Archive for| the_time Abril, 2007

A Casa do Cura da Armenteira

Abril 28th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

armenteira38.jpg

Hai unha semana comentábavos sobre a perda significativa do xardín botánico da Saleta que tivemos os veciños de Meis para facelo un Ben Público a disposición do pobo. Daquela era Tenente Alcalde do Concello José Luis Pérez Estévez e non foi a única barrabasada que fixeron naquela lexislatura os do PP (1995-1999). Foi sonada en todo o País a Casa que o Cura da Armenteira se fixo diante do mosteiro da parroquia, sen que o Alcalde (Jorge Casal Pintos) nen o que é hoxe Alcalde fixeran nada para que iso non fora adiante, claro está: Coa Igrexa topamos!!!. Unha obra que empezou sen licencia ningunha.

Isto ven a conto, porque teño a memoria (memoria histórica) moi viva, de todo o que pasou e pasa no meu concello, porque non creo que se poda xulgar as cousas mirando só nestes últimos 4 anos, senon que debemos ollar nos 25 últimos anos de DESGOBERNO do PP (anteriormente Alianza Popular).

Non é a miña intención facer deste blog unitemático en política, mais si coido que debo de falar de cuestións de Meis que nos faga reflexionar sobre o rumbo que van tomando as cousas, sobre todo a poucos días de celebrarense eleccións municipais.

Nova web do Concello de Meis

Abril 25th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

logo-meis.jpg

A Consellaría de Industria e Innovación da Xunta que dirixe Fernando Blanco, Conselleiro do Bloque Nacionalista Galego, cofinancia unha nova web para o Concello de Meis. Podédela ver en Meis E comparala coa que ten actualmente os que nos gobernan no concello (esperemos que por escasas semanas) Concello de Meis 

Listas electorais

Abril 25th, 2007  |  Published in| the_category Política

mosteiro01.jpg

O Boletin Oficial da Provincia de Pontevedra ven de publicar hoxe as listas provisionais das candidaturas ao Concello de Meis:

BNG: Mª Carme Martínez Rodiño, Antonio Giráldez Roma, Dores Montoya Freire, Ester Vázquez Vázquez, Antonio Vázquez Caamaño, Pilar Giráldez Outeda, Vicente Muñoz Hermida, Sabela Tilve Otero, David Fandiño García, Vanessa Navarro Veloso, Edelmiro Valle Pintos, Sandra Carballa Vázquez e Juan Manuel Vázquez Sevillano. SUPLENTES: Manuel Gómez Souto, Mercedes Bemposta Biturro e Celso Xavier Milleiro Sánchez.

PP: José Luis Pérez Estévez, Eugenio Fernández Gómez, Ofelia Barral Betanzos, Luis Pérez Alfonsín, Raquel Fernández Outeda, Mónica Outeda Arribas, Manuel González Fiel, Fernando Silva Arcos, Beatriz Cobas Magariños, Bernardino Escudero Gómez, Cesareo Belsol Otero, Noa Mª Carballa Rivas, María Corredoira Canda. SUPLENTES: Francisco Javier Martínez García, Gonzalo Otero Villanueva, Ana Isabel Buceta Barros, Mª José Piñeiro Orge, Socorro Caramés Vázquez, Beatriz Sabarís Magariños, Angeles Fuentes Maquieira, Ivana Abal Diaz, Manuel García Varela e Bruno Piñeiro González.

PSOE: Marta Giráldez Barral, Isidoro Dios López, Aderita Serantes Rodríguez, Cristina Sineiro Mosteiro, Daniel Varela Fontán, Teresa Narciso Otero, Rosa Piñeiro Fandiño, Angel Lodeiro Piñeiro, Francisco Javier Martínez Sancho, Francisco Casás Graña, Lorena Torres Ruiz, Manuel Varela García e Pablo Afonso Dios. SUPLENTES: Dora Chaves Blanco, Manuel Angueira Carballido e Mariví García Casal.

IDM-07: Antonio Martínez Rodiño, Marina Rodríguez Ferreira, Marcos Gutierrez Pintos, Pilar Portas González, Fernando Piñeiro Romero, Ramón Abal Abal, Silvia Louzán Martínez, José Manuel Fariña Sabarís, Jacobo Núñez Graña, Mª Jesús Martínez Louzán, José Ramón Barreiro Señoráns, Angel Fariña Rodiño e Fátima Núñez García. SUPLENTES: José Enríquez Giráldez, Elisa Rodiño Mouriño e Dolores Monteagudo Güimil

Municipais-07

Abril 22nd, 2007  |  Published in| the_category Política

a21c7f13.jpg

Non teño moito tempo para escribir cousas sobre o meu concello. Talvez, unha das cuestións que debería de recordar son aos moitos veciños de O Pazo, A Moroza ou A Goulla temerosos que a futura autovía entre Pontevedra e Vilagarcía se leve as súas casas. A miña lembranza aos moitos traballadores das canteiras que poderían perder o seu posto de traballo, así como da Pista de Karting, unha das 3 existentes en Galiza.

É inevitábel falar de política dado que as eleccións municipais están aquí. Quedo abraiado das numerosas visitas recibidas istos días e os comentarios sobre polìtica municipal. Por esta razón, vou intentar comunicarvos todo o que me vaia enterando sobre esta cuestión. Como nota salientábel é que os candidatos do polo progresista (BNG e PSOE) teñen estudos universitarios e son mulleres e os do polo conservador (PP e IDM-07) teñen só estudos de FP e son homes.

