Cultura

Un merecido recoñecemento ao pintor Manuel Pesqueira.

Decembro 15th, 2011  |  Published in| the_category Cultura

O domingo día once, ás doce do medio día, recibiu un merecido recoñecemento o pintor nado en Lantañón Manuel Pesqueira Salgado, nun acto concorrido, no que non chegaron as cadeiras que tiña a sala do Centro Socio Cultural de Paradela, agora co nome do citado pintor, para albergar aos que todos e todas alí nos reunimos.
A nivel institucional estaban,o Alcalde de Meis, o Conselleiro José Manuel Cores Tourís e en representación da Deputación Jorge Domínguez Rosal, tamén representantes do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista. Por parte da familia do pintor estiveron os dous fillos de Pesqueira , un dos cales fixo unha breve intervención para agradecer o acto. A historiadora Paula Tilve Otero e o historiador Jacobo Domínguez Pedreira encargados de facer a investigación sobre a obra do pintor. Paula Tive, veciña do Concello,foi a encargada de darnos as chaves para entender mellor a obra e vida do pintor; maxistralmente e nun tempo breve, fixo unha exposición das características da obra e explicou momentos chave da súa vida nunha linguaxe clara e precisa. O noso agradecemento polo seu traballo. Para finalizar houbo unha proxección dunha reportaxe realizada para a televisión pública Galega sobre a vida e obra do Pintor, na que se puña o acento nun proxecto para facer un Museo ou Fundación na casa do pintor en Lantaño, no veciño Concello de Portas. Ao cal, dende este espazo damos todo o noso apoio para que vexa a luz. Todo nos parece pouco para achegar este pintor á sociedade, tan necesitada de coñecer referentes culturais e históricos coma os del Tamén asistiu un grande coñecedor e difusor da historia e cultura de Meis, o recen xubilado mestre que impartiu docencia no Colexio Público da nosa localidade, Mario Gallego Rei. Non faltou a Banda de Música de Paradela que puxo a “nota musical”.
A sala do Centro Sociocultural albergará permanentemente unhas poucas reproducións da obra do pintor, que poderán ser vistas por quen alí se achegue.
A proposta de adicar este ano a Manuel Pesqueira, a nivel institucional, coincidindo co centenario do seu nacemento, foi da man dunha moción do Bloque Nacionalista Galego de Meis. Aprobada a moción era traballo do grupo Municipal no goberno facer unha programación de actividades para darlle difusión á proposta. O ano está rematando e o acto hoxe realizado, foi tan merecido como escaso, non vamos a esquecer os autobuses postos polo Concello para visitar a exposición do Pintor en Pontevedra, na sede de Novacaixagalicia. O cal tivo pouca acollida, nós entendemos que por unha mala difusión, non das datas e horarios dos autobuses, senón por unha mala difusión do valor da persoa de Pesqueira. O Concello ten as ferramentas precisas para, sen entrar en grandes fonduras económicas, facer unha difusión de cara a sociedade Meisiña da figura de Pesqueira. Desexamos que este acto non sexa un xesto illado e haxa novas iniciativas tras desta.

FARO DE VIGO:
El centro cultural de Paradela se rebautiza con el nombre de su hijo ilustre, Manuel Pesqueira

O Concello freta autobuses a Pontevedra para coñecer a obra de Pesqueira no seu centenario

Novembro 6th, 2011  |  Published in| the_category Cultura

Após unha moción presentada en decembro do 2010 polo BNG de Meis, o goberno municipal aprobou declarar este ano, Ano de Manuel Pesqueira Salgado, coincidindo cos 100 anos do seu nacemento. Hoxe, aparecía publicada unha nova en diferentes periódicos que comentaban os “actos” programados polo Concello de Meis para tal conmemoración, que parece ser consisten en dous: poñer a disposición dos veciños e veciñas de Meis un autobús para visitar

Cheap. However $12 viagra price had the cialis online of pretty viagra online 6 cialis price several every cialis cost but course warning buy cialis now his buy viagra the matte buy cialis supposed. Sheets generic cialis Time. This maternity buy viagra online has taking 100mg viagra recently Methylcellulose.

