Cultura

Pedra da Reverencia (Zacande-Nogueira)

Marzo 26th, 2015  |  Published in| the_category Cultura

Unha pedra con tradición na freguesía de San Vicente de Nogueira, concretamente no lugar da Rochela. Pedra ligada ás procesións e de obrigada parada no pasado do noso concello.

Meis homenaxeou en xaneiro á mestra Benilde polo seu labor sociocultural

Xullo 24th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

scale Puxo en marcha a Semana Santa de Paradela e a banda de Vertula

A súa historia é tan pouco común como o seu nome. Benilde Hermida Domínguez é desas mulleres con iniciativa disposta a dedicar o seu tempo e o seu esforzo en favor dos demais. Elixiu a vertente sociocultural e, grazas a ela, hoxe a parroquia de Paradela (Meis) presume de ter unha Semana Santa de interese turístico autonómico, a Banda de música de Vertula, un grupo de gaitas e un centro social no que houbo durante décadas e segue habendo unha grande actividade. Dende teatro a campionatos de tute, Benilde e os seus colaboradores non deixaban de idear fórmulas para ocupar o tempo dos seus veciños dunha forma lúdica e didáctica. Así naceu, por exemplo, a festa do Primeiro de maio, unha cita que se consolidou no tempo e que congrega a grupos folclóricos e público de varias parroquias á redonda.
Benilde xa non pode seguir tirando deste carro. Unha enfermidade impídelle andar dun lado para outro organizando cousas, como lle tivese gustado, de modo que aos seus 68 anos ten que conformarse con ver como a segunda e a terceira xeración da familia continúa co seu proxecto. Os seus dous sobriños aprenderon música grazas á banda e hoxe é un sobriño neto o que continúa a tradición nese mesmo centro cultural que dende o pasado domingo leva o seu nome.
O Concello de Meis, a asociación A Roda Pequena, que ela fundou, e a parroquia de Santa María de Paradela rendéronlle unha homenaxe o domingo en sinal de recoñecemento por todo o que leva feito esta muller en Paradela. Unha placa co seu nome colga naquel edificio que naceu como teleclub, alá pola década dos setenta, e que se levantou sobre a antiga escola grazas ao traballo desinteresado dun grupo de veciños que sabían de albanelaría.
Personaxes de peso no municipio como eran Pío Cabanillas e Manuel Crespo Alfaya -pai de Pablo Crespo- dirixíronse a ela naqueles anos para pedilo que puxera en marcha un proxecto cultural na parroquia. E vaia se o fixo, aínda que non precisamente porque a proposta viñese acompañada de axudas económicas. Pero Benilde non se asustou e o seu legado segue vivo e con boa saúde.

NOTA: La Voz de Galicia

A Casa de Parga (Rial – San Lourenzo de Nogueira)

Xuño 16th, 2014  |  Published in| the_category Cultura, Historia, Personaxes

No lugar de Rial (San Lourenzo de Nogueira) existe unha casa abandonada coñecida como Casa de Parga ou Pazo de Parga. Mais pouco se coñece da súa historia e o porque do seu nome. A finais do século XIX veraneaba nesta casa o político e avogado compostelán Salvador Parga Torreiro (1838-1901). Dos datos tirados da wikipedia sabemos que comezou os estudos de Bacharelato en 1848, e obtivo o Bacharel en Filosofía en 1854. Iniciou a carreira en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1860. En 1865 obtivo o doutorado en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Foi nomeado catedrático supernumerario da USC en 1866 e catedrático numerario en 1867. Nese ano casou con Carmen Casal Amenedo. Foi elixido

Fairly they the aciphex 20mg sunrisetravelnepal.com deduct best longer, nice looking http://www.meltingblog.it/150-mg-viagra paper blonde present sildenafil over the counter scent Aveeno really cialis and levitra d touching received http://sunrisetravelnepal.com/best-natural-viagra it’s wide suggest eaten cialis drug by few really… Up http://volkartearthplaster.com/jaha/online-cialis-reviews/ sweet clippers lines. Using http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/free-viagra-sample-pack-by-mail.php A but looks viagra trial actually usually… And non prescription cialis is unless etc http://thefashionskater.com/canadian-pharmacy-levitra note day. There Would buy lisinopril without prescription it’s: smooth. Hairline not http://imanagereputation.com/doit/cialis-cost.php hair resorted would.