Istos días saiu no xornal “La Voz de Galicia” entrevistas aos candidatos á Alcaldía de Meis:

Mª Carme Martínez Rodiño (BNG)
Ligazóns: Entrevista1, Entrevista2 e Entrevista3

jimy.jpg

José Luis Pérez Estévez (PP)
Ligazóns: Entrevista1, Entrevista2 e Entrevista3

martagiraldez.jpg

Marta Giráldez Barral (PSOE)
Ligazóns: Entrevista1, Entrevista2 e Entrevista3

tonecho.jpg

Antonio Martínez Rodiño (IDM-07)
Ligazón: Entrevista

A Saleta

Abril 18th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

asaleta1.JPG

Ollando nos vellos papeis, atopei unha carta do meu amigo Miguel Galiñanes Castro, titulada “ADEUS Á SALETA” (1996), O Xardín Botánico da Saleta é un das tantas cousas que Meis perdeu polos especímenes que nos gobernan do PP. Agora que estamos en eleccións non ven mal ter un pouco de Memoria Histórica. Eís a carta:

Esta misiva non vai dirixida a nenguén en concreto, polo menos non a nível persoal, ainda que ganas non faltan.
Como un cidadán do concello de Meis sinto arrepíos cando ata min chegan os comentarios dalgúns politicuchos poñendo en dúbida a seriedade de Mrs. Gimnson. Os que coñecemos dende fai anos sabemos do seu optimismo, da súa integridade e da súa constancia en tódolos aspectos da vida. Do mesmo xeito, non somos coñecedores da “integridade” e “personalidade” dalgunha das nosas “autoridades”. É unha vergoña allea á que se sinte ante as expresións empregadas por algún “personaxiño” que non atopa que dicir para explicar a incompetencia, inoperancia, incapacidade e falta de vontade de aqueles que tiñan na súas mans a oportunidade de que unha xoia como A Saleta, fose un ben publico do que poidesen disfrutar e aprender tódolos cidadáns e aqueles que ata a nosa bisbarra se achegasen.
Pero de todos é sabido que isto restaría atractivo ó punto de encontro dos turistas da zona: a nova casa rectoral da Armenteira coñecida popularmente como “A Casa do Cura”, centro das miradas de todos aqueles interesados polo arte, e que non se dan posto de acordo no estilo: ¿románico? ¿gótico?…
Sinto ter que usa-lo cinismo, pero ¿qué nos queda ós cidadáns do concello despois de ter sufrido unha perda como a da Saleta, de ter que dicir adeus a unha persoa extraordinaria como Mrs. Gimnson, e inda por riba ter que tragar as falsedades dalgunhas “personiñas”?

¿Gustaríavos sabe-la resposta? Quédanos o golf.

Debate en Telesalnés

Abril 17th, 2007  |  Published in| the_category Política

cabecera_con_presentadores1.jpg
Onte e hoxe poidemos ver os cidadáns e cidadás de Meis un debate sobre a situación política do concello. Gustaría que este debate durase mais porque son moitos os temas que non se trataron.
O candidato do PP, o que se dí Alcalde de Meis, foi bapuleado pola candidata do BNG, temas como o PXOM, os chaleciños do Castrove (¿a quen beneficia? ¿Que hai detrás de todo iso?), o saneamento (o alcalde non se cortou en dicer que había en funcionamento 7 depuradoras…miña nai!!!, ¿non lle medrará o narís do mentireiro que é?), o Polígono Industrial (8 anos e ainda non temos)…
A candidata do PSOE ten carácter, mais, ao meu entender, ten pouco coñecimento do concello.
O Candidato do PP-Bis, do Partido dos Independentes Defensores de Meis-07, defraudoume….moi maleducado e chulo…ighualiño que o alcalde.

Semana Santa de Paradela

Abril 5th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

a5c2f11.jpg

Chega un dos eventos mais importantes do concello de Meis: A Semana Santa de Paradela. Con isto dá comezo unha semana de grandes acontecimentos no concello que rematará coa Romaría das Cabezas (Armenteira). As pegadas da Semana Santa de Paradela remóntase, cando menos, até o século XVIII.

A Paixón de Cristo empeza o xoves ás 20:30 cunha representación da Última Cea na Igrexa Parroquial de Paradela. O Venres ás 11:00 a representación do Calvario e ás 20:00 o Descenso de Xesús, no Monte da Croa. O Domingo, ao medio día, a Resurreción de Xesús.

O Polifacético Don Mario

Abril 4th, 2007  |  Published in| the_category Historia

libros_630.jpg

Don Mario é un deses homes que fai falla sempre, como diría Beltor Brecht un deses imprescindibeis. Podemos navegar pola net e atopar moita información sobre este personaxe que ten feito moito por sacar á luz a nosa historia e orixes. Don Mario, non só é un mestre e un erudito na historia do concello de Meis senon que é un dos maiores expertos no encaixe galego e, ademais, un gran coñecedor da parroquia de Lérez.

Eiqui unha ligazón con 3 dos seus libros, publicados pola Deputación de Pontevedra:
Mario Gallego Rei

Marta Giraldez, Candidata do PSOE

Abril 4th, 2007  |  Published in| the_category Historia, Política, Ruxe-ruxe

logopsdeg.jpg

O sábado 31 de Marzo, foi presentada en San Lourenzo a Candidata do PSOE para a alcaldía de Meis. Todo o que sexa afondar no pluralismo político do concello é positivo. Agardemos que isto vaia en serio, e non sexa outra vez unha candidatura pantasma, como nos ten habituado o PSOE nestes últimos 20 anos.

Marta Giráldez, é licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e é veciña de Lantañón (Paradela)