Archive for| the_time Outubro, 2007

San Salvador, Presidente

Outubro 31st, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

   meisigrexa.jpg    san-salvador-de-meis.jpg   

Rescato para a nosa memoria histórica, este artigo do xornalista Alonso de la Torre publicado o 28 de Abril do 2001 na Voz de Galicia. Sen lugar a dúbidas, o que relata é un dos feitos que certifica a “singularidade” do noso concello:

“He aquí otra historia para la antología de esperpentos increíbles de O Salnés. Me ha llegado a través de varios comuneros de Meis que están entre indignados y muertos de risa ante una situación que allí se vive. Pero vamos al grano.
Resulta que la Comunidad Veciñal de Montes de San Salvador de Meis es una de las más ricas de la comarca. Y resulta igualmente que el cura párroco de San Salvador que, al parecer, no vive en el lugar, quiso entrar en la comunidad de montes de su parroquia.
Algunos vecinos comuneros se opusieron aduciendo que el sacerdote no tiene allí propiedades ni tampoco reside en la parroquia. Vetada pues la presencia eclesial, la Comunidad siguió su andadura.
Pero la sorpresa vino un tiempo después. El cura, ante la negativa que le impedía participar de la vida parroquial, habló con varios integrantes de la asociación y los convenció de una fascinante posibilidad: nombrar comunero a San Salvador y sacralizar de esta manera la sociedad que, desde ese momento, tendría mucha mano en el cielo para todo lo concerniente a maderas y resinas.
Dicho y hecho: la Comunidad Veciñal de Montes de San Salvador de Meis se convirtió en la primera del mundo en contar con un socio santo, elevado a los altares y que asiste a las asambleas por control celestial remoto.
Al fin y al cabo, si hay un santo con el carné del Partido Comunista y otro que es socio del Real Madrid, ¿por qué razón no puede ser comunero San Salvador? El razonamiento cayó por su propio peso y la asamblea comunal no puso ni una objeción que, desde luego, hubiera sido entendida como blasfema
El problema
Pero claro, surgió el problema que todos ustedes se imaginan: que se sepa, ningún comunero de Meis tiene hilo directo con el cielo y eso impide a San Salvador tener voz y voto en las asambleas.
Y aquí apareció de nuevo la habilidad del párroco, que fue elegido portavoz del santo en la tierra y, como representante de un comunero divino, ha sido nombrado administrador de la asociación.
Algunos comuneros, estupefactos, intentaron invalidar la decisión, pero les han aclarado que fue tomada por votación asamblearia y ya no hay marcha atrás. Nunca como en Meis fueron tan inescrutables los caminos del Señor.”

Cinemas Dixitais no Multiusos do Mosteiro

Outubro 26th, 2007  |  Published in| the_category Cultura

 cinemas-dixitais.jpg

Dende o 27 de Outubro até o 6 de Decembro vanse desenvolver no Mosteiro varias sesións de cinema feito en Galiza: “Entre Bateas” o 27 de Outubro, “O Partido”  28 de Outubro, “Secuestrados en Xeorxia” 10 de Novembro, “Jalisco” o 11 de Novembro, “O Tesouro” (de Anxel Fole) 17 de Novembro, “A Atlántida” 24 de Novembro, “A Biblioteca da Iguana” 25 de Novembro e por último o 6 de Decembro co filme “Máis ca irmáns”.

Estas sesións conta coas colaboracións da Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza, IGAEM, TVG, Concello de Meis e a Axencia Audiovisual Galega. O prezo das entradas serán de 2 € para os maiores de 14 anos e 1 para os menores desa idade.

Máis información nos medios de comunicación: Diario de Arousa (26-10-2007)

Proposta do BNG para o ingreso de Meis no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Outubro 25th, 2007  |  Published in| the_category Política

2006-03-17_img_2006-03-10_022054__103-edrenr-10032006.jpg  bng.gif

A moción que presenta a debate o BNG no Consistorio Municipal relata, entre outras, o seguinte: ” (…) O concello de Meis precisa adherirse ao Consorcio para poder participar do mecanismo máis útil para lograr que os veciños e veciñas da nosa localidade podan disfrutar de servizos sociais públicos, de calidade e correctamente xestionados e financiados. (…)”

Máis información en: Moción do BNG para o ingreso de Meis no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A nova nos xornais: La Voz de Galicia (25-10-2007)

O Alcalde de Meis “chupando” foto

Outubro 23rd, 2007  |  Published in| the_category Política

 portadaarousa231007.jpg

Resúltame un insulto aos veciños de Meis que apareza o alcalde nunha concentración popular para exixir un dereito esencial como o de poder ser atendido por un médico. Veredes que en todas as noticias aparecidas até de agora nos diferentes medios de comuniciación NON fan referencias a xestións realizadas desde a Alcaldía sobre esta cuestión. Xa está ben de que nos tomen por imbéciles. O único que saiu nos medios foi como se botaban balóns fóra, botándolle a culpa a Consellaría de Sanidade. ¿Se cadra, o Alcalde non pode facer exixencias públicas e notorias?