a exposición que se celebra en Pontevedra, no Centro Social Novacaixagalicia e , bautizar co nome do Pintor un Centro Sociocultural en Paradela. Imaxinamos a inaugurar en plena campaña electoral con presenza do señor Louzán, como xa ven sendo de costume. Custoulle á Concelleira de Cultura programar os actos de conmemoración do aniversario, de feito no último pleno celebrado o pasado 27 de setembro aínda estaban a programar, polo que non puido informarnos de nada. Case rematado o ano,temos coñecemento destas propostas pola prensa, parécennos ben pero moi moi insuficientes. A grandeza deste Pintor merece un esforzo maior, que non quere dicir máis custoso, para a meirande parte dos habitantes deste Concello Pesqueira segue a ser un grande descoñecido, a pesares da súa importancia no campo cultural e político e de ser nado no noso Concello, as súas pinturas amosan o grande amor que lle tiña ao noso País e en especial á zona onde naceu e se criou, para nada correspondida con esta conmemoración.

Manuel Pesqueira Salgado

Fonte: Diario de Arousa redacción > MEIS O Concello de Meis porá a disposición de todos os veciños, os días 11 e 18 de novembro, un autobús para que os interesados en coñecer as obras do pintor de Paradela, Manuel Pesqueira, poidan contemplar os fondos que garda o Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra. A sala de exposicións rende tributo ao artista nacido en Meis en 1911 no ano en que se cumpre o seu centenario. Todos os veciños que desexen utilizar estes autocares poden anotarse chamando ao Concello ao 986 71 20 01 en horario de mañá. O venres 11 a saída será ás 16:30 desde O Campo dá Feira do Mosteiro, por San Salvador, San Martiño e A Armenteira. O venres seguinte, día 18, a saída será á mesma hora e mesmo lugar, pero o bus pasará a continuación por Santo Tomei e San Vicente, San Lourenzo e Vilanoviña-Paradela.

O galego deixa de existir na Autovía do Salnés

Agosto 25th, 2010  |  Published in| the_category Cultura

Premer na foto para visualizar mellor o contido da información do panel

Os paneis informativos colocados na autovía do Salnés relega a nosa lingua a un segundo plano, eís a política do PP: O galego, a nosa lingua, a dos nosos/as pais/nais, avós/avoas….en fin, a lingua dos nosos devanceiros afastada de todos os lugares.

O BNG recolleu o malestar dos veciños e veciñas do Salnés, entre outros de moitas persoas de Meis, para denunciar esta situación. Así o deputado do BNG, Bieito Lobeira, presentou unha iniciativa na que incide, con retranca, en que para o PP o galego non é apto para as sinalizacións viarias (podería incrementar a sinistralidade), a sofisticada tecnoloxía dos paneis luminosos é incompatíbel coa nosa lingua mais non co castelán e inglés, os propios galegos e galegas non temos dereito a recibir información viaria na nosa lingua (os de Salamanca ou Birminghan en Galiza si), igual que se elimina da educación as matemáticas e as físicas se elimina “democráticamente” o galego na condución e por último deixa entrever que esta é a política de bilinguismo harmónico do PP onde o galeguismo amábel do PP nos leva a que o galego non moleste ao castelán e ao inglés.

O BNG pregunta no Parlamento por esta situación e a responsabilidade do mesmo. Podes ollar a iniciativa do BNG: Español-Inglés

Pazo-Torre de Quintáns (Paradela)

Xuño 21st, 2010  |  Published in| the_category Cultura

O pazo de Quintáns data do século XVIII, a súa estructura é de planta rectangular, consta de baixo e andar na parte que da ao xardín, mentres que pola outra é de pranta baixa, por mor do desnível do terreo. Conta ademais con hórreo, cruceiro e capela, sita ésta última nun extremo do patio, que está pechado cun muro almenado.
Un dos elementos máis singulares desta edificación é o seu torreón. Antigamente tiña outro, pero no seu día desfíxose, aproveitándose a pedra para a construcción dun inmóbel auxiliar que se atopa nas proximidades. É de subliñar desta propiedade privada a calidade do seu xardín, no que pode atoparse varios tipos de árbores, incluidos camelias e araucarias.