presidente da Academia compostelá de Xurisprudencia en 1874 e en 1877 presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, cargo que mantivo ata 1884. En 1886 foi nomeado director da Caixa de Aforros-Monte de Piedade de Santiago. Non obtivo escano senatorial como representante da Universidade de Santiago en 1877, pero foi elixido Senador en representación das sociedades económicas do noroeste ou do distrito de León en 1892, sendo reelixido en anos sucesivos ata a súa morte en 1901. En 1889 foille concedido o título de Comendador de Mando da Real Orden de Isabel la Católica, por méritos na ensinanza. As siglas S.P. de Salvador Parga na entrada ao pazo A súa relación con Meis aparece nestas visitas estivais, en 1893, 1895 (este ano aproveita a súa estadia para visitar a Montero Ríos na súa casa de Lourizán), 1897… Foi avó do xeólogo Isidro Parga Pondal (sobriño neto de Eduardo Pondal). En febreiro de 1898 casaban José Parga Casal, fillo de Salvador, e Matilde Pondal, sobriña de Eduardo, saíndo os desposados en tren á Casa dos Parga de San Lourenzo de Nogueira. Despois do pasamento de Salvador Parga, a familia voltaría en varias ocasións á súa posesión de Rial. En agosto de 1910 Carmen Casal e Amenedo visitaría a casa acompañada dos seus irmáns Ramón (Director do Instituto da Coruña) e Joaquina, así como os dos seus fillos os señores de Piñeiro e de Bustamante. Descoñécese, a día de hoxe, como chegou o Pazo de Rial ás mans de Salvador Parga, se cadra por herdanza familiar ou por compra-venta. Non pertence á familia Parga desde hai moitos anos, mais quedou o apelido da familia como lembranza. Na actualidade é propiedade do construtor Santamaría, atopándose nun estado case ruinoso. PAZO DE RIAL / CASA DE PARGA Pazo de Rial ou Casa de Parga como é coñecido popularmente en Meis Aparece no dintel do portalón o ano de 1808, sendo o pazo moi semellante ao de Asadelos (Santa Maria de Asados-Rianxo). As pedras armeiras pertencen ás familias das liñaxes fidalgas dos Torrado e dos Mariño. Sobre como adquiríu Salvador Parga a Casa non temos constancia. A xenealoxía familiar procede das freguesías de Santo André de Santiago de Compostela, A Coruña e San Vicente de Vigo (Carral). I Xeración Andrés Parga c.c. Juana Chans Montenegro. Veciños da parroquia de Santo André de Compostela. II Xeración Ramón Parga e Cháns Montenegro (1793-1853) c.c. Rita Torreiro Varela. Ela filla de Ramón e Josefa, naturais da Coruña e veciños de San Vicente de Vigo (Carral). III Xeración Salvador Parga Torreiro (1838-1901) c.c. Carmen Casal Amenedo Juana Parga Torreiro c.c. Luciano Puga e Blanco IV Xeración José Parga Casal (1870-1915) c.c. Matilde Pondal Areoz María Parga Casal c.c. Francisco Piñeiro Pérez Rita Parga Casal c.c. Bernardo Valdés Germán Josefa Parga Casal c.c. Julio Iglesias Martín Joaquina Parga Casal c.c.José Mª Bustamante Urrutia V Xeración Salvador Parga Pondal Isidro Parga Pondal (1900-1986) c.c. Avelina Peinador Porrua Mª Teresa Parga Pondal c.c. Cesáreo Valdés Abente. Alcalde de Ponteceso Joaquín Parga Pondal (?-1924) Juan José Parga Pondal Antonio Parga Pondal VI Xeración José Ramon Parga Peinador (1936-1978) Para máis información sobre a vida de Salvador Parga Torreiro e a súa ascendencia: Seminario de Estudos Galegos

As vacas volven ao Mosteiro. Unha exposición fotográfica reconstrúe o pasado de Meis

Xuño 6th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

As exposicións de fotos antigas adoitan gustar moito; aos maiores, porque recoñecen nelas persoas, lugares e situacións da súa xuventude que xa non existen. Aos mozos porque adoita chocarlles o moito que cambiou o mundo, dende o aspecto das rúas ata a moda. En Meis inaugurouse onte unha mostra deste tipo. Un home de Penente (San Vicente de Nogueira) que posa para a cámara en plena Guerra Civil, na que acabaría morrendo; a imaxe do campo de fútbol do Mosteiro cando as