Agora vemos ao Alcalde de Meis facendo o PARIPÉ en San Martiño. Preguntémonos entón: ¿Falou o Alcalde persoalmente coa Conselleira de Sanidade?. A min non me chega con que este señor faga nen ten sequer unha chamada telefónica, ainda que esta cuestión non teña que ver directamente cos seus deberes, mais si ten que velar polas inxustizas que vaian aparecendo no concello, que non son poucas. Son xa tres semanas sen un médico e este señor non abreu a boca perante a institución responsábel nen deixou constancia pública do malestar existentes nas parroquias afectadas. Que non nos veña agora con milongas. Isto é vergoñento porque é tan culpábel coma a Consellaría de Sanidade da situación xerada.

Máis información: Diario de Arousa (23-10-07)

A voltas coa Autovía de Vilagarcía

Outubro 22nd, 2007  |  Published in| the_category Eventos

afectados-trazado-autovia-vilagarcia.jpg

Artigo de El Faro de Vigo sobre a futura autovía de Vilagarcía, onde di: “Los afectados por el trazado elegido para la construcción de la autovía aún no han tenido respuesta oficial a sus alegaciones. Sin embargo, las informaciones recibidas por el alcalde de Meis, José Luis Pérez, (municipio principalmente afectado por el nuevo vial) le hacen ser optimista respecto a la consideración de la mayor parte de las reclamaciones que formularon tanto los vecinos como la propia corporación municipal.”

Máis información no artigo: La Xunta destina 3 millones de euros en 2008 para iniciar la autovía de Vilagarcía

Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón

Outubro 22nd, 2007  |  Published in| the_category Libros

 episodios-de-terror.jpg

“Episodios de Terror” é un libro de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil que trata sobre a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Neste traballo son moitos os veciños de Meis ou relacionados co concello citados: asesinados, caidos en combate, apreixados, condeados, encarcerados ou mesmo por formar parte dos xulgados militares: Francisco Sanmartín Carreño (páx. 174), José Arribas (páx.188 e 319), Benito Abal Abal (páx. 243), Benito Ares Iglesias (páx. 246), Francisco Ares Martínez (páx. 246), José Román Barreiro Falcón (páx. 247), José Caramés Abal (páx. 250), Paulino Carballo del Río (páx. 250), Francisco Castro Miguens (páx. 251), Marcial Chantada Barros (páx. 252), Manuel Davila López (páx. 254), José Gerardo do Río Villanueva (páx. 254 e 255), José Diz Pérez (páx. 255), Ramón Domínguez Vázquez (páx. 255), José Escudeiro González (páx. 256), Juan Escudero Gómez (páx. 256), Feliciano Escudero Juviño (páx. 256), José Esperón Iglesias (páx. 256), Darío Faro Conde (páx. 256), Antonio Ferro Riobó (páx. 258), José Gómez Landín (páx. 262), Manuel González Galiñanes (páx. 263), Darío González González (páx. 263), Juan Landín Varela (páx. 266), Benigno Martínez Oubiña (páx. 270), Juan Martínez Romay (páx. 270), Juan Moraña Argibay (páx. 272), Heliodoro Moscoso Moscoso (páx. 272), José Mosteiro Abal (páx. 272), Ramón Outeda Ares (páx. 274), Armando Outeda Lucio (páx. 274), Santiago Paulos Roma (páx. 275), Victoriano Prado Muñiz (páx. 278), Faustino Puente Cancela (páx. 278), José Rial Gómez (páx. 280), Luciano Rodríguez Prado (páx. 282), Juan Romay Alfonsín (páx. 282), Serafín Serén Cores (páx. 284), Manuel Torres Buceta (páx. 286), Manuel Varela Villar (páx. 287), Baldomero Vázquez Durán (páx. 288), Vicente Abal (páx. 317), Camilo Abal López (páx. 317), Manuel Barros Chantada e Manuel Ramón Barros Torres (páx. 320), Raimundo Douterelo García (páx. 327), Benito Güimil Prado (páx. 335), Nemesio Outeda (páx. 344) e José Vidal Fernández (páx. 354).

