Archive for| the_time Marzo, 2007

Un mestre de educación física

Marzo 4th, 2007  |  Published in| the_category Concello

 escudo.jpg

Onte, ollando o Diario de Pontevedra, atopeime un anuncio do concello de Meis na que se solicitaba a un diplomado en maxisterio na rama de educación física. A función desta persoa vai ser potenciar as aptitudes psicomotriz das persoas maiores de 55 anos, polo que me imaxino que debe ser para darlle máis sentido ás instalacións deportivas que desde a Vicenpresidencia da Xunta que dirixe Anxo Quintana se instalou recentemente no Campo da Feira do Mosteiro.

Desde onte, día 3 de Marzo, hai 10 días naturais para presentar os curriculuns, ademáis vai rematar o proceso cunha entrevista.

A min, que me cheira un pouco mal todo isto, me pregunto porqué non contratan a un licenciado en Educación Física, pois penso que está mais preparado para estas cousas que un diplomado en maxisterio. Penso que, unha vez mais, isto debe estar amañado para llo dar a alguén en concreto. Oxalá me trabuque.

O castro de Arcos (Santo Tomé de Nogueira)

Marzo 3rd, 2007  |  Published in| the_category Historia

 igrexasantotome.JPG

Andan istos días a xente moi revolta polo achádego dun castro no lugar de Arcos. Os restos arqueolóxicos apareceron nas obras de ampliación que se están realizando na vía rápida do Salnés.
Semella que non ten a ver cun castro normal pois algúns pensan que se trataría dunha granxa agrícola castrexa única na zona, podria ser do anos 900 antes da nosa era.
Por desgraza, polo famoso “interese público” será fagocitado pola vía rápida, ainda que recentemente, a Dirección de Patrimonio da Coruña “salvou” o Círculo Lítoco da Mourela (As Pontes), só falta ou faltaba o compromiso da Dirección Xeral de Obras Públicas para poder desviar o intinerario inicial do proxecto.

Mari Rodiño, Candidata do BNG

Marzo 1st, 2007  |  Published in| the_category Política

bng.gif

Xa empezamos coa campaña electoral, hai uns días os do Bloque presentaron a súa cabeza de lista para a Alcaldía de Meis: Maricarme Martínez Rodiño.

Penso que se trata dunha boa candidata, que demostrou nestes últimos anos que está capacitada para exercer as labores de Alcaldesa. Que teña sorte

UNHA PÁXINA ADICADA A MEIS

Marzo 1st, 2007  |  Published in| the_category Sociedade

meis.jpg

Meis é un concello do val do Salnés (Galiza), o meu obxectivo é informar de todo o que acontece neste recuncho da Galiza: Sociedade (é decir cotilleos), Política, Historia…todo o que nos depara o día a día no concello. Espero que sexa do voso agrado.

Meisalnes