Archive for| the_time Agosto, 2007

O maltrato ás bestas no Castrove

Agosto 30th, 2007  |  Published in| the_category Ecoloxía

besta-con-tranca-1.jpg

Unha das cousas que non nos gusta aos que paseamos polo Castrove é ver o maltrato ao que lle someten aos cabalos por parte dos seus donos. A Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra está investigando istos casos e por parte da Consellaría do Medio Rural incorporará na futura Lei de Protección e Benestar Animal de Galiza, a expresa prohibición do emprego de trancas, soltas, piegas ou instrumentos similares nos animais.

Máis información: La Voz de Galicia (17-08-07), Amigos da Terra

Os veciños de Pompeán a voltas co aserradeiro de pedras

Agosto 30th, 2007  |  Published in| the_category Sociedade

 soynaci.jpg

Os veciños de Pompeán quéixanse do estado da estrada pola tránsito de camións pola aldea que a deixa intransitábel. Máis información en: La Voz de Galicia (30-08-07)

A “vaquillada” da aldea de Zacande (Nogueira)

Agosto 27th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 zacandetaurino.jpg

Novas das vacallidas de Zacande nos xornais: La Voz de Galicia (27-08-07), Diario de Arousa (27-08-07), Canal Rías Baixas (27-08-07)

[kml_flashembed movie="http://youtube.com/v/YqlKL1gVGJI" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Dolorock´07

Agosto 18th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 dolorock1.jpg

dolorock2.jpg

Chegou un dos acontecimentos mais esperados do ano: o DOLOROCK!!!

 Sábado 25 de Agosto no Campo da Feira ás 20:00, entrada de balde.

Este Festival non só representa un punto de encontro da mocidade, senon que é un claro exemplo de que en Meis se poden facer outras cousas, hai imaxinación, gañas de traballar e sobre todo ILUSIÓN. Moitas Grazas á Asociación A Baralla, que sexa por moitos anos.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/yW4swzE-fb8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Máis información nas páxinas do Dolorock: Dolorock, Dolorock (espazo interactivo) e Dolorock (novidades)

As novas do certame nos medios de comunicación: Diario de Arousa (22-08-07), Canal Rías Baixas (23-08-07), Diario de Arousa (23-08-07), La Voz de Galicia (24-08-07), Apocalipse do porco, Diario de Arousa (30-08-09)

Unha Corporación Feminina

Agosto 13th, 2007  |  Published in| the_category Sen clasificar

 feminismo2bl0.jpg

Nestas últimas semanas puden observar o pouco peso que temos nos xornais da comarca, só hai que ver a cantidade de veces que aparecen novas de Ribadumia ou Meaño e comparalas coas de Meis. Nós só aparecemos cando hai festas ou se produce algún suceso de índole dramático.

O mais chocante foi que Meis é un dos poucos concellos de Galiza que conta cunha maioría de “féminas” na Corporación Municipal. Mais isto non foi nin é noticias nos diferentes medios de comunicación. Dos 13 edís que ten o concello 7 delas son concelleiras, mágoa que o día da toma de posesión só a representante do BNG prometera ou xurara como concelleira e non como concelleiro como fixeron as outras 6 mulleres que nos representan a todos os veciños. Desde logo, non se trata dunha Corporación Feminista, senon mais ben Femenina. Cando falo de feminismo estoume a referir a un proceso ideolóxico, económico e social de normalización da vida das mulleres en pé de igualdade cos homes.

Agardo que ese dito sobre que as mulleres gobernarían mellor que os homes sexa certo, agardo que Marta Giráldez, Aderita Serantes e Maricarme Martínez (desde a Oposición) e Ofelia Barral, Raquel Fernández, Mónica Outeda e Beatriz Cobas (desde a responsabilidade do Goberno municipal) sexan quen de facer un Meis máis próspero, erradicando o machismo da nosa sociedade. Coido, por desgraza, que ainda queda un longo camiño por percorrer.

30º cabodano do pasamento do “alcalde” Arribas

Agosto 6th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 jose-arribas2.JPG

A pesar de que a lápida poña 1975, hai 30 anos, un 7 de Agosto de 1977,  finaba no Marco (S. Salvador de Meis) unha das personaxes máis importante da historia local do segundo cuarto do século XX, o alcalde republicano Xosé Manuel Arribas Hermida.

Condeada a súa figura, xunto coa dos seus compañeiros de loita, ao maior grado de esquecimento e obstracismo polo rexime de Franco e sumada a ésta a negación e o rexeitamento que lle deu o pobo de Meis, basicamente polo medo e a ignorancia, penso que ben sendo hora de recuperarmos a súa historia (que é a nosa propia historia). Por iso, aproveito a ocasión para engadir a este bloguemillo unha pequena biografía que atoparedes sempre nos menús de arriba á dereita: José Arribas Hermida, Alcalde de Meis en 1936.