A Armenteira, San Salvador e San Martiño de Meis sen médico

Outubro 16th, 2007  |  Published in| the_category Sucesos

 sanmartinho.jpg

Segundo ven de publicar “Canal Rías Baixas” San Martiño, San Salvador e A Armenteira fican sen médico: “Os veciños da parroquia de San Martiño de Meis atópanse indignados pola situación de precariedade sanitaria que están a vivir. Dende a xornada de onte ninguén atende o consultorio público desta parroquia por falta de médico. O doutor habitual que presta servicio en San Martiño está de vacacións, e o servicio público sanitario non mandou ningún substituto” .

Máis información en Canal Rías Baixas: A parroquia de San Martiño de Meis sen médico

Diario de Arousa (20-10-2007), La Voz de Galicia (21-10-2007)

OS VECIÑOS CONSIGUEN O MÉDICO QUE LLES PERTENCEN POR DEREITO

san-martino-de-meis.jpg

Canal Rías Baixas (22-10-07): “Os veciños de San Martiño de Meis terán o médico pediron nos últimos días. Así o fixo saber esta tarde o Servizo Galego de Saúde. A noticia coñeceuse pouco despois da manifestación para denunciar á situación que afecta a máis de 1.300 veciños desta parroquia. O seu médico está de vacacións e non tiña substituto…ata agora. A súas peticións deron o seu froito. Xa existe solución para esta situación que se estaba a agravar día tras día.”

san-martino-de-meis1.jpg san-martino-de-meis2.jpg

A nova nos medios: Faro de Vigo (23-10-07), La Voz de Galicia (23-10-07), Diario de Arousa (23-10-07), La Voz de Galicia (26-10-07)

Heráldica do escudo de Meis

Outubro 16th, 2007  |  Published in| the_category Libros

 heraldica-meis2.JPG

“Heráldica do escudo de Meis” é outro dos traballos publicados por Mario Gallego Rei, mestre do C.P.I. do Mosteiro, coa colaboración do Concello de Meis.

O municipio de Meis foi un dos primeiros de Galiza en oficializar o seu brasón, e “don Mario” explica en 3 apartados a historia do mesmo: Configuración do concello de Meis, Orixe e evolución do escudo e O escudo actual: interpretación heráldica e histórica.

Se cadra, unha pequena cousa que lle falta ao traballo é un Copyright © ou un ISBN que protexa os dereitos do autor.

Un plano de Meis do século XVIII

Outubro 10th, 2007  |  Published in| the_category Historia

Existe na Real Chancelaria de Valladolid un Plano do camiño que vai desde O Pazo de Meis (San Salvador) até Caticovas (Nogueira) que data de 1767.

O Plano realizouse entre 1765 e 1768 por mor dun preito de Melchor de Abal Leis e Caamaño, dono da Casa e Torre de Caticovas, veciño de San Vicente de Nogueira, con José Gabriel Patón e outros consortes, veciños de San Salvador de Meis sobre a propiedade e pertenencia dos montes do lugar de Caticovas, titulados de Outeiro, San Paio e Fonte Cova. O conflicto iníciase en 1763 cando os veciños da freguesía de Meis e José Gabriel Patón presentan perante a Audiencia do Reino de Galiza (A Coruña) un recurso contra Melchor Luis de Abal sobre a Posesión do devandito monte.

plano.jpg

Anteriormente, Melchor Abal tivera outro conflicto entre 1757 e 1758 con  Benito Barreiro, veciño de San Vicente de Nogueira, polas mesmas propiedades. Ainda que ao igual que o anterior, o preito iniciouse anos antes. Concretamente en 1753 na mesma Real Audiencia de Galiza, cando os veciños de San Vicente de Nogueira e lugar de Caticovas e Benito Barreiro, en contra dos intereses de Melchor Luis de Abal e Caamaño, REINVINDICAN as propiedades dos montes do Outeiro, San Paio e Fonte Cova como comúns. 

Vindeiras actividades lúdicas no Concello

Outubro 10th, 2007  |  Published in| the_category Concello

 es-meis.gif

1. Taller Municipal de Risoterapia: Aberto o prazo de inscripción. O curso comezará o 15 de Outubro, prezo 5 €. Inscripción no Concello de Meis. Máis información: Diario de Arousa (10-10-2007)

2. Curso de Xadrez: Aberto o prazo de inscripción. O curso comezará o 20 de Outubro, prezo de balde. Incripción no Concello de Meis e Biblioteca Municipal. Máis información: Curso de Xadrez do Concello de Meis

3. Outras Actividades abertas: Escola Municipal de Tenis, Escola Ballet Clásico “A Saleta”, e Banda Escola Municipal de Meis

Entrevista a Miguel Trapote, Monitor de Risoterapia do Taller Municipal de Meis, na Voz de Galicia (17-10-07): «Para chegar á gargallada profunda, hai que sacar o neno que hai en ti»

 miguel-trapote.jpg