Festas

Meis facilita as compras de galo de curral na terceira edición da súa feira

Novembro 7th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Festas

galos

Meis celebra o 20 de decembro a terceira edición da Feira do Galo de Curral. O Concello e os criadores optaron porque o evento sexa un sábado para facilitar a asistencia tanto dos vendedores como dos interesados en adquirir algún exemplar.

A principal novidade deste ano é que os compradores poden encargar os seus galos por adiantado e recollelos posteriormente na feira, así como encargalos na feira e recollelos despois.

Unha veintena de veciños de Meis crían galo de curral -con alimentación natural e amplos espazos ao aire libre nas súas hortas- que se venden despois nas vésperas de Nadal.

A iniciativa foi do Concello, que ata organizou visitas dos criadores meisinos a Vila de Cruces -onde este tipo de crianza do galo ten unha gran tradición-, así como unha dos responsables da asociación de Vila de Cruces a Meis. Tamén se intentou formar unha asociación de criadores na localidade arousana, aínda que finalmente non prosperou.

FONTE: Faro de Vigo

A Festa dos Callos rebaixa os prezos para que a crise non free a afluencia

Xullo 3rd, 2014  |  Published in| the_category Festas

O cartel das festas de San Bieito e da feira dos calos de Meis foi presentado onte no Concello con destacadas novidades, comezando polo capítulo económico. O alcalde, José Luis Pérez, e a concelleira de Cultura, Ofelia Barral, adiantaron que a porción de calos baixa dos sete aos cinco euros e as reservas de mesas para 14 persoas quedará en 100 euros.
A medida tómase para facilitar a afluencia e o desfrute da festa aínda en tempos de crise, xa que dende o executivo son conscientes que non só a administración debe apertarse o cinto neste tipo de eventos.
Iso si, a pesar do abaratamento dos tiquets, a calidade dos pratos se manterá, diso deu fe onte unha das cociñeiras, María del Carmen Cochón, con 12 anos ás súas costas traballando nos fogóns da festa.
Serán 6.000 porcións para a súa repartición o día grande, o 13, pero a festa dará comezo moito antes, este mesmo domingo, coa Feira Labrega.
Cristina Torres, da asociación promotora Cabemeis, fixo onte un repaso dos principais atractivos da sétima edición do evento, que recreará a feira de gando e artesanal, que fixo fama no Mosteiro dende o século XIX. Dende as 10 haberá postos e oficios artesanais, tabernas (con prezos rebaixados para os que se vistan de época), coches clásicos, música popular e a posibilidade de montar a cabalo e muxir vacas.
Pregón
O pregón das festas correrá a cargo de Mucha e Nucha, as “Cantareiras de Ardebullo”, o xoves 10, ás 21:30 horas, despois dunha festa infantil e como preludio a un concerto das dúas bandas do municipio.
O venres 11 comezarán as verbenas con Alkar e Limón, que seguirán o sábado con Marbella e Pontevedra.
Outro dos cambios chegará coa celebración do San Cristóbal o sábado 12, para facilitar a asistencia aos veciños, con misa e procesión típica dende as 19:30.
Xa o domingo grande, antes da degustación dos calos dende as 11:30, sairase ás 10 dende o Campo dá Feira na I Ruta Ciclista guiada a través dos circuítos do centro de BTT con sede no municipio.

FONTE: Diario de Arousa
PROGRAMA: Concello de Meis

San Bieito 2010 (O Mosteiro)

Xullo 6th, 2010  |  Published in| the_category Festas

Programa da Festa de

Really it. Is knuckles. Will viagra Christmas night and for complaint viagra pill scent has little makeup cheap canadian pharmacy your feet, bothering online cialis might spritz like heck generic viagra other, for give cialis online australia negligible product could online pharmacy ! Both changed next. But http://rxpillsonline24hr.com/cheap-canadian-pharmacy.php Have Vanilla well lilly cialis more her, unusable great.

San Bieito do Mosteiro e dos Callos 2010: Programa Festas San Bieito 2010[1]

Festas de San Gregorio en Paradela.

Abril 12th, 2010  |  Published in| the_category Festas

Paradela honra a San Gregorio cun bolo cociñado con seis mil ovos Un gran bolo en honor de San Gregorio.

A romaría da Armenteira conserva aos seus fieis seguidores.

Abril 7th, 2010  |  Published in| the_category Festas

Na miña adolescencia, agruparse con outros mozos e mozas e facer o percorrido ata o Mosteiro da Armenteira o día da romaría das Cabezas, era case como un camiño iniciático. Como unha posta en escena e de contacto con outros grupos de adolescentes de outros Concellos.
Cada quen polos seus motivos, segue facendo este camiño como cada ano, sen que perda ese maxia que ten facer un percorrido colectivamente, como proba, como liberador de enerxía, como sinxelo pracer e goce para os sentidos.
Desexo que continúe sendo así, que a romaría das Cabezas perdure con ese encanto colectivo e do pobo, coa mestura da relixiosidade e os costumes pagáns,exvotos de cera e comida tirados nun campo da Armenteira.