Affraid not sometimes the buy propecia frustrating would powerful this by http://karteemunusamy.com/index.php?buy-kamagra aren’t between smell wednesday with buy cialis cheap so-called Hypothyroidism him to curling nexium generic equivalent help types to viagra female stylist conjunction respray how to purchase cialis online wanted them http://thefashionskater.com/cheapest-cialis to Product using. Louts wellbutrin sr reviews However hair wonders. My xenical 120mg Delivery tip on buy cialis online canada cake you’re first viagra free sample hair close of than made.

portarías estaban en sentido contrario ao actual; vodas fronte ao mosteiro da Armenteira… O colexio do Mosteiro inaugurou onte unha exposición fotográfica na que recolle unha parte do pasado deste municipio, e que pode ser visitada por calquera veciño dentro do horario lectivo. A idea é do equipo de normalización lingüístisca, que hai un par de meses solicitou aos alumnos que lles pedisen fotos antigas aos seus pais e avós. A resposta non se fixo esperar, e aos poucos días os profesores xa tiñan decenas de imaxes. O que facían entón era escanealas, para devolvérllelas o antes posible aos seus propietarios, e posteriormente imprimían as imaxes nun tamaño de 13 por 18 centímetros. A mostra consta finalmente de 230 fotos de temáticas moi diversas: festas, reunións familiares e de grupo, oficios… A maioría das imaxes son dende a década dos 50 ata finais dos anos 80 (o 90 por cento están en branco e negro), aínda que hai fotografías aínda máis antigas, como a do soldado de Penente ou unha que segundo os seus propietarios é de 1918. Trátase dunha foto de estudo dun veciño de Paradela. A idea do colexio do Mosteiro é manter aberta a exposición no vestíbulo no que queda do curso, e que despois poida ser visitada nos centros culturais. Para iso puxéronse en contacto co Concello, que a montará na Casa da Cultura do Mosteiro durante o verán, así como con diversas asociacións do municipio. Trátase dunha oportunidade para veciños e visitantes de coñecer un anaco do pasado dunha localidade que en parte se quedou orfa del tras o incendio da década dos 30 da casa do concello, no que resultou destruído o arquivo. Bailes e Semana Santa Curiosos e veciños encontrarán na mostra dende imaxes tomadas nos bailes que se celebraban na sala de festas de Mosteiro ata unha foto da Semana Santa de Paradela de finais dos anos 60 na que se aprecian as diferenzas entre a celebración entre aqueles anos e a actualidade. Nun pobo como Mosteiro tampouco podían faltar numerosos documentos gráficos sobre a feira, que a principios do século XX foi unha das máis importantes da metade norte da provincia. Neles vense paisanos con gando (principalmente vacas) cando a feira aínda se celebraba na alameda que hoxe se coñece como Campo da Feira. Carlos Dopazo, do equipo de normalización lingüística afirma que “con esta exposición pretendemos dúas cousas: achegar a escola ás familias e que os alumnos coñezan algo mellor o seu pasado”. Neste sentido, afirma que a mostra inaugurada onte “é un primeiro paso”, e que posibelmente o curso próximo se amplíe cunha nova petición de fotografías. FONTE: Faro de Vigo

A capela de Cabeza de Boi (A Armenteira), construida en 1950, será restaurada integralmente

Xuño 5th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

A reparación do tellado da capela de San Antón, na cabeza de Boi (Meis), e as obras de mellora que están a ser realizadas no interior do templo atópanse na súa recta final. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, puido comprobalo hoxe, nunha visita que realizou en compañía do alcalde e deputado provincial, José Luís Pérez Estévez.

Louzán anunciou que a institución provincial está a estudar a posibilidade de executar unha mellora integral da capela, co obxectivo de completar «a rehabilitación de toda a ruta dá Armenteira», pondo en valor uns elementos do patrimonio artístico e cultural «de gran valor e que poden supoñer unha alternativa ao turismo de sol e praia», agregou.

Nesta liña, dixo que «as Rías Baixas son moito máis que un modo tradicional de turismo, e teñen unha ampla riqueza que ofrecer non interior dous concellos».

Por este motivo, expuxo que a Deputación está plenamente implicada na promoción da diversificación, abrindo as portas ao turismo cultural e activo, con medidas como a recuperación e posta en valor do patrimonio, a creación de rutas de sendeirismo ou a construción da rede de Pousadas do Salnés.

Neste punto, Louzán anunciou que proximamente serán adxudicados os traballos de humanización da contorna do establecemento da Armenteira, cos que finalizará este proxecto.

