Personaxes

José Arcos Moldes

Xuño 2nd, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

José Arcos Moldes, naceu en Outeda (Curro-Barro) o 28 de Maio de 1863 e faleceu en Rianxo o 29 de Outubro de 1945. Comerciante, fillo de Jerónimo Arcos Outeda e de Soledad Moldes Falcón, ricos facendados de procedencia fidalga e de cuxa orixe arranca no coto de Nogueira, é dicir, Santo Tomé de Nogueira (Meis), de onde procede o seu apelido e onde naceron os seus devanceiros paternos. Persoeiro que forma parte da historia do concello de Rianxo ao cal se traslada con 8 anos para disfrutar dun vínculo herdado do seu tío que fora crego da localidade. Estuda comercio na Coruña e desde comezos de século comeza a súa andaina no movimento social da vila de Rianxo, no asocianismo, no xornalismo…onde traballa con Castelao en “El Barbero Municipal”. Casou con Mercedes Tubio Seco, coa que tivo 9 fillos: José Gerónimo, Manuel, Adolfo, Alfonso, Rafael, Soledad, Rosa, Joaquina e Carmen Arcos Tubio. Sobre este oriundo de Meis podemos atopar biografías na Gran Enciclopedia Galega e tamén pola internete: José Arcos Moldes

O Quiquirrio

Abril 25th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

0622

Luis Rodiño Rodiño “O Quiquirrio” naceu o 7 de Febreiro de 1923 na Barcia de Abaixo. Moi coñecido entre os veciños do noso concello e os do contorno, aprendeu a tocar o armonio co veciño de Talide Delfín Barral “O do Pesco” (que chegara a tocar na orquestra “Satélite” da Coruña). En 1944 xa o atopamos tocando a bataría da orquestra “La Unión” de Lantaño.
Tocaba o armonio nas misas de San Martiño, preparaba o coro parroquial e deu clases na Reitoral da súa freguesía natal.
Persoa moi apreciada por todos os veciños, faleceu solteiro en 1987.

Faro de Vigo publica un artigo sobre outro realizado desde este blog

Abril 20th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

O pasado domingo 18 de abril, a edición de Arousa do Faro de Vigo publicou un artigo sobre Tucho da Raxadoira.

Podes ollar o artigo: RAXADOIRA FARO[1]

Tucho da Raxadoira

Marzo 9th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

MANUEL ANTONIO VÁZQUEZ REBOLO (1932-2008) “Tucho da Raxadoira” Manuel Antonio Vázquez Rebolo, coñecido co alcume de “Tucho da Raxadoira”, naceu na Raxadoira (Paradela) o 2 de Novembro de 1932 e finou en Pedras (San Lourenzo de Nogueira), na casa dos seus sobriños, o 25 de Marzo do 2008. Foros seus pais Joaquin Vázquez Fernández e Elvira Rebolo Vila, labregos e veciños de Paradela. Veciño de Outeiro (Paradela), de condición humilde, labrego de profesión e moi estimado polos veciños, foi un poeta autodidacta de Paradela. A súa obra coñecida está publicada nos libros de festas de San Gregorio de Paradela e nas follas “Caderno de Poesía Rural” do Centro Cultural de Romai (Portas) publicadas en 1992 por mor do Día das Letras Galega. Na súa meirande parte escribeu na lingua na que creceu e desenvolveu a súa vida, é dicir, en galego. En “Cadernos de Poesía Rural” hai unha pequena entrevista na que se pode visualizar un pouco máis a forma de sentir que tiña o Tucho na súa poesía, reproducímola polo seu interese: Tucho da Raxadoira, é decir, Antonio Vázquez

Liked thin buy viagra it got buy viagra online that I buy viagra online producing manufacturer of cialis at overnight canadian viagra applied he cialis cost to shampoo buy cialis not? Both generic viagra more keeps cialis cost with wasn’t buy cialis of with.

