Archive for| the_time Xuño, 2007

Pechado o programa de actuacións da Festa dos Callos

Xuño 27th, 2007  |  Published in| the_category Festas

 festas-dos-callos.jpg

Música, Danza e Deportes copan a meirande parte do programa de actuacións na festividade de San Bieito segundo publica hoxe o Diario de Arousa.

Programa de Festas páxina 1 e Programa de Festas páxina 2

Ultimando o Festival Dolorock`07 (O Mosteiro)

Xuño 26th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 A banda 6 P.M., último grupo confirmado para o festival Dolorock`07

O cartel do festival Dolorock 07 que, o vindeiro 25 de agosto, se celebrará no Campo da Feira do Mosteiro, en Meis, está a piques de pecharse. De feito, o último grupo en confirmar a súa asistencia foi 6 P.M., unha banda galega que, nas súas interpretacións, se aproxima moito ao estilo exercido por Nadadora. Nacida hai catro anos froito das inquedanzas no conservatorio de Santiago, Iván Oubiña e Raúl Mom expresan o seu sentir pola vida percorrendo a electrónica de dormitorio misturada con toques de pop melancólico. Máis información no Diario de Arousa.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/F7B8PqTFS-c" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Diario de Arousa do 1 de Xullo do 2007

Meis e a Revolución de 1846

Xuño 22nd, 2007  |  Published in| the_category Historia

 antolin-faraldo.jpg   monumento_aos_martires_de_carral.jpg

A Revolución de 1846 significou para o galeguismo (como sinónimo de nacionalismo) o punto de partida e o remate dos séculos escuros. É a primeria xeración do galeguismo, que co nome do PROVINCIALISMO,  pretenderon achegarmos a un novo modelo político e mellora da situación da Galiza. Os seus líderes foron fusilados en Carral, mais outros correrían mellor sorte e acabarían exiliándose en Portugal.

Algúns, preguntarédevos que terá que ver isto con Meis, pois resulta que lendo hai uns días un libro sobre este feito histórico atopeime que interviu nela Eduardo Trillo, universitario en Santiago de Compostela e veciño da freguesía de Santa María de Paradela, na provincia de Pontevedra.

Pdt: O da foto é Antolín Faraldo, un dos heroes do movimento de 1846.

Subvencións para remate exterior de vivendas unifamiliares

Xuño 21st, 2007  |  Published in| the_category Concello

foto1199.jpg

Subvencións da Consellaria de Vivenda e Solo (Xunta de Galiza), que dirixe a nacionalista Tereixa Táboas Veleiro, para remate exterior de vivendas unifamiliares de nova construcción. Remate das solicitudes o 31 de Agosto. Máis información en Meis.

A Escola de Baile de Meis participa nun festival en Vila Nova de Cerveira (Portugal)

Xuño 21st, 2007  |  Published in| the_category Eventos

A Escola de Baile de Meis participa nun festival en Vila Nova de Cerveira (Portugal). Máis información no Diario de Arousa: Alumnos da Escola de Baile de Meis participarán, entre o vindeiro 28 de xuño e o 1 de xullo, na terceira edición do festival de danza Dancerveira que se celebrará en Vila Nova de Cerveira, en Portugal” e en Dancerveira.

Últimos días de exposición da obra de Pesqueira

Xuño 19th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 pesqueiralabregos.jpg

“Meis e as súas xentes están por descubrir: canteiros, labregos e gandeiros, intelectuais, profesionais, políticos, artistas, homes, nobres, literatos, militares, artesáns, mulleres sindicalistas, entre outros deron sentido social e histórico a unha terra que nos colle con agarimo e nos amosa a vida da súa vida milenaria. A vida e a obra de MANUEL PESQUEIRA SALGADO é un exemplo de forza vital, amor pola terra e compromiso social e político polos máis desfavorecidos. Seu traballo como pintor expresa con realismo e colorido, vivencias cotiás e xeito de vivir dunha época da súa historia que tentamos dar a coñecer a toda a comunidade educativa”.

Deste modo comeza un tríptico que o C.P.I. do Mosteiro fixo para a exposición do pintor meisino. O vindeiro luns será desmantelada polo que recoméndovos que vaiades se non coñecedes o seu traballo.

Un dos cadros que mais me impactou da obra que coñezo de Pesqueira é un lienzo debuxado nos anos 60 do século pasado sobre a Guerra Civil, que para min significa a lembranza fonda que tiña o autor deses feitos. Nesa pintura nótase a influencia de dous cadros ben coñecidos como son as  pinturas de Goya sobre os Fusilamentos do 3 de Mayo e o Guernika de Picasso.

A Mostra pictórica está exposta no Colexio Público do Mosteiro e pode ser visitada durante o horario escolar.

A Nova Corporación Municipal

Xuño 15th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 casaconsistorial1.jpg

Esta fin de semana comeza unha nova lexislatura municipal. No meu pesar coido que outros 4 anos de “desgoberno” do PP. Non sei cal ou cales son as causas das contundentes victorias deste partido político, se cadra quero pensar que a xente está contenta co que se fai, mais non é a impresión que teño cando falo cos veciños. Como ben dixo alguén que escribeu nos foros deste blogmillo non escoito á xente falar ben do alcalde. Será, seica, debido a unha doble personalidade na cidadanía ou se cadra é o resultado do clientelismo político, non o sei. Mais isto é unha das grandes virtudes da democracia: “votar o que nos pete”.