Festas de Zacande (Nogueira) 2007

Agosto 5th, 2007  |  Published in| the_category Festas

carne-do-potro-2007.jpgfestas-de-nosa-senora-do-carme-2007.jpgcarne-do-potro-2007-3.jpgfestas-de-nosa-senora-do-carme-2007-1.jpg

Ultimado os programas das festas da aldea de Zacande para este ano:

1. Festa Gastronómica da carne de potro, no Campo da Feira (O Mosteiro) o 15 de Agosto ás 13:00 horas

2. Festas da Nosa Señora do Carme: Feira anual do cabalo (no Mercado de Gando do Mosteiro o 15 de Agosto) e a Festa patronal do Carme (os días 21 e 22 de Agosto)

As festas nos xornais: La Voz de Galicia (14-8-07), Diario de Arousa (14-8-07), La Voz de Galicia (16-8-07), Canal Rías Baixas (16-08-07)

1º Aniversario da traxedia dos nosos montes

Agosto 4th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

lumes-meis5.jpg

Cúmprense por estas datas o primeiro aniversario dos lumes que azoutaron o noso País, Galiza, e onde o concello de Meis foi un dos mais perduxicados. 

Se non queremos que aconteza de novo esta devastadora vaga de lumes cómpre ter unha política axeitada de prevención, sen escatimar esforzos e orzamentos tamén nos servizos contra-lumes, pois está claro que case todos eles foron provocados. As malas políticas ou mellor dito a nula política municipal no eido forestal en Meis ten a ver con que fósemos un dos concellos máis afectado. Dende logo que ninguén se leve a enganos, as Comunidades de Montes son como unha grande ubre onde o PP chupa para sacar cartos e non para coidar o noso medio ambiente. 

lumes-meis4.jpg

Un coidado e ordenamento dos nosos montes sería beneficioso para o medio-ambiente e protección do noso patrimonio forestal. Deber ser un atractivo turístico para que a xente visite o concello e un eixo vertebrador da nosa economía. Para conseguir un medre productivo no medio rural e uns montes ordenados e de calidade o único xeito é devolverlle ao monte a utilidade que sempre tivo na nosa historia social e económica. Hai que traducir con INTELIXENCIA este potencial ás coordenadas contemporáneas de rentabilidade, mercado e producción.

Tristemente, as Comunidades de Montes en Man Común (CCMMMC) de Meis atópanse baixo as gadoupas do PP. Co temas das TOMADAS no Castrove atopou o PP un filon de votos. Esta “problemática” debe resolverse nos xulgados que é o lugar axeitado onde se ten que decidir de quen son as propiedades das “tomadas”. Mais mércanse vontades ao non se meter neste tema cedéndolles uns terreos a unhas persoas de dubidosa lexitimidade propietaria na maior parte dos casos.

A modernización de Meis pasa por lograr uns montes máis productivos, diversificados e sustentabeis. A xestión forestal debe garantir unha reordenación de usos e compatiblizar as funcións económicas, ambiental e social. Para ser un motor de riqueza forestal o monte debe converterse nunha fonte de emprego, mediante a tranformación industrial, o aproveitamento gandeiro, a elaboración de productos de boa posición no mercado, e o turismo, grazas ás novas tendencias para o lecer.

O PP nunca se preocupou en levar a cabo unha verdadeira política forestal na Xunta de Galiza en todo o mandato de Manuel Fraga, para eles era importante darlle emprego durante 3 meses (non estábel e mal remunerado) ás cadrillas contra-lumes que lles servía en moitos casos para engrosar o seu tecido clientelar.

alfredo-suarez-canal.jpg

A nova Xunta de Galiza e en concreto a Consellaría do Medio Rural que dirixe o nacionalista Alfredo Suárez Canal está levando unha política que se traduce nun modelo activo e dinámico e integrado, encadrando nunha lóxica de medio e longo prazo os instrumentos dispoñibeis, cos seguintes criterios: 1. Organización da xestión de biomasa en zonas estratéxicas unido á construcción e mentemento de faixas exteriores de protección de zonas poboadas, o tratamento de áreas forestais nun esquema de intervención segundo modelos silvícolas previamente estabelecidos, no ámbito das dúas dimensións que se complementan, a defensa de persoas e bens e a defensa dos montes. 2. Reforzar as estructuras de extición e de prevencións dos lumes forestais. 3. Ampliar os esforzos de educación, sensibilización, divulgación e extensión agroforestal para a defensa do medio rural contra os incendios e para uso correcto do lume nestes lugares. 4. Reforzar a vixilancia e poñer couto á actividade criminal incendiaria mediante a colaboración veciñal, ademais de asegurar a eficacia na fiscalización e aplicación do rexime sancionador instituído.

