Archive for| the_time Novembro, 2007

Servizo Galego de Movilidade e Termalismo Social

Novembro 29th, 2007  |  Published in| the_category Concello

es-meis3.gif

SERVIZO GALEGO DE MOVILIDADE

O Servizo Galego de Apoio á Movilidade persoal para as persoas con discapacidade e/ou dependentes, da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza que dirixe Anxo Quintana, ten como obxectivo procurar cubrir as necesidades básicas de desprazamento, normalizando as condicións de vida, favorecendo a autonomía persoal e facilitando a integración social das persoas usuarias. Máis información: Bando do Concello de Meis

PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL

Forma parte do Instituto de Mayores y Sevicios Sociales IMSERSO do Ministerio de Trabajo do Goberno de España. Hai que dirixirse á Asistente Social os luns e xoves de cada semana até o día 10 de Decembro para as quendas de Xaneiro e Febreiro. Até o 14 de Xaneiro para as quendas de Marzo a Agosto. Até 12 de Maio para as quendas de Setembro a Decembro. Máis información: Bando do Concello de Meis

Video sobre o maltrato ás bestas no Castrove

Novembro 28th, 2007  |  Published in| the_category Ecoloxía

cabalos04.jpg

A web 20minutos.es publicou no mes de maio un video no que se pode ver como viven os cabalos no monte Castrove, olladeo no seguinte artigo: La Fiscalía ordena buscar a los maltratadores de caballos de Pontevedra.

Mellor visión do video

Pleno Extraordinario Novembro 2007

Novembro 23rd, 2007  |  Published in| the_category Plenos

jose-luis-perez4.jpg

O pasado 19 de Novembro celebrouse un Pleno Extraordinario no Concello de Meis con varios puntos do día: Conta Xeral de Orzamento 2006, Imposición de Taxa e aprobación da ordenanza fiscal para a celebración de vodas civís no concello de Meis, de limpeza e medio ambiente e das Licenzas e servizos urbanísticos. Ademáis foi modificado as ordenanzas fiscais reguladoras da taxa de recollida de residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos, así coma da taxa por servizos de ditribución de auga, gas, electricidade e outros.

A este pleno non asitiu, por razóns de forza maior, a concelleira do BNG Mª Carme Martínez.

O debate foi polémico, sobre todo na Taxa por voda civil no concello no que o Alcalde tomou  como referencia para o devandito canom “o que habitualmente cobran os curas”.  O certo é que a decisión do goberno local de estabelecer esta nova taxa provocou reaccións encontradas no Grupo Municipal do PSOE que tildaron o novo imposto de “aberrante”. O alcalde, José Luis Pérez Estévez, manifestaba a súa “sorpresa” ante a resposta dos socialistas e defendíase das acusacións da oposición alegando que “este novo imposto suporá un beneficio para os veciños, xa que eses cartos irán a parar ás arcas municipais”. A voceira do PSOE, Marta Giráldez Barral, declarou que “Chamamos persoalmente a todos os concellos da comarca e só en Vilagarcía nos dixeron que había intención de aplicala a principios de ano”.

Máis información: Diario de Arousa (21-11-07), La Voz de Galicia (21-11-07) (1), La Voz de Galicia (21-11-07) (2), La Voz de Galicia (21-11-07) (3), Canal Rías Baixas (21-11-07)

Outros acontecimentos da semana

Novembro 23rd, 2007  |  Published in| the_category Sucesos

miguel-angel-gomez-abal.jpg

O VECIÑO DE PARADELA DETIDO ILEGALMENTE RECURRIRÁ O ARQUIVO DA DENUNCIA

Máis información: La Voz de Galicia (19-11-07), Movimento polos Dereitos Civís

QUEIMA DE ALPENDRE NA ALDEA DE LUSÍO (MEIS)

Máis información: La Voz de Galicia (21-11-07)

A METADE DOS VECIÑOS DE MEIS NON DISPÓN DE SERVIZO DE BUSES

Segundo informa a Voz de Galicia (18-11-07): “Es en estos dos municipios donde la cifra de vecinos que no tienen acceso al transporte es mucho mayor. La situación afecta al 45% de la población de Meaño y al 38% de la de Meis. Para llegar hasta Cambados, por ejemplo, sus vecinos tiene que usar la linea que regresa de Pontevedra, lo que les impide acercarse al municipio a horas en las que poder llevar a cabo trámites administrativos.”