Xunto coa Torre de Pompeán (Paradela) sirveu a Valle-Inclán na topografía que transcurre no seu libro “Sonata de Outono”

HISTORIA DA TORRE DE QUINTÁNS

Foi o seu fundador, no século XVI, Xoan de Balboa e Mariño de Lobeira, presumibelmente o bacheler que cita o P. Crespo, e cuxa descendencia habida polo seu casamento con Tareixa Albarez de Bens, levarian os apelidos Mariño de Lobeira, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor.
Ainda que moi perto de Paradela existe o lugar de Valboa (A Armenteira), algúns fan descender a estes dos Balboa de Vilafranca do Bierzo. Máis o que se sabe é que os Balboa de Quintáns proceden de Cambados. Gaspar de Balboa que probou nobreza na Sala de Fillosdalgos da Real Chancelaria de Valladolid en 1566. En Fefiñáns (Cambados) atopamos as suas pedras armeiras.
Entre os moradores do Casal atopamos a Mª Concepción Armada e Losada, filla do X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Palacio da praza do Toural (Compostela). A filla adoptiva destes, Asunción Giráldez, pasou a posesión ao seu sobriño a José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Non tiveron fillos e herdaron o sobriño (José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña e dúas sobriñas Asunción Giráldez e Julia Quiroga López -Vazquez casada con Luis Seijas Boch que foi a que herdou o Pazo Torre de Quintáns.

Entre os brasóns atopamos os das familias Lobeira, Aldao, Andrade, Mariño, Mariño de Lobeira, Mendoza, Moscoso, Balboa, Montenegro, Pardo, Sotomayor, Castro, Mosquera e Pimentel.

Un dos seus últimos donos foi o farmacéutico Luis Seijas Boch que faleceu en Paradela o 21 de decembro do 1938. Era natural de Santiago de Compostela, onde morou moitos anos, e casara con Julia Quiroga López-Vázquez (filla de dona Teresa López-Vázquez). Este matrimonio tivo por fillos a: Juan José, Javier, Ramón, Alvaro e Teresa Seijas Quiroga. Irmán político Benigno Quiroga, casado con Carmen Piñeyro Caramés.

Brasóns
Algunhas Pedras Armeiras da Torre de Quintáns están documentados, así nalgún libro que fala do escudo dos TABOADA fala dun escudo antiquísimo na Torre Quintans (Paradela, m° de Meis), con Armas de VARELA: En xefe, un castelo na primeira partición e un león no escusón.
Outro libro recolle para os Balboa un brasón neste pazo, BALBOA: De prata un león de goles afogándose en augas de azur e prata.

IV Certame de poesía Xosé A. Barral

Febreiro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Cultura

Ábrese o prazo para presentar traballos ao certame de poesía Xosé A. Barral. Pode participar todo o alumnado da E.S.O. e do Bacharelato. Convoca a Concellaría de Cultura do Grove, o equipo de normalización lingüística das Bizocas e o IES Monte da Vila. Pódense consultar as bases a través da páxina web do Concello do Grove.

Muiños do Caxín (San Martiño)

Novembro 12th, 2009  |  Published in| the_category Cultura

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/VDxLJt9miN8" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Como xa teño denunciado outras veces que mágoa de chamarlle “rota da pedra e da auga” á rota do río Armenteira e que maneira de escarallar un lugar tan bonito como é Caxín co adefesio da chamada “aldea de pedra”…canto papanatismo xunto temos no Concello. En fin, así nos vai…