A nova ordenación forestal implica a toda a sociedade para rematar co abandono, renovar a ilusión, mudar a tendencia regresiva e poñer as bases para un Meis e unha Galiza sen lumes.

Sobre o acontecido hai un ano, pódese ollar na Internete un video realizado na freguesia de San Tomé de Nogueira

Outras Fotos:

feijo2.jpg  rajoy.jpg

FOTOS: Núñez Feijoo e Rajoy facendo o paripé na Armenteira.

Pleno Xullo 2007

Agosto 2nd, 2007  |  Published in| the_category Plenos

 10_casa_do_concello_g.jpg

O día 31 de Xullo celebrouse un pleno ordinario no concello, figurando na orde do día un único punto para someter a votación, o nomeamento de avogado e procurador para un contencioso que presenta o concello pola anulación dun decreto no 2005 en relación á instalación de parques eólicos.

PROPOSTAS DA OPOSICIÓN

Pasouse a continuación ó tratamenbto das mocións presentadas, sendo duas nesta ocasión, unha do BNG relativa creación dun REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ, e unha do PSOE relativa A ESTABLECER UNHA CONTÍA ECONÓMICA PARA OS GRUPOS POLÍTICOS. A primeira das mocións foi rexeitada cos votos do PP, alegando o alcalde que Meis non precisa regular a participación, pois según o partido popular, pode participar quen queira, e non hai que regulalo, “xa o regulan eles”. A segunda moción foi aprobada por unanimidade, solicitando por parte da concelleira nacionalista un espazo para o desempeño da sua laboura por parte dos partidos da oposición.

ROGOS E SUXESTIÓNS DA OPOSICIÓN

Por último pasouse ao apartado de rogos e suxestións, que foi o que levou máis tempo e creou mais polémica, como ben sendo habitual. Tanto por parte do PSOE como do BNG fixeron moitas preguntas dirixidas ao Goberno Municipal, como as relativas á viaxe do alcalde a Arxentina ou o nomeamento dunha secretaria particular, temas tocados por ambas organizacizacións políticas.

Desde o BNG planteouselle ao alcalde cales foran as motivacións de que se esté hipotecando o concello de tal xeito, que antes das eleccións se fixeron unha serie de actuacións encamiñadas a “quedar ben” de cara a campaña electoral, pero os cartos para facer iso sairon dos orzamentos que virán no ano 2008. O concello pideu cartos con cargo ao 2008 para os arranxos do graderío do campo de fútbol de O Busto na Armenteira, para os sinais indicadores dos lugares que se colocaron uns días antes das eleccións, para a escultura que se colocou no Campo da Feira, entre outras cousas. Isto supón que se pediron máis de 35 millóns de ptas que corresponden ao vindeiro ano. Os nacionalistas engadiron que ademáis para a escultura que se colocou no Mosteiro, o concello tivo que pedir un préstamo á caixa de anticipos para poder pagar a parte que lle toca e que non cubriría  a subvención solicitada con cargo ao 2008. E Mª Carme Rodiño deixou patente o malestar do BNG ante esta situación , sobre todo tendo en conta que ainda non se APROBOU o presuposto do ano 2007, e xa se están gastando os cartos do ano 2008, e recordou tamén que hai uns meses se pedira outro préstamo de once millóns de ptas e ainda non se deron explicacións por parte do alcalde de para que foran ese cartos. Tratouse tamén a viaxe a Arxentina do alcalde un mes antes das elección, pois na documentación aparecía un decreto no  que o alcalde asina un pago a si mesmo de case 1500 euros por desprazamentos da viaxe a Arxentina. Explicou que fora para preocuparse pola situación dos emigrantes de Meis alí, e solucionarlle os problemas… o que provocou as risas do público que se encontraba no salón, e  que levou á concelleira nacionalista a solicitarlle o proxecto do goberno popular en materia de emigración, política internacional ou como queiran chamalo, e solicitou o informe do traballo feito polo alcalde e as outras persoas relacionadas co concello que o acompañaron, entre as que estaba unha empregada municipal (ascendida ó regreso da viaxe) e unha concelleira (ex-concelleira na actualidade). Outro tema tratado pola concelleira nacionalista foi o tema de que o alcalde por Decreto, nunca mellor dito, nomeou unha secretaria particular para él, en concreto nomeou á nº 13  da lista coa que os populares concorreron ás últimas eleccións.Tratouse tamén o tema dun centro de día, e a ilegalidade na que o concello mantén as obras da Casa Social que se construe en Zacande, que por vez primeira se tratou no Concello.Nun pleno anterior o alcalde contestara que non tiña ningún coñecemento de que se estivera a facer algo, a pesar de ser o terreo propiedade municipal..Máis nesta ocasión ante os decretos que o alcalde asina como pagos por materiais para esa obra, o alcalde tivo que admitir que se lle preguntara por parte da voceira do BNG o por que o concello mantiña nunha situación ilegal esta obra, aclarando que non debatía nin posicionaba en si estaba ben ou non, senón que non entendía por que si o concello quería colaborar, apararentemente, cos veciños, non lle facilitaba a legalización, cun proxecto e cunha licencia, mais todo aquelo que correspondese, en vez de ter á xente na situación na que se atopaban. O alcalde intentou transmitir que o BNG estaba en contra desa obra, sen dar en ningún momento explicacións nen respostar o que se lle estaba a preguntar, máis pronto se aclarou que nadie se posicionou nunca  nun tema que non foi levado a debate nin hai polo de agora ningún tipo de documentación ao respecto. Para o BNG, expuxo Carme Rodiño, o problema non é que se fagan as cousas senón COMO SE FAN. Dixo que non se poden vender como favores o que son dereitos, e preguntou o alcalde e o goberno do PP que ESTABAN A FOMENTAR?. EXPLICOU QUE PARA ELES A XENTE TIÑA QUE TRABALLAR CUNHAS GARANTIAS , NAS MELLORES CONDICIÓNS, E CO RESPALDO LEGAL DUN CONCELLO.

