Archive for| the_time Maio, 2007

Alumnos do Colexio d´O Mosteiro gañan o concurso “Clases sen fume”

Maio 31st, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 fotos-meis-015.jpg

Alumnos do Colexio do Mosteiro gañan o concurso “Clases sen fume” por un traballo titulado “Déixame medrar”, mais información do Diario de Arousa.

A resaca das eleccións

Maio 29th, 2007  |  Published in| the_category Concello

 candidaturappmeis200_0705071.jpg

O PP de Meis aposta polo PXOM e ordenamento urbano como eixos fundamentais para os videiros anos, segundo afirma Pérez Estévez no Diario de Arousa. Máis información tamén en La Voz de Galicia .

Pdt: Que mal rollo me dá iso do urbanismo…

Meis: Bastión do PP

Maio 28th, 2007  |  Published in| the_category Concello

 jimi.jpg

Se tiveramos que facer unha análise dos resultados municipais penso que a cousa é bastante obvia: A Grande VICTORIA do PP. Nen con ZP en Madrid, nen con Touriño en Compostela…nin coa Oposición DIGNA do BNG. O PP resiste a todo iso, e ainda máis a gran victoria do PP é chimpar do Consistorio do Concello a 2 concelleiros do BNG que serán sustituidos por outros do PSOE.
É unha gran victoria para o PP, mais para min unha gran derrota para o concello. O clientelismo político é o factor fundamental no que se basa o triunfo dos populares no concello. Sen dúbida nengunha, Meis está contenta co que ten. O pobo falou.

Escrito anónimo polo cambio político no concello

Maio 27th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

Onte collin un papel dos moitos que botaron polos camiños do concello. Non sei se un día antes das eleccións e en plena xornada de reflexión inducirá ao cambio que desde o meu punto de vista precisa Meis. Eis o papel:

escrito_an_nimo1.JPG

Este tipo de cousas están ben mais non hai que agardar ás eleccións municipais para que a xente se empece a decatar das cousas.

Políticas do BNG a prol da xuventude

Maio 25th, 2007  |  Published in| the_category Política

 mitin-central-1-6.jpg

Hoxe na Voz de Galicia aparece un artigo con varias propostas nacionalistas a favor da mocidade meisense: Plan de Emprego Xuvenil, Consello Municipal da Mocidade, Vivendas de Protección Oficial, Punto de Información Xuvenil…

Artigo de Miguel Anxo Murado sobre os chanchullos do PP en Meis

Maio 24th, 2007  |  Published in| the_category Eventos, Memoria Historica

 miguelanxbio.jpg

Artigo de Miguel Anxo Murado en La Voz de Galicia sobre a manipulación do PP do censo electoral de Meis:

“LIN en La Voz o caso dese alcalde, o de Meis, que ten empadroadas a doce persoas na súa casa. Como estamos en campaña electoral, e para non parecer tendencioso (non o son, francamente), referireime ó seu partido tan só por medio de iniciais: P.P. Así ninguén saberá de quen falamos.
Digo que lin o desta especie de solución habitacional, esta variante politizada do turismo rural, e o meu primeiro impulso foi o de ir votar por este home. Si, a oposición está indignada, pero eu digo que o votaría mesmo para presidente, porque este home resólvenos o problema da vivenda de vez. A doce persoas por piso, a burbulla inmobiliaria rebentaba seguro en nada. E parecíannos pequenos aqueles pisos de trinta metros cadrados da ministra esa que nunca me lembro do nome nin de se segue sendo ministra porque nunca máis volveu abrir a boca…. Pois aí temos en Meis un alcalde que nun piso de trinta metros, se lle deixan, mete a todo o P.P. e aínda lle sobra espazo para facer unha piscina.
¿Por que se incomoda a oposición, logo? Incomódase porque din que desas doce persoas tan só dúas (o alcalde e a súa muller) residen realmente na vivenda, e que os outros tan só están rexistrados alí a efectos de poder votar. Pero o alcalde di que os aloxou porque lle daba carraxe velos ir e vir desde Pontevedra todos os días. A cousa podería, xa que logo, interpretarse como unha medida de integración de inmigrantes (neste caso, os inmigrantes de Pontevedra en Meis).
Despois de todo, ¿non era de Meis precisamente aquel san Ero de Armenteira do que fala a Cantiga 103 de Alfonso X, o santo que converteu o seu palacio nun mosteiro para acoller monxes? Este rexedor de agora non fai senón seguir esta antiga tradición local.
San Ero pedíalles ós seus empadroados o voto de castidade, e este alcalde, máis acorde con estes tempos, pídelles tamén o voto, pero doutro tipo. E eu o único que digo é que polo menos estes votantes están vivos. Imos mellorando en cuestión de limpeza electoral.”