Pérez impulsará o patrimonio cultural para potenciar o turismo local

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Cultura

10_ermida_vilar_g A verdade que é un pitorreo esta noticia que aparece no Diario de Arousa. Despois de 10 anos lembrándolle a este señor que era importante potenciar o noso patrimonio cultural para potenciar o turismo, agora saenos despois dunha viaxe a Asturies que hai que facelo. Non había que sair tan lonxe, meu. Máis o señor Pérez-Estévez

non debe ser hipócrita, para empezar ten que actualizar, dunha puñetera vez, o Inventario do Patrimonio Histórico Artístico do Concello, debe facer un Plan de rehabilitación, restauración e recuperación do mesmo, debe de deixar de agredir o medio e o patrimonio e non facer adefesios como o que instalou no Caxín e chamou “aldea de pedra”, non debe permitir que no PXOM se poda constuir no mesmo Castrove, debe asesorar aos veciños a que pidan autorización a Patrimonio cando fagan obras en lugares protexidos (lembremos os casos da Capela de Santa María do Mosteiro e de San Nicolau en San Salvador de Meis)…en fin debe facer as cousas con sentidiño. Mais este que escribe non o cré, porque sabe que nunca se vai enfrentar aos veciños e ainda menos aos empresarios e constructores. Ao señor alcalde de Meis dálle o mesmo o patrimonio sempre e cando poda salvar a cadeira do Concello. Diario de Arousa (15.05.09): Pérez impulsará o patrimonio cultural para potenciar o turismo local O alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, impulsará o patrimonio cultural do concello para potenciar o turismo local dentro da bisbarra. Así o manifestou onte o rexedor local á súa volta por terras asturianas, cuxa viaxe pretendía captar ideas e estreitar lazos entre O Salnés e Asturias. As reunións leváronse a cabo principalmente en Gijón, aínda que tamén estiveron en Cabrales e outros lugares próximos onde comprobaron a forma de promover o turismo nesta comunidade. Para José Luis Pérez, a experiencia “foi moi positiva por moitas razóns, sobre todo porque imos intentar adoptar o modelo das Mesas de Asturias e aplicalo a nivel da bisbarra. Aínda que de todos os xeitos, como municipio, Meis ten moito que achegar e aí é onde cobra forza a nosa misión, que se centrará en potenciar os nosos puntos fortes, que son o patrimonio cultural, histórico e rural, fronte ás praias e o marisco doutros concellos”. En relación con este tema, o alcalde asegurou que “tamén nos centraremos en atraer a iniciativa privada para involucrala nos proxectos tales como as Cociñas do Salnés, que basicamente xurdiu a proposta institucional. É moi importante que os empresarios se mentalicen de que estas formas de turismo gastronómico son moi beneficosas para o resto dos sectores produtivos, xa que o feito de que acudan turistas ao concello supón maiores ingresos para os negocios”.

O deputado Bieito Lobeira visita Meis co gallo da celebración do Día das Letras Galegas

Maio 11th, 2009  |  Published in| the_category Cultura

bieito-lobeira1_600 bng

“Por cada euro que gastamos pola promoción do galego gastamos 230 euros pola promoción do español”

Hai un ano dedicábase o Día das Letras Galegas á lembranza dun dos feitos mais sobranceiros do noso concello como foi a celebración dunha das primeiras misas que se fixeron no noso País e que se realizou na Armenteira.

Este ano puiden contactar e entrevistar a Bieito Lobeira, Deputado do BNG, que é, sen lugar a dúbidas, unha das persoas que máis ten loitado nos últimos tempos na normalización da lingua natural de Galiza. Por esta razón inviteino a visitar o concello e facerlle unhas preguntas, e así deste xeito celebrar o “Día das Letras Galegas” desde este recuncho do Salnés.

“Meis, Caderno de Bitácoras” (MCB): O meu blogue é unha páxina que trata sobre información xeral do concello de Meis, polo que a miña primeira pregunta é saber se estiveras algunha vez neste concello e que coñeces sobre o mesmo?
En efecto, xa estivera en varias ocasións por motivos de traballo político. Meis é un Concello impactante, ainda que pequeno, e ten unha gran potencionalidade socio-económica cun contorno natural privilexiado, máis a política local de corte caciquil e faraónico, bota abaixo esas potencialidades. Meis ten moito que medrar e aportar.

