Archive for| the_time Setembro, 2007

Pelotazo no Castrove

Setembro 27th, 2007  |  Published in| the_category Ecoloxía

roi_cagiao.jpg 

A cadros quedei hoxe al ler un artigo do xornal madrileño “El País” sobre a monstruosidade de facer 100 chalets no monte emblemático de Meis: O Castrove.

Un pobo non pode quedar impasíbel ante istos feitos, xa está ben de crer que isto vai ser beneficioso para Meis pois vai ser “comida para hoxe mais fame para mañán”.

Un pobo progresa cando é consciente do coidado do medio no que vive, da súa cultura e historia. Xulgade sobre este artigo de El País: Una promotora quiere ocupar un monte comunal en Meis para edificar 100 chalés

Escola de Música e Ballet Clásico de Meis

Setembro 25th, 2007  |  Published in| the_category Sociedade

 es-meis1.gif

Aberto o prazo de inscripción na Escola de Música e Ballet Clásico de Meis, os interesados poden obter máis información na “conserxería do colexio do Mosteiro”.

Información da Voz de Galicia (25-09-07)

Presunta detención ilegal dun veciño de Paradela

Setembro 23rd, 2007  |  Published in| the_category Sucesos

 miguel-angel-gomez-abal.jpg

Un veciño de Meis, Miguel Angel Gómez Abal, estuda presentar unha denuncia por unha detención inapropiada por parte de persoas pertencentes ao Corpo de Seguridade do Estado.

Noticia nos medios de comunicación: La Voz de Galicia (23-09-07), Diario de Pontevedra (23-09-07), Televisión de Galicia (23-09-07), Faro de Vigo, La Voz de Galicia (24-09-07), Faro de Vigo (25-09-07), Canal Rias Baixas (24-09-07), Canal Rías Baixas (25-09-07)

O BNG pide responsabilidades: BNG de MeisLa Voz de Galicia (26-09-07), Faro de Vigo (26-09-07), Diario de Arousa (26-09-07), Diario de Arousa 2 (26-09-07), Diario de Arousa (28-09-07)

Proposta do BNG por un novo Regulamento Orgánico Municipal

Setembro 20th, 2007  |  Published in| the_category Política

bng.gif   marirodino.jpg

O BNG presentou hai unhas semanas no rexistro do concello unha moción a debater no Pleno consistorial sobre a creación dun novo Regulamento Orgánico do Concello (ROC). A súa proposta di:

” (…) para garantizar un correcto desenvolvemento do seu labor e da participación democrática de todos os seus membros. Sen embargo hai múltiples cuestións e casuísticas que o mentado Regulamento non contempla, e deixa ao libre albedrío do Alcalde a súa resolución. En moitos concellos e organismos locais paliouse esta eiva coa redacción dun Regulamento Orgánico de Réxime Interno. Cuestións coma prazos de convocatorias, intervencións, orde e tempos nos debates, contestación de preguntas, medios materiais a disposición dos membros da Corporación, etc., que moitas veces dependen de acordos verbais ou da vontade e estado anímico de quen os ten que cumplir; pódense recoller perfectamente nun Regulamento Orgánico, consensuado e pactado por tódalas forzas políticas, e que sería de obrigado cumprimento para todos (…).”

Máis información: La Voz de Galicia (22-09-07), BNG-Meis

Meis case paralizada pola vendima

Setembro 20th, 2007  |  Published in| the_category Economía

 vendima2.jpg

Denominación de Orixe Rías Baixas dá o pistoletazo oficial da vendima no Salnés.

Máis información en: Canal Rías Baixas (19-09-07), La Voz de Galicia (20-09-07), Diario de Arousa (20-09-07), Faro de Vigo (24-09-07), La Voz de Galicia (25-09-07), La Voz de Galicia (25-09-07) 2, Diario de Arousa (25-09-07), Diario de Arousa (26-09-07), Canal Rías Baixas (28-09-07), La Voz de Galicia1 (29-09-07),  La Voz de Galicia2 (29-09-07), La Voz de Galicia3 (29-09-07), La Voz de Galicia4 (29-09-07)

O PSOE solicita unha Oficina de Atención ao Cidadán

Setembro 18th, 2007  |  Published in| the_category Política

logopsdeg.jpg  psoe-meis.jpg

A oficina de atención ao cidadán permitirá, segundo as súas propias estimacións, facilitar o acceso ás distintas administracións a todas aquelas persoas do concello que así o desexen. De feito, os socialistas inciden na importancia de que Meis se adscriba á rede galega de oficinas de atención integradas que xurdiron froito dun convenio de colaboración entre o Ministerio de Administracións Públicas e a Xunta de Galicia a comezos deste ano.