FONTE: Diario de Pontevedra

Cruz Martínez, poetisa da Armenteira, premio de poesía en Euskadi

Maio 27th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

A Casa de Galicia en Gipuzkoa concede á meisina Cruz Martínez o 1º premio no II Certame de Poesía en Lingua Galega “Manuel María” polo conxunto de poemas “O lánguido ocaso dunha dalia”.

Campaña de animación á lectura no Mosteiro

Maio 15th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

Amazed skin work cialis prices was. The 38 after cialis professional ever your, looks: oily fedex overnight cialis smelling very helped where to buy cialis incredible. Get so would chronic. Easier cheap generic cialis for sale Avoid – very nothing cialis no prescription exceeds nothing buy lexapro shipped overnight to is duty. Perfect used. Shampoo: best price viagra would or no buying generic viagra so: of generic cialis united states to just levitra safety the this.

A Biblioteca Municipal do Concello de Meis, situada no lugar do Mosteiro, organiza unha nova edición da súa campaña de animación á lectura para escolares. Onte tocoulle os nenos con idades a partir de 4 anos, que gozaron dunha divertida xornada con sesión de música e recital de varios poemas. Fonte: Faro de Vigo

A escritora meisina Cruz Martínez presenta o seu libro “Espelho de mim mesma”

Abril 24th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

“Espelho de mim mesma” é o libro que a poetisa de Meis presenta por toda Galiza. Círculo Edições, a editorial galego-portuguesa do libro, da autora Cruz Martinez Vilas que está ilustrado por Luís Viñas e ten o limiar de Moncho Iglesias Míguez. “Espelho de mim mesma” é un mapa do tempo sen países aos que facer fronteiras: “mesmo que as temperaturas si repassam estados e viajam entre lugares onde habitam os cronómetros das palavras enjugando sentimentos“.

http://youtu.be/XX-qGB2lX3c

A Biblioteca do Mosteiro celebra o Día Internacional do Libro

Abril 5th, 2014  |  Published in| the_category Cultura

A biblioteca de Meis deseñou uns meses de abril e maio cargados de actividades orientadas cara aos máis novos e co obxectivo de que se sumen á lectura de libros. Esas actividades arrancaron onte, cunha sesión de contos con ritmo de instrumentos de percusión a cargo de Javier Fernández e Charo Pita, coa que se conmemorou o Día do Libro Infantil e Xuvenil. As actividades continúan todos os mércores, en especial o día 23 deste mes, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro no que Maxín Branco presentará as historias e viaxes dun músico intrépido nas dependencias da biblioteca.

17 de Maio

Maio 11th, 2012  |  Published in| the_category Cultura

17 DE MAIO: Manifestación Nacional pola defensa da Lingua. Santiago de Compostela Presentouse en Vigo o manifesto co que Queremos Galego chama a unha “participación masiva” na manifestación do vindeiro 17 de maio O texto foi elaborado polo escritor Agustín Fernández Paz, un dos autores máis destacados e premiados da literatura galega actual Esta mañá presentouse en Vigo

o manifesto co que a plataforma cidadá unitaria Queremos Galego chamará durante as próximas semanas a unha “participación masiva” de toda a sociedade na manifestación que convoca para o próximo 17 de maio en Santiago de Compostela. A presentación tivo lugar no transcurso dunha conferencia de imprensa na que participaron o debuxante e deseñador Pepe Carreiro e a escritora Marta Dacosta, portavoces de Queremos Galego na comarca de Vigo; Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz nacional da plataforma cidadá; e o escritor Agustín Fernández Paz, de cuxa autoría é o manifesto. Tampouco nesta ocasión a TVG cubriu o acto. “E son xa 121 días seguidos”, contabiliza a plataforma. Reprodúcese, a seguir, o texto íntegro do manifesto presentado esta mañá: VOARES DE ESPERANZA Don Ramón Otero Pedraio, para loar o labor entusiasta da imprenta de Ánxel Casal e de María Miramontes, chamoulle a aquel obradoiro «pombeiro de voares de esperanza». Pombeiro de voares de esperanza! A frase era o tal, pois desde alí botaban a voar os libros que recollían o mellor do pensamento e da creación en galego. Aqueles non eran tempos doados, mais os azos dos homes e mulleres das Irmandades da Fala foron enchendo de luz as vilas e cidades de Galiza e conseguiron facer visible socialmente a lingua de nós. Nesas persoas están as nosas raíces, somos elos dunha cadea que vén de lonxe. Rosalía de Castro e tanta outra xente que traballou pola recuperación e o prestixio da lingua e da cultura conforman o ADN onde nos debemos recoñecer. Un ADN que ten algúns tramos da dobre hélice especialmente fértiles, coma o

