Archive for| the_time Xullo, 2007

Imposto sobre Bens inmobles de rústica, urbana e outros

Xullo 27th, 2007  |  Published in| the_category Concello

 es-meis.gif

O Concello de Meis informa sobre a exposición pública das listas cobratorias dos impostos de Bens inmobles de rústica, urbana e caractarísticas especiais do exercicio do 2007. Máis información no anuncio do concello de Meis.

Dous meisinos no Uruguai

Xullo 23rd, 2007  |  Published in| the_category Historia

 uruguai.jpg

Como xa me comprometera hai uns días, aquí tendes as biografías de dous meisenses que emigraron ao Uruguai e dos que os uruguaios síntense orgullosos pola labor realizada por ambos a prol polo desenvolvimento do País: Juan Vicente Arcos Sabarís e Serafín Rivas Rodríguez. Agardo que vos guste.

Estas dúas biografías engádense ás outras de meisenses egrexios: Andrés Landín e Manuel Pesqueira. Atoparédelos tamén nos menús da entrada principal deste bloguemillo, arriba á dereita.

Expertos analisan o cambio climático nos cultivos de Meis

Xullo 21st, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 vinedos-meis.jpg

Hai uns días foi organizada na Casa da Cultura do Mosteiro unha charla sobre o cambio climático na agricultura do concello. Entre as conclusións que chegaron os expertos alí reunidos foi da posibilidade de obter un bó viño tinto, sendo a nota negativa para outros sectores labregos.

O evento foi organizado pola Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), vinculada aos círculos da UGT, PSOE e Unións Agrarias.

Máis información no Faro de Vigo

A escultura do Campo da Feira (O Mosteiro)

Xullo 20th, 2007  |  Published in| the_category Cultura

escultura-campo-da-feira-3-jpg.jpeg 

Nestes últimos días, andan os do PP inaugurando cousas polo concello adiante. No periodo de eleccións éntralle a febre a maioría dos mandatarios e inundan os nosos pobos de asfalto, figurita “dame esa, ou aquela, pero dame algunha para poñer no meu pobo”, carteliños de última hora, etc. É  unha maneira de venderse políticamente, e tragamos. Hai cousas que podo entender que se inauguren debido a súa importancia social, mais o que nunca entenderei é que este tipo de actos se fagan para vender como obras, arranxos de cousas que xa había, e que son ademáis obriga dun concello e non favores que ninguén faga aos veciños. Despois van e fan a foto e venden o que non hai (poñamos o caso do camiño de Ramirón á Xesteira, en San Vicente). É unha obriga dos gobernantes manter no mellor estado posíbel os asuntos públicos, e en vez de facer a foto como si do “AVE” se tratara, deberían ter pedido excusas por demorar tanto tempo algo que xa debería estar feito moito antes.

Outra das cuestións que non chego a entender é o feito de que uns días antes das eleccións se realicen actuacións neste sentido, véxase o caso dos carteis de sinalización dos lugares ou as marquesinas que colocou a Deputación en varios puntos do Concello dous días antes das eleccións e que o mesmo día da cita coas urnas víamolas coas etiquetas de fabricación e co plástico protector co que as embalan, por non decir que estaban tan “clavadas” a correr que ainda abaneaban. Este tipo de accións deberían de enoxar á xente, pois temos aos políticos (neste caso os do PP) para que nos traballen durante 4 anos e non para currar a última hora. Quero pensar que a xente non se deixa levar por estas circunstancias para decidir o seu voto, sería algo moi triste que ainda existan persoas que caian neste xogo.

Pero unha das cousas que máis me chamou a atención foi ese monumento que nos colocaron no Campo da Feira do Mosteiro; perdoade a miña ignorancia, mais o significado desta obra sobarda a miña modesta intelixencia.

Estiven facendo averiguacións e polo que me contaron a Xunta de Goberno Local aprobou poñer a obra escultórica o día 24 de Maio, 3 días antes das eleccións municipais, e foi colocada o venres 25. Mais, Por qué tanta presa?, esperaban gañar votos por isto? seremos os meisinos tan parvos que nos deixamos levar por estas cousas?. Quero pensar que non é así.

Esta obra saeunos aos meisinos e ás meisinas en máis de 52.000 € que viñeron polo PAM . Non pensedes e non caiades en que isto é un agasallo, isos case nove millóns das antigas ptas son nosos, dos veciños e veciñas de Meis, e este é o uso que lle dan José Luis Pérez Estevez e Compañía aos nosos cartos.

Porén, hai unha teima neste concello de  esquecerse da nosa historia e das nosas xentes. Estou seguro que poñer unha escultura que deixase constancia e significado do que foi unha das Feiras mais importantes da Galiza, sería ben recibido pola meirande parte dos veciños. Isto si que tería sentido, ao meu entender, pois da “arquitectura” e da paisaxe feiral non queda xa nada. Ficou estragado polo PP. Máis mercar unha escultura ás presas e correndo, mudarlle o título para que pareza unha homenaxe ás xentes da feira, é unha tomadura de pelo.