Máis información: Diario de Arousa (18-09-07)

Centos de persoas na Festa dos Maiores na Armenteira

Setembro 17th, 2007  |  Published in| the_category Sociedade

 10_mosteiro_de_armenteira_18_g.jpg

O pasado 16 de Setembro celebrouse na Armenteira a tradicional festa dos nosos maiores. Actuaron os grupos meisinos “Pedra Catán” e a banda de música “Vertula”. Foran homenaxeados os nosos conveciños Rosa Ares Rodríguez, de 93 anos e de Paradela, e Urbano Dávila Prado, de 94 anos e da Armenteira.

Máis información: Diario de Arousa (17-09-07), Diario de Pontevedra (17-09-07)

Aldea de Pedra nos muiños de Serén

Setembro 15th, 2007  |  Published in| the_category Cultura

caxin14.JPG

Algúns de vós pensaredes que podo ser algo cafre por criticar a instalación da denominada “Aldea de Pedra” no concello, mais hai uns días paseime por Caxín para ver en directo o estado das obras da aldea rural de Serén e atopeime cun fiasco moi grande, pois resúltoume un atentado visual e arquitectónico bestial que rompe coa estética dos muiños e a paisaxe. Ademáis penso que é unha burla ao propio patrimonio do concello.

caxin5.JPG

Considero irónico que se pretenda facer unha representación de como era unha aldea hai 100 anos, tendo en conta a grande riqueza etnográfica e arquitectónica do concello. Meis por si só é unha GRANDE ALDEA DE PEDRA, con moitas fontes, piornos, capelas románicas, cruceiros…se cadra o problema está en que os políticos que nos gobernan non se decataron ainda. Non debería o Concello protexer primeiro o noso patrimonio etnográfico? Onde están as políticas de protección, conservación e divulgación da nosa riqueza cultural? Que se pode decir da desfeita que fixeron coa beira do río Armenteira?

Con todos os respectos á Escola de Canteiros penso que é unha auténtica HORTERADA. Non o digo polas obras senon pola ubicación, que non é a idónea. Podería quedar ben nunha gran vila ou nunha cidade da Galiza, mais poñer iso en Meis…  Se é unha cousa tan bonita, cómo que non o levou Louzán a Barrantes?

Do mesmo xeito, a intención do alcalde de lle chamar a rota do río como a “Ruta da auga e da Pedra” non me sorprende, Que lle imos pedir ao pobre?. A rota da auga e da pedra son todas as rotas que trancorren ao longo dos treitos dos ríos, en Galiza se lle pode chamar así a todas as rotas fluviais. Pero por qué esa teima en cambiarlle o nome? Non queda ben o da “rota do río Armenteira”?. Aconséllovos que vos pasades por alí e que saquedes as vosas propias conclusións.

Máis información no Diario de Arousa do 19 de Xuño do 2007.

Os mosteiros de Galicia en bicicleta de Montaña

Setembro 14th, 2007  |  Published in| the_category Libros

 dopazo-fontan.jpg

“Os mosteiros de Galicia en bicicleta de Montaña” é un libro de Xosé Carlos Dopazo Fontán realizado xunto con Xulio Simón Rúa e editado por Xerais.

Xosé Carlos Dopazo Fontán “Carlos O Fogheteiro” é natural e veciño da aldea de Veiga da Vila (San Vicente de Nogueira), mestre do C.P.I. do Mosteiro, especialista en Educación Infantil.

O libro deste meisense fai un percorrido por 14 mosteiros da Galiza, entre eles o noso da Armenteira. Non só nos fala dos propios edificios monacais senon das fragas, petroglifos, xentes, camiños históricos, piornos, mamoas, muiños…que podemos atopar nos arredores.

Ademáis, o libro recolle un feixe de fotografías, debuxos, mapas, así como a descripción dos percorridos realizados para achegarse aos mosteiros.

Outeiro do Cribo será declarado BIC

Setembro 9th, 2007  |  Published in| the_category Cultura

outeiro-do-cribo.jpg

A Consellaría de Cultura delimitará varios petroglifos na provincia de Pontevedra para declaralos Ben de Interese Cultural (BIC) de xeito individualizados. Entre istos atópase o noso Outeiro do Cribo. Esta actuación por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellaría, xurde co obxectivo de propiciar unha mellor conservación, protección e difusión dos petróglifos.

Somos moitos os que levamos anos amosando o noso interese na protección do noso patrimonio, especialmente dos gravados rupestres. Un dos que máis puxeron o berro no ceo foron os do BNG de Meis e polo que semella as súas xestións perante a Consellaría empeza a dar froitos, máis non esquezamos que ainda queda unha longa lista do noso Patrimonio que temos que coidar.

Máis información na páxina da Consellaría: Cultura delimita os petróglifos da provincia de Pontevedra para a súa declaración como Bens de Interese Cultural