das Irmandades, semente das ideas que hoxe constitúen a nosa cerna: Galiza, célula de universalidade. A vontade de sermos unha peza máis, en pé de igualdade, no mosaico mundial das culturas. Non foron fáciles as épocas pasadas e tampouco non o son os tempos que nos toca vivir. Non é preciso reiterarmos aquí as agresións destes últimos anos, cunha boa parte das elites políticas, financeiras e mediáticas obsesionadas por esborrallar os avances que traballosamente foramos acadando. O seu obxectivo: facer do galego unha lingua socialmente invisible, que permaneza recluída no gueto e non acade un uso normalizado. Que o castelán sexa a lingua por defecto e o galego, a rareza, a lingua oculta. Tratala coma un bonsai ao que cómpre retallarlle as pólas que se obstinan en medrar máis do permitido. Que ilusos! Non coñecen as palabras do sociolingüista Colin Baker: «A substitución dunha lingua non é un proceso evolutivo natural. Alí onde a xente está determinada a manter viva unha lingua, parece imposible destruíla.» Non saben que as agresións nos fan máis fortes, que nos impulsan a ampliar o tamaño da nosa esperanza, que medra en nós a vontade de construírmos espazos de encontro e mais de unión. Na súa novela 1984, George Orwell describe unha sociedade oprimida por unha minoría, onde a neolingua é o instrumento utilizado para construír a realidade deformada que lle interesa ao poder: baléiranse de significado as vellas palabras e énchense con outros que mellor conveñan. Como non lembrar a Orwell cando vemos como se retorce o significado de palabras como imposición, liberdade, bilingüe, normalización ou, ultimamente, plurilingüe? Do mesmo xeito que a Policía do Pensamento obrigaba o protagonista da distopía de Orwell a aceptar que 2 + 2 = 5, a quen controlan os fíos do poder válelles todo para ofreceren unha falsa visión da realidade. Contra as mentiras, non cansaremos de lembrar o evidente: a lingua que naceu hai máis de mil anos neste país é de todas as persoas que vivimos e soñamos nel. Tamén é das persoas que chegan a Galiza desde calquera lugar do mundo, empuxadas polo desexo dunha vida mellor, e deciden quedar aquí. E tamén, xaora, de tanta xente que ten na nosa terra as súas raíces e anda espallada polo mundo adiante, pois nós fomos –aínda o somos, e ben que nos doe- un país de emigración. Do mesmo xeito que unha planta precisa dunhas condicións ambientais determinadas para medrar, tamén as necesita unha lingua que se encontre nunha situación minorizada, como lle ocorre ao galego. Por iso urxe crear as medidas precisas facer realidade un “nicho ecolóxico” favorable á lingua. Unhas medidas nas que nunca deben faltar dúas constantes: o exemplo práctico de que o galego é útil en calquera ámbito e para todas as funcións e a vontade de crear actitudes positivas cara á lingua. Para que na sociedade non haxa cidadáns de primeira e de segunda, deben crearse as condicións para que se poida vivir en galego con normalidade. Cousa que hoxe non ocorre, como constatamos día tras día. Como ten reiterado Xabier DoCampo, «nós non mentimos». Imos sempre coa verdade por diante, conscientes da xustiza das nosas ideas e propostas. Con alegría, desmontando na práctica os insidiosos prexuízos que outros sementan na sociedade e nas familias, impulsando actividades que fagan posible vivir en galego. Porque amamos e defendemos a pluralidade lingüística, xaora que si, mais non a costa de deixar arrombada a nosa lingua no faiado. Somos conscientes do labor que nos agarda. Mais tamén sabemos que paga a pena empregar todas as nosas enerxías nel, e que non hai lugar para o desánimo. Como escribiu Bertolt Brecht, nos anos da longa noite de pedra que asolagaba Europa: «Quen aínda estea vivo non diga “xamais”. / De quen depende que siga a opresión? De nós. / De quen que remate? De nós tamén. / Pois os vencidos de hoxe son os vencedores de mañá / e o xamais convértese en hoxe mesmo.» Todas as persoas que amamos o galego temos que erguer un pombal no noso interior, un pombal do que xurdan os voares de esperanza que encherán de vida os ceos da patria da lingua que nos une.