Actuación da Coral “Xuntanza de Meis”

Xullo 20th, 2007  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

 casadacultura2.jpg

A Coral “Xuntanza de Meis” actuará o vindeiro 24 de Xullo no Multiusos do Mosteiro na presentación da “Rota de Muiños de Meis”. Con eles participará tamén a coral meisina “Xuntanza Xoven”, ambas as dúas dirixidas pola nosa paisana Montse Arosa Villar.

A coral “Xuntanza de Meis” fundouse en 1995 e “O seu repertorio abarca varios estilos musicais, como boleros, habaneras e cancións mariñeiras, temas populares da nosa terra, etc e con temas en castelán, galego e algunhas cancións en brasileiro,  portugués e outros idiomas”.

Axudas para as persoas maiores con discapacidade

Xullo 18th, 2007  |  Published in| the_category Concello

 es-meis.gif

Abren o prazo para as axudas individuais ás persoas maiores con discapacidade. Máis información no Bando Municipal.

Meis Caderno de Bitácora bate récord de entradas

Xullo 18th, 2007  |  Published in| the_category Sen clasificar

200278642_57a459e151_m.jpeg

Este blogue, nacido co obxectivo de ser un punto de información para todos aqueles  que queren achegarse a Meis dun xeito diferente, obter información cultural, social, patrimonial, política, histórica, etc e ao mesmo tempo convertirse no lugar de encontro de todos os que queren aportar as suas inquedanzas, ideas ou visión do concello, acaba de bater un récord de visitantes. Onte  martes, preto dun cento de ordenadores diferentes contactaron con esta páxina.

Agradecer a todos os que vos achegades o voso interese e aportacións, sempre é motivador que o traballo teña uns receptores que fan uso da información e aportan cousas, mais decir que nos obxectivos que me levaron a elaborar este blogue, non estiveron en ningún momento nin están, os de danar a imaxe das persoas mencionadas, nin facer uso chabacano das novas publicadas, polo que lamento que haxa quen usa o apartado de comentarios para afastarse do fin para o que o creei. Non gosto que se use como arma persoal e arroxadiza, contra aqueles que non son do seu agrado, dun xeito pouco educado e inapropiado.

Sería o meu desexo que segades sendo partícipes deste recuncho de Meis na Internet colaborando nos comentarios dun xeito constructivo e porque non con sentido de humor. Seguirei publicando, na medida do posíbel, artigos de temática diversa sobre o noso concello e serán ben recibidos os aportes que me queirades achegar para a súa publicación neste blogue que se fará en función da liña marcada e que contará co nome ou alcume de quen asine se así o desexa.

Uruguai adica o seu rueiro a dous meisenses

Xullo 11th, 2007  |  Published in| the_category Historia

serafin-rivas-2.jpg       ciudad-montevideo.jpg

De seguro, que se alguén nos preguntase por Juan Vicente Arcos Sabarís ou por Serafín Rivas Rodríguez ninguén ou case ninguén sabería responder. De seguro, que a moitos de nós sorprenderianos ver rúas adicadas a persoas oriundas de Meis no extranxeiro, abofé que si.

Os nomes de Juan Vicente Arcos como o do médico Serafín Rivas pertencen ao rueiro municipal da capital da República Oriental do Uruguay e ao da cidade de Mercedes respectivamente. Os dous son oriundos da freguesía de San Tomé de Nogueira e os dous naceron en 1838.

Ademáis, un colexio da cidade de Mercedes (Uruguai) leva o nome de Serafín Rivas. Na Enciclopedia Galega hai algunha información sobre Juan Vicente Arcos e di:

“Naceu en San Tomé de Nogueira (Pontevedra) en 1838 e aos 17 anos emigrou ao Uruguai. Iniciou romarías españolas na América meridional. Morreu o 2 de Abril de 1903”

NOTA: Estou á espera de que me pasen datos sobre a biografía destes meisinos que engadirei a este bloguemillo.

O Mosteiro en Festas: San Cristovo, San Bieito e Os Callos

Xullo 6th, 2007  |  Published in| the_category Festas, Historia

 callos2003.jpg  callos2000.jpg

As festas do Mosteiro son de orixe recente pois data de comezos da segunda metade do século pasado. Antes desta celebración festexábase a Ascensión no mes de Maio e a Conceición o 8 de Decembro mais sen chegar a desenvolver unha romaria festiva. Os mais vellos do lugar só lembran a celebración da cirimonia relixiosa na que as veces adoitaban traer unha pequena parte da banda de Lantañón.