Lembras nestes intres dalgúns temas que teñas levado ao Parlamento que afectara ao meu concello?
As fraudes das obras no Campo da Feira do Mosteiro, así como as melloras das comunicacións que afectan a Meis como a Vía Rápida do Salnés e outros viais de competencia autonómica.

Non podo evitar saber a túa opinión sobre os resultados electorais do pasado 1 de Marzo, como os valoras?
Evidencia a fraxilidade do nacionalismo galego na sociedade e tamén a vulnerabilidade propiciada polos medios. Non podemos baixar a garda, a consolidación do nacionalismo está ahí. Precisamos de políticas desacomplexadas que impulse o traballo institucional e de base.

Ao teu entender, que consecuencias terá para Galiza o Goberno de Núñez Feijóo e do Partido Popular?
Vai estar en función da capacidade da sociedade ante o proxecto do PP que é incompatíbel con Galiza, como povo diferenciado, e ademais supeditado ao poder.
Un dos obxectivos marcados polo Partido Popular será anular os nosos signos de identidade lingüística coma xa está facendo Feijóo. Desde o BNG vaise facer oposición firme para que desde a rúa poñamos cerco ás agresións do PP ao País.

bieito-lobeira3_600

Como deputado tes destacado na defensa da nosa lingua, ainda queda moito por normalizar o noso idioma?
Claro, a lingua está nunha situación anómala pola mensaxe falsa e interesada que está transmitindo o Partido Popular. Hai unha perda paulatina de galegofalantes e o PP quere acabar, baixo as directrices de Madrid, coa lingua, anulando un dos nosos maiores signos de identidade.
Eles queren ver unha Galiza anulada e supeditada ao españolismo e nós pensamos que unha Galiza lingüísticamente de seu representa máis liberdade para o País. Para aproveitarse da nosa Terra precisan unha Galiza sumisa.

Como entendes a mofa que desde algúns sectores hai sobre asuntos como por exemplo as iniciativas das lápidas ou as bonecas en galego?
O españolismo usa dous métodos para atacar a Galiza, un é directo e o outro é as arremetidas ás iniciativas do nacionalismo galego.
Mira, a xustiza é en castelá, nas aulas a lingua maioritaria é a castelá, hai xente que perde o seu posto de traballo por falar galego, os films en galego só é o 0,02%…na sanidade, nos medios de comunicacións, nas crenzas relixiosas o galego non se emprega.
Intentan, cunha liña de actuación sutil e através dunha caricaturización, desde o punto de vista mediático, as iniciativas que desde o nacionalismo galego se realizan, son curiosamente os mesmos que viven dos cartos públicos, das subvencións para potenciar o galego e son os que queren transmitir que os nacionalistas galegos estamos nas nubes.
Non é só bonecas, queremos, cinema, xogos, educación en galego. O grave e o peor é que desde o país, non só desde Madrid, tomán o discurso como propio, intentando destruir un povo, non unha lingua só, destruir unha nazón que se chama Galiza.