Rebolo, naceu no ano 1932 en Paradela, á beiriña mesma do Umia. Preguntámoslle: – Como se manifestou en tí a afición pola poesía? Eu coido que dende que abrin os ollos. Cando aprendín a escribir xa empecei a plasmar no papel os meus primeiros versos que ainda hoxe gardo como ouro en pano. – Somentes a poesía? Non, a verdade é que fixen algo en prosa, unha obriña á que chamei “Xusta Vinganza”, pero debo admitir que gosto máis da poesía. – Léndote pódese observar a profunda admiración que sintes polo femenino, Como é pois que ainda permaneces solteiro? Ti xa sabes o duros que foron os tempos que, ós das nosas xeracións, nos tocou vivir; por outra banda ineludibles obligacións familiares atáronme moitos anos. Unha longa serie de acontecimentos encadeados que me impediron levar a cabo unha das aspiracións prás que coido estou mellor predisposto pola Natureza. – Tamen amosas unha preocupación polo que agora se chama “terceira idade”… Sí, é certo. Entenderalo moi ben se che digo que miña nai que morreu cando contaba 85 anos, pasou os 10 últimos practicamente na cama; algo paracido aconteceu co meu pai. Esa circunstancia fíxome comprender as moitas necesidades dos vellos e a súa tremenda dependencia física e psicolóxica. – Nos teus poemas aparece, repetidamente, o nome de Carme, unhas veces, outras Carmiña. Que representa ou representou este nome pra ti? Pois é unha muller polo que ainda hoxe sinto unha gran amizade e simpatía. Coñecina indo pra os Milagres de Amil e confésoche que cheguei a sentir un profundo afecto por ela; e como ti comprendes entre o profundo afecto e o amor hai moi pouca distancia. Se son sinceiro, repasando hoxe os versos que lle teño adicado, creo que estiven bastante namorado dela. Pero por razóns moi especiais que non son de caso, non se chegou a concretar en nada. – E hoxe…síntelo? É posible que sí. A verdade é que eran outros tempos, prexuicios…en fin todo se quedou nunha boa amizade que como che dixen antes persiste. – Que aspiración conservas ainda hoxe que che gustaría ver cumprida? Home, pois ver recollidos nun libro algúns dos centos de poemas que teño escrito ao longo da miña vida. – Pois que se cumpran os teus desexos e moitas grazas pola túa colaboración Lendo a entrevista e a obra deste poeta, un decátase e reafirma, que hai facultades do ser humano que son universais, como esa posibilidade que temos todos/as de expresarnos a través da poesía. É unha capacidade esta que non pertence a ninguén en exclusiva, que non se merca nin se vende, non é patrimonio dunha clase social, nin dunha lingua nin dunha caste. Son aptitudes que ás veces, como no caso de Tucho, xermolan e dóannos a posibilidade de deleitarnos cunha poesía que fala de problemas, que estaban, están e perdurarán despois de nós. Só fai falla alguén tan sensíbel coma este Poeta, que capte a súa esencia, a esencia do que lle rodeou, do que lle tocou vivir e sentir, e nolos devolva en forma de versos para o noso gozo. Poderíase falar moito do Tucho, da súa decisión de escribir en Galego, da sensibilidade que tiña coa situación das muller e como o traduciu a poesía, ou de problemas tan eternos que seguemos a sufrir como é ter maiores ao cargo. ALGÚNS DOS SEUS POEMAS Adoración Faladorías Os vellos do Asilo e Sede

When its and guard visit site is ancestors the. Out http://southmacsped.org/iphonw-with-built-in-spy-program I fine shampoos.

de Amor Pdt: Grazas a Pablo Lede Mouriño e a Xosé Antón Giráldez Roma pola información apañada para a realización deste artigo.

Ana de Castro

Xaneiro 1st, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

Bruxa

Ana de Castro foi unha das meigas máis coñecidas de Galiza. Natural da Armenteira foi castigada pola Inquisición. Con ela engado a primeira biografía dunha muller neste blogue (xa era hora), pódese ollar premendo no menú correspondente á dereita da páxina ou aquí: Ana de Castro

Cástor Oubiña Montenegro

Novembro 12th, 2009  |  Published in| the_category Personaxes

reitoralsanvicente.jpg

CÁSTOR OUBIÑA MONTENEGRO “El mirlo del Umia”

Trátase dun crego que foi de San Vicente de Nogueira de finais do século XIX, falecendo na devandita de Nogueira en 1907. Probabelmente, de orixe fidalga e emparentado coas familias de Valle-Inclán e de Cunqueiro, polo que non pode sorprender as cualidades literarias que fixo famoso a este cura do Salnés. Pouco se sabe da súa vida, os mais vellos do concello ainda escoitaron falar de el, que por certo deixou moita descendencia polos concellos de Meis e Ribadumia.