Botei man dunha moción do BNG que presentaron hai un par de anos para o seu debate no Pleno Consistorial que explica polo miúdo a historia das actuais festas do Mosteiro e da que considero aporta moito aos que estedes / estamos interesados en coñecer algo mais do noso:

festa-de-san-bieito.jpg

“(…) A comenzos da década dos cincuenta, o señor don Benito Martínez Martínez, propón a outros conveciños a celebración da festa de San Bieito, e xunto con colaboradores como Don Peregrino Torres Tilve, Don Gumersindo Buceta Rodríguez, e Don Adolfo Otero Outeda, entre outros, consiguen que se leve a cabo unha exitosa festa, que nuns primeiros momentos, se facía nas inmediacións da capela de Sta. María. Chegando a ter actuacións importantes, para a época, segundo algunhas testemuñas, como foi, alá polo ano 1954, a actuación da Banda de Música do Reximento de Infantería Tarragona 44. Anos despois deixou de facerse a mencionada festa. Até que a principios dos anos setenta, un grupo de, por aquel entonces, rapazas, xuntan ás suas forzas, e aunando esforzos retoman aquel acontecemento popular para o pobo, e así Pilar Giraldez Señoráns, Carmen Fariña Vidal, Josefa  Fariña Vidal, Mª Adoración Caramés Vázquez, e Socorro Caramés Vázquez encabezan un grupo, que xunto a outras colaboradoras, como Mª Teresa Ruibal Ucha, Encarnación Abal Sartal, Alberta Outón Abal, Isabel Outón Abal, Mª Dolores García Mougán, Mª Teresa García Mougán, percorren as casas os domingos pola tarde, pedindo, libreta en man, axuda económica para celebrar a verbena. A boa resposta dos veciños (sobre todo do lugar de Penente, que destacaba especialmente) na magnífica colaboración económica, fai que a festa salga adiante. E así ano tras ano, montando incluso un  primitivo bar de táboas para axudar á carga que supoñía a contratación das orquestras, (e que contou naquel momento con dous improvisados camareiros: Manuel Pérez Sóñora e Manuel Domínguez Muñiz) a festa foi medrando e facendose coñecida, cada vez máis lonxe,  e tendo outros eventos que atraían a un bo número de público como os partidos de futbol  con participación femenina, até que outros veciños tiveron que coller o testemuño destas mozas, e promover outras actividades, como foron as famosas carreiras de karts, que se celebraban no casco urbano do Mosteiro, cuxa fama ía a máis, e puntuaban para o campeonato galego, por exemplo, e nas que teñen participado, na categoría infantil, no seu momento, afamados persoeiros do mundo do motor na actualidade, como pode selo caso de Fernando Alonso, e nas que destacaba tamén o corredor local Cristobal Serantes García en categoría infantil, e Francisco Outeda Rodiño, nos adultos, e  que ademais de corredor era o artífice do evento, que contribuían a que cada ano máis xente se dese cita no concello de Meis, e así sucesivamente até o día de hoxe, en que as festas de San Bieito son un emblema de Meis en toda a comarca do Salnés e moito máis alá (…)” .

Xa, para rematar, en 1991 un grupo de xente nova decide darlle púlo ás festas dotándoas dun aliciente gastronómico: “A Festa dos Callos”. Se cadra, sexa a única festa culinaria que garda algunha relación histórica ou social co noso concello, pois os callos era o xantar principal das xentes que ián á famosa Feira do Mosteiro. Neste novo grupo de xente podemos citar, entre outros a: Gumersindo Buceta Varela, Rafael Diaz Buceta, Mercedes Chaves Casal, Juan Torres Beade, Mª Jesús Giráldez Outeda, Cesáreo Belsol Otero, Pilar Xiráldez Outeda

Máis información en: Cocinarium, Galicia en Fiestas,

Información xornalística: Canal Rías Baixas (06-07-2007), Diario de Arousa (07-07-2007), La Voz de Galicia (07-07-2007), La Voz de Galicia (11-07-2007), La Voz de Galicia-1 (12-07-2007), La Voz de Galicia-2 (12-07-2007), Dolorock no Diario de Arousa (13-07-2007), Diario de Arousa (13-07-2007), Diario de Arousa (15-07-2007), La Voz de Galicia-1 (15-07-2007), Entrevista co Alcalde na Voz de Galicia (15-07-2007), La Voz de Galicia-2 (15-07-2007), La Voz de Galicia-3 (15-07-2007), La Voz de Galicia-4 (15-07-2007), La Voz de Galicia-5 (15-07-2007), Diario de Arousa-1 (16-07-2007), Diario de Arousa-2 (16-07-2007), Diario de Arousa-Dolorock (16-07-2007), Faro de Vigo (16-07-2007), La Voz de Galicia (16-07-2007)

Aprobado o Catastro de Rústica de Meis

Xullo 6th, 2007  |  Published in| the_category Concello

 pazo-senorans.jpg

A Xerencia Territorial de Catastro de Pontevedra ven de aprobar o Catastro de Rústica do concello de Meis. Máis información no Concello de Meis.