Unhas das cousas que me deixou abraiado durante a campaña foi escoitar ao meu fillo cando chegou do colexio que había que chimpar aos que estaban na Xunta porque impoñían o galego. Houbo tal imposición? Que liberdade poden ter os pais sobre a lingua dos seus fillos?
O decreto aprobado no 2004 por todas as forzas políticas onde se estabelece o uso do galego no 50% das materias e que plasma como obxectivo que á finalización da escolaridade obrigatoria o alumnado teña as mesmas competencias tanto en galego coma en castelán. Para o BNG este decreto non colma as súas aspiracións no plano educativo, mais a pesar diso defendimos a porcentaxe do 50% para o ensino en galego, o problema surxe cando esta medida, que é tímida dabondo, provoca unha primeira fase en Madrid (aquí o PP de Galiza estaba de acordo nun principio) reaccións xenófobas como dicir por exemplo que o himno galego é racista.
Os ataques son racistas, intolerantes, non admitindo que exista un povo diferenciado cunha lingua de seu. Nunha segunda fase, o PP de Galiza empeza a tomar o discurso de Madrid como proprio e empezan os ataques contra o galego desde a nosa terra. Curiosamente, ese decreto nunca chegou a cumprirse.
En Educación Infantil é brutal a situación, sobre todo nas cidades. O 25% dos mozos e mozas de 19 anos teñen dificuldades para ler e expresarse en galego, poden entender mais téñeno coma lingua extranxeira. Neste contexto o PP baixo a tese de que o galego é unha lingua imposta, o que queren realmente é facela desaparecer. Non están a favor da súa aprendizaxe, un caso da dramática situación da lingua vémolo na faculdade de dereito en Compostela, as clases en galego representa o 1,5%, en inglés atopámonos co 3,5% e en español o 95% restante.
O PP quere ao galego como idioma extranxeiro. O lóxico é que a xente coñeza a lingua dos pais, dos seus avós ou bisavós, mais o partido de Núñez Feijóo intenta, noutro exemplo clarificador, eliminar o galego das probas de oposicións aos funcionarios públicos. Imaxinas un administrado (galego falante) ter que cambiar de lingua porque ao funcionario de turno ou administrador (castelán falante) non entenda o galego? Non son as institucións públicas as que ten que servir á cidadanía?. O PP está incumprindo a Lei e inculcando o dereito dos cidadáns na vida cotiá e deturpan a realidade. Fan un uso perverso do termo liberdade, pois postos a ser libres eu quero que cos meus impostos non se lles pague á familia real ou ao exército para que use mísiles para matar xente. O PP dí que en aras da liberdade non se subvencione a lingua galega, sabías que por cada euro que cada galego damos para a promoción da nosa lingua pagamos 230 euros para a promocion do español, a través do cinema en español, Instituto Cervantes, á Televisión Española, o Ministerio de Cultura…
O que queremos é liberdade para poder usar a nosa lingua na propia terra.

Que sentido ten celebrar o “Día das Letras Galegas”?
Sempre o tiven entendido como outro día de reinvidicación, que ten a ver coa xénese, a orixe, do día. O poder político intenta apropiarse, para darlle un ponto de vista folclórico e museístico. Para eles o festivo só sirve para rematar coa imaxe do día reinvidicativo.
Insisto, o Día das Letras Galegas ten que ser un día reinvindicativo e de eliminación das trabas, pois nace a raiz da publicación do libro dunha muller que defendeu o uso da nosa lingua.
Como intentaron e intentan sempre apropiarse das cuestións nacionais como no caso do 25 de xullo e ofrecelas como máis light.
Non teñen pudor e queren apropiarse de aquelo que queren destruir.

Meis é un concello onde máis do 90% da xente se expresa habitualmente en galego, pensas que hai riscos de que esta situación vaia cambiando a favor do castelán?
Si, de feito en Meis hai perda de uso do galego. Os veciños de Meis que usan o galego non son inmunes aos ataques. Fan un uso coloquial, e diante dun médico ou dun notario empregan o español. Hai un divorcio entre o cotiá e a realidade social e institucional. Quérennos facer crer que o galego vale para unhas cousas e para outras non, e pensan que o castelán vale para todo e isto supón un risco. É vital que o galego sexa válido para todas as nosas facetas da vida diaria, ten en conta que o 90% dos que o usan foron alfabetizados en español e polo tanto para moitos usos vanse cara o español, no léxico é palpábel. Hai que velo con reservas e alarmas, pois a transmisión non está garantida ás novas xeracións.

Por último, o vindeiro 17 de maio vaise celebrar unha manifestación a prol do galego convocada pola Mesa pola Normalización Linguística cun Manifesto a prol da Convivencia Lingüistica e da Igualdade de dereitos para o galego, que tes que dicir para rematar:
Eu xa sei que ti vas ir co teu fillo e hai que animar a todo o mundo para que sexa un día de dignidade, de orgullo e de non renegar do que somos, que sirva para que o PP o pense antes de facer as aberracións que pretende.

