o 23 de Novembro. Prazo de cobro do 3 de Outubro até 4 de Decembro. Máis información: Anuncio do Concello de Meis

Robustiano Fernández Cochón “Tano”

Novembro 4th, 2007  |  Published in| the_category Personaxes

igrexatemplonovomarin11.jpg       sede_pontevedra_fachada.jpg

Robustiano Fernández Cochón foi un importante arquitecto nacido en Meis. Fillo de Robustiano Fernández, veciño da Lomba (Nogueira) e de Arminda Cochón Freire (da importante familia meisina dos Cochón).

Estuda Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela entre 1924 e 1927. En 1935, coa titulación de Arquitecto, ofrécese ao Concello para facer de balde o proxecto dos Grupos Escolares de Meis.

En 1943 realiza o bosquexo do Cine Malvar de Pontevedra, ubicado na rúa de García Camba, formando parte dun edificio de vivendas.

Entre as obras máis sobranceiras deste arquitecto meisino están o anexo ao edificio de Caixanova en Pontevedra e o Templo Novo de Marín, concluidas e inaguradas ambas en 1956. Ademáis, foi arquitecto da Deputación de Pontevedra.

Faleceu, ainda novo, aos 48 anos un día de Febreiro de 1956, xustamente no intre de maior creatividade e traballo. Os seus restos foron soterrados no cemiterio de Santo Tomé de Nogueira.

O Concello de Pontevedra adícalle unha rúa co seu nome en Lérez, lugar onde resideu até o seu pasamento.

pomomuseo1.jpg O arco do museo de Pontevedra, ao fondo da foto, é autoria de Robustiano Fdez. Cochón, realizado nos anos 40.

NOTA: Calquer información sobre Robustiano Fernández Cochón “O Tano”, así como unha foto, será ben agradecida para engadila ao resto de biografías de meisenses ilustres que aparecen neste Blogomillo de “Meis, Caderno de Bitácoras”.

As Trasnadas no Samaín

Novembro 1st, 2007  |  Published in| the_category Ruxe-ruxe

  samain.jpg  samain1.jpg

Andamos mergullados istos días no Samaín, pois por moito que algúns non souberamos moi ben en que consistía, pronto nos puxeron ao día os nosos fillos, traendo as cabazas feitas no colexio ou contándonos lendas alusivas a estas datas.

E falando de lendas e de tempos de trasnos e trasnadas, decir que chegou preto de nós unha “lenda” dos últimos tempos, que non sei se ten sustento de realidade ou base para unha lenda en toda regra.

policia-local.jpg

Acontece que no “ruxe ruxe” de Meis fálase da creación dunha praza de policia local, pero non queda ahí a cousa, vai moito máis aló, pois a suposta praza tería “inquilino, xa que quedou xente das dos “bos” sen colocar” e neste caso en cuestion, a rumoroloxía sitúa nela a unha persoa moi ligada sentimentalmente a unha muller de “gran influencia” no concello. Isto está a provocar un malestar profundo nun amplo sector da poboación de Meis, por tratarse dunha persoa que non desperta moita simpatía social que digamos e sumándolle ao feito de que se dé por adxudicado algo que ainda non está nen creada.