Por parte do PSOE plantexaron se o concello solicitara acollerse ao NOITEBUS, preguntaron tamén a que se ía dedicar a secretaria do alcalde e canto ia cobrar, ao que alcalde respostou que non sabían ainda canto lle ían pagar, que ía ser en consonacia coa sua categoria profesional e co seu traballo. Que ía facer traballos relacionados co turismo ademáis dos de secretaria sua. Que era para darlle avisos de cando él non estivese ela tomase nota de quen viña para logo comunicarllo. A voceira do PSOE preguntou tamén pola situación do Campo de fútbol do Mosteiro, o que provocou o enfado do alcalde, argumentando que esa era cuestión dunha soa persoa, que no seu momento non quixera facerse cargo do  equipo, nunha época en que o Mosteiro estivera a piques de descender e que agora coma tiña un neno xogando quería que se arranxara e que se fixera unha inversión de mais de cen millóns, e que o concello non podía. Desde a alcaldía arremeteuse contra o que según o alcalde era un tema unipersoal de alguén que xa falara con él e que non tivera resposta satisfactoria. O enfado chegou a tal que o 1º tenente de alcalde, Eugenio Fernández, propuxo retirarlle a subvención a “esa xente” para ” que aprendan”. Tamén desde o PSOE se preguntou polos gastos do alcalde na viaxe a Buenos Aires, e o motivo de facerse nesas datas, ó que o alcalde respostou que “non falamos para nada de política”, polas vivendas sociais, polos prazos de remate da carretera a Fofán, polos arranxos precisos no cruceiro de Quintáns e pola falta de sinalización en lugares de interés para os turistas .

O pleno durou máis de duas horas e contou coa asistencia de todos os concelleiros e concelleiras a excepción dunha concelleira do PP. Ademais asistiron como público máis dunha ducia de persoas.

A Secretraria particular do Alcalde

Agosto 2nd, 2007  |  Published in| the_category Política

candidaturappmeis.JPG

Hai un mes, o alcalde de Meis nomeou por decreto á número 13 da lista do PP nestas pasadas eleccións, a María Corredoira Canda, como a súa secretaria particular. Este nomeamento foi realizado polo alcalde a dedo, dentro do uso das suas atribucións. O alcalde expuxo que ademáis de facer as funcións de secretaria particular del, tamén ía realizar traballos relacionados co turismo, o que resulta escandaloso, pois turismo pertence á Concellaría de Cultura, onde temos, unha concelleira pagada cos cartos de todos e todas nós.

O que está claro é que estamos a comprobar como unha gran parte das persoas que conformaron as listas do PP ou familiares ben cercanos, sospeitosamente teñen traballos dependentes do goberno municipal ou relacionados co mesmo, outros están a ser colocados como traballadores municipais en oficinas ou servizos dependentes do concello, e agora outra persoa desa mesma lista “entra” do xeito que acabamos de comprobar. O Concello de Meis debería de cambiar de nome, eu creo que se debería de chamar algo así como Oficina de Traballo Temporal de Meis ou Casa dos Estómagos Agradecidos de Meis.

Vese ás claras a política “laboral” e de “fomento de emprego” que está a levar adiante o Partido Popular en Meis. O uso do poder convírtese unha vez máis en “abuso do poder”. E a necesidade de emprego estase traducindo nunha “compra-venta de vontades”. Todo isto a costa das arcas municipais, ou o que é o mesmo a conta dos petos dos veciños. Unha pena e unha vergonza.