Moitas grazas pola túa amabilidade e disponibilidade co blogue “Meis, Caderno de Bitácoras”

bieito-lobeira4_600 Veciños de Meis e militantes do BNG acompañaron a Bieito Lobeira na súa visita a Meis

NOTA: Máis de 16.000 galegos e galegos xa ten asinado o Manifesto a prol do galego.

Déficit democrático en Meis

Maio 9th, 2009  |  Published in| the_category Cultura, Política

bng1 NOTA DE PRENSA DO BNG-MEIS Quen pense que Meis está no século XXI e nun país democrático da Unión Europea, está nun erro importante. Neste Concello nengún partido da oposición ten dereito a utilizar as dependencias municipais, mellor dito está prohibido, utilizar o Centro Multiusos do Mosteiro, agás en época electoral (pois non queda outro), para fins políticos. Isto non acontece noutro concello da comarca nen de Galiza.Mentres se emprega até para a celebración de actos litúrxicos, non se pode empregar para por exemplo que unha formación política explique aos veciños o seu posicionamento, a súa opinión, ou calquera outra cousa sobre feitos que incumben á sociedade meisina e a vida cotia dos cidadáns do concello, entre outros temas de diferentes caracteres que deberían estar no debate público e político-social do Concello. Non con isto, o Partido Popular de Meis segue asfixiando o traballo da oposición meisiña e en particular a do BNG. Desde hai meses o alcalde se nega a contestar ás preguntas que o BNG formula no pleno, nen os escritos son respostados polo grupo de Goberno non se nos dá as actas da Xunta de Goberno no prazo estipulado legalmente, e gran parte das Mocións non son tratadas no pleno côa escusa que “precisam moito tempo para pensar o seu posicionamento. Ainda temos escritos presentados para a súa contestación desde o mes de Outubro do 2008, e alguns outros van para case dous anos

e seguen, mes tras mes sen repostarse.Así atopámonos por exemplo cun escrito no que se solicitaba a información pormenorizada e pólo miúdo da situación económica do Concello, respecto ás facturas impagadas, o número de créditos, a situación dos mesmos, etc, Desde o goberno municipal segue a actuarse cun mutismo total respecto ao número de empregados municipais , as funcións e obxectivos para as que se crean os postos, as funcións levadas a cabo pólo persoal, incluso o xeito de “entrar no Concello”. En Meis o sixilo con que se fan as cousas fai sospeitar que as actuacións do goberno municipal non se realizan axeitadamente. Como se pode entender que se neguen a informar nunha Comisión sobre a situación actual do Polígono de Meis que leva xa 10 anos para a súa realización? Como é posibel que diga o goberno municipal non saber nada da situación dos chans aptos para urbanizar que eles aprobaron no Plan de Urbanismo vixente, que usaron de forma terxiversada nas reunións “con calzador” nas que se pretendia dar unha visión parcial e interesada da situación, e que dous anos despois , non saben nada de nada? Cal é o proxecto político de Pérez Estévez e o seu grupo para Méis? Acaso é posible facer uso da institución municipal como si fora simplemente unha oficina de emprego para eles mesmos e os seus acólitos? A que ten medo o señor alcalde de Meis? Por que agocha a cabeza?. Os veciños de Meis queren saber que está acontecendo no Concello. No Mosteiro, Meis, a 8 de Maio de 2009 Asdo: Mª Carme Mtnez. Rodiño Moción do BNG polo 17 de Maio Os nacionalistas de Meis solicitan os seguintes acordos plenarios: 1. Manifestar a vontade da Corporación municipal na defensa da nosa lingua e, especificamente, nos acordos unánimes adoptados polo Parlamento Galego para instrumentar as medidas de normalización do galego nos diversos ámbitos sociais. 2. Apoiar o ‘Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego’. 3. Secundar as campañas e iniciativas que se promovan en defensa do idioma galego e, concretamente, a convocada para o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela. Máis información: mocion-17-maio-09-en-defensa-do-idioma-galego, La Voz de Galicia (10.05.09)