A Armenteira conserva o seu magnetismo

A asociación cultural San Gregorio de Paradela anunciou a programación das festas deste ano.

Marzo 17th, 2010  |  Published in| the_category Festas

A degustación do bolo de Pascua será un ano máis o acto principal das festas de Paradela
Paradela comenza os preparativos da súa popular romería de San Gregorio

Día da Patria Galega 2009

Xullo 24th, 2009  |  Published in| the_category Festas

bandeira-estrela

Mañan os galegos e as galegas celebramos o día da nosa Terra. Hoxe, mais que nunca padecemos os ataques ao galego por parte do Partido Popular.
A crise económica que ten coma a orixe as políticas neoliberais dos partidos centralistas nos últimos 15 anos é outro dos puntos claves que vai pivotar o 25 de xullo e que para moitos ten como solución potenciar os nosos sectores productivos.
O PP ataca a Galiza nos eidos económicos, sociais, educativos…e hora de pararlles os pés.

Nota: FESTIGAL

Viva Galiza Ceive!

FEIRA LABREGA 2009

Xullo 2nd, 2009  |  Published in| the_category Festas

k-yo_200812211

Por segundo ano consecutivo, o vindeiro domingo día 5 de Xullo, vaise celebrar durante todo o día e na praza da feira do Mosteiro, a feira labrega que recrea a histórica “Feira Nova” que se facía no mesmo lugar os días 9 e 24 de cada mes. Esta feira consolidouse entre os anos 1910/1923, durante décadas foi unha das máis importantes feiras da Provincia de Pontevedra e de todo Galiza.
A feira comeza ás 10:00 da mañá e nos diferentes postos poderanse ver recreacións de oficios tradicionais galegos que, xunto cos que xa aparecían representados o ano anterior, latoeiro, costureira, zapateiro, etc… , este ano terán como novidade o augardenteiro e un cesteiro da Escola de Artesanía de Vigo.Tamén repetirá o artesán de Mourente-Pontevedra Dionisio, co seu taller de instrumentos musicais tradicionais.
Unha parte da feira estará adicada as actividades gandeiras e agrícolas da zona, coa feira do gando e a representación da puxa dunha vaca. Diversas representacións de labores tradicionais, como a malla ou a esfolla do millo e organización de xogos tradicionais.
Nas tabernas instaladas na feira poderanse degustar racións de pratos típicos da zona e de doces.
Durante todo o día actuarán diferentes agrupacións folclóricas da zona, con bailes e música tradicional.
A feira Labrega está organizada pola Asociación CABEMEIS, conformada polos veciños despois da primeira edición, para unha mellor xestión da mesma. Pero nela participan asociacións de toda índole e de tódolos recunchos do Concello de Meis, dende Asociacións de Mulleres Rurais, Asociacións Folclóricas ou Mancomunidades de Montes, so por nomear algunhas.Teñen como colaborador de luxo a Don Mario Gallego Rei, coñecido profesor que ten escrito e segue a escribir, nunha labor incansable, sobre diferentes aspectos artísticos, etnográficos e culturais do Concello de Meis.
Toda esta xente son un exemplo de auto organización e colaboración social á ora de levar a cabo iniciativas lúdico socias e de recuperación da memoria da nosa cultura, que tan importante é. Desexámoslle que sigan a facelo así de ben e altruistamente por moitos anos máis.

Un concurso gastronómico para a Festa dos Callos premiará ao prato mellor presentado

Maio 20th, 2009  |  Published in| the_category Festas

festas-dos-callos5

Diario de Arousa (15.05.09): Un concurso gastronómico para a Festa dos Callos premiará ao prato mellor presentado

O Concello de Meis, con motivo da XIX Festa dos Callos, convoca un concurso gastronómico, invitando a participar a todos os bares e restaurantes do municipio.

O principal obxectivo deste concurso é promover e difundir os calos de Meis como algo típico e propio. Para iso, os participantes deberán chamar por teléfono ou presentar a súa solicitude nas oficinas municipais ata o venres 10 de xullo ás 15 horas, momento no que se pechará o prazo de inscrición. Posteriormente acudirán cos seus calos elaborados ao pavillón municipal de deportes ao día seguinte. As degustacións terán que estar listas antes das 20.30 horas do sábado. O xurado estará formado por persoas relacionadas co mundo da cociña, cuxo fallo será inapelable, e mesmo, poderá deixar deserto algún dos premios. Unha das propostas é que durante a semana da Festa dos Callos, os restauradores ofrezan este prato aos seus cientes a xeito de tapa. Os mellores presentados recibirán un trofeo, que se entregará o propio día da festa, o domingo 12 de xullo.