Festival Infantil de Corais no Mosteiro

Novembro 22nd, 2007  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

corais.jpg   corais1.jpg

Co patrocinio da Xunta de Galiza e o Concello de Meis e organizado pola Federación Coral Galega celebrouse no multiusos do Mosteiro o Festival Infantil de Corais o pasado 18 de Novembro. O certame musical finalizou cos anfitrións, o coro Xuntanza Xoven de Meis, baixo a dirección de Monserrat Arosa Villar.

Máis información: Diario de Arousa (19-11-07), Canal Rías Baixas (19-11-07)

Salvemos o Castrove!!!

Novembro 18th, 2007  |  Published in| the_category Ecoloxía

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/JzBwi9cxcm8" width="425" height="350" wmode="transparent" /] 

chiste_16×5_peque.jpg 

galiza_non_se_vende2.jpg

Biografía de Alcalde Republicano de Meis editada na revista Cedofeita

Novembro 18th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

presentacion_10×8.jpg 

O pasado mércores foi presentada na Sala de Sargadelos de Pontevedra a revista Cedofeita para o ano 2007 . Un dos artigos máis interesantes para nós chámase: “Xosé Arribas: un lerezano alcalde de Meis” realizado por Mario Gallego Rei e Celso Xavier Milleiro Sánchez. Trátase da primeira biografía pública impresa do que fora o último alcalde republicano de Meis: Xosé Arribas

Máis información: Asociación Socio-Cultural Cedofeita

publico_10×8.jpg

Foto de Juan Vicente Arcos

Novembro 18th, 2007  |  Published in| the_category Personaxes

foto-arcos-ferrand-1.JPG

Grazas ao señor Emilio Valiño pola 1ª foto que coñezo de Juan Vicente Arcos (1838-1903), egrexio meisino do século XIX, no que parece xunto coa súa muller e o resto da súa prole. Xa está colocada no artigo biográfico de Arcos Sabarís.

Un blogue sobre o C.D. Mosteiro

Novembro 16th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 cdmosteiro2.jpg

 Benvida outra páxina de Meis á Internete. Desta volta o C.D. O Mosteiro abre un blogue:

Comeza unha nova temporada para o noso clube en 2ª Rexional. As expectativas para esta temporada son elevadas e este espazo nace coa idea de informar sobre o clube a socios e afeccionados, ademais de servir como espazo onde reflexar as vosas opinións. Colaborade co clube que co voso apoio esperamos lograr algún éxito para celebrar nesta temporada. Despois de sete xornadas disputadas, o equipo atópase a 4 puntos dos postos de ascenso nunha categoría onde reina a igualdade. Mais isto non fixo máis que escomezar! Benvidos á 07/08!

Máis información: Blogue do C.D. Mosteiro

Dous anos de retraso para o remate do vial Caldas-Vilanoviña

Novembro 16th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 vial-vilanovina.jpg

Segundo comenta o Diario de Arousa: O proxecto de mellora aprobouse en novembro do 2005 coa previsión de que os traballos estarían rematados no prazo de catro meses. A idea era a de anchear o trazado en determinados puntos para mellorar así a seguridade vial. Xusto nas inmediacións da parroquia de Paradela, no lugar de Vilanoviña, estas decisións afectan a varios galpóns e a un cruceiro de pedra que posúe unha gran riqueza patrimonial e cultural.

As protestas dos veciños no referido a estes traballos de acondicionamento xiraban sobre o desnivel do trazado e todos incidían en que “hai que evitar que nun futuro quedemos anegados polas choivas ou polas riadas”.

Semella que a Deputación empeza a facerlle caso aos veciños de Vilanoviña…a ver se é verdade.

Máis información: Diario de Arousa (15-11-07)