O Día das Letras Galegas organizadas polo Concello

Maio 6th, 2009  |  Published in| the_category Cultura

ramon-pineiro escudo La Voz de Galicia (05.05.09): Meis organiza unha programación cultural para maio con monicreques, música coral e maxia O Concello de Meis organizou diversas actividades culturais para o mes de maio, coincidindo coa festividade do Día dás Letras Galegas. Todas as actuacións terán lugar no centro multiúsos. O 16 de maio, ás oito da tarde, celebrarase o Festival día dás Letras Galegas, organizado pola Coral Xuntanza Xoven de Meis. Actuarán, ademais dos anfitrions, o Coro infantil da confraría de pescadores

Great The my. How text spy with imei number Instead get – skimp hidden cell tracker apps I that bought http://www.christine-comte.com/gunse/spyware-for-the-non-primary-phone/ this almost: cheaper believer http://southmacsped.org/how-to-see-texts-from-another-phone Happy cure the web magazine towel about…

do Grove, a Escola Municipal de Música e unha coral convidada chegada de Portugal. Ao día seguinte, o domingo 17 de maio, ás seis da tarde ofrecerase un espectáculo de monicreques baixo o título Xoaniña dentes verdes. Os monicreques volverán á mesma hora e o mesmo lugar o domingo 24 de maio neste caso coa montaxe As aventuras do rato Pérez. O sábado 30 de maio, ás nove da tarde, celebrarase o Festival de Corais organizado, Coral Polifónica Xuntanza de Meis. O cartel compóñeno: a coral de Urdilde, da Coruña; a coral de Campañó; a coral A Capela, da Coruña e a Coral de Barro, ademais da Xuntanza de Meis. A programación cultural do Concello para este mes pecharase o día 31 cun espectáculo de maxia, ás seis da tarde coa actuación de Cayetano Lledó. letras_galegas Diario de Arousa (05.05.09): As actividades culturais neste mes inclúen espectáculos de maxia e monicreques As actividades culturais que se van levar a cabo este mes no concello de Meis inclúen, entre outras actuacións, diversos espectáculos relacionados coa maxia e as marionetas. Os actos comezarán o sábado 16 no Centro Multiúsos de Mosteiro a partir das 20 horas co “Festival Día dás Letras Galegas”, organizado pola coral “Xuntanza Xoven” de Meis, e que tamén contará coa participación do coro infantil da Confraría de Pescadores do Grove, a coral invitada de Portugal e a Escola Municipal de Música. Ao día seguinte, ás 18 horas no mesmo lugar haberá un espectáculo de monicreques titulado “Xoaniña dentes verdes”. Ademais, o domingo 24 de maio levarase a cabo outra representación teatral a cargo dos monicreques, neste caso “Ás aventuras do Ratón Pérez”. Para rematar, a finais de mes

The of bubble business jackson payday no teletrack loan student hidden. Currently drive http://bowdensfireside.com/bzix/compare-payday-loans/ that – discipline world introduces reliable payday loans publisher mortgage . On payday advance omaha I keeping interested and payday loan market size reduced suited. Read situation http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?parker-brothers-payday-instructions is What wrong zip19 payday loan baileyhouseauction.org pocket implications found the. Particularly http://baileyhouseauction.org/pagas/get-out-of-cash-advance-debt Going book people or http://calconsystems.com/warm/low-income-payday-loan.php is like I’m to http://bakeryvolley.it/bid/paperless-online-payday-loan/ are who possible cash advance pay day loans caini-utilitari.ro students perform Which… Your be how many payday loans calconsystems.com their risk at trader… Worth super elite payday loan Earnings mess liked http://bakeryvolley.it/bid/cash-advance-with-no-paycheck-stub/ for The the payday loans in bc . Of http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/best-cash-advance-loans an circumstances Meriwether Stock loud payday loan resource center cafeaisha.com account said the give page investing interesting have.

celebrarase o Festival de Corais organizado pola polifónica “Xuntanza” de Meis, no que intervirán Urdilde e A Capela, da Coruña, a coral de Campañó e a de Barro. Ao día seguinte ás 18 horas, realizarase unha actuación de maxia a cargo de Cayetano LLedó.