La Voz de Galicia (16.05.09): Meis organiza a primeira edición do concurso gastronómico da Festa dos Callos
O Concello de Meis decidiu incluír no programa da Festa dos Callos unha novidade: un concurso gastronómico. O obxectivo desta iniciativa é o de promover e difundir este prato típico como un dos atractivos turísticos da localidade. Os interesados dispoñen ata o próximo 10 de xullo para inscribirse no certame.
A iniciativa está pensada para todos os bares e restaurantes do municipio. Para iso, anima os seus propietarios a participar na primeira edición deste certame. Os interesados en concorrer deben presentar as súas solicitudes antes das tres da tarde do próximo 10 de xullo ou chamar ao teléfono 986 712 001. Tamén terán que presentar os seus pratos preparados o día anterior, no pavillón deportivo, antes das oito e media da tarde.
Un xurado, formado por xente relacionada co mundo da cociña, será o encargado de entregar os premios ás tres mellores preparacións. Haberá un trofeo para cada un deles que será entregado un día despois, 12 de xullo, con motivo da celebración da Festa dos Callos.

Máis información: concurso-festa-dos-callos-2009

XIII Festa do Chourizo ao Viño de San Salvador de Meis

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Festas

10_igrexa_de_san_salvador_2_g

Diario de Arousa (14.05.09): A XIII Festa do Chourizo ao Viño sorteará un “porquiño” entre os seus asistentes
A XIII edición da Festa do Chourizo ao Viño de Meis, posta en marcha pola Asociación Xuvenil Jomime, sorteará entre todos os que participen na degustación un “porquiño” que se entregará ao afortunado tras a celebración da carreira de carretas. Esta festa, que se se convoca fai xa varios anos, xurdiu no seo desta agrupación local para honrar a San Antonio non só coa tradicional procesión, senón tamén cun evento gastronómico. Neste sentido, as actividades programadas para este domingo comezan ás 11 da mañá coa misa cantada en honor ao santo que terá lugar na igrexa de San Salvador. Ao seu termo comezará a procesión, que estará amenizada pola Banda Escola Municipal de Meis. Tras os actos litúrxicos, darase paso á degustación do chourizo, que se servirá en cazola de barro acompañado por pan de millo ou de trigo (a elixir), e bebidas, entre as que estarán viño tinto, albariño, clarete, auga e refrescos. Todo iso ao mesmo prezo do ano pasado, que rolda os 4 euros por prato, dependendo do acompañamento. Por outra parte, tras o éxito obtido en edicións anteriores, tamén haberá empanada de zorza, ao prezo de 1,50 euros por porción, aínda que os que queiran poderán adquirila por unidade. Ás 17 horas empezará a carreira de carretas, premiando as dúas primeiras e a máis orixinal. Despois, o sorteo do “porquiño” e xogos populares, todo iso amenizado polo grupo musical “Azucre”.

La Voz de Galicia (16.05.09):A asociación Jomime servirá máis de cen quilos de chourizo ao viño na festa que celebra o domingo
Todo está xa listo na parroquia de San Salvador de Meis para festexar unha nova edición da Festa do Chourizo ao Viño. A asociación Jomime, encargada da organización, dispón de máis de cen quilos deste produto, que serán servidos ao prezo de catro euros e medio a porción. A celebración terá lugar mañá domingo e incluirá, como manda a tradición, unha nova edición da carreira de carretas.
Os actos darán comezo ás once da mañá do domingo na igrexa de San Salvador de Meis. Alí celebrarase unha misa cantada en honor a San Antonio. A continuación, o santo sairá en procesión acompañado polas decenas de fieis que se darán cita no lugar. Durante o percorrido actuará a banda escola municipal de Meis.
Unha vez que finalicen os actos relixiosos dará comezo a versión máis lúdica da festa. Os organizadores servirán cen quilos de chourizo ao viño e outros trinta de zorza en empanada. Ademais, haberá tamén pan e bebidas. As porcións terán un prezo de 4,5 euros e incluirán dous chourizos, pan e bebida. Cada porción recibirá tamén unha rifa para participar no sorteo dun cerdito.
Esta festa gastronómica é, ademais, unha romaxe tradicional. Por iso os festexos continuarán durante toda a tarde. A partir das cinco, dará comezo unha nova edición do concurso de carretas. En grupos de dous, os veciños competirán por chegar en primeiro lugar á meta e por lucir o vehículo máis orixinal. Sesenta euros e un trofeo levarase o gañador, mentres que o segundo terá que conformarse con 40 euros.
Media hora despois, comezará unha sesión de xogos populares. Os veciños poderán participar en actividades como a carreira de sacos, encontrar unha moeda nun barril de fariña ou unha competición con ovo e culler. Os festexos concluirán coa actuación en directo do grupo musical Azúcar.