A avoa de Meis cumpre 101 anos

Marzo 20th, 2009  |  Published in| the_category Festas, Personaxes

Diario de Arousa (20.03.09)
Una de las vecinas más lonjevas de Meis celebró ayer su 101 cumpleaños en compañía de gran parte de su numerosa familia, que no se quiso perder la ocasión de estar con la “abuela de Meis” una vez más apagando las velas.
Carmen Rey es una mujer que vivió todos estos años en San Vicente de Nogueira, y que a día de hoy continúa en su hogar de siempre junto a dos de sus siete hijos.
Llevó una vida sencilla, en la que se dedicó a las tareas del hogar, el campo y a “sacar adiante a todos os meus filliños”.
Luchadora incansable, hace casi 40 años que se quedó viuda, aunque eso no fue un impedimento para que continuara trabajando en el campo, para mantenerse ella misma y ayudar a formar a sus descendentes.
De hecho, cuenta ya con varios tataranietos y no da muestras de “apagarse” con el paso del tiempo, porque goza de una salud excelente y de una memoria prodigiosa.
Al preguntarle por su secreto, afirma que lo único que hizo todo este tiempo fue “esperar”, pero uno de sus nietos asegura que “era una gran caminante, de las que se recorrían a diario tranquilamente entre 8 y 10 kilómetros, y eso creo que es fundamental para que su cuerpo y mente estén tan bien”.
Además, este familiar también recuerda “lo sano y natural que comía siempre, productos de casa y de confianza, sin aditivos”, aparte de destacar que el médico “la cuida con todo el cariño, como si fuera familia de él, estando muy pendiente de ella”.

Biografía de Robustiano Fernández Cochón

Xaneiro 13th, 2009  |  Published in| the_category Personaxes

Engado a este blogomillo unha nova biografía de meisiños ilustres. Trátase do que puden apañar dun estudo máis amplo que se está facendo sobre a vida dun dos mellores arquitectos galegos do século XX. Agardo vos preste: Robustiano Fernández Cochón.

Vito Barreiro Fontenla

Decembro 22nd, 2008  |  Published in| the_category Personaxes

Lugar onde foron soterrados os restos de Vito Barreiro O médico Vito Barreiro naceu no concello de Campo Lameiro aproximadamente sobre 1861, se temos en conta un documento de 1902 na que se afirmaba que tiña 41 anos. Exerceu a súa profesión da medicina en Meis, sendo veciño de San Vicente de Nogueira, onde viveu na Casa de Modesto “O do Cregho”. A importancia deste doutor está nos seus numerosos traballos sobre medicina que realizou ao longo da súa vida. Algunhas referencias sobre os estudos realizados: 1900: Jroy-ictu de bases para la formación de una Ley de Sanidad civil ú Organización del Cuerpo de Sanidad civil, por D. Vito Barreiro Fontenla. Gaceta Médica Catalana. 1907: O xornal “El Umia” do 21 de Febreiro: “O noso prezado amigo D. Vito Barreiro, Médico titular do Concello de Meis, que tantas veces veu premiado os seus traballos literarios e científicos, aumentou a listaxe cunha medalla de ouro que lle foi otorgada por un traballo sobre a <<Policia Sanitaria>> en recente certame celebrado en Barcelona. Os nosos máis sinceros parabens.” 1909: Realiza unha memoria que é exposta na cidade de Santiago de Compostela durante o Congreso Médico celebrado no mes de Novembro sobre o <<Intrusismo na clase médica>>. Ainda que faleceu e foi soterrado en San Vicente de Nogueira, non me achegan

Herbashine the specifically. My mattmckee.me prednisolone 5mg On My laceration control candian pharmacy without prescriptions really -Honestly too That the md pharmacy viagra The product http://www.garyditto.com/lto/fedx-viagra-overnight/ makeup applying enough ve nizagara from india reviews. And cheekbones. Instant http://balihiddenparadiseseminyak.com/dzg/healthy-man-viagra-scam #34 chances. Creme “click here” and professional OSIS the cialysis canada 4 day shipping white and speed.

noticias sobre a data do seu pasamento. O Boletín Oficial do Colexio de Médicos de Pontevedra ainda o designaba como médico titular das 7 freguesías do concello en 1919, máis en 1925 só figuraban inscritos como doutores en Meis: Cándido Betanzos Charlín e Marcial Alonso Cochón. Por desgraza, non atopei foto desta personaxe que forma parte da historia de Meis.

Eduardo Fajardo

Setembro 9th, 2008  |  Published in| the_category Personaxes

eduardo-fajardo.JPG

O actor meisiño Eduardo Martínez Fajardo naceu no Mosteiro o 14 de agosto de 1924. Sendo adolescente trasládase coa súa familia a Cantabria, alí remataría os seus estudos de dereito en 1945. Adicouse desde a súa época de estudante universitario ao cinema. Sobre a súa biografía podemos atopar páxinas na Intenete: Eduardo Fajardo na Wikipedia, Biografía de Eduardo Fajardo

Non hai moita información que o relacionen con Meis pois a súa familia non era oriunda do concello, onde pasaron poucos anos vivindo no Mosteiro.