Biografía de Miguel Anxo Murado: Vieiros e Wikipedia

Unha escultura de Lucas Miguez nunha rotonda de Meis

Maio 24th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 lucas-miguez.jpg

O escultor de Mos, mais residente en Meis, Lucas Miguez será o encargado de realizar unha obra escultórica que se porá na rotonda de acceso á Vía Rápida do Salnés polo Mosteiro. Máis información en Canal Rías Baixas, Diario de Arousa e La Voz de Galicia.

O BNG e o Medio Ambiente

Maio 23rd, 2007  |  Published in| the_category Política

 lobeirapradomartinez_300_190307.jpg

Hoxe 23 de Maio do 2007 en La Voz de Galicia: O BNG critica o servizo do lixo, o máis caro da comarca, e realiza varias propostas dos nacionalistas para mellorar este servizo; e que se atopan nas mais de 250 existentes no programa para Meis.

Non informaron ao colexio do mitin do BNG

Maio 23rd, 2007  |  Published in| the_category Política

 fotos-meis-015.jpg

Teño moi claro que a xente que foi ao mitin central do BNG sabía perfectamente que alguén intentaba sabotealo. Está claro que a Xunta Electoral de Zona informou ao Concello do evento político. Pero algo pasou, porque a conserxe estaba seica en Noia e nenguén foi abrir o recinto. Despois, ao cabo dunha hora e pico, veu un traballador do concello a dicer que alguén saboteara a porta do colexio, pero iso que ten que ver para que o concello non informara ao BNG?. Está claro que houbo unha mala intención.

Hoxe, 23 de Maio do 2007, a Directora do Centro afirma en La Voz de Galicia que o colexio non é un lugar axeitado para facer mitins, mais o que non dí ou non critica é que ese lugar sirve para realizar actos de propaganda política porque así o quixo o concello. Mais visto o posicionamento desta señora no boletin do PP así como na revista do colexio, que non aforra eloxios persoais ao alcalde, non é de extrañar o seu silenzo a esta circunstancia.

Non vos riades que o conto é triste

Maio 20th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

 jimi1.jpg

NON VOS RIADES!!!, QUE O CONTO É TRISTE

ESTA É A VERDADE, NON O DIGO EU, DIO A PRENSA. ¿Quen defende aos veciños? (O PP NON) Só defenden os intereses de Louzán e dos amiguiños….

2000: A instalación dunha “Perreira Comarcal” en Meis

2001: Meis ultima os detalles para ceder á Xunta os terreos dun “Punto Limpo”

2001: As escombreiras de Meis contarán cunha Pranta de Reciclaxe

2001: Pérez Estévez acusa ao BNG de entorpecer os proxectos do Equipo de Goberno

2001: Cuiña anuncia o traslado de Tafisa ao futuro polígono industrial de Meis-Barro

2002: Pérez Estévez: “O Campo de Golf potenciará economicamente e socialmente á Armenteira

2002: O 100% do programa cumprido

2003: A Xunta da luz verde ao vertedoiro de residuos da construcción en Meis

2003: Pérez Estévez sustituido na Fundación do Campo de Golf pola súa nefasta xestión

2003: A mala xestión do alcalde de Meis no Campo de Golf

2003: A Xunta Electoral permite a Meis celebrar un Pleno a 2 días das eleccións municipais para aprobar o PXOM

2004: Meis pretende albergar un Centro Comarcal de recepción de visitantes

2004: A Mancomunidade retoma de novo a idea da perreira de Meis

2004: A utilidade da Casa de Escudeiro

2005: Meis renuncia ao Museo Sacro da Armenteira despois de prometelo en 1999 e no 2003

2005: O Alcalde de Meis dí que Meis terá en breve 8 depuradoras

2005: O PP ve en Meis unha posíbel ubicación para ENCE

2005: Louzán apunta a Meis para a posíbel ubicación de ENCE

2005: A Deputación invertirá 2 millóns nun tanatorio e unha piscina en Meis

2005: Meis disporá de piscina, pavillón e dun tanatorio

2005: Subvencións para unha obra rematada

2005: Máis do 85% das vivendas de Meis carecen de sumidoiros 

2006: A SORPRESA DE Pérez Estévez 

2006: O Alcalde de Meis culpa á ampliación da vía do Salnés das inundacións