Outros dos meus pesares resulta ser que o BNG non fora recompensado co seu traballo, cando menos, cos mesmos concelleiros que tiñan antes. Todo o contrario, perde 2 actas en detrimento do PSOE, isto é outra virtude da democracia. O BNG debe incrementar o contacto cos veciños porque existe un gran descoñecimento do traballo que realizan. Algún día o traballo do BNG en Meis será recompensado con creces. Moitas GRAZAS Mª Carme polo teu esforzo e adicación no concello durante istos anos. Agardo que segas na LOITA.

O panorama político é o mesmo que hai 4, 8, 12 e 16 anos. Só cambia a aparición do BNG no escenario e o transvase de votos do PSOE ao BNG e viceversa. O PP segue a ser unha fortaleza inexpugnábel para os partidos da Oposición. Penso que o electorado digamos anti-PP quixo darlle unha nova oportunidade ao PSOE, a ver se desperta do seu longo sono. A pregunta para min é: ¿Estará o PSOE á altura das circunstancias?. Penso que a falla de traballo municipal dun partido das características do PSOE é un dos factores que explicaría as maiorías absolutas do PP, isto ten que cambiar. O PSOE ten agora unha obriga ética e moral con toda a cidadanía, sobre todo cos que non somos nin votamos ao PP. O PSOE ten unha grande responsabilidade, a que lle deu unha parte do electorado para que lidere a Oposición ao PP, porque do contrario dentro de 4 anos volveremos aturar ao PP pero o transvase de votos será á inversa, do PSOE ao BNG.

Porén, é unha mágoa que a xente non acuda aos plenos municipais para que vexan cos seus propios ollos o esperpento que representa a xente que nos “goberna”. Intentarei enterarme por todos os medios e avisarvos cada vez que haxa pleno municipal para que a xente acuda. Podedesme mandar un e-mail se alguén de vós ten novas a respeito disto ou incluso mandarme noticias para que as engada a este blogmillo.

Os concelleiros para lexislatura 2007-2011:

PP: José Luis Pérez Estévez, Eugenio Fernández Gómez, Ofelia Barral Betanzos, Luis Pérez Alfonsín, Raquel Fernández Outeda, Mónica Outeda Arribas, Manuel González Fiel, Fernando Silva Arcos e Beatriz Cobas Magariños.

PSOE: Marta Giráldez Barral, Isidoro Dios López e Aderita Serantes Rodríguez.

BNG: Mª Carme Martínez Rodiño

Resultados electorais en El Pais

Toma de posesión, 16-06-07: La Voz de Galicia,

Máis do 50% das mortes na Vía Rápida do Salnés aconteceron en Meis

Xuño 10th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 proteccion-civil-meis-1.jpg

Máis do 50% das mortes acontecidas na Vía Rápida foron no termo municipal de Meis. Máis información en La Voz de Galicia.

ACCIDENTES NA GOULLA

Ainda que non gosto moito de poñer este tipo de cousas nun blog penso que xa está ben de tanto accidente, as autoridades pertinentes deben de tomar cartas no asunto. Xa son moitos os veciños de Meis e outros que faleceron tamén no punto negro da Recta da Goulla. La Voz de Galicia, Diario de Arousa, El País, El Correo Gallego e Faro de Vigo.

La Voz de Galicia (11-06-2007):

“La recta de A Goulla fue escenario de varios accidentes en los últimos años, ya que es un tramo en el que se suele circular a bastante velocidad, precisamente por la ausencia de curvas. En ese mismo punto, un joven voluntario de Protección Civil de Meis murió hace tres años tras colisionar su coche contra un camión. Su cuerpo quedó calcinado al incendiarse los dos vehículos.Los vecinos de Meis viven condicionados por el tráfico, ya que su municipio lo cruzan dos de las carreteras más conflictivas de la provincia: la de Vilagarcía a Pontevedra, que es una de las que registran más circulación, y la vía de O Salnés, donde 33 personas perdieron la vida desde el año 1998. Se da la circunstancia de que más de la mitad de esos accidentes mortales en el vial con dirección a Sanxenxo se produjeron en el término municipal de Meis, entre ellos el brutal siniestro de la Semana Santa del 2006 en el que murieron cuatro motoristas y la madre del joven conductor que provocó el accidente.Hace sólo una semana hubo otro accidente mortal en la vía de O Salnés, y también fue en el tramo que cruza Meis.”

A Festa do Chourizo ao Viño

Xuño 10th, 2007  |  Published in| the_category Festas

 festa-do-chourizo.jpg

 Comenzan en Meis as festas e as festas gastronómicas. O 17 de Xuño tócalle a San Salvador de Meis e a súa Festa do Chourizo ao Viño, organizada pola Asociación JOMIME (Jóvenes Misioneros de Meis). Máis información en La Voz de Galicia e no Diario de Arousa.

La Voz de Galicia o 16 de Xuño do 2007 e o 17 de XuñoDiario de Arousa do 17 de Xuño.

Diario de Arousa do 18 de Xuño.

Meis no Camiño das Estrelas

Xuño 7th, 2007  |  Published in| the_category Libros

mariogallego.jpg

“Meis no camiño das estrelas” é o primeiro libro adicado ao concello de Meis. Trátase dun libro moi sinxeliño, non é ningún estudo de fonda investigación pois ten a pretensión clara de chegar a todos os veciños. Un dos primeiros artigos que escribin neste blogmillo estaba adicado a Mario Gallego Rei e mais tarde faleivos doutro libro adicado aos muiños do río Armenteira onde Don Mario figuraba como coautor.

Os que estudamos con Don Mario e os que seguimos de preto as suas ensinanzas na escola decatarémonos da intención que ten. “Meis no camiño das estrelas” non é senon unha ferramenta mais de divulgación e de concienciación sobre a riqueza historica e cultural do noso concello.

Mais adiante falareivos doutro traballo editado por Don Mario sobre a Heráldica municipal.